Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Estatística I Código 611G02006
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Rey Graña, Carlota
Correo electrónico
carlota.rey@udc.es
Profesorado
Lado González, Eva Mª
Lodeiro Hermida, Maria Jose
Mourelle Espasandin, Estefania
Rey Graña, Carlota
Correo electrónico
eva.lado@udc.es
maria.lodeiro@udc.es
estefania.mourelle@udc.es
carlota.rey@udc.es
Web
Descrición xeral Na primeira parte da materia deberase coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Estatística Descritiva, Series Temporais e Números Indices.
Na segunda parte, o obxectivo é coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender o manexo das técnicas básicas da Análise de Datos e de Estatística Descritiva A4
A6
A7
A8
A10
B6
B10
C1
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Análise de Datos e de Estatística Descritiva A4
A10
A11
A12
B1
B2
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades A4
B3
B4
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Manexar os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades A4
B5
B7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TÉCNICAS ESTATÍSTICAS DE DESCRICIÓN DE DATOS - ANÁLISE ESTATÍSTICA DUNHA VARIABLE
- ANÁLISE ESTATÍSTICA DE DÚAS VARIABLES
- REGRESIÓN E CORRELACIÓN
- SERIES DE TEMPO
- NÚMEROS ÍNDICES

TEORÍA DA PROBABILIDADE - INTRODUCIÓN Á PROBABILIDADE
- VARIABLES ALEATORIAS
- PRINCIPAIS DISTRIBUCIÓNS DE PROBABILIDADE
- CONVERXENCIA E TEOREMA CENTRAL DO LÍMITE

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 C6 C7 C8 1 0 1
Sesión maxistral A4 A7 A11 B1 B4 B7 C1 C5 17 34 51
Obradoiro A6 A10 A11 A12 B2 B3 B5 B6 B10 C1 C4 C5 C6 17 42.5 59.5
Prácticas a través de TIC A8 A10 A11 C4 C8 8 16 24
Proba obxectiva A4 A6 A12 B2 B3 B5 B7 C1 C6 2 6 8
 
Atención personalizada 6.5 0 6.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia e a exposición das actividades que deben desenvolver os alumnos e dos criterios cos que serán avaliados.
Sesión maxistral Cada sesión maxistral consiste na exposición oral, por parte dos profesores, de conceptos e métodos, aínda que debe contar coa participación activa dos alumnos. A exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos
Obradoiro Cada taller é unha sesión interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios e problemas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, desde un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Prácticas a través de TIC Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas.
Proba obxectiva É unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Proba obxectiva
Descrición
A heteroxeneidade dos estudantes, no que se refire á súa formación previa e á súa situación académica, require unha atención personalizada que permita resolver as dúbidas específicas que se lles expoñan ao longo do curso. As prácticas a través de TIC, os talleres e as tutorías son ferramentas importantes para resolver problemas teóricos e empíricos, tanto a nivel colectivo como individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A6 A10 A11 A12 B2 B3 B5 B6 B10 C1 C4 C5 C6 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. 30
Proba obxectiva A4 A6 A12 B2 B3 B5 B7 C1 C6 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico. 70
 
Observacións avaliación
A) Todas as probas de avaliación son presenciais e non se poden sustituir con exercicios ou traballos. Para a súa realización, non se aceptarán cambios de grupo, agás aqueles outorgados oficialmente pola Facultade, que deben estar debidamente xustificados.
B) Oportunidades de Xuño e Xullo.
Para superar a materia será necesario obter polo menos 5 puntos na suma das cualificacións correspondentes ás probas de avaliación continua e ao exame final.
O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en ambas as oportunidades a todos os alumnos, independentemente da súa situación académica.
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de finalización das probas de avaliación.
A nota non presentada correspóndese só cos estudantes que participan en actividades de avaliación que teñen un peso inferior ao 20 por cento da nota total.
C) Oportunidade adiantada.A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse neste suposto.
D) Oportunidades de Xuño, Xullo e adiantada.
Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario da UDC (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf).

Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10. Identificación dos estudantes, e 14. Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias

Fontes de información
Bibliografía básica Levine, D. M., Krehbiel, T. C. and Berenson, M. L. (2010 (5th ed.)). Business Statistics: A first course. Upper Saddle River, Pearson Education
Casas Sánchez, J. M. y otros (2006). Ejercicios de Estadística Descriptiva y probabilidad. Madrid, Pirámide
Montiel, A. M., Rius, F. y Barón, F. J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Madrid, Prentice Hall
Esteban García, J. y otros (2004). Estadística Descriptiva y nociones de Probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J. y Ruiz-Maya, L. (2006). Fundamentos de Probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J., Montero, J. M. y Ruiz-Maya, L. (2006). Problemas de Probabilidad. Madrid, Thomson
Newbold, P., Carlson, W. and Thorne, B. (2010). Statistics for business and economics, 7/E. Pearson/Prentice Hall
Levine, D. M. et al. (2011). Statistics for managers using MS Excel, 6/E. Prentice Hall
Os tres últimos libros servirán como referencia bibliográfica para o grupo de inglés (grupo A) desta materia.
Bibliografía complementaria Uña Juárez, I., San Martín Moreno, J. y Tomeo Perucha, V. (2010). Cálculo de Probabilidades. Madrid, Garceta
García-Carro Peña, B., Sánchez Sellero, M. C. y Martínez Filgueira, X. M. (2003). Curso práctico de Probabilidad con aplicaciones económicas. Universidad da Coruña
Tomeo Perucha, V. y Uña Juárez, I. (2009). Estadística Descriptiva. Madrid, Garceta
Benítez Márquez, M.D. y otros (2012). Estadística Descriptiva. Madrid, McGraw-Hill
Cao Abad, R. y otros (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Madrid, Pirámide
Sánz, J. A., Bedate, A., Rivas, A. y González, J. (1996). Problemas de Estadística Descriptiva Empresarial. Madrid, Ariel


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/611G02009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/611G02010

Materias que continúan o temario
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014

Observacións
O grupo A de esta materia impartirase integramente en inglés.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías