Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Políticas Económicas Sectoriales Código 611G01018
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lopez Martinez, Ivan
Correo electrónico
ivan.lopezm@udc.es
Profesorado
Lopez Martinez, Ivan
Martín Legendre, Juan Ignacio
Correo electrónico
ivan.lopezm@udc.es
juan.ignacio.martin.legendre@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo básico da asignatura Políticas Económicas Sectoriais é o estudo dos fundamentos das políticas económicas sectoriais, das reformas estruturais e das políticas económicas de oferta. Con ese obxectivo, no desnvolvemento da materia estúdanse as implicacións sectoriais do proceso de formación da política económica e da regulación económica e analízanse as diferentes políticas sectoriais e de reformas estruturais dende unha perspectiva de política microeconómica. Ó longo do curso abórdanse tamén os elementos básicos das diferentes políticas económicas sectoriais horizontais e verticais, tanto dende un punto de vista teórico como dende unha perspectiva aplicada.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6 CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender as xustificacións e os obxectivos das políticas económicas sectoriais, das reformas estructurais e das políticas de oferta. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A13
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C1
C4
C6
C7
C8
Analizar os instrumentos de política microeconómica dispoñibles para a intervención en materia de política económica sectorial e estrutural. A1
A2
A3
A4
A7
A8
C4
C6
C8
Interpretar e analizar as principais aportacións á investigación económica en materia de políticas económicas sectoriais e estructurais e analizar a aplicación práctica deste tipo de políticas. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A10
A11
A12
B1
B9
C4
C5
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción: as políticas sectoriais, estructurales e de competitividade na Política Económica
2. Política medioambiental
3. Política de infraestructuras
4. Política de vivenda
5. Emprego e política laboral
6. Política de competencia e de regulación
7. Política de I+D e innovación
8. Políticas sectoriais tradicionais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A13 4 0 4
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A7 A8 B6 B7 B8 B9 C4 C5 C6 C7 C8 17 51 68
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C4 C6 C8 24 48 72
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C6 C8 2 0 2
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O profesor presentará a materia ao estudante e, se fose o caso, avaliará os seus coñecementos previos
Sesión maxistral O profesor desenvolverá os contidos básicos dos temas da asignatura
Obradoiro Estudo de casos aplicados e prácticos sobre políticas económicas sectoriais e reformas estructurais mediante estatísticas, novas de prensa, comentarios en blogs, referencias bibliográficas especializadas na materia, etc. Levaranse a cabo nas sesións de carácter interactivo. Pode incluir preguntas breves de comprensión para realizar na aula. Pode ser obxecto de seminarios, debates ou postas en común.
Proba mixta Trátase dos exames oficiais da materia, durante os períodos de exames. Serán exames escritos sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. Poderá haber preguntas de resposta breve, de resposta múltiple, tipo ensaio, prácticas etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
O estudante pode recibir atención personalizada para resolver as súas dúbidas sobre a materia, principalmente nas titorías no despacho.

As titorías en grupo reducido planificaranse ao longo do curso. Estarán destinadas a reforzar a aprendizaxe autónoma do alumno a través do seguimento e a supervisión das distintas actividades programadas (busca de datos económicos, fontes bibliográficas, resolución de problemas, exposición de traballos, seminarios etc.)

Para os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C4 C6 C8 As diferentes actividades desenvolvidas durante o curso serán avaliadas para obter a cualificación desta parte. Podería haber diferentes ponderacións para cada actividade segundo a súa tipoloxía ou dificultade. Valoraranse en gran medida o esforzo persoal a aprendizaxe continua e a comunicación escrita e/ou oral. 40
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C6 C8 Esíxese unha cualificación igual ou superior a 3/10 nela para superar a materia. Ademáis do coñecemento dos contidos da materia, valoraranse:
- a capacidade de expresión
- as capacidades analítica e sintética
- a capacidade para argumentar
- a capacidade para elaborar un discurso coherente
- o dominio da linguaxe técnica e científica
60
 
Observacións avaliación
  1. Para obter a cualificación de "Non presentado", os estudantes non poderán participar en actividades que ponderen o 20% ou máis na avaliación do curso, independentemente da cualificación obtida nelas.
  2. Mínimos das partes da materia: para superar a materia, cómpre unha cualificación igual ou superior a 3 sobre 10 na proba mixta.
  3. Todas as oportunidades de avaliación realizaranse cos mesmos criterios, manténdose, por tanto, as cualificacións da avaliación continua realizadas durante o curso.
  4. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: deberán comunicarse co profesor nas dúas primeiras semanas de curso e poderán elixir entre: a) o sistema de avaliación do resto de estudantes adaptado ás súas circunstancias (por exemplo e na medida do posible, realizando os obradoiros fóra de horario de clase e enviándoos por correo electrónico) ou b) unha avaliación só con proba mixta que represente o 100% da cualificación; sería aplicable o descrito para esta proba para o resto de estudantes, salvo que, neste caso, habería que ter 5 ou máis sobre 10 para superar a materia. Esta elección manteríase para todas as súas oportunidades de avaliación.
  5. Condicións de realización da avaliación final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

Fontes de información
Bibliografía básica Aranda García, Evangelina; Pérez Moreno, Salvador y Sánchez Andrés, Antonio (Coords.) (2018). Política económica y entorno empresarial. Pearson
Sánchez, A. y Tomás, J. A. (dir.) (2014). Crisis y política económica en España: Un análisis de la política económica actual. Cizur Menor. Aranzadi
Fernández Albertos, J y Manzano, D. (2010). Democracia, instituciones y política económica. Madrid. Alianza Editorial
Parejo Gámir, J. A; Calvo Benardino, A. y Paul Gutiérrez, J. (1995). La política económica de reformas estructurales. Madrid. Centro de Estudios Ramón Areces
Martín Mayoral, F. (coord.) (2009). Manual de economía española. Teoría y estructura. Madrid. Pearson Educación
Fernández Díaz, A.; Parejo Gámir, J. A. y Rodríguez Sáiz, L. (2011). Política Económica. Madrid. McGraw-Hill
Gámir, L. (dir.) (2008). Política económica de España. Madrid. Alianza Editorial
Sánchez Andrés, Antonio; Ochando Claramunt, Carlos y Torrejón Velardiez, Miguel (2018). Política económica estructural. UOC
García Reche, A. y Sánchez Andrés, A. (coords.) (2016). Políticas económicas estructurales y de competitividad. Valencia. Tirant lo Blanch

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Política Económica/611G01013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Observacións finais:

  1. As referencias bibliográficas que se expoñen como bibliografía básica son as que se utilizan en maior ou menor medida para desenvolver o programa da asignatura nas sesións maxistrais. Durante o curso podería engadirse algunha referencia adicional si se considera axeitado para mellorar a docencia na materia e a comprensión da mesma por parte dos estudantes, sobre todo en aqueles casos nos que se trate dalgunha referencia de nova publicación.
  2. Ao longo do curso os profesores da materia poderán establecer lecturas obligatorias e/ou voluntarias, que serán postas ao dispor do alumnado a través do Servizo de Reprografía da Facultade con tempo suficente para poder ser utilizadas polos alumnos en clase e ser preparadas para as probas de avaliación establecidas na asignatura.
  3. Tamén poderanse establecer lecturas de prensa e revistas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías