Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría Código 611G01019
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Martinez Filgueira, Xose Manuel
Correo electrónico
xose.martinez@udc.es
Profesorado
Martinez Filgueira, Xose Manuel
Mourelle Espasandin, Estefania
Correo electrónico
xose.martinez@udc.es
estefania.mourelle@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia é a continuación das materias Estatística I e Estatística II, e dedícase a presentar os principais métodos para o tratamento e análise estatística de calquera tipo de información económica, numérica ou cualitativa, temporal ou de sección cruzada, así como a introdución ao estudo da Econometría, destacando a utilidade dos instrumentos que achega e as súas aplicacións na ciencia económica; os alumnos deben afacerse ao uso da terminoloxía econométrica.

Plan de continxencia 1. Modificacions nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, pero adaptando as que sexa necesario á docencia online, segundo se indica no seguinte parágrafo.

*Metodologías docentes que se modifican
A sesión maxistral adaptarase á docencia non presencial, sustituindo as clases na aula por clases online impartidas mediante Teams,e gravadas para o seu acceso asíncrono.

3. Mecanismos de atención persoalizada ao alumnado
Para a atención persoalizada empregaranse Microsoft Teams (2 veces por semana), Moodle e o correo electrónico (de forma asíncrona).

4. Modificacions na avaliación
Mantéñense as mesmas que aparecen na guia docente, pero realizarase a súa adaptación á avaliación online.
Nos obradoiros e na proba mixta poderían combinarse resolución de exercicios escritos con resolucións orais.

*Observacións de avaliación:
Na segunda oportunidade manteranse os mesmos criterios que se empregan para a 1ª oportunidade e que se resumen en 50% de avaliación continua e 50% de exame.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo dixitalizados, xa sexa en Moodle ou na web da materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e manexar algúns dos principais métodos estatísticos para o tratamento e análise de calquera tipo de información económica, numérica ou cualitativa, temporal ou de sección cruzada. A1
A2
A3
A4
A5
A7
A9
A10
A12
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C4
C6
C7
C8
Coñecer e utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe econométrica. A1
A3
A4
A5
A7
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Estimar e interpretar os parámetros do modelo clásico de regresión. Comprender o funcionamento do modelo e en que situacións aplicalo. A3
A4
A5
A7
A9
A10
A12
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C4
C6
C7
C8
Utilizar as ferramentas informáticas adecuadas para realizar os cálculos e estimar os modelos a que se refiren as competencias anteriores, tanto na parte de Métodos Estatísticos como na parte de Introdución á Econometría. A9
A10
A11
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C3
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
1) Análise de datos cuantitativos - Preparación de datos
- Análise previa para métodos estatísticos e econométricos: gráficas e medidas
- Medidas de concentración
2) Análise de datos cualitativos - Análise previa con variables cualitativas: graficas e táboas
- Contrastes de independencia
- Medidas de asociación para variables nominais e ordinais
- Metodos estatisticos para variables cualitativas
3) Econometría e modelos econométricos - Definición de Econometría
- Os modelos econométricos e os seus elementos
- Clases de modelos
4) O modelo de regresión lineal clásico - Modelo de regresión lineal uniecuacional
- Estimacion do modelo mediante mínimos cadrados ordinarios.
- Interpretacions dos estimadores e inferencia
- A bondade do axuste. Medidas
5) Análise da Varianza - Conceptos xerais
- Un factor: efectos fixos e información completamente aleatorizada
- Dous factores: efectos fixos e información completamente aleatorizada
6) Modelización de series temporais - Procesos estocásticos: definición, características xerais e exemplos
- Series temporais: descomposición
- Series temporais: Introdución aos modelos ARIMA

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A1 A2 A7 A11 B9 B8 C5 1 0 1
Sesión maxistral A2 A3 A4 A7 A12 C4 17 34 51
Obradoiro A7 A10 B1 6 15 21
Prácticas a través de TIC A10 A12 C3 C6 C8 4 10 14
Aprendizaxe colaborativa A5 A13 B2 4 10 14
Solución de problemas A9 B3 C7 6 15 21
Traballos tutelados A3 A4 A5 A7 A9 A10 A12 A13 C1 C3 C6 C7 C8 4 12 16
Proba mixta A4 A5 B4 B5 B6 B7 C1 2 6 8
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O curso comezará cunha presentación da materia, na que se exporá con detalle o traballo a desenvolver polo alumnado e os criterios de avaliación.
Sesión maxistral Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia ...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. O obxectivo é introducir ao alumnado nos conceptos da materia, transmitirase así a base de coñecemento que o alumnado necesita para comezar o seu traballo e iniciar a súa aprendizaxe.
Obradoiro Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposición e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc.. Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como simple complemento das sesións maxistrais.
Dentro destas aulas realizaranse actividades de avaliación, xa sexa mediante exercicios individuais ou exercicios realizados en grupo.
Prácticas a través de TIC Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado. Traballarase con apoio do ordenador, e reservarase para temas ou conceptos nos que a intensidade dos cálculos o recomenda. De xeito trasversal tamén se introducirá ao alumnado no traballo en estatística e econometría con medios informáticos.
Aprendizaxe colaborativa Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, na resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como a dos restantes membros do grupo. Antes da entrega do traballo ou de boletíns de exercicios en grupo, adicaranse varias clases a que os alumnos expoñan as súas dúbidas e/ou dificultades atopadas. Deste xeito créase un debate entre eles, os seus compañeiros e o profesor que fomenta a interrelación no traballo e o espírito critico.
Realizaranse traballos en grupo nos que os alumnos deberán resolver distintas cuestións teórico-prácticas relativas aos temas implicados; ao seu remate, o grupo deberá amosar o realizado, con diferentes posibilidades de exposición (oral ou escrita); a elección do método dependerá da evolución da docencia.
Solución de problemas Atencion persoalizada ao alumnado para a resolucion das dúbidas que puidesen aparecer, non só na resolucion de exercicios se non en calquera outra fase do proceso de aprendizaxe.
Traballos tutelados En combinación coa aprendizaxe colaborativa e baixo a tutela do profesor o alumnado realizará traballos en grupo, enfocados na aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O profesor realizará o seguemento desta aprendizaxe de cara a valorar a adquisición dos coñecementos propostos para esta categoría.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta, que se corresponderá co exame final. Esta proba considerarase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela unha cualificación mínima para computar as outras actividades que se avalían.

Como alternativa a esta proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor poderá propoñer probas mixtas intermedias, organizadas ao longo do período docente. Superar o conxunto destas probas intermedias será equivalente a superar a proba final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Obradoiro
Proba mixta
Descrición
É o tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado, ben sexa de forma individual ou en pequenos grupos. Consistirán, fundamentalmente, en:
- Resolución das dúbidas específicas de cada alumno que se poidan suscitar na comprensión dos conceptos teóricos ou na súa aplicación práctica.
- Adaptación do ensino das ferramentas informáticas ás características específicas do alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A7 A10 B1 Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposición e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc.. Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como simple complemento das sesións maxistrais.
Dentro destas aulas realizaranse actividades de avaliación, xa sexa mediante exercicios individuais ou exercicios realizados en grupo.
20
Proba mixta A4 A5 B4 B5 B6 B7 C1 Realizarase unha proba mixta, que se corresponderá co exame final. Esta proba considerarase fundamental na avaliación, polo que será necesario obter nela unha nota mínima para computar as outras actividades que se avalían.

Como alternativa a esta proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor propoñerá probas mixtas intermedias, organizadas ao longo do período docente. Superar o conxunto destas probas intermedias será equivalente a superar a proba final.
50
Traballos tutelados A3 A4 A5 A7 A9 A10 A12 A13 C1 C3 C6 C7 C8 En combinación coa aprendizaxe colaborativa e baixo a tutela do profesor o alumnado realizará un ou varios traballos en grupo (en caso de ser máis de 1, como mínimo existirá 1 en grupo, pero algún dos demais podería ser individual), enfocados na aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O profesor realizará o seguemento desta aprendizaxe de cara a valorar a adquisición dos coñecementos propostos para esta categoría.
30
 
Observacións avaliación


A
proba mixta considerarase fundamental na avaliación, polo que será
necesario obter nela unha nota mínima para computar as
outras actividades que se avalían.

Estes
criterios de avaliación corresponden tanto á primeira como a
segunda oportunidade.

Os mesmos criterios aplicaranse ao alumnado con dedicación parcial.
De calquera xeito ao estudantado con dedicación parcial
recoméndaselle que fale co coordenador da materia para informalo da
súa situación.


En
caso de que haxa estudantes que opten pola convocatoria adiantada, o
sistema de cualificacións será o mesmo que figura no esquema anterior. Neste caso as actividades
do Obradoiro e Traballos tutelados deberán realizarse un mínimo de
21 días antes do exame de convocatoria adiantada.


A
orde que seguen os temas nesta guia docente pode ser modificado ao
impartilo na aula, en función das necesidades docentes que poidan
xurdir.

Algunhas observacións
xerais de avaliación, colocadas de maneira homoxénea co resto das guias docentes

- Cualificación
de non presentado
:
Corresponde ao estudante cando só participe de actividades de
avaliación que teñan una ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación
conseguida.

- Segunda
oportunidade e convocatoria adiantada
: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as
oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada  as actividades do Obradoiro e Traballos tutelados deberán realizarse un
mínimo de 21 días antes do exame de convocatoria adiantada.

- Estudantes
con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
: Recoméndaselle que fale
co coordenador da materia para informalo da súa situación e ver de
adaptar o sistema de avaliación (Obradoiro e traballo tutelados).

-Sobre
condicións de avaliación
:
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo
que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de
información.

- Identificación
do estudante
: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa
normativa vixente.


Fontes de información
Bibliografía básica Ruiz-Maya, L., Martín Pliego, F. J., Montero, J. M., y Uriz, P. (1995). Análisis estadístico de encuestas: datos cualitativos. AC
Gujarati, D.M. (2003). Basic Econometrics. Mc Graw-Hill
Uriel, E., Contreras, I., Moltó, T. y Peiró, A. (1990). Econometría. El modelo lineal. AC
Casas, J.M., Domínguez, J., García, C., Martos, E.I., Rivera, L.F., y Zamora, A.I. (2010). Estadística para las Ciencias Sociales . Centro de Estudios Ramón Areces
Ezequiel, J. U. (2019). Introducción a la econometría. . https://www.uv.es/uriel/libroes.htm
Uriel, E. y Peiró, A. (2000). Introducción al Análisis de Series Temporales. AC
Aparicio, J., Martinez, M., & Morales, J. (2004). Modelos lineales aplicados en R (http://umh3067.edu.umh.es). Universidad Miguel Hernandez. Dto. Estadística, Matemáticas e Informática
Newbold, P., Carlson, W. and Thorne, B. (2012). Statistics for business and economics, 8/E.. Pearson: Boston.

O libro Aparicio J. et al. (2004) podese descargar en http://umh3067.edu.umh.es

Bibliografía complementaria Esteban, M. V., Moral, M. P., Orbe, S., Regúlez, M., Zarraga, A., & Zubia, M. (2008). Econometría Básica Aplicada con GRETL (https://addi.ehu.es/bitstream/handle/10810/12496/08-09est.pdf?sequence=1&isAllowed=y). Sarriko On, Universidad del País Vasco
Newbold, P. (1997). Estadística para los Negocios y la Economía. Prentice Hall
Wooldridge, J. (2005). Introducción a la Econometría. Un enfoque moderno. Thomson
Stock, J.H. & Watson, M.W (2011). Introduction to Econometrics. Pearson
Gujarati, D. (2006). Principios de Econometría. McGraw-Hill
Wickham, H., & Grolemund, G. (2016). R for data science: import, tidy, transform,visualize, and model data (https://r4ds.had.co.nz/). O'Reilly Media, Inc
Heiss, F. (2016). Using R for Introductory Econometrics. Florian Heiss (http://www.urfie.net/read/index.html)

O libro Heiss, F. (2016). Using R for Introductory Econometrics. Florian Heiss realiza os exercicios do Wooldrige con R, e pódese consultar online en:http://www.urfie.net/read/index.html

O mesmo ca os libros Wickham, H., & Grolemund, G. (2016) (en https://r4ds.had.co.nz/); Esteban, M.V. et al (2008)  (en https://addi.ehu.es/bitstream/handle/10810/12496/08-09est.pdf?sequence=1&isAllowed=y)



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística I/611G01006
Matemáticas I/611G01009
Matemáticas II/611G01010
Estatística II/611G01014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Econometría I/611G01022
Econometría II/611G01027

Observacións

ENGLISH GROUP

Group A of this subject will be taught entirely in English.

PREREQUISITES

This subject continues the previous ones on Statistics. It is highly recommended to be familiar with the contents related to the first part of the subject. In order to complete Introduction to Econometrics, previous knowledge on economic theory (in a broad sense), Statistics and Mathematics are required. In addition, as the econometric applications use data, it becomes important to know the structure and contents of the main statistical sources. 

TEACHING MATERIAL

The main teaching material will be available from the Moodle virtual platform, or will be accessible from there. 

A sustainable use of the resources should be done, as well as try to prevent negative impacts on the natural environment. 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías