Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Microeconomía e Mercados Código 611G01012
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Novo Corti, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.novo.corti@udc.es
Profesorado
Barreiro Gen, María
Novo Corti, Maria Isabel
Sanchez De Paz, Elena
Correo electrónico
maria.gen@udc.es
isabel.novo.corti@udc.es
elena.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da microeconomía a nivel intermedio. Baseándose nos coñecementos adquiridos na asignatura de principios de microeconomía se trata de ter unha visión do funcionamento dos mercados no marco da teoría económica
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6 CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento da metodoloxía económica dirixida ao estudo do funcionamento dos mercados e a competencia entre as empresas a un nivel intermedio, empregando modelos matemáticos sinxelos e apoio gráfico. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. INTRODUCIÓN. MERCADOS COMPETITIVOS E EQUILIBRIO XERAL Lección 1. Introdución. Mercados competitivos e equilibrio xeral
2. O PODER DE MERCADO: MONOPOLIO Lección 2. Introdución: A decisión de produción do monopolista. O poder do monopolio
Lección 3. Costes sociais do monopolio. Monopolio natural e regulación
Lección 4. A discriminación de prezos: introdución. Discriminación de primeiro grao. Discriminación de terceiro grao
Lección 5. Discriminación de prezos de segundo grao
3. MONOPOLIO BILATERAL, INTEGRACIÓN VERTICAL E RESTRICCIÓNS VERTICAIS
Lección 6. O monopsonio
Lección 7. Monopolio bilateral e restriccións verticais
4. A TEORÍA DE XOGOS E A COMPETENCIA IMPERFECTA Lección 8. Introdución á Teoría de xogos
5. COMPETENCIA MONOPOLÍSTICA E DIFERENCIACIÓN DE PRODUTO Lección 9. Competencia monopolística: o modelo de Chamberlin
Lección 10. Interpretación espacial da competencia monopolística
6. O BENESTAR SOCIAL. FALLOS DE MERCADO. EXTERNALIDADES E BENS PÚBLICOS. Lección 11. Externalidades, dereitos de propiedade e o teorema de Coase
Lección 12. Bens públicos e goberno

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 A9 A11 A12 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C4 C5 C6 C7 C8 17 34 51
Solución de problemas A8 A12 B1 B8 C6 15 30 45
Estudo de casos A4 A6 A12 A13 B2 B6 B8 B9 C1 2 4 6
Proba mixta A7 A9 A12 B1 B3 B5 C1 8 8 16
Seminario A11 A13 B4 C1 C4 C7 C8 4 8 12
Eventos científicos e/ou divulgativos A7 B3 B6 4 4 8
Portafolios do alumno A7 A9 A10 A12 0 4 4
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de contidos por parte do profesorado, que pode responder a formatos diferentes: análises teóricas, resolución de problemas, discusión de casos. Pode estar complementada con medios audiovisuais, así como a introdución de preguntas ou a resolución de problemas ou cuestións teóricas dirixidas ao estudiantado, que poderán ter carácter oral ou escrito.
A finalidade desta metodoloxía é a transmisión dos conceptos microeconómicos e o coñecemento da materia.
Solución de problemas Cuestións teóricas ou prácticas para resolver polo alumnado, que poderán plantexarse no contexto das sesións maxistrais, nos seminarios ou ben como traballo persoal do estudantado. Así mesmo, poderase requirir a entrega dos resultados da resolución dos problemas teóricos ou prácticos plantexados, tanto en soporte papel como dixital, a través da entrega directa, mediante a plataforma on-line, do correo electrónico ou de calquera outro sistema indicado polo profesorado.
Estudo de casos Análise, discusión e resolución de supostos teóricos ou prácticos, nos que o estudantado se sitúa ante un problema concreto (caso) que describe unha situación real ou suposta. Valoraránse as solucións propostas polos/as alumnos/as á resolución dos casos plantexados. A execución desta metodoloxía pode ser de xeito presencial ou virtual.
Proba mixta A proba mixta correspóndese co exame oficial. Como alternativa a esta proba mixta final poderanse propoñer probas mixtas intermedias (que poderán ser realizadas de forma presencial ou mediante a plataforma virtual), para que o estudiantado poda ter un seguemento continuo do seus progresos. A superación de todas estas probas mixtas intermedias será equivalente á superación da proba mixta final.
A posibilidade de participar nestas probas mixtas intermedias estará suxeita ao cumprimento das condicións establecidas polo profesorado.
Seminario Traballos individuais ou colaborativos para análise detallada de problemas ou cuestións do contido do temario, que poden requirir unha exposición individual ou grupal do estudiantado, como resposta a problemas prácticos ou teóricos plantexados tanto para a súa resolución previa como para a resolución na aula. Así mesmo pódense realizar seminarios teóricos baseados na exposición de contidos por parte do profesorado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Participación (na forma na que sexa indicada) en eventos de tipo científico ou divulgativo, indicados polo equipo docente, con aproveitamento e participación activa acreditada.
Portafolios do alumno Recopilación estruturada e organizada de traballos personais, de carácter teórico ou práctico, realizados ao longo do curso, como evidencias para a adquisición de coñecementos e competencias da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Solución de problemas
Estudo de casos
Portafolios do alumno
Descrición
Atenderase de forma individualizada ao alumnado, para dar apoio e asesoramento nas cuestións plantexadas durante a resolución dos problemas, estudos de casos ou elaboración do portafolios, plantexados tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios. Así mesmo, o profesorado estará dispoñible para a atención individualizada nas titorías presenciais establecidas ao efecto.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A8 A12 B1 B8 C6 Valoraranse as respostas ofrecidas polo alumnado ás cuestións prácticas plantexadas, que serán entregadas na forma que lle sexa indicada. 15
Estudo de casos A4 A6 A12 A13 B2 B6 B8 B9 C1 Se valorarán las soluciones propuestas por los alumnos a la resolución de los casos planteados 5
Proba mixta A7 A9 A12 B1 B3 B5 C1 Serán exames que incluirán cuestións teóricas e prácticas que se realizarán durante os períodos oficiais de xaneiro e xullo. Estas probas poden ser realizadas de forma presencial ou on-line.

Se realizarán tamén exames de iguais características durante o curso nos que se poderá ir acumulando a puntuación necesaria para superar a asignatura.
70
Eventos científicos e/ou divulgativos A7 B3 B6 Asistencia a eventos de tipo científico ou divulgativo, indicados polo equipo docente, con aproveitamento e participación activa acreditada. 5
Portafolios do alumno A7 A9 A10 A12 Recopilación estruturada e organizada de traballos personais, de carácter teórico ou práctico, realizados ao longo do curso, como evidencias para a adquisición de coñecementos e competencias da asignatura. 5
 
Observacións avaliación

A asistencia ás sesións maxistrais, así como aos seminarios é imprescindible para poder participar en todas as actividades de
evaluación continua ao longo do curso, así como para a realización
das probas mixtas que se propoñan. Para superar a
asignatura será necesario alcanzar unha calificación de 5 puntos sobre
10, onde 3 puntos deben ser obtidos en proba mixta.

Utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material posto á
disposición dos/as estudiantes (entregado nas clases presenciais ou
posto á disposición de forma dixital, mediante calquera dos sistemas
propostos polo profesorado).

Se aconsella que se resolvan sempre todas as dudas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención persoalizada cando fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Varian, H.R. (1998). Análisis Microeconómico (3ª Ed.). Antoni Bosh
Fernández de Castro, J.; Tugores, J. (1997). Microeconomía. McGraw-Hill
Krugman, P & Wells, R. (2013). Microeconomía. Reverté
Goolsbee, A., Levitt, S. Syverson, C. (2015). Microeconomía. Reverté
Pindyck, Robert S.; Rubinfeld, Daniel L. (2013). Microeconomía (8ª Ed.). Pearson. Prentice Hall
Carrasco A. y otros (). Microeconomía Intermedia. Problemas y cuestiones. McGraw-Hill
Frank, Robert H. (). Microeconomía y Conducta (7ª Ed.). McGraw-Hill

Bibliografía complementaria Gracia, Esperanza; Pérez, Rafaela (). Cuestiones Tipo Test de Microeconomía Intermedia. Prentice Hall
Fernández de Castro, J.; Duch Brown, N. (). Economía Industrial. McGraw-Hill
Puértolas, J y Llorente L. (2013). Micreoconomía Interactiva. Pirámide
Estrin, Saul; Laidelr, David (). Micreoeconomía. Prentice Hall
Datz, Nichael, L.; Rosen, Harvey L. (). Microeconomía. Adison.Wesley Iberoamericana
Nicholson, Walter (). Microeconomía Intermedia y Aplicaciones. Thomson
Congregado, E. y otros (). Microeconomía. Cuestiones y problemas resueltos. Prentice Hall
Tugores, J.; Fernández de Castro, J. (). Microeconomía: Cuestiones y Problemas. McGraw-Hill
Nicholson, Walter (). Teoría Microeconómica. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G01001
Matemáticas I/611G01009
Matemáticas II/611G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías