Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Historia Económica Código 611G02002
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Martinez Lopez, Alberto
Correo electrónico
alberte.martinez@udc.es
Profesorado
Maixe Altes, Joan Carles
Martinez Lopez, Alberto
Miras Araujo, Jesus
Correo electrónico
carlos.maixe@udc.es
alberte.martinez@udc.es
jesus.miras@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende dous obxectivos primordiais. Por un lado, coñecer as transformacións económicas que conduciron ao mundo contemporáneo á situación actual. Partindo da preponderancia europea e occidental na economía mundial, buscamos as bases dese liderado, sen facer táboa rasa do resto do mundo. Por outro lado, analizar a evolución económica de España no longo prazo, tomando como punto de inicio as condicións determinadas pola crise do Antigo Réxime, para despois determinar o marco xeral do crecemento económico español contemporáneo.

Desenvolvemos o temario baixo unha dobre perspectiva, cronolóxica e espacial. Para elo, analízase o impacto da expansión europea no resto do mundo durante os séculos modernos, na que España tivo un rol sobresaínte, aínda que con importantes contrastes, sobre todo de carácter rexional; as consecuencias da industrialización europea na economía internacional no século XIX, incluído o insuficiente impacto sobre a modernización da economía española; e, finalmente, as tensións dun século de globalización, o XX, que para España significou unha loita –non sempre exitosa– por achegarse aos ritmos socioeconómicos europeos. Así mesmo, pese ao contido xeneralista da materia, prestarase especial atención á análise da evolución da empresa nos dous últimos séculos, e ao estudo das relacións entre a empresa e o crecemento económico.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e entender a realidade económica internacional e española, coas súas transformacións no longo prazo, así como a evolución das institucións económicas e da actividade empresarial. A7
A8
Coñecer e entender a natureza da empresa e a súa relación co entorno socioeconómico A4
A5
A6
B1
B2
C6
Asimilar que as realidades económicas son complexas, interrelacionadas con variables sociais, políticas e culturais, e inmersas nun contexto dinámico B3
B4
C4
C6
Apreciar o papel desempeñado polos factores económicos e os factores institucionais nos procesos de desenvolvemento económico A7
Análise das variábeis que determinaron o liderado occidental no proceso de crecemento económico contemporáneo A7
Axudar a entender as orixes e persistencia das desigualdades socioeconómicas entre países A7
Aplicar conceptos básicos da economía e da empresa a diferentes contextos históricos A4
A8
B5
B9
Coñecer as distintas modalidades de empresa xurdidas na evolución histórica recente, e os factores que condicionaron as súas formas de crecemento A7
A10
Potenciar o emprego de técnicas e instrumentos cuantitativos básicos que impliquen o uso de material estatístico e gráfico A8
Capacidade analítica e sintética C4
Capacidade crítica e autocrítica B10
C4
C6
Capacidade de traballo en grupo A12
C4
Capacidade de expresión, oral e escrita C1
Reforzar a capacidade de comprensión lectora C1
C8
Elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas A12
Resolver problemas sobre as cuestións económicas, facendo uso dos coñecementos sobre a realidade empresarial, as teorías, os modelos e os métodos científicos da economía e a empresa A4
A8
Capacidade de procura, selección e elaboración de información A3
A6
Capacidade de aplicación dos coñecementos adquiridos á interpretación do material estatístico, gráfico e documental A9
Destreza na aplicación de técnicas cuantitativas para o tratamento de repertorios estatísticos A5
A8
Capacidade para o traballo autónomo C4
C5
Capacidade de aplicar o coñecemento na práctica C4
C6
C7
Analizar e interpretar datos básicos da conxuntura económica A3
C4
A materia aporta valores humanísticos e culturais importantes para desenvolver o liderado empresarial ao que están chamados os futuros Graduados en Administración e Dirección de Empresas A5
C4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: As economías europeas preindustriais (séculos XVI-XVIII) 1. As economías agrícolas tradicionais
2. O crecemento do comercio e a manufactura
3. A estrutura da economía española no Antigo Réxime

Tema 2: O proceso de industrialización. A Revolución Industrial e a difusión de crecemento económico moderno (1780-1870) 1. Revolución industrial e crecemento económico no século XIX
2. Pautas de industrialización
3. O difícil arranque do desenvolvemento capitalista en España
Tema 3: A segundo revolución industrial, 1870-1945 1. A revolución tecnolóxica, a internacionalización das economías e o nacemento da empresa moderna
2. A inestabilidade de entreguerras, 1914-1945
3. A incompleta modernización da economía española

Tema 4: A economía mundial ante a terceira revolución industrial (1945-2010) 1. A nova orde económica internacional (1945-1958)
2. Do círculo virtuoso ao círculo vicioso (1959-1985)
3. A era da globalización e a súa repercusión na empresa
4. Do colapso do primeiro franquismo á modernización da economía española

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 B2 B3 4 0 4
Sesión maxistral A3 A4 A5 A12 B4 B5 B9 B10 C5 C6 C7 17 17 34
Lecturas A6 A7 7 14 21
Estudo de casos A9 A10 4 12 16
Seminario A8 C1 C4 4 4 8
Análise de fontes documentais C8 10 20 30
Proba obxectiva A4 A5 A7 B2 B3 2 34 36
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Integran as seguintes actividades:

- Técnicas de procura de información sobre Economía e Empresa e Ciencias Sociais en xeral. Utilizarase como ferramenta, entre outras, o "Buscador de Economía e Empresa da Facultade de Economía e Empresa da UDC''.

- Técnicas de comentarios de textos.

- Técnicas de análise de material gráfico e estatístico.
Sesión maxistral Nestas sesións o profesor impartirá as pautas chave da materia que o alumno debe coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso.
Lecturas Análise e discusión de lecturas obrigatorias, complemento das clases maxistrais. Realizarase, preferentemente, no tempo dedicado a titoría de subgrupo de 15 alumnos.
Estudo de casos Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas.
Seminario Complemento das lecturas, estudos de caso e prácticas (materiais cuantitativos e cualitativos discutidos en clase).
Análise de fontes documentais Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas.
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Análise de fontes documentais
Lecturas
Estudo de casos
Actividades iniciais
Descrición
En cada unha das metodoloxías que aquí se especifican procurarase unha atención personalizada, nas correspondentes sesións de clase ou en horario de titoría do profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A8 C1 C4 Complemento das lecturas, estudos de caso e prácticas (materiais cuantitativos e cualitativos discutidos en clase).

A súa avaliación será conxunta coa das lecturas.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.

0
Análise de fontes documentais C8 Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.


35
Lecturas A6 A7 Análise e discusión de lecturas obrigatorias, complemento das clases maxistrais. Realizarase, preferentemente, no tempo dedicado a titoría de subgrupo de 15 alumnos. Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático e realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.


15
Estudo de casos A9 A10 Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas.

A súa avaliación será conxunta coa da análise de fontes documentais.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático e realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

0
Actividades iniciais B1 B2 B3 Integran as seguintes actividades:

- Técnicas de procura de información sobre Economía e Empresa e Ciencias Sociais en xeral. Utilizarase como ferramenta, entre outras, o "Buscador de Economía e Empresa da Facultade de Economía e Empresa da UDC''.

- Técnicas de comentarios de textos.

- Técnicas de análise de material gráfico e estatístico.

A súa avaliación será conxunta coa da análise de fontes documentais.
Na súa avaliación terase en conta a participación do alumno na aula.

0
Sesión maxistral A3 A4 A5 A12 B4 B5 B9 B10 C5 C6 C7 Nestas sesións o profesor impartirá as pautas chave da materia que o alumno debe coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso.

A súa avaliación farase basicamente ao través da proba obxectiva de final de curso.


0
Proba obxectiva A4 A5 A7 B2 B3 Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa. Para superar a materia haberá que obter polo menos quince puntos. Valorarase a capacidade de expresión, manexo e dominio do vocabulario específico, capacidade analítica e sintética, e coñecemento dos contidos do programa.


50
 
Observacións avaliación

O alumnado que só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final será cualificado como non presentado, con independencia da cualificación acadada.

Os criterios de avaliación correspondentes á segunda oportunidade serán
similares aos da primeira oportunidade. Os alumnos realizarán unha proba
obxectiva escrita, cuxo resultado se sumará á nota da avaliación continua obtida
durante o primeiro cuadrimestre.

Está prohibido o acceso ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

É obrigatoria a presentación dun documento oficial de identificación para o acceso ao exame.


Fontes de información
Bibliografía básica

Para o seguemento do programa e, en especial, para a preparación do exame final é recomendábel a consulta dalgún dos seguintes manuais, en especial dos citados no primeiro bloque:

Manuais básicos

COMÍN, F. (2011), Historia económica mundial: de los orígenes a la actualidad, Madrid, Alianza.

COMÍN, F., HERNÁNDEZ, M. y LLOPIS, E. (eds.) (2002), Historia económica de España, siglos X-XX, Barcelona, Crítica.

FELIÚ, G. y SUDRIÀ, C. (2007), Introducción a la historia económica, Valencia, Universitat de València.

MALUQUER DE MOTES, J. (2014), La economía española en perspectiva histórica, Barcelona, Pasado & Presente.

PALAFOX, J. (coord.) (1998), Curso de historia económica, Valencia, Tirant lo Blanch.

PALAFOX, J. (ed.) (2014), Los tiempos cambian. Historia de la economía, Valencia, Tirant Lo Blanch.

MALUQUER DE MOTES, J. (2014), La economía española en perspectiva histórica, Barcelona, Pasado & Presente.

Bibliografía complementaria

Outros manuais

ALDCROFT, D.H. (2003), Historia de la economía europea, 1914-2000, Barcelona, Crítica.

ANES, G. (ed.) (1999), Historia económica de España, Siglos XIX y XX, Barcelona, Galaxia Gutenberg-Círculo de Lectores.

ARMESILLA, S. (2019), Breve historia de la economía. Ediciones Nowtilus.

ARTOLA, M. (dir.) (1993), Enciclopedia de Historia de España, Tomo I, Madrid, Alianza Universidad.

BROADBERRY, S. and O’ROURKE, K.H. (2010), The Cambridge Economic History of Modern Europe, Cambridge, Cambridge University Press.

BRODER, A. et al. (2001), Historia de la España contemporánea: desde 1808 hasta nuestros días, Barcelona, Ariel.

CAMERON, R. y NEAL, L. (2016), Historia económica mundial. Desde el Paleolítico hasta el presente, Madrid, Alianza Editorial.

CAMPS CURA, E. (2013), Historia económica mundial. La formación de la economía internacional (siglos XVI-XX), Madrid, McGraw Hill.

CARRERAS, A. y TAFUNELL, X. (2003), Historia económica de la España contemporánea, Barcelona, Crítica.

CARUANA, L. (coord.) (2015), Cambio y crecimiento económico, Madrid, Pirámide.

CIFERRI, D. y DI COLLI, S. (2015), Pequeña historia de la economía: desde el trueque hasta la prima de riesgo, Madrid, Siruela.

CLARK, G. (2007), A Farewell to Alms: A Brief Economic History of the World, Princeton, Princeton University Press.

CLARK, G. (2014), Adiós a la sopa de pan, hola al sushi: breve historia económica mundial, Valencia, Universitat de València.

COLLANTES, F. (2017),  La economía española en 3D. Oferta, demanda y largo plazo, Madrid, Pirámide.

COMÍN, F., HERNÁNDEZ, M. y LLOPIS, E. (eds.) (2005), Historia económica mundial, siglos X-XX, Barcelona, Crítica.

COMÍN, F. y MARTÍN ACEÑA, P. (eds.) (1996), La empresa en la historia de España, Madrid, Civitas.

DI VITTORIO, A. (coord.) (2003), Historia económica de Europa: siglos XV-XX, Barcelona, Crítica.

FOREMAN-PECK, J. (1995), Historia de la economía mundial. Las relaciones económicas internacionales desde 1850, Madrid, Prentice Hall.

GARCÍA DELGADO, J.L. y JIMÉNEZ, J.C. (1999), Un siglo de España. La economía, Madrid, Marcial Pons.

GARCÍA RUIZ, J.L. (coord.), CASADO, J., FATJÓ, P. y NÚÑEZ, G. (1998), Historia de la empresa mundial y de España, Madrid, Síntesis.

GARCÍA RUIZ, J.L. y MANERA, C. (2006), Historia empresarial de España. Un enfoque regional en profundidad, Madrid, LID.

GERMAN, L., LLOPIS, E., MALUQUER, J. y ZAPATA, S. (eds.) (2001), Historia económica regional de España siglos XIX y XX, Barcelona. Crítica.

GONZÁLEZ, A. y MATÉS, J. M. (coords.) (2012), Historia económica de España, Barcelona, Ariel.

KENWOOD, A.G. y LOUGHEED, A.L. (1991), Historia del desarrollo económico internacional, Madrid, Istmo, vol. 1.

KENWOOD, A.G., LOUGHEED, A.L. & GRAFF, M. (2014), Growth of the International Economy, 1820-2015, London, Routledge.

KISHTAINY, N. (2019), Breve historia de la economía. Biblioteca Nueva Editorial.

KRIEDTE, P. (1994), Feudalismo tardío y capital mercantil, Barcelona, Crítica.

LLOPIS, E. (ed.) (2004), El legado económico del Antiguo Régimen en España, Barcelona, Crítica.

MARCOS, A. (2000), España en los siglos XVI, XVII y XVIII. Economía y sociedad, Barcelona, Crítica.

NADAL, J. (1975), El fracaso de la revolución industrial en España, 1814-1913, Barcelona, Ariel.

NADAL, J. y CARRERAS, A. (dirs.) (1990), Pautas regionales de la industrialización española (siglos XIX y XX), Barcelona, Ariel.

NADAL, J., CARRERAS, A. y SUDRIÀ, C. (comps.) (1987), La economía española en el siglo XX. Una perspectiva histórica, Barcelona, Ariel.

NEAL, L. & CAMERON, R. (2016), A Concise Economic History of the World: From Paleolithic Times to the Present, Oxford, Oxford University Press.

OCAMPO SUÁREZ-VALDÉS, J. (1998), Historia económica mundial y de España, Oviedo, Universidad de Oviedo.

OSTERHAMMEL,  J. and PETERSSON, N. (2019), Breve  historia  de  la  globalización:  del  1500  a  nuestros  días. Buenos Aires, Siglo XXI Editora Iberoamericana.

PASCUA ECHEGARAY, E. (2012), Historia económica española y mundial, Madrid, Centro de Estudios Financieros.

PERSSON, K.G. (2010), An Economic History of Europe. Knowledge, Institutions and Growth, 600 to the Present, Cambridge, Cambridge University Press.

PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (1998), De Imperio a nación. Crecimiento y atraso económico en España (1780-1930), Madrid, Alianza Universidad.

PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (2003), El progreso económico de España (1850-2000), Madrid, Fundación BBVA.

PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (2017), Spanish Economic Growth, 1850–2015, London, Springer. https://link.springer.com/content/pdf/10.1007%2F978-3-319-58042-5.pdf.

SÁNCHEZ-ALBORNOZ, N. (ed.) (1985), La modernización económica de España, 1830-1930, Madrid, Alianza Universidad.

TASCÓN, J. y LÓPEZ ZAPICO, M.A. (2012), Historia económica mundial. Una visión eurocéntrica de la actividad económica, del Neolítico al siglo XXI, Madrid, Biblioteca Nueva.

TORRES, J. (2015), El  Capitalismo  en  crisis:  del  crac  de  1929  a  la  actualidad, Madrid, Anaya.

TORTELLA, G. (1994), El desarrollo de la España contemporánea. Historia económica de los siglos XIX y XX, Madrid, Alianza Universidad.

TORTELLA, G. (2000), The Development of Modern Spain. An Economic History of the Nineteenth and Twentieth Centuries, Cambirdge, Mass., Harvard University Press.

VALDALISO, J.M. y LÓPEZ, S. (2007), Historia económica de la empresa, Barcelona, Crítica.

VRIES, J. de (1992), La economía de Europa en un período de crisis, 1600-1750, Madrid, Cátedra.

ZAMAGNI, V. (2001), Historia económica de la Europa contemporánea: de la revolución industrial a la integración europea, Barcelona, Crítica.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia non esixe requisitos previos. Porén, considéranse recomendábeis algúns prerrequisitos e coñecementos previos:

- Coñecemento básico de informática a nivel de usuario (procesador de texto, folla de cálculo, navegador de Internet).
- Coñecementos de Historia Universal.
- Coñecementos de Historia de España.
- Familiaridade con conceptos básicos de Economía.

Durante o desenvolvemento das clases promoverase a participación dos alumnos a través de exercicios e preguntas que permitan comprobar a asimilación de coñecementos e o manexo dos conceptos utilizados.

Farase, na medida do posible, un uso sostible dos recursos, tratando de minimizar os impactos negativos sobre o medio natural.

A materia persegue suliñar a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

Procurarase identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, tratando de influir na contorna, co obxectivo de modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías