Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Organización Industrial Europea Código 611G01033
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Nieto Mengotti, Manuel Vicente
Correo electrónico
m.nieto1@udc.es
Profesorado
Nieto Mengotti, Manuel Vicente
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
m.nieto1@udc.es
laura.varela.candamio@udc.es
Web
Descrición xeral Bases teóricas para o estudo das interaccións entre os axentes económicos en distintas situacións de contratos, organizacións e mercados mediante a microeconomía e a teoría de xogos a nivel intermedio. Tamén se recollen esquemas compatibles de incentivos e modelos de información asimétrica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams): as clases maxistrais sustitúense por videoconferencias, grabacións en Teams, YouTube ou similar.
- Proba mixta (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Moodle): A proba obxectiva manterase, adaptándoa á evaluación a distancia.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizarán cambios

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada ao alumno ou tutorías levarse a cabo por cualquera medio que permita conectar có profesor, xa sexa a través de Moodle, Teams ou correo electrónico, respetando, no posible, os horarios de tutoría. De todos os xeitos, a atención ao alumno adaptarase con flexibilidade ás suas necesidades en horario compatible coa la dispoñibilidade do profesor.
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da aprendizaxe colaborativa.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros” (valorarase a inclusión de foros temáticos asociados a cada módulo da materia), para formular as consultas necesarias. Tamén se poderán propoñer “foros de actividade específica” para desenvolver a “Aprendizaxe colaborativa”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e da aprendizaxe colaborativa na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. No seu caso, sesións semanais (segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización da “aprendizaxe colaborativa”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: Elimínase o requisito mínimo de 2 puntos sobre 4 na proba mixta (exame final) de forma que o alumnado que suspenda esta proba NON figurará en actas coa calificación obtida na mesma senón coa suma de todas as calificacións obtidas en cada unha das partes obxecto de avaliación.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
a) Asistir e participar regularmente nas actividades da aprendizaxe colaborativa.
b) Obter unha puntuación total mínima do 50% do total de actividades obxecto de avaliación.
d) A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado xa dispoñe de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A5 CE5-Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía (internacional, nacional ou rexional) ou de sectores da mesma.
A6 CE6-Redactar proxectos de xestión económica a nivel internacional, nacional ou rexional. Integrarse na xestión empresarial.
A7 CE7-Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 CE8-Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 CE10-Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A13 CE13-Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
B10
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 CT3-Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 CT5-Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 CT6-Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber analizar o grao de rivalidade competitiva dos sectores e a súas implicacións para a xestión da cadea de valor A1
A2
A6
A10
A12
B1
B2
B6
C2
C3
C5
C8
Saber traballar en equipo e colaborativamente A4
A7
B3
B4
B5
B10
C3
C6
Transmitir os valores de esforzo e de traballo e mais fomentar a iniciativa persoal A11
A13
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Saber identificar e analizar las principais forzas competitivas dos diferentes sectores a partir de fones de información económica relevante A3
A5
A7
A8
A9
B4
C3

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: INTRODUCCION Á TEORIA DE XOGOS Decisión óptima e elección racional: o modelo matemático da optimización condicionada
A interdependencia entre os axentes decisores: xogos cooperativos e non cooperativos
Xogos e conflicto humán: xogos estrictamente competitivos e con ganancias mutuas.
TEMA 2: EQUILIBRIO DE NASH-COURNOT PARA XOGOS NON COOPERATIVOS Correspondencias de mellor resposta: Exposición gráfica en xogos bipersonais con duas estratexias. Discusión de exemplos significativos.
Equilibrio de Nash en xogos finitos: Teorema de existencia de Nash
Inducción retrospectiva e ameazas cribles. Refinamentos do equilibrio de Nash. Equilibrio perfecto en subxogos.
Equilibrios en xogos con información incompleta. Equilibrios Bayesianos
TEMA 3: XOGOS REPETIDOS: TEOREMAS E PARADOXAS Xogos repetidos: Conceptos básicos e exemplos. Paradoxas nos xogos de equilibrio único con horizonte finito e certo: Dilema dos Presos e Cadea de Almacéns.
Xogos con horizonte infinito ou incerto: Estratexias de Gatillo e de Represalia. Múltiples equilibrios e Teorema Folk.
TEMA 4: INCENTIVOS, SISTEMAS COLECTIVISTAS E COMPETENCIA A traxedia dos bens comunais: sobreexplotación de recursos
Incentivos y oferta de esforzo nos sistemas colectivistas
Dereitos de propiedade e contratos: A competencia como un xogo con resultados cooperativos eficientes.
TEMA 5: INTERDEPENDENCIA ESTRATEXICA E MODELOS DE COMPETENCIA Competencia en cantidades: Modelos de Cournot. A competencia perfecta como límite da competencia en cantidades entre gran número de empresas
Competencia en precios: Modelos de Bertrand
Competencia cantidades y precios
TEMA 6: XOGOS EN ETAPAS: LIDERAZGO E VENTAXAS ESTRATEXICAS FRENTE Á ENTRADA Liderazgo e modelos de Stackelberg
Reinterpretación en termos de capacidade: compromisos creibles e ventaxas estratéxicas das empresas establecidas
Barreiras e disuasión de entrada.
A estratexia do precio límite
TEMA 7: CARTELES E COLUSION EN OLIGOPOLIOS Promesas e ameazas: Estratexias cribles de premio e castigo
Colusión en modelos de Bertrand: prezos e incentivos a medio plazo. Prezos de Monopolio e equilibrios perfectos de Pareto.
Colusión en modelos de Cournot: Cantidades de Monopolio e equilibrios perfectos de Pareto.
Mecanismos de información e colusión entre oligopolistas: discusión da estabilidade dos cárteles e das posibilidades da política antimonopolio.
TEMA 8: MONOPOLIO E EFICIENCIA ECONOMICA: A DISCRIMINACIÓN DE PREZOS E A REGULACION A discriminación de terceiro grao. A regra inversa da elasticidade.
A discriminación de segundo grao
A discriminación de primer grao. O excedente do consumidor e a solución competitiva.
Regulación do monopolio: A regulación flexible na UE.
TEMA 9: DIFERENCIACIÓN DO PRODUTO Diferenciación horizontal
Diferenciación vertical
TEMA 10: RELACIÓNS VERTICAIS. REDES E PLATAFORMAS Marxinalización dobre
Control vertical
Relación de exclusividade
Redes e plataformas
TEMA 11: PROPIEDADE INTELECTUAL Dereitos de autor
Patentes
Marcas comerciais
Propiedade intelectual: carácter internacional

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A3 A4 A5 A7 A11 A12 A13 B4 B5 C2 C4 C7 C8 12 10 22
Sesión maxistral A1 A2 A4 A8 B1 B6 B7 B8 B9 C3 C5 C6 26 52 78
Estudo de casos A6 A9 A10 B2 B3 C1 5 30 35
Aprendizaxe servizo A1 A2 A3 A13 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C8 5 0 5
Proba mixta A2 A6 A12 B4 B10 5 0 5
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.

En concreto, realizaránse actividades individuais ou en grupo relacionados con alguno dos temas do programa. Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor/a para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. Nesta materia, o alumnado poderá desenvolver actividades dentro do proxecto: "Economía con ciencia e conciencia: fomentando o desenvolvemento sostible"
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Aprendizaxe colaborativa
Aprendizaxe servizo
Descrición
Atención personalizada nas titorías de grupo reducido e nas titorías individuais, especialmente en relación cos traballos e outras actividades plantexadas na aula ou en Moodle.

As Titorías de Grupo Reducido serán virtuais, así como as individuais e grupais, preferentemente.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A6 A9 A10 B2 B3 C1 Forma parte da avaliación continua desenvolvida a través da aprendizaxe colaborativa acadada nas aulas e que resulta da realización dunha serie de estudos de casos ao longo do curso.
Alternativamente, esta avaliación continua poderá ser avaliada mediante a realización dun MOOC ou dun proxecto de aprendizaxe-servizo
60
Proba mixta A2 A6 A12 B4 B10 Exame final: Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Os estudantes deben obter un mínimo de 2 puntos sobre 4. 40
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son os seguintes:

1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participen en actividades de avaliación que teñan un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da calificación acadada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada:

a) Segunda oportunidade: As condicións de avaliación da segunda oportunidade (artigo 18, apartado 5, das Normasde Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Gradoe Mestrado) dictaminan que a segunda oportunidade deber garantir a posibilidade de superaciónda materia polo estudante, polo que compre modificar as porcentaxes decalificación respecto da primeira oportunidade. Polo tanto, o estudo de casos pasaría a supoñer un 30% da cualificación e a proba mixta un70%. Na segunda oportunidade conservaranse polo alumno as calificaciónsacadadas na avaliación continua (cun peso dun 30%), pero non a acadadana proba mixta.

b) Oportunidade adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (artigo 19 das Normas de Avaliación,Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grado e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba que representará o 100% da calificación final.

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación atempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a calificación final. Consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame concualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

5. Identificación do estudante: O alumno deberá demostrar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Outras observacións de avaliación. Sobre mínimos nos criterios de avaliación: Non se require unha calificación mínima na parte da avaliación continua. Para a proba mixta é necesario obter un 50% da calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícase tanto á primeira como á segunda oportunidade. No conxunto das dúas partes o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre que na proba mixta acade un mínimo do 50% da puntuación da proba.


Fontes de información
Bibliografía básica FAIÑA MEDIN, J.A. ( 2003). A Teoría de Xogos: O nobel de Economía e moito máis.... A Coruña, UDC
MARTIN, S. (2001). Advanced Industrial Organization. Blackwell Publishers; 2º Edición
FERNANDEZ DE CASTRO, J. e DUCH BROWN, N., (2003). Economía Industrial: Un enfoque estratégico. Madrid, McGraw-Hill
PEPALL, L., RICHARDS, D.J. and NORMAN, G (2002). Industrial Organization: Contemporary Theory and Practice. Ohio, South-Western, Thomson Learning
TIROLE, J., (1990). Teoría de la Organización Industrial. Ariel, Barcelona,

Bibliografía complementaria PHLIPS, L., (1995). Competition Policy: A Game-Theoretic Perspective. Cambridge University Press
Motta. M., (2004). Competition Policy: Theory and Practice. Cambridge University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

   a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

   b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

3. Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías