Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Socioloxía Código 611G02003
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Martinez Barreiro, Ana Maria Angeles
Correo electrónico
ana.mbarreiro@udc.es
Profesorado
Calo Garcia, Estefania
León Medina, Francisco J.
Martinez Barreiro, Ana Maria Angeles
Correo electrónico
estefania.calo@udc.es
j.leon@udc.es
ana.mbarreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Trátase de que o alumnado adquira o coñecemento e a perspectiva da actividade económica como un subsistema integrado dentro do sistema global da sociedade, entendida esta como un corpo xeral ou en conxunto, cos seus correspondentes partes integrantes, entre elas as correspondentes ás accións económicas, coas súas correspondentes finalidades específicas e comúns. Nesa visión global ou de conxunto, trátase de dar a coñecer o que o alumnado entenda as conexións, implicacións, reciprocidad e reflexividad da actividade económica dentro da actividade xeral da sociedade. Que o alumnado teña o máis claro posible o papel da actividade económica no escenario conxunto da sociedade.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Se trata de que o alumnado adquira o coñecemento e a perspectiva da actividade económica como un subsistema integrado dentro do sistema global da sociedade, entendida esta como un corpo xeral ou en conxunto, coas súas correspondentes partes integrantes, entre elas as correspondentes ás accións económicas, coas súas correspondentes finalidades específicas e comúns. Nesa visión global ou de conxunto, trátase de dar a coñecer que o alumnado entenda as conexións, implicacións, reciprocidade e reflexividade da actividade económica dentro da actividade xeral da sociedade. Que o alumnado teña o máis claro posible o papel da actividade económica no escenario conxunto da sociedadePolo tanto, o obxectivo do curso é unha análise introdutoria -aínda que sistemático-, das relacións entre Economía e Sociedade. Obxectivos de aprendizaxe: 1.- A análise dos feitos económicos pode -e debe- incorporar elementos de natureza social e política. 2.- As bases da teoría económica inclúen, ademais dun corpus teórico-científico, unha determinada concepción do mundo, derivada á súa vez do contexto social onde se inscribe. Estes resultados corresponderanse coas competencias nucleares e transversais da titulación. A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B9
B10
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. O enfoque sociolóxico da actividade económica Principais teorías da socioloxía económica.
Socioloxía e economía: encontros e diverxencias
Tema 2. A dimensión social das institucións económicas: os mercados como estruturas sociais Socioloxía e Mercado: o mercado como institución social.
Mercados e sistemas de mercados
As ambivalencias e os límites do mercado
Tema 3. o método e as técnicas de investigación en Socioloxía A necesidade dun enfoque interdisciplinar
Principais técnicas cuantitativas e cualitativas.
Análise de actitudes e motivacións económicas
Tema 4. Socioloxía dos Mercados de Traballo Conceptos fundamentais: Actividade, emprego e paro
As transformacións do traballo: Sociedade do traballo ou Sociedade do desemprego?
A dualización e segmentación dos mercados de traballo
As mulleres e o emprego
Os mozos e o emprego
Tema 5. Socioloxía da Empresa A empresa capitalista. Evolución e perspectivas
Fordismo, postfordismo e empresa en rede.
Socioloxía e xestión de recursos humanos
Tema 6. Socioloxía do consumo A socioioxía do consumo
A formación da necesidade: Consumo, preferencias e estilos de vida
Formas de consumo e publicidade.
Tema 7. As relacións entre Estado e Mercado: o Estado de Benestar Modelos, evolución e perspectivas.
Crise e reformulación do Estado de Benestar
Tema 8. A voltas coa globalización: nova economía e vellos debates Descentralización produtiva e cambios nas relacións laborais
As Migracións internacionais
O capital financeiro dende unha perspectiva sociolóxica
Tema 9. Cuestións socioeconómicas contemporáneas Sociedade e medioambiente
Novas formas de exclusión e desigualdade social
Os BRIC ´ S: Capitalismos emerxentes e Socioloxía
Novos movementos de participación cidadá e crise económica.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A5 A7 A12 B1 B2 B3 B4 C1 2.5 17.5 20
Obradoiro A4 A9 C8 25 50 75
Sesión maxistral A3 A5 A6 A7 A8 A9 A10 B1 B2 B3 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 17 34 51
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
A atención personalizada en titorías de despacho permitirá que o profesor/a oriente ao alumno/a sobre obxectivos e metodoloxía.

Prácticas por parte do alumnos. Entregarase o programa detallado e calendario das prácticas o primeiro día de clase. Igualmente as horas de atención personalizada poderán dedicarse á explicación, comentario e/ou corrección das prácticas de taller.

Ademais do calendario de titorías presenciais nos horarios que se determinen a principio de curso por cada profesor/a, o/a alumno poderá acceder a titorías virtuais a través da ferramenta Moodle, así como a través do correo electrónico do profesor/a.

Formaranse dous subgrupos de 15 alumnos/ás. Fixarase unha titoría cunha duración de 6 horas repartidas en tres sesións de 2 horas cada unha para atender dúbidas sobre o traballo tutelado ou sobre a preparación do exame. Avisarase en clase con antelación sobre o lugar en que se van celebrar.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A5 A7 A12 B1 B2 B3 B4 C1 Requirirase a realización dun exame final tipo proba obxectiva de acordo aos contidos do programa. Convén recordar que aínda que o alumno/a supere esta proba non é requisito abondo para aprobar a materia, xa que é imprescindible ter realizado a parte práctica que se explica a continuación. 50
Obradoiro A4 A9 C8 As prácticas realizaranse sobre os temas propostos no programa. 50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia sera necesario:

1.- Aprobar o exame final sobre os temas propostos. É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. Este exame supón o 50% da cualificación, se ben (independentemente da cualificación obtida), non é suficiente para aprobar a materia. Ademais, obrigatoriamente, terá que:

2.- Entregar todas as prácticas propostas puntualmente. Cada práctica valorarase do 1 ao 10. A nota final das prácticas será a media aritmética de todas elas. Cada práctica non entregada cualificarase cun cero, computando como tal no cálculo da media. En caso de falta debidamente xustificada, o profesor comunicará ao alumno oportunamente en clase a solución proposta.

3. -Valorarase a participación en clase e a exposición en público das prácticas e outros exercicios propostos.

No caso de que o alumno/a aprobase a parte práctica e non superase a proba obxectiva, examinarase na segunda oportunidade da convocatoria da proba obxectiva, mantendo en consecuencia a nota da parte práctica. Na convocatoria adiantada se manterá os criterios de avaliacion da segunda oportunidade.

Quen non superase a parte práctica deberá realizar algunha proba a maiores na segunda oportunidade para poder superar a asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .

IGLESIAS DE USSEL, Julio y TRINIDAD REQUENA, Anatonio (coord.) (2010). Leer la sociedad. Capít: 3, 7, 9 y 10. Tecnos

ENGUITA M. (1998). Economía y sociología. Para un análisis sociológico de la realidad económica. CIS

ESPING-ANDERSEN, G. (2000). Fundamentos sociales de las economías postindustriales. Ariel

GIDDENS, Anthony (2010). Sociología. Cap. 2,4,5,7,13, 14,20. Alianza

LIGHT, KELLER Y CALHOUN (2000). Sociología. Cap. 3, 7, 9,15, 16, 17, 20. 

LINDBLON CH. (2002). El sistema de mercado. Alianza Ensayo

MARUANI M; ROGERAT CH.; TORNS T. (2000). Las nuevas fronteras de la desigualdad: hombres y mujeres en el mercado de trabajo. Primera y segunda parte.. Icaria

CASTILLO, J.J. (Ed). (2005). El trabajo recobrado. Madrid, Miño y Dávila

STEINR PHILIPPE, (2015) La sociología económica, Madrid ; Síntesis.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Introdución ao Marketing/611G02015
Investigación de Mercados/611G02024
Políticas Sociais e Medioambientais da Empresa/611G02038

Observacións

Para aprobar a materia sera necesario:

1.- Aprobar o exame final sobre os temas propostos. É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. Este exame supón o 50% da cualificación, se ben (independentemente da cualificación obtida), non é suficiente para aprobar a materia. Ademais, obrigatoriamente, terá que:

2.- Entregar todas as prácticas propostas puntualmente. Cada práctica valorarase do 1 ao 10. A nota final das prácticas será a media aritmética de todas elas. Cada práctica non entregada cualificarase cun cero, computando como tal no cálculo da media. En caso de falta debidamente xustificada, o profesor comunicará ao alumno oportunamente en clase a solución proposta.

3. -Valorarase a participación en clase e a exposición en público das prácticas e outros exercicios propostos.

No caso de que o alumno/a aprobase a parte práctica e non superase a proba obxectiva, examinarase na segunda oportunidade da convocatoria da proba obxectiva, mantendo en consecuencia a nota da parte práctica. Na convocatoria adiantada se manterá os criterios de avaliacion da segunda oportunidade.

Quen non superase a parte práctica deberá realizar algunha proba a maiores na segunda oportunidade para poder superar a asignatura.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías