Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Principios de Macroeconomía Código 611G02005
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Veiga Fernández, Luís Angel
Correo electrónico
l.veiga@udc.es
Profesorado
Bruna Quintas, Fernando
Estevez Mengotti, Carlos Benigno
Lopez Rodriguez, Jesus
Varela Candamio, Laura
Veiga Fernández, Luís Angel
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
c.mengotti@udc.es
jesus.lopez.rodriguez@udc.es
laura.varela.candamio@udc.es
l.veiga@udc.es
Web
Descrición xeral Se trata de ter unha visión do funcionamento dos mercados no marco da Teoría Económica. Se estudiará a metodoloxía económica, basicamente macroeconómica. A análise se desenvolverá empregando modelos matemáticos sinxelos e con apoio gráfico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido. Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais. A4
A6
A7
A8
B1
B2
C5
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos. Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo A10
A11
A12
B3
B4
C7
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. B5
B9
B10
C1
C4
C6
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1. MACROMAGNITUDES NA CONTABILIDADE NACIONAL TEMA 1.
1.1.- Macroeconomía e política macroeconómica
1.2.- Producto Nacional Bruto e Producto Nacional Neto
1.3.- Producto Interior Bruto
1.4.- Os problemas de medición da producción nacional
1.5.- Producción nominal e producción real
1.6.- Os índices de precios
1.7.- Renda Nacional, Renda Persoal, Renda dispoñible
1.8.- O Gasto. Os compoñentes da demanda agregada
1.9. Identidades Macroeconómicas importantes
TEMA 2. A RENDA DE EQUILIBRIO TEMA 2.
2.1. A producción de equilibrio
2.2. A función de consumo
2.2.1. Factores dos que depende o consumo
2.3. Outras formulacións da función de consumo
2.4. A función de aforro
2.5. A demanda de inversión
2.6. A determinación da renda de equilibrio nun modelo simple
2.7. A determinación da renda de equilibrio nun modelo con sector público
2.8. A estabilidade da renda de equilibrio
TEMA 3. O ESTUDO DO MULTIPLICADOR TEMA 3.
3.1. Efectos dun desprazamento da función de aforro
3.1.1. Variación da función de aforro
3.1.2. Variación da inversión
3.2. Introducción ó estudo dos multiplicadores
3.2.1. O multiplicador dinámico
3.2.2. O multiplicador con impostos fixos
3.3. O teorema do presuposto equilibrado
3.4. Deducción dos multiplicadores considerando os impostos en función da renda
3.4.1. Impostos crecentes coa renda
3.4.2. Multiplicador dunha variación da taxa impositiva
3.5. O multiplicador nunha economía aberta.
TEMA 4. A DEMANDA DE INVERSIÓN. A CURVA IS TEMA 4.
4.1. A introducción do tipo de xuro
4.2. A decisión de investir
4.3. A inversión coma un proceso de axuste de capital
4.4. Renda de equilibrio e tipo de xuro. A curva IS
4.4.1. A pendente da curva IS
4.4.2. Os desplazamentos da curva IS
TEMA 5. O MERCADO DO DIÑEIRO TEMA 5.
5.1. A oferta de diñeiro
5.2. A demanda de diñeiro
5.3. O equilibrio no mercado do diñeiro
5.4. O proceso de expansión do diñeiro bancario
5.5. Renda de equilibrio e tipo de xuro no mercado de activos. A curva LM
5.6. Os puntos á esquerda e á dereita das curvas IS e LM
5.7 A base monetaria
5.7.1. Relación entre a base monetaria e oferta monetaria. O multiplicador monetario
5.8. A demanda de diñeiro transaccional
5.9. Velocidade de circulación do diñeiro e demanda de diñeiro
5.10. A política monetaria e a trampa da liquidez
5.11. Os tipos de xuro do Eurosistema
TEMA 6. A CURVA DE DEMANDA AGREGADA TEMA 6.
6.1. A curva de demanda agregada
6.1.1. A representación gráfica da curva de demanda agregada
6.1.2. Os desplazamentos da curva de demanda agregada
6.2. Explicación analítica da curva de demanda agregada
TEMA 7. POLÍTICA FISCAL E POLÍTICA MONETARIA
TEMA 7.
7.1. Introducción
7.2. A política fiscal
7.2.1. Un incremento do gasto público
7.2.2. O multiplicador do gasto público
7.2.3. Un cambio da taxa impositiva
7.2.4. O multiplicador dun cambio da taxa impositiva
7.2.5. O multiplicador do presuposto equilibrado
7.2.6. A efectividade da política fiscal
7.3. A política monetaria
7.3.1. Cambios na oferta monetaria
7.3.2. O multiplicador dos cambios da oferta monetaria
7.3.3. A efectividade da política monetaria
7.4. A eficacia e a certidume das políticas fiscal e monetaria
7.5. A interacción da política monetaria e fiscal
TEMA 8. O MERCADO DE TRABALLO E A OFERTA AGREGADA
TEMA 8.
8.1. Os supostos fundamentais do modelo clásico
8.1. As diferencias entre o modelo clásico e o modelo keynesiano
8.2. A función de producción. Productividade total, media e marxinal.
8.3. A demanda de traballo neoclásica.
8.4. A oferta de traballo neoclásica
8.5. O modelo clásico completo
8.6. A oferta agregada na economía clásica. A curva de oferta agregada (SA)
8.7. Resultados da política fiscal no modelo clásico
8.8. Resultados da política monetaria no modelo neoclásico
8.9. Política monetaria con efecto riqueza no modelo clásico.
8.10. As políticas de oferta no modelo clásico
TEMA 9. O MODELO CON ILUSIÓN MONETARIA
TEMA 9.
9.1. O modelo de determinación da renta con ilusión monetaria. Introducción
9.2. A oferta de traballo con ilusión monetaria
9.3. O equilibrio no mercado de traballo
9.4. A oferta da economía no modelo con ilusión monetaria
9.5. O modelo completo con ilusión monetaria
9.6. A política fiscal neste modelo
9.6.1. Un incremento do gasto público
9.6.2. Unha reducción dos impuestos
9.7. A política monetaria no modelo con ilusión monetaria
9.8. Unha expresión da pendente da curva de oferta agregada
TEMA 10. MODELO CON RIXIDEZ SALARIAL
TEMA 10.
10.1. Salario monetario ríxido
10.2. O sector producción empleo con rixidez de salarios
10.3. O modelo completo con ilusión monetaria e rixidez de salarios. Efectos dun empeoramento das expectativas empresariais
10.4. Política monetaria e pleno emprego
TEMA 11. O MODELO DE SÍNTESE
TEMA 11.
11.1. Introducción ó modelo de síntese. O bloque de demanda e o bloque de oferta
11.1.1. As ecuacións do bloque de demanda
11.1.2. As ecuacións do bloque de oferta
11.2. A función de oferta agregada no modelo de síntese
11.3. O modelo de síntese completo
11.4. O funcionamento do modelo completo. Efectos sobre todos os mercados dunha reducción da inversión.
TEMA 12. ASPECTOS MACROCEONÓMICOS DA CRISE RECENTE. TEMA 12.
12.1. As causas da crise económica recente
12.2. Bancos Centrais e política monetaria na crise
12.3. A política fiscal
12.4. A evolución económica durante a crise



Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A4 A6 A7 B3 B4 B5 B6 B9 B10 C1 C3 C4 25 25 50
Sesión maxistral A8 A10 A11 A12 B1 B2 C5 C6 C7 C8 17 34 51
Proba obxectiva A7 A8 A10 A11 5 29 34
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Na aula se propoñen problemas que os alumnos deberán resolver.
Os alumnos expoñerán a súa resposta na aula unha vez comprobada a correcta resolución dos casos.
Os problemas e o casos terán estreita relación con cada un dos temas que se explicaron nas sesións maxistrais. A medida que se van explicando os temas, poderanse propoñer avaliacións dos temas tratados. Estas avaliacións non serán liberatorias en ningún caso. As puntuacións acadadas polos alumnos formarán parte do 30% asignado á solución de problemas na clase e mais á actividade de clase.
Sesión maxistral As actividades docentes do curso abarcarán clases maxistrais, ademais de clases prácticas. Utilizarase a linguaxe oral, a linguaxe matemática e a linguaxe gráfica para a explicación dos diferentes temas do programa docente. A asistencia ás clases, de acordo coa guía da titulación, se considera orligatoria e de fundamental importancia para o correcto seguemento do curso e das actividades propostas polo profesor. A puntuación máxima pola solución de problemas máis as actividades neste apartado de sesión maxistral máis as avaliancións continuas sinaladas no apartado de solucións de problemas, será de 3 puntos. As puntuacións acadadas neste apartado non terán carácter liberatorio de contidos. Todos os contidos someteranse ás probas obxectivas nas datas establecidas pola Facultade, tanto na primeira, coma na segunda oportunidade, coma na oportunidade adiantada.

Proba obxectiva Os exames da asignatura se realizarán nas convocatorias oficiais, nas datas establecidas pola Facultade, tanto na primeira, coma na segunda oportunidade, coma na oportunidade adiantada. Esta proba se puntuará entre 0 e 7 puntos, debendo o alumno obter como mínimo 3,5 puntos para superar dita proba. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con resposta múltiple, sendo correcta soamente unha. Os erros restarán puntuación. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas, sendo o sistema de avaliación de estes test o mesmo que o dos restantes test. O exame tamén poderá conter temas de desenvolvemento do programa e/ou a proposta de problemas, pois consideramos que o desenvolvemento de contidos con linguaxe literario, gráfico e matemático é adecuado no estudo da Macroeconomía.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba obxectiva
Solución de problemas
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada ó alumno se llevará a cabo no despacho da titoría e nas propias aulas. Se ben o tiempo programado é de 15 horas, o profesor disporá dun maior número de horas para esta labor. Polo tanto, a atención personalizada se debe entender como unha labor continua. Tamén poderá informarse sobre busca de fontes de datos económicos. Nesta actividade de atención personalizada ó alumno se inclue a acción de titoría en grupos reducidos, a razón de 4 horas por cada grupo de 15 alumnos. Esta actividade está incluida nas 15 horas de atención personalizada ó alumno que se recolle no apartado 4: Planificación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A7 A8 A10 A11 Esta proba se celebrará nas datas establecidas pola Xunta de Facultade, correspondentes ós exámenes finais, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, coma na oportunidade adiantada de decembro. A nota máxima desta proba será de 7 puntos. Para superar a proba obxectiva o alumno debe acadar como mínimo 3,5 puntos no examen. O alumno se considerará aprobado na asignatura sempre que a súa nota total, suma da proba obxectiva (sempre que nela se obtiveran polo menos 3,5 puntos) e dos problemas ou actividades de clase propostas, sexa de 5 ou máis puntos. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas. Os fallos restarán puntuación. A linguaxe literaria, gráfica e matemática resulta útil para valorar de maneira axeitada os coñecementos adquiridos. Por esta razón, tamén poderá consistir a proba obxectiva en preguntas de desenvolvemento do programa e/ou da realización de problemas. Neste caso, a calificación será tamén dun máximo de 7 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 3,5 puntos para poderse sumar á puntuación obtida no apartado de actividades.

70
Solución de problemas A4 A6 A7 B3 B4 B5 B6 B9 B10 C1 C3 C4 O profesor propoñerá ós alumnos actividades que se deben desenvolver ó longo do curso. O profesor utilizará aquelas actividades, como solución de problemas e exposición de resultados, realización de exercicios sobre os contidos, que estime máis axeitada para o seguimento do curso. Se valorará a resolución e a exposición dos problemas na clase, de forma individual ou en conxunto e mailas solucións dadas ós exercicios propostos. A calificación máxima destas actividades é de 3 puntos. Estas actividades poderanse avaliar tamén a través de cuestionarios que se presentarán periodicamente ós alumnos. O número de cuestionarios no cuadrimestre será de tres. As calificacións que se obteñan nestos cuestionarios se incluen no 30% reservado a actividade da clase. Para os alumnos que teñan dispensa académica de exención de asistencia ás clases estos cuestionarios poderanse realizar en datas e horarios diferentes dos establecidos para o resto dos alumnos. As puntuacións que se houberan acadado (máximo 3 puntos) non terán en ningún caso carácter liberatorio dos contidos do programa. 30
 
Observacións avaliación
2.- Sobre mínimos das partes da materia:
Como se indicou, o traballo de clase puntúa ata un máximo de 3 puntos (30%)
A proba obxectiva puntúa ata un máximo de 7 puntos (70%).
Esto é válido para a primeira oportunidade, para a segunda oportunidade é tamén para a oportunidade adiantada.

No 30% que supón o denominado traballo de clase non se exige mínimo de puntuación.
No 70% que supón a proba obxectiva nas datas establecidas pola Xunta de Centro, a calificación mínima esixida é de 3,5 puntos. 
No conxunto das dúas partes (30% e 70%), o alumno deberá obter una puntuación mínima de 5 puntos, pero sempre que na proba obxectiva acade un mínimo de 3,5 puntos. 


3.- Sobre as condicións de realización da avaliación final. 
Está prohibido acceder á aula de examen con cualquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.

4.- Sobre a Avaliación da oportunidade segunda ou de xullo e tamén para a oportunidade adiantada
Na segunda oportunidade deberán realizarse cos mesmos criterios que os utilizados na oportunidade primeira do primeiro ou do segundo cuadrimestre (primeira oportunidade). Na oportunidade adiantada aplicaranse os criterios da segunda oportunidade.
Na segunda oportunidade se conservarán polo alumno as calificacións acadadas no traballo de clase(30%), pero non a acadada na proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica MOCHÓN, F. Y VICTOR ALBERTO BEKER (2008). ECONOMÍA, PRINCIPIOS Y APLICACIONES. MC GRAW HILL
RODRÍGUEZ, J., F. MOCHÓN, Y OTROS (1993). ELEMENTOS Y CUESTIONES DE T. ECONÓMICA. UNED
KRUGMAN, P. WELLS, R. y K. GRADDY (2015). FUNDAMENTOS DE ECONOMÍA. REVERTE
MOCHÓN MORCILLO, F. (2009). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. MADRID MCGRAW-HILL
MOCHÓN MORCILLO, F. , DE JUAN, (2008). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA EJERCICIOS 3ª EDIC.. MADRID. EDERSA
MOCHÓN, F. Y J. DÍAZ DE, REBECA (2010). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. EJERCICIOS. 4ª EDIC.. EDICIONES ACADÉMICAS
ESCRIBÁ, F.J. Y OTROS (1995). INTRODUCCIÓN PRÁCTICA A LA ECONOMÍA. MCGRAW HILL
DORNBUSCH, R. Y S. FISCHER (VARIAS EDICIONES). MACROECONOMÍA. MCGRAW-HILL
JONES, CHARLES, I. (2009). MACROECONOMÍA. ANTONI BOSCH
BLANCHARD, O. (2017). MACROECONOMÍA. 7ª EDIC.. PEARSON
BELZUNEGUI, B, J. CABRERIZO y R. PADILLA (1992). MC-GRAW HILL (SIRVEN OTRAS EDICIONES). MADRID
PATEIRO RODRÍGUEZ, C., L.A. VEIGA, L. VARELA, F. BRUNA (2014). PRINCIPIOS DE MACROECONOMÍA. REPROGRAFÍA NOROESTE, S.L.
PATEIRO RODRÍGUEZ, C, M.J. FREIRE, L.A. VEIGA, L. VARELA, F. BRUNA, M. BARREIRO (2015). PRINCIPIOS DE MACROECONOMÍA. LIBRO DE PROBLEMAS, TEST Y EXÁMENES RESUELTOS. REPROGRAFÍA NOROESTE, S.L.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Se recomenda ó alumno un seguimento continuo da asignatura. Se aconsella a asistencia ás sesións magistrais e ás actividades de solución de problemas. Se aconsella ó alumno que resolva cantas dúbidas se lle presenten, ben sexa na aula ou ben sexa na titoría.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías