Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Política Monetárea e Sistema Financeiro Código 611G01024
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Sanchez Santos, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.sanchez@udc.es
Profesorado
Sanchez Santos, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo deste curso é proporcionar un marco de análise que permita o estudo sistematizado dos mercados, instrumentos e institucións financeiras, así como do papel dos bancos centrais na instrumentación da política monetaria, en xeral, e na estabilidade financeira en particular. Para iso introdúcense e desenvolven unha serie de conceptos básicos que se espera contribúan á comprensión por parte do alumno de procesos e elementos tales como a determinación do prezo dos activos, a estrutura e funcionamento dos mercados financeiros e o papel da política monetaria na economía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6 CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Demostrar o papel crucial que desempeña un Sistema Financeiro no marco dunha economía moderna A2
A3
A4
A8
A11
A12
C1
- Analizar as características fundamentais (liquidez, rendibilidade e risco) dos principais instrumentos financeiros A2
A3
A4
A11
A12
C1
- Evaluar a influencia dos principais determinantes dos prezos dos activos financeiros A2
A3
A4
A5
A7
A11
C1
- Recoñecer os principios básicos que deberían guíar a xestión das entidades bancarias A1
A2
A11
A12
C1
C5
C6
- Xustificar a necesidade de regulación e supervisión dos sistemas financeiros A2
A11
A12
C1
- Coñecer as principais vías de influencia da política monetaria sobre o prezo dos activos negociados nos mercados financeiros. A2
A11
A12
C1
- Comprobar o importante papel dos intermediarios financeiros no mecanismo de transmisión da política monetaria A2
A11
A12
C1
- Resolver casos prácticos que esixen a aplicación de principios elementais de valoración de activos. A2
A11
A12
C1
- Usar informacións e datos relevantes col fin de investigar a realidade das institucións e os mercados financeiros. A10
A11
A12
C1
- Diagnosticar o tono da política monetaria e o grado de presión financeira ao que está sometido o sector privado da economía. A2
A11
C1
- Manexar fuentes documentais en inglés A11
- Mostrar interese polas cuestións relacionadas co campo de estudo da Política Monetaria e Sistema Financeiro B6
B9
C4
C7
C8
- Participar activamente na discusión dos temas abordados no programa da materia B4
B5
C1
C4
- Colaborar activamente na realización de traballos en equipo A6
A13
B8
C4
- Apreciar a importancia das consideracións éticas no desenrolo da actividade profesional no sector financeiro B7
C4
C5
- Evaluar críticamente os principais problemas e desafíos aos que se enfrenta a política monetaria na zona euro A1
A2
A9
B1
B2
B3
C1

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. SISTEMA FINANCEIRO E ECONOMÍA REAL - Introdución

-Sistema financeiro: concepto e funcións

-Componentes do sistema financeiro: institucións, mercados e activos

-Sistema financeiro e actividade económica
TEMA 2. MERCADOS FINANCEIROS - Introducción

- Mercados de renta fija

- Mercados de renta variable

- Mercado de divisas

TEMA 3. ESTABILIDADE FINANCIEIRA E REGULACIÓN BANCARIA - Introdución

- Empresa bancaria e xestión de entidades financeiras

- Inestabilidade financeira: concepto, causas consecuencias

- Regulación bancaria: fundamentación económica, obxectivos e instrumentos
TEMA 4. POLITICA MONETARIA E MERCADOS FINANCEIROS - Introdución

- Política monetaria e mercados monetarios

- Política monetaria e mercados de capital

- Política monetaria e mercado de divisas

- Política monetaria e inflación de activos

TEMA 5. O MECANISMO DE TRANSMISIÓN MONETARIA - Introdución

- O papel das entidades de crédito no mecanismo de transmisión monetaria

- A política monetaria e as condicións monetarias e financeiras

- A posición financeira dos axentes económicos e a política monetaria
TEMA 6. A POLITICA MONETARIA NA ZONA EURO - Introdución

- A política monetaria única: obxectivos e instrumentos

- O problema das asimetrías

- Independencia do BCE e rendición de contas


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A8 B7 B9 17 34 51
Solución de problemas A2 A5 A6 A7 B2 B1 B3 B4 B5 B6 15 34 49
Estudo de casos A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 A13 8 24 32
Discusión dirixida C4 C5 C6 C7 C8 2 0 2
Proba mixta A3 B8 C1 2 10 12
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudiantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Solución de problemas Resolución de casos prácticos concretos que esixe a aplicación dos coñecementos que foron traballados na aula.

Estudo de casos Descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto polo alumno a través dun proceso de discusión dirixido polo profesor.

Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador.
Proba mixta Proba escrita utilizada par a avaliación da aprendizaxe que se realiza co obxectivo de avaliar coñecementos, capacidades e destrezas.


Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
Atención e resolución de dúbidas relativas aos contidos explicados na sesión maxistral ou que xorden nos procesos de resolución de casos prácticos e na discusión de casos.
Empregásense as tutorias de grupos reducidos.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 A13 Resolución de casos prácticos que supón a aplicación dos
coñecementos que foron traballados na aula
10
Proba mixta A3 B8 C1 O exame final consistirá nunha única proba escrita de carácter teórico-práctico que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos recollidos no programa e desenvolvidos nal aula

A parte teórica do exame poderá incluir preguntas tipo test.

Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos.

La puntuación del examen final se establece sobre un máximo de 7 puntos para la parte teórica y de 3 ptos. para la parte práctica.

Para superar a materia requirese unha calificación final de cinco puntos.
70
Solución de problemas A2 A5 A6 A7 B2 B1 B3 B4 B5 B6 Realización de exercicios nos que os alumnos terán que
aplicar a teoría para resolver problemas específicos.
20
 
Observacións avaliación

Na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, as capacidades de análises e sínteses do alumno. Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. A puntuación do exame final establécese sobre un máximo de 7 puntos para a parte teórica e de 3 ptos. para a parte práctica. Para superar a materia requírese unha cualificación final de cinco puntos. 


Fontes de información
Bibliografía básica ANALISTAS FINANCIEROS INTERNACIONALES (2008). Guía del Sistema Financiero Español. Madrid: Ediciones Empresa Global
BANCO CENTRAL EUROPEO (2004). La política monetaria del BCE. Banco Central Europeo
BANCO CENTRAL EUROPEO (2005). Burbujas del precio de los activos y política monetaria. Burbujas del precio de los activos y política monetaria, Boletín Mensual del Banco Central Europeo,
SERVICIO DE ESTUDIOS DEL BANCO DE ESPAÑA (2005). El análisis de la economía española. Madrid: Alianza Editorial
SERVICIO DE ESTUDIOS DEL BANCO DE ESPAÑA (1997). La política monetaria y la inflación en España. Madrid: Alianza Editorial
PAREJO GAMIR J.A. et al. (u.e.). Manual del Sistema Financiero Español. Barcelona: Ariel
MISHKIN, F.S. (2014). Moneda, Banca y Mercados Financieros. Pearson
ANDREU, J.M. (2000). Sobre los fundamentos del dinero y la banca. Madrid: Dikinson

Bibliografía complementaria DE GRAUWE, P. (2009). Economics of monetary union. Oxford: Oxford University Press
CECCHETI, S.G. (2008). Money, Banking and Financial Markets. Boston: McGraw-Hill
BALL, L. (2009). Money, Banking and Financial Markets. New York: Worth Publishers
MISHKIN, F.S. (2004). The Economics of Money, Banking and Financial Markets. Londres: Pearson-Addison Wesley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías