Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Econometría II Código 611G01027
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lado González, Eva Mª
Correo electrónico
eva.lado@udc.es
Profesorado
Lado González, Eva Mª
Correo electrónico
eva.lado@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia é unha ampliación dos contidos da Econometría I impartida no primeiro cuadrimestre. Nela analízanse diversos temas de gran interese teórico e aplicado para a especificación e estimación de modelos econométricos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

- Non se realizarán cambios. Ao tratarse dunha materia que se vai a desenvolver no curso próximo (2020-2021) esperase poder impartir, tanto no caso de semipresencialidade como no de non presencialidade, todos ou a maioría dos contidos que están inicialmente planeados.

2. Metodoloxías

*Metodoloxías docentes que se manteñen. Manteranse todas as metodoloxías docentes desenvolvidas na guía:

- Actividades iniciais
- Sesión maxistral
- Obradoiro
- Prácticas a través de TIC
- Proba mixta
- Atención personalizada

As titorías de grupo reducido (TGR) planifícanse inicialmente de forma virtual, seguindo as indicacións do Centro por causa do COVID-19 e farase o mesmo previsiblemente para as titorías individuais ou grupais. A docencia que tería lugar na aula de informática deberá realizarse de forma virtual.

Con independencia da modalidade docente subiranse á plataforma Moodle numerosos materiais para facilitar a aprendizaxe tanto da parte teórica da materia como da resolución de exercicios.

O correo electrónico segue sendo a canle habitual de comunicación entre os alumnos e o profesor.

*Metodoloxías docentes que se modifican

No caso de semipresencialidade compartirase a docencia presencial coa non presencial e no caso de non presencialidade substituirase toda a docencia presencial polas clases online; en ambos os casos utilizarase a aplicación Teams para impartir a materia en modo non presencial.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

- Correo electrónico: Diariamente, segundo as necesidades do alumnado. En calquera momento pódese utilizar esta ferramenta. É de utilidade para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da materia.

- Teams: Tamén se utilizará Teams como medio de comunicación cos alumnos e para a realización das tutorías individuais ou grupais, entendendo que esta ferramenta é máis áxil que o correo electrónico polo que poderá utilizarse diariamente, segundo as necesidades do alumnado.

- Moodle: Utilizarase o foro de novas de Moodle para pór en coñecemento dos alumnos todos aqueles aspectos que afecten ao normal desenvolvemento da materia, mantendo desta forma un contacto permanente con eles (aviso sobre datas de probas, instrucións de realización das actividades, cualificacións, cambio dalgunha data sinalada, titorías, etc.).

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación: En canto á avaliación, tanto na modalidade de semipresencialidade como de non presencialidade, manteranse os criterios de avaliación expostos na guía docente, coa diferenza de que se eliminarán os mínimos necesarios nas probas mixtas (probas obxectivas).

No caso de que a docencia se leve a cabo de maneira non presencial as probas de avaliación terán que ser realizadas a través da plataforma Moodle ou, de ser posible, a través de Teams, Forms ou calquera outra aplicación que permita a realización de probas e exames.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

- Non se realizarán cambios. Os alumnos terán á súa disposición materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle. Con independencia da modalidade docente poranse a disposición dos alumnos numerosos materiais que permitan preparar os contidos teóricos e prácticos da materia, sendo Moodle a aplicación ou repositorio de todo o material dispoñible para os alumnos.

Por outra banda, desde a biblioteca da Facultade de Economía e Empresa informóuse, desde o inicio do confinamento polo COVID-19, do acceso aos recursos da biblioteca, que de forma gratuíta e en formato electrónico están dispoñibles tanto para o alumnado como para o profesorado.


Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6 CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender as consecuencias que sobre os estimadores MCO dos coeficientes do modelo clásico ten o incumprimento dalgunhas das súas hipóteses. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
A13
B1
B2
B3
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Saber a forma en que un modelo econométrico pode incorporar información cualitativa. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
A13
B3
B4
B5
B6
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender a forma en que os modelos dinámicos e os de ecuacións múltiples poden ser especificados e estimados. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
A10
A12
A13
B9
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender a utilidade dos modelos econométricos para analizar as relacións económicas que se presentan na economía real. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
A13
B1
B3
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Utilizar ferramentas informáticas adecuadas para a aplicación das competencias anteriores. A7
A9
A10
C3

Contidos
Temas Subtemas
1) O modelo de regresión lineal xeneralizado (MRLX)
1.1. Hipóteses do modelo. Consecuencias da estimación MCO deste modelo.
1.2. Os estimadores de mínimos cadrados xeneralizados (EMCX). Obtención.
1.3. Heterocedasticidade: estrutura, causas, contrastes, estimación e predición.
1.4. Autocorrelación: estrutura, causas, contrastes, estimación e predición.

2) As variables ficticias nos modelos econométricos. 2.1. Definición e incorporación ao modelo.
2.2. Contrastes de estabilidade da mostra.
3) Modelos de ecuacións simultáneas. 3.1. Introdución. Expresión do modelo.
3.2. Hipóteses que o definen.
3.3. Propiedades dos estimadores MCO. A estimación de variables instrumentais (VI).
3.4. A estimación de mínimos cadrados en dúas etapas (MC2E).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A2 A7 A9 A11 B1 3 0 3
Sesión maxistral A9 A11 B2 B8 B9 17 34 51
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 15 30 45
Prácticas a través de TIC A5 A6 A7 A10 A12 C3 7 28 35
Proba mixta B5 B6 B7 B8 C6 2 9 11
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O curso comezará cunha sesión expositiva na que se presentará a materia, exporanse con detalle as actividades a desenvolver polos alumnos e os criterios de avaliación e, finalmente, repasaranse os conceptos básicos das materias de econometría anteriormente cursadas.
Sesión maxistral Docencia expositiva consistente en leccións impartidas polos profesores nas que se desenvolverá o contido teórico do programa mediante exposición oral complementada por medios audiovisuais. Incluiranse exemplos e exercicios que permitan amosar a funcionalidade e limitacións dos métodos expostos.
Obradoiro Cada taller é unha sesión interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios e problemas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Prácticas a través de TIC Trátase de sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas.
Proba mixta Proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Descrición
É o tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado, ben sexa de forma individual ou en pequenos grupos. A atención prestarase nas horas de clase, nas horas prácticas a través de TIC e no horario semanal de titorías.

A atención personalizada para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia prestarase no horario semanal de titorías dos profesores.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A4 A8 A13 B3 B4 C1 C4 C5 C7 C8 Recoméndase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos e na forma que lles será indicada. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba mixta B5 B6 B7 B8 C6 Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe. Poderá combinar distintos tipos de preguntas de tipo teórico e práctico. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10.
70
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia constará de un ou varios obradoiros e dunha proba mixta: os obradoiros terán unha cualificación máxima do 30% correspondendo o restante 70% da materia a unha proba mixta (ou exame liberatorio que se realizará ao rematar o temario) na que se avaliarán os contidos da materia (temas 1, 2 e 3) sendo necesario obter un mínimo de 2.5 puntos
sobre 7 nesta proba obxectiva.

Polo tanto, para aprobar a materia é necesario acadar un mínimo de 2.5 puntos sobre 7 na proba mixta e obter polo menos 5 puntos na
suma das calificacións dos obradoiros e da proba mixta. Os alumnos que non superen a materia deste xeito, deberán facer o exame
de primeira ou segunda oportunidade realizando unha proba mixta (ou proba obxectiva) que
compute o 70% da nota e que se sumará ás cualificacións obtidas nos obradoiros realizados ao longo do curso.

A) Oportunidades de xuño e de xullo:

1. Para superar a materia obteranse polo menos 5 puntos (unha vez sumadas as calificacións dos obradoiros e da proba mixta).

2. Os alumnos que non acadasen a nota mínima na proba mixta (2.5 puntos sobre 7) e que no
cómputo global da avaliación obtivesen unha puntuación igual ou superior a
5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota
de 4.5.

3. O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe nos apartados anteriores, en ambas as duas oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica.

4. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación. 

5. A cualificación de non presentado corresponde únicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total.


B) Oportunidade adiantada:

A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse neste suposto.


C) Oportunidades de xuño, de xullo e adiantada:

Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse polas "Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario" da UDC.
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).


Fontes de información
Bibliografía básica Carrascal, U., González, Y. y Rodríguez, B. (2000). Análisis econométrico con EViews. RA-MA
Fernández Gallastegui, Alonso (2004). Econometría. Pearson. Prentice Hall
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Gujarati, D. y Porter, D. (2011). Econometría. McGraw-Hill
Ramil, M., Rey, C., Lodeiro, M., Arranz, M. (2013). Introducción a la Econometría. Noroeste S.L ISBN 13:978-84-92794-64-5

 

Bibliografía complementaria Pena Trapero, J. et al (1999). Cien ejercicios de econometría. Pirámide
Wooldridge, Jeffrey (2015). Introducción a la econometría. Un enfoque moderno.. Cengage Learning
Ramil, M. y Arranz, M. (2001). Modelos de ecuaciones simultáneas. ISBN 84-688-6034-4
Pulido, A. y Pérez, J. (2001). Modelos econométricos. Pirámide

A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos enfocados a resolver problemas reais da economía. Poderanse utilizar, ademáis, outros libros de texto así como distintas fontes de datos e materiais dispoñibles na rede que se detallarán ao longo do curso.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística I/611G01006
Matemáticas I/611G01009
Microeconomía e Mercados/611G01012
Estatística II/611G01014
Macroeconomía/611G01017
Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría/611G01019
Econometría I/611G01022
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

É moi importante que os alumnos estean familiarizados cos contidos das materias de Introdución á Econometría e Econometría I.

En canto á entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.

b. Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías