Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Organización Industrial Europea Código 611G01033
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Profesorado
Nieto Mengotti, Manuel Vicente
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
m.nieto1@udc.es
laura.varela.candamio@udc.es
Web
Descrición xeral Bases teóricas para o estudo das interaccións entre os axentes económicos en distintas situacións de contratos, organizacións e mercados mediante a microeconomía e a teoría de xogos a nivel intermedio. Tamén se recollen esquemas compatibles de incentivos e modelos de información asimétrica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6 CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
B10
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar o grao de rivalidade competitiva dos sectores e a súas implicacións para a xestión da cadea de valor A1
A2
A6
A10
A12
B1
B2
B6
C2
C3
C5
C8
Saber traballar en equipo e colaborativamente A4
A7
B3
B4
B5
B10
C3
C6
Transmitir os valores de esforzo e de traballo e mais fomentar a iniciativa persoal A11
A13
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Saber identificar e analizar las principais forzas competitivas dos diferentes sectores a partir de fones de información económica relevante A3
A5
A7
A8
A9
B4
C3

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: INTRODUCCION Á TEORIA DE XOGOS Decisión óptima e elección racional: o modelo matemático da optimización condicionada
A interdependencia entre os axentes decisores: xogos cooperativos e non cooperativos
Xogos e conflicto humán: xogos estrictamente competitivos e con ganancias mutuas.
TEMA 2: EQUILIBRIO DE NASH-COURNOT PARA XOGOS NON COOPERATIVOS Correspondencias de mellor resposta: Exposición gráfica en xogos bipersonais con duas estratexias. Discusión de exemplos significativos.
Equilibrio de Nash en xogos finitos: Teorema de existencia de Nash
Inducción retrospectiva e ameazas cribles. Refinamentos do equilibrio de Nash. Equilibrio perfecto en subxogos.
Equilibrios en xogos con información incompleta. Equilibrios Bayesianos
TEMA 3: XOGOS REPETIDOS: TEOREMAS E PARADOXAS Xogos repetidos: Conceptos básicos e exemplos. Paradoxas nos xogos de equilibrio único con horizonte finito e certo: Dilema dos Presos e Cadea de Almacéns.
Xogos con horizonte infinito ou incerto: Estratexias de Gatillo e de Represalia. Múltiples equilibrios e Teorema Folk.
TEMA 4: INCENTIVOS, SISTEMAS COLECTIVISTAS E COMPETENCIA A traxedia dos bens comunais: sobreexplotación de recursos
Incentivos y oferta de esforzo nos sistemas colectivistas
Dereitos de propiedade e contratos: A competencia como un xogo con resultados cooperativos eficientes.
TEMA 5: INTERDEPENDENCIA ESTRATEXICA E MODELOS DE COMPETENCIA Competencia en cantidades: Modelos de Cournot. A competencia perfecta como límite da competencia en cantidades entre gran número de empresas
Competencia en precios: Modelos de Bertrand
Competencia cantidades y precios
TEMA 6: XOGOS EN ETAPAS: LIDERAZGO E VENTAXAS ESTRATEXICAS FRENTE Á ENTRADA Liderazgo e modelos de Stackelberg
Reinterpretación en termos de capacidade: compromisos creibles e ventaxas estratéxicas das empresas establecidas
Barreiras e disuasión de entrada.
A estratexia do precio límite
TEMA 7: CARTELES E COLUSION EN OLIGOPOLIOS Promesas e ameazas: Estratexias cribles de premio e castigo
Colusión en modelos de Bertrand: prezos e incentivos a medio plazo. Prezos de Monopolio e equilibrios perfectos de Pareto.
Colusión en modelos de Cournot: Cantidades de Monopolio e equilibrios perfectos de Pareto.
Mecanismos de información e colusión entre oligopolistas: discusión da estabilidade dos cárteles e das posibilidades da política antimonopolio.
TEMA 8: MODELOS CON INFORMACION ASIMÉTRICA: RISCO MORAL E ACCIONS NON OBSERVABLES Tipoloxía dos modelos con información asimétrica.
Modelos de axencia: problemas e implicacións institucionais.
Risco moral e seguros.
TEMA 9: SELECCION ADVERSA, SINALIZACION E DETECCION: INTRODUCCION AO DESEÑO DE MECANISMOS Modelos de selección adversa.
Sinalización e Detección.
Deseño de Mecanismos
Algunhas Aplicacións.
TEMA 10: MONOPOLIO E EFICIENCIA ECONOMICA: A DISCRIMINACIÓN DE PREZOS E A REGULACION A discriminación de terceiro grao. A regra inversa da elasticidade.
A discriminación de segundo grao
A discriminación de primer grao. O excedente do consumidor e a solución competitiva.
Regulación do monopolio: A regulación flexible na UE.
TEMA 11: INTEGRACION DE MERCADOS E POLITICA DA COMPETENCIA NA UE Integración de mercados en la UE: Efectos da supresión de barreiras e incremento da presión competitiva. Rendas e optimización de costes: Ineficiencia X.
Réximen de competencia e normas aplicables ás empresas: Segmentación de mercados
Control de operacións de concentración: fusións e adquisicións
Restriccións verticais: estructuras integradas, contratos de distribución y franquicias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A3 A4 A5 A7 A11 A12 A13 B4 B5 C2 C4 C7 C8 12 10 22
Sesión maxistral A1 A2 A4 A8 B1 B6 B7 B8 B9 C3 C5 C6 26 52 78
Traballos tutelados A6 A9 A10 B3 B2 C1 5 30 35
Aprendizaxe servizo A1 A2 A3 A13 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C8 5 0 5
Proba mixta A2 A6 A12 B4 B10 5 0 5
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

En concreto, realizaránse traballos en grupo relacionados con alguno dos temas do programa. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor/a para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. Nesta materia, o alumnado poderá desenvolver actividades dentro do proxecto: "Economía con ciencia e conciencia: fomentando o desenvolvemento sostible"
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Aprendizaxe colaborativa
Aprendizaxe servizo
Descrición
Atención personalizada nas titorías de grupo reducido e nas titorías individuais, especialmente en relación cos traballos e outras actividades plantexadas na aula ou en Moodle.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia, acordaráse ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa sua dedicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A9 A10 B3 B2 C1 Avaliación continua: Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Alternativamente, esta avaliación continua poderá ser avaliada mediante a realización dun MOOC ou dun proxecto de aprendizaxe-servizo 30
Proba mixta A2 A6 A12 B4 B10 Exame final: Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. 70
 
Observacións avaliación

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa academica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba mixta cun peso do cen por cento sobre a cualificación. Consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.


Os criterios e actividades de avaliación correspondentes á segunda oportunidade serán os mesmos que os establecidos para a primeira.

Fontes de información
Bibliografía básica FAIÑA MEDIN, J.A. ( 2003). A Teoría de Xogos: O nobel de Economía e moito máis.... A Coruña, UDC
FERNANDEZ DE CASTRO, J. e DUCH BROWN, N., (2003). Economía Industrial: Un enfoque estratégico. Madrid, McGraw-Hill
PEPALL, L., RICHARDS, D.J. and NORMAN, G (2002). Industrial Organization: Contemporary Theory and Practice. Ohio, South-Western, Thomson Learning
TIROLE, J., (1990). Teoría de la Organización Industrial. Ariel, Barcelona,

Bibliografía complementaria PHLIPS, L., (1995). Competition Policy: A Game-Theoretic Perspective. Cambridge University Press
Motta. M., (2004). Competition Policy: Theory and Practice. Cambridge University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

   a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

   b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías