Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Finanzas Internacionais Código 611G01037
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Sanchez Santos, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.sanchez@udc.es
Profesorado
Sanchez Santos, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da asignatura Finanzas Internacionais é analizar fundamentalmente tres cuestións relevantes no ámbito da macroeconomía dunha economía aberta: i) Os factores determinantes do tipo de cambio nominal e real no curto e longo prazo, ii) o papel de la política monetaria e fiscal na determinación da balanza por cuenta corrente, a renta e o tipo de cambio nominal, iii) e las vantaxes e inconvintes en términos relativos dun sistema de tipos cambio flexibles frente a un de tipos de cambio fixos.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1- Contribuír á boa xestión da asignación de recursos tanto no ámbito privado como no público.
A2 CE2-Identificar e anticipar problemas económicos relevantes en relación coa asignación de recursos en xeral, tanto no ámbito privado como no público.
A3 CE3-Aportar racionalidade á análise e á descripción de calquera aspecto da realidade económica.
A4 CE4-Avaliar consecuencias e distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, dados os obxectivos.
A9 CE9-Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A11 CE11Leer e comunicarse no ámbito profesional en máis dun idioma, en especial en inglés.
A12 CE12-Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
B1 CB1 - Que os estudantes demostren posuir e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que soe encontrar nun nivel que, ainda que se apoia en libros de texto avanzados, inclue tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da su entorna de traballo.
B3 CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da su área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B4 CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1- Que os estudantes formados se convertan en profesionais capaces de analizar, reflexionar e intervir sobre os diferentes elementos que constitúen un sistema económico
B7 CG2 - Que os estudantes coñezan o funcionamento e as consecuencias dos sistemas económicos, as distintas alternativas de asignación de recursos, acumulación de riqueza e distribución da renda e estean en condicións de contribuír ao seu bo funcionamento e mellora
B8 CG3 -Que os estudantes sexan capaces de identificar e anticipar os problemas económicos relevantes, identificar alternativas de resolución, seleccionar as máis axeitadas e avaliar os resultados aos que conduce.
B9 CG4 -Que os estudantes respecten os dereitos fundamentais e de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 CT1-Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 CT2-Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C6 CT4-Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender a función que desempeñan os tipos tipos de cambio no comercio internacional e o modo no que estes se determinan. A1
A2
A3
A11
A12
B1
C1
Manexar un modelo económico que relacione os tipos de cambio, os tipos de interese e outras variables macroeconómicas importantes, tales como a tasa de inflación e o nivel de produción. A2
A3
A4
A11
A12
Recoñecer a influencia dos factores que afectan aos tipos de cambio reais e aos prezos relativos das monedas a longo prazo. A2
A11
A12
C1
Identificar os factores que inflúen na determinación da produción e o tipo de cambio no curto prazo. A2
A11
A12
C1
Coñecer as principais vías de influencia das políticas monetaria e fiscal sobre o tipo de cambio e a produción nacional a curto prazo. A2
A11
A12
B2
B3
B4
C1
Comprobar o importante papel do tipo de cambio na determinación da demanda agregada. A2
A11
A12
C1
Resolver casos prácticos que esixen a aplicación de principios básicos que permiten entender a relación entre tipos de interese, prezos e tipos de cambio. A2
A11
A12
B2
B3
B4
B5
B7
C1
Usar informacións e datos relevantes co fin de investigar a realidade dos mercados financeiros en xeral e dos mercados de divisas en particular. B5
B6
B8
C1
Evaluar a evidencia empírica dispoñible sobre a relación entre diñeiro, tipos de interese e tipos de cambio. A9
A12
C1
Mostrar interese polas cuestións relacionadas co campo de estudo das Finanzas Internacionais B9
C4
Manexar fontes documentais en inglés A11
Participar activamente na discusión dos temas abordados no programa da materia C1
C4
Colaborar activamente na realización de traballos en equipo C4
Apreciar a importancia das consideracións éticas no desenrolo da actividade profesional no sector financeiro C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1.OS TIPOS DE CAMBIO E O MERCADO DE DIVISAS: UN ENFOQUE DE ACTIVOS 1.1. Introdución

1.2. A demanda de activos en divisas

1.3. O equilibrio no mercado de divisas

1.4. Os tipos de interés, as expectativas e o equilibrio
TEMA 2. O DIÑEIRO, OS TIPOS DE INTERÉS E OS TIPOS DE CAMBIO 2.1. Introdución

2.2. A oferta monetaria e o tipo de cambio a curto prazo

2.3. O diñeiro, o nivel de prezos e o tipo de cambio a longo prazo

2.4. A inflación e a dinámica dos tipos de cambio
TEMA 3. OS NIVEIS DE PREZOS E O TIPO DE CAMIBO A LONGO PRAZO 3.1. Introdución

3.2. Un modelo de tipo de cambio a longo prazo: a ecuación fundamental do enfoque monetario

3.3. Un modelo xeral dos tipos de cambio a longo prazo

3.4. O diferencial de intereses reais e o tipo de cambio real: a paridade de intereses reais
TEMA 4. A PRODUCIÓN NACIONAL E O TIPO DE CAMBIO A CURTO PRAZO 4.1. Introdución

4.2. O equilibrio dunha economía aberta a curto prazo

4.3. Políticas macroeconómicas, produción, balanza por conta corrente e tipo de cambio

4.4. O axuste dos fluxos comerciais e a dinámica temporal da balanza por conta corrente
TENA 5. AREAS MONETARIAS ÓPTIMAS E A EXPERIENCIA EUROPEA 5.1. Introdución

5.2. Os obxectivos da política macroeconómica nunha economía aberta

5.3. O trilema dunha economía aberta

5.4. A teoría das áreas monetarias óptimas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 17 34 51
Solución de problemas A4 A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 15 30 45
Estudo de casos A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 8 12 20
Lecturas A2 A11 C6 0 6 6
Discusión dirixida B7 B8 B9 2 0 2
Proba mixta A4 A12 C6 2 20 22
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Solución de problemas Resolución de casos prácticos concretos a que esixe a aplicación dos coñecementos que se traballaron na aula
Estudo de casos Descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto polo alumno a través dun proceso de discusión dirixido polo profesor
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados na aula. Presentaranse en papel ou en soporte dixital. Informarase previamente ao estudante dos contidos que terá que traballar
Discusión dirixida Dinámica de grupo dirixida polo profesor
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que se realiza co obxectivo de avaliar coñecementos, capacidades e destrezas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Proba mixta
Estudo de casos
Descrición
Atención e resolución de dúbidas relativas aos contidos explicados na sesión maxistral ou que xorden nos procesos de resolución de casos prácticos e na discusión de casos.
Poderanse empregar as tutorías en grupo reducido.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 Resolución de casos prácticos concretos que esixe a aplicación dos coñecementos que previamente se traballaron na aula. Realizaranse varias probas avaliables ao longo do curso. 20
Proba mixta A4 A12 C6 O exame final consistirá nunha única proba escrita de carácter teórico que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos recolleitos no programa e desenvolvidos na aula.

Esta proba poderá incluír preguntas tipo test.

Na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, as capacidades de análises e sínteses do alumno.


A puntuación do exame final establécese sobre un máximo de 7 puntos

70
Estudo de casos A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 Formulación de situacións específicas que expoñen un problema que ha de ser valorado e resolto polo alumno. 10
 
Observacións avaliación

Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante o curso, o alumno pode alcanzar o 30 % da cualificación final (3 ptos.)Para superar a materia requírese unha cualificación final de cinco puntos (computada a suma da avaliación continua e o exame final). Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles alumnos que non se presenten ao exame final (proba mixta) e que ademais non participasen na avaliación continua realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 80 %.A avaliación da convocatoria de xullo realizarase cos mesmos criterios que a avaliación de xuño. Condicións de realización do exame final e das probas de avaliación continua: O profesor comunicará aos alumnos o material necesario para a realización das distintas probas de avaliación continua e do exame final.


Fontes de información
Bibliografía básica KRUGMAN, P.R.; OBSTFELD, M. y MELITZ (2012). Economía Internacional.Teoría y Política. Addison Wesley. 7ª Edición

Los temas que se detallan en el programa de contenidos utilizan como bibliografía básica los capítulos respectivos de este libro.

A lo largo del curso se repartirá material adicional de lectura para algunos temas, referencias que servirán como complemento y ampliación de lo explicado en clase.

A lo largo del curso se animará a los estudiantes a la lectura de la prensa económica y, en especial, al seguimiento de las noticias y acontecimientos relacionados con los temas del programa.

Bibliografía complementaria DE GRAUWE, P. (2009). Economics of monetary union. Oxford. Oxford University Press


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Macroeconomía/611G01017
Política Monetárea e Sistema Financeiro/611G01024
Integración Económica e Economía Europea/611G01025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías