Identifying Data 2019/20
Subject (*) Statistical Methods and Introduction to Econometrics Code 611G01019
Study programme
Grao en Economía
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 2nd four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Economía
Coordinador
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
E-mail
c.sanchez@udc.es
Lecturers
Garcia-Carro Peña, Beatriz
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
E-mail
beatriz.garcia-carro@udc.es
c.sanchez@udc.es
Web
General description Esta materia ten dous contidos diferenciados. A primeira parte é a continuación das materias Estatística I e Estatística II, e dedícase a presentar os principais métodos para o tratamento e análise estatística de calquera tipo de información económica, numérica ou cualitativa, temporal ou de sección cruzada. Na segunda parte iníciase o estudo da Econometría, destacando a utilidade dos instrumentos que achega e as súas aplicacións na ciencia económica; os alumnos deben de adoitarse ao uso da terminoloxía econométrica.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e manexar algúns dos principais métodos estatísticos para o tratamento e análise de calquera tipo de información económica, numérica ou cualitativa, temporal ou de sección cruzada. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A9
A10
A12
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe econométrica. A1
A3
A4
A5
A7
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Estimar os parámetros do modelo clásico de regresión. A3
A4
A5
A7
A9
A10
A12
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Utilizar as ferramentas informáticas adecuadas para realizar os cálculos e estimar os modelos a que se refiren as competencias anteriores, tanto na parte de Métodos Estatísticos como na parte de Introdución á Econometría. A9
A10
A11
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C3
C6
C8

Contents
Topic Sub-topic
1) Análise de datos cuantitativos Análise da varianza:
- Conceptos xerais
- Un factor: efectos fixos e información completamente aleatorizada
- Dous factores: efectos fixos e información completamente aleatorizada
Medidas de concentración
2) Análise de datos cualitativos - Contrastes de independencia
- Medidas de asociación para variables nominais
- Medidas de asociación para variables ordinais
3) Modelización de series temporais - Procesos estocásticos: definición e características xerais
- Algúns exemplos de procesos estocásticos
- Procesos estocásticos e series temporais
4) Econometría e modelos econométricos - Definición de Econometría
- Os modelos econométricos e os seus elementos
- Clases de modelos
5) O modelo de regresión lineal clásico - Modelo de regresión lineal uniecuacional
- O MRLC: hipótese
- Estimación mediante mínimos cadrados ordinarios dos parámetros dun MRLC
- Interpretación dos estimadores
- O estimador da varianza da perturbación
- A bondade do axuste. Medidas

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities A1 A2 A7 A11 B8 B9 1 0 1
Guest lecture / keynote speech A2 A3 A4 A7 A12 C4 17 34 51
Workshop A7 A10 B1 9 22.5 31.5
ICT practicals A10 A12 C3 C5 C6 C8 2 5 7
Collaborative learning A5 A13 B2 4 10 14
Problem solving A9 B3 C7 9 22.5 31.5
Objective test B4 B5 B6 B7 C1 2 8 10
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Cada parte do curso comezará cunha presentación da materia, na que se exporá con detalle o traballo a desenvolver polos alumnos e os criterios de avaliación.
Guest lecture / keynote speech Baséase na exposición oral dos conceptos e métodos por parte dos profesores. Dita exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e posibilidades das técnicas analizadas.
Workshop Sesións nas que se realizarán aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas.
ICT practicals Sesións interactivas dedicadas á presentación e aplicación das ferramentas informáticas relacionadas cos contidos do programa. Estas sesións desenvolveranse durante as horas de docencia en grupo pequeno.
Collaborative learning Sesións de traballo interactivo nas que o grupo se divide en equipos, cuxos membros discuten e profundan nos contidos téoricos do programa contestando de forma conxunta unha serie de preguntas expostas polos profesores.
Problem solving Docencia interactiva dedicada á solución de exercicios nos que se aplican os conceptos teóricos.
Objective test Realizaranse dúas probas escritas ao longo do curso para avaliar o grao de aprendizaxe, unha de Métodos Estatísticos e outra de Introdución á Econometría.

Personalized attention
Methodologies
Problem solving
ICT practicals
Workshop
Objective test
Description
A atención personalizada encádrase dentro das tutorías en grupo reducido que os estudantes recibirán nas horas previstas para esta actividade. Aquelas consistirán, fundamentalmente, en:
- Resolución das dúbidas específicas de cada alumno que se poidan suscitar na comprensión dos conceptos teóricos ou na súa aplicación práctica.
- Adaptación do ensino das ferramentas informáticas ás características específicas de cada alumno.
- A atención prestarase nas horas de clase, nas tutorías para grupos reducidos e no horario semanal de tutorías dos profesores.
- Sesións para preparar as probas obxectivas.
- A atención personalizada ó alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia prestarase no horario semanal de tutorías dos profesores

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A9 B3 C7 Os alumnos resolverán problemas prácticos a través dos coñecementos adquiridos; realizaranse de forma individual ou en grupo, e nas datas e formas que se detallarán na sesión de actividades iniciais. Pódese avaliar a asistencia e participación, a resposta a determinadas preguntas formuladas polo profesor, a realización e exposición en clase de exercicios prácticos ou outro tipo de proba desenvolvida para ese efecto. Esta metodoloxía será de aplicación na parte de Métodos Estatísticos. 15
Workshop A7 A10 B1 Os alumnos deberán ter presenza activa nestas clases e deberán resolver os exercicios que lles sexan propostos, de forma individual ou en grupo. Pódese avaliar a asistencia, a resposta a determinadas preguntas formuladas polo profesor, unha proba de ensaio formada por preguntas curtas, tipo test, ou outro tipo de proba desenvolvida para ese efecto. Esta metodoloxía será de aplicación na parte de Introdución á Econometría. 15
Objective test B4 B5 B6 B7 C1 Ao longo do curso realizaranse dúas probas obxectivas, unha para a parte de Métodos Estatísticos e outra para a parte de Introdución á Econometría. O peso destas probas na nota final e os requisitos necesarios para aprobar a materia explícanse máis adiante no apartado de observacións. 70
 
Assessment comments

CUESTIÓNS XERAIS

A materia ten dous
contidos diferenciados: Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría. A
cada parte correspóndelle o 50% da cualificación total.

A cualificación de cada
alumno calcularase combinando as probas de avaliación anteriormente descritas.
A cualificación agregada para o conxunto da materia obtense do seguinte modo:

- Actividades de
avaliación durante a docencia de Métodos Estatísticos (incluídas en 'solución
de problemas'): supoñen un 15% da nota final. Basearanse na participación
activa do alumno nas clases prácticas e na resolución de controis, problemas e
exercicios na aula, na forma que se detallará ao comezo das clases de Métodos
Estatísticos.

- Exame final para a
parte de Métodos Estatísticos: suporá un 35% da nota final. Ademais das dúas
oportunidades a final de curso que contempla a normativa xeral do centro,
haberá unha proba obxectiva liberatoria a mediados do cuadrimestre, nunha data
que se anunciará con suficiente antelación.

- Actividades de
avaliación durante a docencia de Introdución á Econometría (incluídas en
'obradoiro'): supoñen un 15% da nota final. Basearanse na participación activa
do alumno nas clases prácticas e na resolución de controis, problemas e
exercicios na aula, na forma que se detallará ao comezo das clases de
Introdución á Econometría.

- Exame final para a
parte de Introdución á Econometría: suporá un 35% da nota final. Corresponde ás
dúas oportunidades a final de curso que contempla a normativa xeral do centro.

 

PROCEDEMENTO DE
AVALIACIÓN

As probas obxectivas
considéranse fundamentais para a avaliación, polo que será necesario obter un
mínimo de 3,5 puntos sobre 10 en cada unha delas (Métodos Estatísticos e
Introdución á Econometría) para computar coas outras actividades que se
avalíen, e poder aprobar a asignatura.

A mediados do
cuatrimestre farase un exame (proba obxectiva) da parte de Métodos
Estatísticos. Esta parte considerarase liberada a condición de que se obteña
unha cualificación maior ou igual a 3,5 puntos sobre 10 nela. Se esta parte é
liberada, no exame final haberá que realizar únicamente a parte de Introducción
á Econometría.

Os alumnos que non
obtivesen a nota mínima nas probas obxectivas e, con todo, o cómputo global da
avaliación resultase ser superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e
figurarán en actas cunha nota de 4,5. Aprobarase a materia cando se obteña
cinco puntos ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima nas
probas obxectivas.

Os alumnos que liberen
unha parte da materia mediante unha proba obxectiva, só terá validez para o
curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a
materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño (primeira oportunidade) ou de
xullo (segunda oportunidade), a súa cualificación final será suspenso, e terá
que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Os criterios de
avaliación na segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados na primeira
oportunidade (70% no exame e 30% da puntuación obtida na avaliación continua).

As condicións de
avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación,
Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado
Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por
medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final. 

Con respecto á
cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de
Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que únicamente
se presentaran a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota
final. 

Seguindo a normativa
aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se
desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que
permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia aplicaráselle as mesmas normas de avaliación que ós
alumnos matriculados a tempo completo. Os alumnos con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial están exentos da asistencia a clase, pero teñen a
mesma obriga de acudir a calquera tipo de proba de avaliación, sexa de
avaliación continua ou un exame final, que o alumnado a tempo completo.


Sources of information
Basic Uriel, E. (1995). Análisis de Datos: Series Temporales y Análisis Multivariante. AC
Carrascal, U., González, Y. y Rodríguez, B. (2000). Análisis Econométrico con EViews. Ra-ma
Ruiz-Maya, L., Martín Pliego, F. J., Montero, J. M., y Uriz, P. (1995). Análisis estadístico de encuestas: datos cualitativos. AC
Uriel, E., Contreras, I., Moltó, T. y Peiró, A. (1990). Econometría. El modelo lineal. AC
Newbold. P., Carlson, W. L., Thorne, B. M. (2013). Estadística para Administración y Economía. Pearson Educación
Casas, J.M., Domínguez, J., García, C., Martos, E.I., Rivera, L.F., y Zamora, A.I. (2010). Estadística para las Ciencias Sociales . Centro de Estudios Ramón Areces
Maddala, G.S. (1996). Introducción a la Econometría. Prentice Hall
Ramil, M., Rey, C., Lodeiro, M., y Arranz, M. (2012). Introducción a la Econometría. Teoría y práctica.
Uriel, E. y Peiró, A. (2000). Introducción al Análisis de Series Temporales. AC

Complementary Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Pindyck, R. y Rubinfeld, D. (2001). Econometría: Modelos y Pronósticos. McGraw-Hill
Newbold, P. (1997). Estadística para los Negocios y la Economía. Prentice Hall
Wooldridge, J. (2005). Introducción a la Econometría. Un enfoque moderno. Thomson
Gujarati, D. (2006). Principios de Econometría. McGraw-Hill


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Statistics I/611G01006
Mathematics I/611G01009
Mathematics II/611G01010
Statistics II/611G01014

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Econometrics I/611G01022
Econometrics II/611G01027

Other comments

REQUISITOS PREVIOS

Esta materia é a continuación das materias de Estatística anteriormente cursadas. Para a primeira parte é moi recomendable que os alumnos estean familiarizados cos contidos que alí se impartiron. Para cursar a Introdución á Econometría requírense coñecementos previos de teoría económica en xeral, Estatística e Matemáticas. Ademais, dado que as aplicacións econométricas requiren a utilización de datos, é importante coñecer a estrutura e o contido das principais fontes de información estatística.

MATERIAL DIDÁCTICO

O material didáctico principal figurará na plataforma virtual da materia (Moodle), ou poderá accederse a partir dela.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.


    

 


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.