Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Análise das Operacións Financeiras Código 611G01004
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Aguiar Maragoto, Fernando
Correo electrónico
fernando.aguiar@udc.es
Profesorado
Abeal Vazquez, Jose Pablo
Aguiar Maragoto, Fernando
Llano Paz, Fernando de
Longarela Ares, Ángeles María
Salvador Montiel, Maria Dolores
Suarez Massa, Maria Isabel Ana
Correo electrónico
j.abeal@udc.es
fernando.aguiar@udc.es
fernando.de.llano.paz@udc.es
angeles.maria.longarela.ares@udc.es
maria.dolores.salvador@udc.es
isabel.suarez.massa@udc.es
Web http://udc.fernandoaguiar.es
Descrición xeral O obxetivo da materia é o de coñecer:
a) a estructura e elementos das operacións financeiras básicas
b) as leises financeiras máis usadas na práctica financeira.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os principios que rexen o funcionamento das leis financeiras utilizadas na práctica, xunto coa súa aplicación a operacións financeiras concretas. A1
A2
A8
A9
A11
C4
C5
Coñecer e identificar o concepto de operación financeira, así como dos seus compoñentes, custos e rendementos. Saber utilizar estes conceptos en operacións financeiras concretas e, particularmente, nos conceptos de TAE e Custo Amortizado. A3
A4
A8
A9
A11
C1
Ser capaz de valorar rendas financeiras así como identificar en que operacións económico-finaniceras e para que han de ser aplicados tales valores. A5
A6
A8
A9
A11
C8
Coñecer, valorar e desenvolver operacións de préstamo, tanto dende o punto de vista do prestamista coma do prestatario. A8
A9
A11
A12
C7
Utilizar as ferramentas informáticas axeitadas para lograr máis eficienica nos cálculos necesarios nos apartados anteriores. A9
A11
C6
-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo -Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo -Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. -Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado -Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía B1
B2
B3
B4
B5
- Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais -Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización -Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas. -Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados -Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez. B6
B7
B8
B9
B10

Contidos
Temas Subtemas
Leis financeiras. Conceptos xerais 1. Concepto de ben económico.
2. A actividade económica e a actividade financeira.
3. Concepto de capìtal financeiro e representación gráfica.
4. Proxección financeira: concepto e clases.
5. Leis financeiras: concepto, características e propiedades.
6. Equivalencia e orde financeiras.
7. Magnitudes derivadas.
8. Sistemas financeiros. Concepto e clases.
9. Operacións con capitais financeiros
Leis financieiras utilizadas na práctica. 1. Capitalización simple e composta.
2. Desconto simple comercial e racional ou matemático. Desconto composto comercial e racional.
3. Capitalización continua.
4. Tipos de interese equivalentes.
5. Suma financeira e capital unificado.
Operacións financeiras. 1. Concepto, clases e compoñentes. O equilibrio financeiro.
2. Reserva matemática ou saldo financeiro. Concepto e métodos de determinación.
3. Custos e rendementos efectivos.
4. Aplicacións prácticas. O concepto de TAE. O custo e rendemento efectivos nas normas de valoración do Plan Xeral de Contabilidade. O cadro de Custo Amortizado de acordo ás normas de valoración do Plan Xeral de Contabilidade.
Valoración de rendas. 1. Concepto, compoñentes e clases de rendas.
2. Valoración de rendas. Método xeral e casos particulares.
3. Aplicacións prácticas. Obtención do Valor Actual Neto ou Valor Capital dun investimento. Constitución de capitais.
Operacións de préstamo. 1. Concepto de préstamo. Tipoloxía dos préstamos.
2. O equilibrio financeiro nas operacións de préstamo.
3. Cadros de amortización. Concepto, clases e obtención destes segundo as diferentes tipoloxías.
4. Valor financiero de un préstamo.
5. Características comerciais dos préstamos: a carencia e o reembolso anticipado.
6. O cálculo do custo efectivo para o prestatario, do rendemento para o prestamista e da TAE e o CER segundo normativa do Banco de España.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A6 A8 2 10 12
Proba de resposta breve A8 B4 B5 B6 2 5 7
Solución de problemas A6 A11 B1 B2 B3 25 50 75
Seminario A3 A4 A9 4 0 4
Sesión maxistral A1 A2 A5 A12 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 17 34 51

Atención personalizada 1 0 1

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta 1. Consiste nun exame teórico-práctico dos contidos da materia, con preguntas curtas, preguntas a desenvolver, preguntas sobre supostos prácticos, preguntas tipo test (verdadeiro/falso), preguntas de resposta múltiple ou unha combinación dos tipos mencionados.

2. O exame pode ser oral ou escrito. De non se publicar nada en contrario na páxina web da materia (Moodle) con 48 horas de antelación, o exame será escrito.

3. Celebraranse nas datas, horas e aulas que o Decanato fixe oficialmente.
Proba de resposta breve 1. Consisten nun exame de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple ou unha combinación delas.

2. O exame pode ser oral ou escrito. De non se dicir nada en contrario na convocatoria da proba en Moodle, o exame será escrito. A súa duración é de entre 20 e 60 minutos, sen prexuízo do dito no apartado seguinte.

3. Finalizada cada unha das probas abrirase un seminario no que o profesor discutirá cos alumnos as respostas a esta. Esta discusión ten dúas finalidades: 1) aclarar dúbidas e conceptos; 2) modificar á alza a nota da proba obtida no exame (co límite da cualificación máxima outorgada á proba) se o profesor o considera conveniente á vista dos argumentos formulados polo alumno na discusión. A discusión non supoñerá unha diminución da nota obtida na proba escrita, a non ser que o alumno tivese ou manifestase unha conduta inapropiada.

4. Celebraranse nos días, horas e aulas que oportunamente se publicarán cunha antelación mínima de 48 horas na páxina web da materia (Moodle).

5. O grupo pode subdividirse para a realización das probas en cantos subgrupos considere oportuno o profesor da materia.
Solución de problemas 1. Exposición e solución de exemplos prácticos acerca dos contidos teóricos.

2. As prácticas e exemplos intercálanse cos contidos teóricos co fin de facilitar a comprensión da materia.

3. Na solución dos exemplos prácticos o alumno pode intervir: a) a iniciativa propia, tras pedir quenda de palabra b) por iniciativa do profesor, que solicitará expresamente a intervención do alumno.

4. Formularanse exercicios e/ou lecturas a realizar polo alumno en horas non presenciais ou de traballo autónomo. En horas presenciais posteriores farase: a) unha revisión dos exercicios na que o alumno pode intervir nos termos descritos no punto 3 anterior e b) das lecturas abrirase a correspondente quenda de preguntas co fin de aclarar aqueles aspectos que o alumno formule sobre o contido destas
Seminario Os seminarios levaranse a cabo tras cada unha das probas de resposta breve.
Os obxectivos do seminario son:
a) Discutir co alumno as respostas ás probas de resposta breve, conforme ao dito na metodoloxía "Proba de resposta breve", apartado 3.
b) Abrir unha quenda de discusión e/ou preguntas acerca dos contidos da materia abranguidos na "Proba de resposta breve" correspondente.
Tal e como se explica no mencionado apartado 3, esta discusión pode supoñer unha modificación á alza da cualificación obtida na proba.
Sesión maxistral 1. Exposición nas clases presenciais dos contidos teóricos e prácticos da materia co obxecto de orientar ao alumno na súa preparación.

2. O tempo dedicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional ao grao de dificultade na preparación destes e á súa extensión, de modo tal que non se dedicará o mesmo tempo a cada un dos capítulos, senón que se afondará máis nuns que noutros. Todo iso, a xuízo do profesor que imparte a materia.

3. Para a preparación dos capítulos de menor dificultade de comprensión remítese ao alumno á bibliografía, se ben nas clases presenciais se orientará ao alumno acerca de: a) que fontes concretas se recomenda utilizar b) que aspectos son os máis relevantes e de maior interese en orde a alcanzar os resultados da aprendizaxe establecidos para a materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Proba de resposta breve
Seminario
Sesión maxistral
Descrición
1. Na sesión maxistral o alumno pode intervir, logo de petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención se estea a tratar.

2. Nas probas de resposta breve, tras a realizacion destas e na quenda de intervencións que oportunamente se abrirá, o alumno pode intervir para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre algún aspecto dos tratados na proba. Tal e como se menciona no apartado de metodoloxías, estas intervencións poden supoñer unha mellora na cualificación da proba.

3. Na solución de problemas o alumno pode intervir tal e como se expón no apartado de metodoloxías.

4. Nos horarios de titoría o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia. Aínda que non é obrigatorio, se a través do correo electrónico do profesor que imparte o curso ao que pertence o alumno, expón as súas dúbidas e data e hora (dentro das de titoría) en que está interesado ser atendido, facilitarase a xestión e efectividade destas.

5. Sen citar a persoa que evacuou a consulta, esta pode ser publicada na páxina web do titor, xunto coa súa resposta, coa finalidade de que outros alumnos poidan tirar proveito desta. Todo iso se o profesor a considera oportuna e de interese xeral.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A8 B4 B5 B6 1. Tres probas ao longo do curso.

2. Cada unha delas supón o 15% da avaliación final, o que no seu conxunto supón o 45% desta.

3. Consisten nun exame de respostas curtas, de tipo test (verdadeiro/falso), de resposta múltiple, exercicios prácticos ou unha combinación delas.

4. Veáse o apartado de metodoloxías en relación á posibilidade de mellorar a nota do exame escrito ou oral, se é o caso, a través de intervencións na quenda de discusión que se abrirá ao final de cada proba.
45
Proba mixta A6 A8 1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.

2. Supón o 55% da avaliación final.

3. Consiste nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías.

4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo.
55

Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación.

Quere iso dicir que: 1) en ambas as dúas probas de avaliación teranse en conta as cualificacións obtidas nas probas de resposta breve, que supoñen, en conxunto, o 45% da cualificación final; 2) o exame correspondente á proba mixta, en ambas as dúas oportunidades de avaliación, cualifícase sobre 5,5 puntos (o 55% da avaliación final).

Na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.

Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento da proba e subministraranse xunto co enunciado desta.

As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación final.

A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno que non participase en ningunha proba de avaliación ou o fixese NUNHA SOA das probas de resposta breve.

Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos para contestar ao exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora electrónica non programable.

Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose expresamente autorizado na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón o que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado os utilizase ou non no curso desta.

O alumno ha de acreditar a súa personalidade de acordo á normativa vixente.

Fontes de información
Bibliografía básica Pozo, E. y Zúñiga, J. (1997). Análisis y formulación de las operaciones financieras. Madrid. ESIC Editorial
Aguiar Maragoto, F. J. y Martínez Fernández, P. (2009). Apuntes de Análisis de las Operaciones Financieras.
Pablo López, A. de (2000). Manual práctico de Matemática Comercial y Financiera (Volúmenes I y II). Madrid. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces, S. A
Pablo López, A. de (2002). Matemática de las operaciones financieras (Volúmenes I y II). Madrid. UNED
Pozo, E. y Zúñiga, J. (1996). Problemas de Matemática Financiero. Madrid. ESIC Editorial
Baquero López, Mª J. y Maestro Muñoz, M.L. (2003). Problemas resueltos de matemática de las operaciones financieras. Madrid. Ed. AC. Colección Paso a paso

Bibliografía complementaria González Velasco, M. del C. (2007). Análisis de las operaciones financieras (Core Syllabus for Actuarial Training in Europe). Pamplona. Editorial Aranzadi, S.A.
González Catalá, V. T. (1992). Análisis de las Operaciones Financieras, Bancarias y Bursátiles. Madrid. Ediciones de las Ciencias Sociales, S.A.
Pallerola Comamala, J. (2008). Matemáica financiera para el nuevo Plan General de Contabilidad. Madrid. Editorial Ra-Ma
Bonilla Musoles, M., Ivars Escortell, A. y Moya Clemente, I. (2006). Matemática de la operaciones financieras. Teoría y práctica. Madrid. Ed. Thomson
Gil Peláez, L. (1982). Matemática de las Operaciones Financieras. Madrid. Editorial AC
Levenfeld, G. y S. de la Maza (1997). Matemática de las Operaciones Financieras y de la Inversión. Madrid. Ed. McGraw-Hill
Bravo Monroy, R. (2004). Matemáticas financieras. Teoría y ejercicios. Madrid. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces
Cabello González, J. M. (2006). Valoraciónn financiera. Teoría y práctica con Excel. Madrid. Delta Publicaciones

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade Financeira I/611G02013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Teoría do Investimento/611G02020
Teoría do Financiamento/611G02021

Observacións

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías