Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Facenda Pública Española. Sistema Fiscal Código 611G01031
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Suarez Mallo, Maria de la Cruz
Correo electrónico
m.c.suarez.mallo@udc.es
Profesorado
Suarez Mallo, Maria de la Cruz
Correo electrónico
m.c.suarez.mallo@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Facenda Pública Española. Sistema Fiscal ten por obxectivo introducir aos alumnos no campo da fiscalidade aplicada. En particular, desenvólvense elementos básicos dos principais impostos do sistema fiscal español.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen

- Actividades iniciais
- Sesión maxistral
- Estudo de casos (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
- Proba de resposta múltiple (computa na avaliación)
- Solución de problemas (computa na avaliación)
- Atención personalizada

*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica ningunha metodoloxía

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

– Correo electrónico: De luns a venres. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das actividades propostas.
– Moodle: De luns a venres. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 2 sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e das actividades propostas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais para o seguimento e apoio na realización das actividades propostas. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación

Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo necesarios

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer a mecánica liquidatoria dos principais impostos españoles A1
A4
A7
A9
Diferenciar a imposición individual e a empresarial A4
A9
Adecuado uso e comprensión de fontes bibliográficas esenciais no eido fiscal de cara ao seu emprego autónomo no futuro A2
A4
A7
A8
A10
A11
A12
C3
Introdución ao manexo de programas informáticos oficiais de axuda da Axencia Tributaria A4
A7
A9
A10
A12
A13
C3
Valoración das implicacións fiscais das decisións económicas A4
A5
A7
A8
A9
A10
A12
A13
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C4
C7
C8
Valoración crítica do sistema fiscal español A3
A9
A12
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C5
C6

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Sistema fiscal español 1.1. Tributos: clases e elementos para a súa cuantificación.
1.2. Estrutura do sistema fiscal español.
Tema 2: Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas 2.1. Esquema de liquidación do IRPF.
2.2. Determinación da base impoñible.
2.3. Cálculo da cota diferencial.
Tema 3: Imposto sobre Sociedades 3.1. Esquema de liquidación do IS.
3.2. Determinación da base impoñible.
3.3. Cálculo da cota diferencial.
Tema 4: Imposto sobre o Valor Engadido 4.1. Introdución ao funcionamento do IVE.
4.2. Operacións interiores.
4.3. Operacións exteriores e intracomunitarias

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A7 C6 17 17 34
Estudo de casos A1 A2 A4 A8 A9 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C4 C5 C7 C8 19 38 57
Actividades iniciais A7 C1 3 0 3
Proba de resposta múltiple A4 A9 4 16 20
Solución de problemas A3 A4 A5 A7 A10 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 6 24 30
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos básicos dos principais impostos e facilitar a aprendizaxe.
Estudo de casos Trátase de facer liquidacións dos impostos que se imparten neste curso, para iso exponse posibles situacións nas que poden atoparse as persoas físicas ou as xurídicas.
Actividades iniciais Presentación da normativa e dos recursos da AEAT que se van a utilizar ao longo do curso.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
Solución de problemas Trataríase de resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Descrición
Durante a realización dos casos de estudo orientarse, supervisarase e resolveranse as dúbidas dos alumnos no seu proceso de adquisición das competencias e realización das actividades propostas.
Tamén establecerase un horario de titorias individuais no que o alumno pode acudir para resolver calquera tipo de dúbida sobre a materia.

Para o alumnado con dispensa académica de exencion de asistencia establecerase unha programación específica ao inicio do cuadrimestre

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A4 A8 A9 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C3 C4 C5 C7 C8 Exporanse supostos de liquidación dos impostos estudados, que deberán realizar en clase de forma individualizada.
Ademais faranse probas de liquidacións realizadas cos programas da AEAT.
30
Solución de problemas A3 A4 A5 A7 A10 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 No exame final inclúense dous supostos de liquidación, un de IRPF e outro de IS.
56
Proba de resposta múltiple A4 A9 No exame final incluirase na primeira parte un test. 14
 
Observacións avaliación

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independenza da
cualificación acadada.



2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: O exame na data oficial supoñerá o 100% da avaliación

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia
: Excepto para as datas aprobadas na
Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes
probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas
compatible coa súa dedicación.



4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder ao aula
de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou almacenamiento de información.



5. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.



Outras observacións de avaliación:

Para superar a materia, é necesario aprobar o exame final, esixíndose aprobar cada unha das partes: o test, a liquidación de IRPF e a liquidación de IS


Fontes de información
Bibliografía básica

- Manuel Practico Renta. Axencia Tributaria. Edición actualizada.

- Manual Práctico Sociedades. Axencia Tributaria. Edición actualizada.

- Gabinete xurídico do Centro de Estudos Financieiros: "Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas. Casos Prácticos" .

Madrid: editorial CEF (edición actualizada).

- Gabinete xurídico do Centro de Estudos Financieiros: "Impuesto sobre Sociedades. Casos Prácticos" . Madrid: editorial

CEF (edición actualizada).

- Moreno Moreno, Mª Carmen e Paredes Gómez, Raquel: "Fiscalidad Individual y Empresarial. Ejercicios resueltos" . Madrid:

editorial Cívitas (edición actualizada).

- Albi Ibáñez, Emilio: "Sistema Fiscal Español. Volumen 1" . Barcelona: editorial Ariel (edición actualizada).

- "Memento Práctico Fiscal" . Madrid: ediciones Francis Lefebvre (edición actualizada).

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Facenda Pública/611G01021
Facenda Pública/611G01026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

2. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías