Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Principios de Macroeconomía Código 611G01005
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Lopez Rodriguez, Jesus
Correo electrónico
jesus.lopez.rodriguez@udc.es
Profesorado
Estevez Mengotti, Carlos Benigno
Lopez Rodriguez, Jesus
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
c.mengotti@udc.es
jesus.lopez.rodriguez@udc.es
laura.varela.candamio@udc.es
Web
Descrición xeral A macroecomia e unha materia fundamental nas titulacións do Grado en Economía. Por tratarse dunha materia que se imparte no primeriro curso, o nivel será introdutorio, se bien han de quedar ben fundamentados os conceptos e as interrelacións macroeconómicas básicas.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6 CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o funcionamento dos diferentes mercados: O mercado do diñeiro, o mercado do traballo, o mercado de bens. A1
A2
A7
B3
Coñecer a determinación da renda de equilibrio. Primeiro nunha economía simple, pechada e sen sector público. A2
A3
B1
B5
C1
Coñecer o papel do sector exterior e o papel do sector público e determinar o equilibrio nun modelo económico aberto e con sector público. A1
A2
A4
B2
B6
Coñecer a formulación e os efectos das políticas económicas de demanda: fiscais e monetarias. Coñecer as políticas de oferta. A3
A5
A6
A8
A9
A10
A11
B4
B8
C4
C5
Coñecer o papel da banca e dos bancos centrais no financiamento do sistema económico. A2
A3
A12
B7
C6
C7
Coñecer a nivel introdutorio a teoría dos ciclos económico A8
A9
A13
B9
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. O ENFOQUE MACROECONOMICO 1. Introducción
2. A producción agregada
3. Outras variables macroeconómicas principais
2. O MERCADO DE BENS E SERVIZOS: A CURVA IS 1. Introdución
2. Os compoñentes do PIB
3. A demanda de bens
4. A demanda de investimento e o tipo de xuro
5. O equilibrio no mercado de bens e a curva IS
3. O MERCADO DE ACTIVOS. A CURVA LM 1. Introdución
2. A demanda de diñeiro
3. A oferta monetaria
4. O equilibrio no mercado monetario e a curva LM
5. A política monetaria e as operacións de mercado aberto
4. O MODELO IS-LM

1. Introdución
2. O mercado de bens e a relación IS
3. Os mercados financeiros e a relación LM
4. O modelo IS-LM
5. Combinación de políticas económicas
6. Introdución da dinámica
5. O MERCADO DE TRABALLO
1. Introdución
2. Panorámica do mercado de traballo
3. As variacións do desemprego
3. A determinación dos salarios
4. A determinación dos prezos
5. A taxa natural de desemprego
6. A DEMANDA E A OFERTA AGREGADA MACROECONÓMICA 1. Introdución
2. A oferta agregada: concepto, obtención gráfica e pendente
3. A demanda agregada: concepto, obtención gráfica e pendente
4. A produción de equilibrio a curto e a medio prazo
5. Os efectos dunha expansión monetaria
6. Unha redución do déficit público
7. Conclusións

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A4 A5 A7 A8 A9 B2 B1 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C5 C7 17 34 51
Solución de problemas A3 A4 A10 B3 B4 C6 C8 25 25 50
Proba mixta A1 A6 A11 A12 A13 5 29 34
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral O profesor explica na aula cada un dos temas do contido do programa. Utiliza o encerado e as tecnoloXias dispoñibles.
Os alumnos resolven cantas dúbidas se lle formulan. Ao final de cada sesión maxistral ábrese un tempo de aclaracións, comentarios, etc.

Recoméndase a bibliografía axeitada a cada tema.
Solución de problemas A medida que se vai avanzando no temario proponse a solución de casos na metodoloxía denominada solución de problemas.
Proba mixta O exame realizarase nas convocatorias oficiais de xuño e xullo. Puntuarase de 0 a 7 puntos, debendo obter o alumno neste exame polo menos 3 puntos para superar esta proba obxectiva. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con resposta múltiple, sendo correcta unha soa das respostas. Tamén poderá incluír o exame temas de desenvolvemento do programa e/ou problemas. No caso dos test, os fallos restarán puntuación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Proba mixta
Descrición


O alumno pode acudir ao despacho do profesor co fin de aclarar dúbidas sobre os contidos, sobre a bibliografía recomendada, sobre a realización de traballos en relación con temas de actualidade ou temas que interesen ao alumno no contexto da materia de Macroeconomía. Tamén pode informarse sobre busca de fontes de datos económicos e manexo básico de programas estatísticos. Nesta actividade de atención personalizada ao alumno incluímos a acción de titoría aos grupos reducidos de alumnos, establecida en 4 horas por cada grupo de 15 alumnos. Esta dedicación está incluída nas 15 horas de atención personalizada que se recollen no apartado 4: Planificación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A4 A5 A7 A8 A9 B2 B1 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C3 C4 C5 C7 A asistencia á sesión maxistral poderá ser avaliada en función das intervencións nas mesmas que mostren o grao de coñecemento que o alumno vai adquirindo da materia explicada. A asistencia, pois, soamente contribuirá á nota obtida en función das respostas a cuestións que formule o profesor ou a comentarios que sobre a materia realice o alumno cando, a xuízo do profesor, mostren aquelas respostas e aqueles comentarios, un dominio axeitado dos contidos explicados. Neste apartado inclúense os exercicios sobre os contidos que se puidesen realizar ao longo do cuadrimestre. 15
Solución de problemas A3 A4 A10 B3 B4 C6 C8 A resolución dos casos formulados na aula e comentados en presenza dos demais alumnos, utilizando o encerado, o proxector, etc. Inclúense nesta apartado os traballos que, dirixidos polo profesor, fosen presentados e defendido polos alumnos na aula. A cualificación máxima que se pode outorgar ao alumno pola solución de problemas e polas actividades do apartado de sesión maxistral é de 3 puntos. Os exames que se realicen durante o cuadrimestre poderán conter tamén problemas. As cualificacións dos exames que se propoñan durante o cuadrimestre non terán carácter liberatorio da materia, senón que a puntuación obtida (máximo 3 puntos) se sumará ao exame final. 15
Proba mixta A1 A6 A11 A12 A13 O exame realizarase na convocatoria de xuño e na extraordinaria de xullo. A puntuación será entre 0 e 7 puntos. Para superar esta proba será necesario obter polo menos 3 puntos nesta. A materia será superada na oportunidade de xuño ou na de xullo se a suma das cualificacións de sesión maxistral, solución de problemas e proba obxectiva é de 5 ou máis puntos. O exame poderá constar dunha batería de test con respostas múltiples, sendo soamente unha correcta. Os fallos penalizaranse. O exame tamén poderá conter temas de desenvolvemento ou resolución de problemas prop 70
 
Observacións avaliación

Os alumnos que obteña a máxima cualificación poderán obter a cualificación de Matrícula de honra.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
PATEIRO RODRÍGUEZ, C. (1994). CONTESTACIÓN AL PROGRAMA DE MACROECONOMÍA. TÓRCULO
BAJO, O. Y M.A. MONÉS (1994). CURSO DE MACROECONOMÍA. A. BOSCH
MOCHÓN MORCILLO, F. Y VICTOR ALBERTO BEKER (2008). ECONOMIA. PRINCIPIOS Y APLICACIONES. MC GRAW HILL
RODRIGUEZ, J., F. MOCHÓN Y OTROS (1993). ELEMENTOS Y CUESTIONES DE T. ECONÓMICA. UNED
MOCHÓN MORCILLO, F. (2008). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA (3ª). MADRID. MCGRAW HILL
MOCHÓN MORCILLO, F. (2008). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA EJERCICICIOS 3ª EDICIÓN. MADRID. EDERSA
MOCHÓN MORCILLO, F. Y DE JUAN DÍAZ, R. (2010). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. EJERCICIOS. EDICIONES ACADÉMICAS
ESCRIBA, F. J. Y OTROS (1995). INTRODUCCIÓN PRÁCTICA A LA ECONOMÍA. MC GRAW HILL
DORBNBUSCH, R. Y S. FISCHER (varias ediciones). MACROECONOMÍA. MCGRAW-HILL
BLANCHAR OLIVIER (2000). MACROECONOMÍA 2º edc.. PRENTICE HALL
MOCHÓN MORCILLO, F. Y DE JUAN DÍAZ, R. (2006). PRINCIPIOS DE MACROECONOMÍA. EJERCICIOS. EDICIONES ACADÉMICAS
PATEIRO RODRÍGUEZ C. (2011). PROBLEMAS Y TEST DE PRINCIPIOS DE MACROECONOMÍA . EN TRÁMITE

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase ao alumno a maior asistencia posible ás sesións maxistrais e á resolución de problemas. Aconséllase un seguimento continuo da materia, aclarando cantas dúbidas se formulen na titoría e na propia aula.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías