Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Estatística I Código 611G02006
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
Correo electrónico
c.sanchez@udc.es
Profesorado
Garcia-Carro Peña, Beatriz
Lado González, Eva Mª
Mourelle Espasandin, Estefania
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
Correo electrónico
beatriz.garcia-carro@udc.es
eva.lado@udc.es
estefania.mourelle@udc.es
c.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral Na primeira parte da materia deberase coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Estatística Descritiva, Series Temporais e Números Indices.
Na segunda parte, o obxectivo é coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
Agardamos poder impartir, tanto no caso de semipresencialidade como de non presencialidade, todos ou a maioría dos contidos que están inicialmente planeados.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As metodoloxías docentes desenvolvidas na guía mantéñense:
- Actividades iniciais
- Sesión maxistral
- Obradoiro
- Prácticas a través de TIC (inicialmente planificadas virtuais)
- Proba obxectiva
- Atención personalizada (inicialmente planificada virtual)
As titorías de grupo reducido (TGR) xa se planifican inicialmente de forma virtual, seguindo as indicacións do Centro por causa do Covid19 e o mesmo previsiblemente para as titorías individuais ou grupais. A docencia que tería lugar na aula de informática deberá realizarse de forma virtual.

*Metodoloxías docentes que se modifican
No caso de semipresencialidade compartirase a docencia presencial coa non presencial e no caso de non presencialidade substituirase toda a docencia presencial polas clases online; en ambos os casos utilizarase a aplicación Teams para impartir a materia en modo non presencial.
En todo caso (tanto nun escenario de presencialidade como de non presencialidade) subiranse á plataforma Moodle numerosos materiais para facilitar a aprendizaxe tanto da parte teórica da materia como da resolución de exercicios. Utilizarase o foro de Moodle e Teams para pór en coñecemento dos alumnos todos aqueles aspectos que afecten ao normal desenvolvemento da materia, mantendo desta forma un contacto permanente con eles (aviso sobre datas de probas, instrucións de realización das actividades, cualificacións, cambio dalgunha data sinalada, titorías, etc.).

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: En calquera momento pódese utilizar esta ferramenta. É de utilidade para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da materia.
- Teams: Tamén se utilizará Teams como medio de comunicación cos alumnos, e para a realización das titorías individuais ou grupais, entendendo que esta ferramenta é máis áxil que o correo electrónico.
- Moodle: Emprego das ferramentas de comunicación que posúe Moodle.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:
En canto á avaliación, tanto se se imparte a materia na modalidade de semipresencialidade como de non presencialidade, manteranse os criterios de avaliación expostos na guía docente, coa diferenza de que se eliminarán os mínimos necesarios nas probas obxectivas (correspondentes aos 2 bloques da materia) establecidos en 3 puntos.
As probas se levarían a cabo de forma non presencial a través das pertinentes plataformas virtuais.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen dos materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
En calquera caso poranse a disposición dos alumnos numerosos materiais que permitan preparar os contidos teóricos e prácticos da materia, sendo Moodle a aplicación e repositorio de todo o material dispoñible para os alumnos.
Desde a biblioteca da Facultade de Economía e Empresa informouse, desde o inicio do confinamento polo Covid19, do acceso a moitos libros da biblioteca, que de forma gratuíta e en formato electrónico están dispoñibles tanto para o alumnado como para o profesorado. De ser posible, facilitarase o acceso libre á bibliografía indicada na guía e a outros materiais adicionais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender o manexo das técnicas básicas da Análise de Datos e de Estatística Descritiva A4
A6
A7
A8
A10
B6
B10
C1
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Análise de Datos e de Estatística Descritiva A4
A10
A11
A12
B1
B2
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades A4
B3
B4
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Manexar os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades A4
B5
B7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: DISTRIBUCIÓNS DE FRECUENCIAS UNIDIMENSIONAIS
1.1. A Estatística: concepto e contidos
1.2. A análise estatística
1.3. Distribución de frecuencias: concepto, representacións gráficas
1.4. Momentos en distribucións unidimensionais
1.5. Medidas de posición
1.6. Medidas de dispersión
1.7. Medidas de forma
1.8. Valores anómalos: detección e efectos
TEMA 2: DISTRIBUCIÓNS DE FRECUENCIAS BIDIMENSIONAIS 2.1. Distribucións de frecuencias bidimensionais
2.2. Momentos en distribucións bidimensionais
2.3. Regresión e correlación
TEMA 3: SERIES TEMPORAIS 3.1. Serie temporal: concepto e representación gráfica
3.2. Descomposición dunha serie temporal: compoñentes e esquema
3.3. Análise da tendencia
3.4. Análise da estacionalidade. Serie desestacionalizada
3.5. Análise das taxas de crecemento nas series de tempo
TEMA 4: NÚMEROS ÍNDICES 4.1. Introdución
4.2. Índices complexos
4.3. Aplicacións dos índices
4.4. Principais índices da economía española
TEMA 5: INTRODUCIÓN AO CÁLCULO DE PROBABILIDADES 5.1. Fenómenos deterministas e fenómenos aleatorios
5.2. Probabilidade: definición e concepcións
5.3. Probabilidade Condicionada. Independencia de sucesos
5.4. Teoremas da Probabilidade
TEMA 6: VARIABLE ALEATORIA UNIDIMENSIONAL 6.1. Variable aleatoria unidimensional
6.2. Variables aleatorias discretas: funcións de contía e de distribución
6.3. Variables aleatorias continuas: funcións de densidade e de distribución
6.4. Características das variables aleatorias unidimensionais
TEMA 7: PRINCIPAIS DISTRIBUCIÓNS DUNHA VARIABLE ALEATORIA 7.1. Distribución de Bernoulli
7.2. Distribución Binomial
7.3. Distribución de Poisson
7.4. Distribución Uniforme
7.5. Distribución Normal
7.6. Distribucións derivadas dá normal
TEMA 8: CONVERXENCIA E TEOREMA CENTRAL DO LÍMITE 8.1. Converxencia en probabilidade
8.2. Converxencia en distribución
8.3. Teorema Central do Límite

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B5 C6 C7 C8 1 0 1
Sesión maxistral A4 A7 A11 B1 B4 B7 C1 C5 17 34 51
Obradoiro A6 A10 A11 A12 B2 B3 B5 B6 B10 C1 C4 C5 C6 17 42.5 59.5
Prácticas a través de TIC A8 A10 A11 C4 C8 8 16 24
Proba obxectiva A4 A6 A12 B2 B3 B5 B7 C1 C6 2 6 8
 
Atención personalizada 6.5 0 6.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia e a exposición das actividades que deben desenvolver os alumnos e dos criterios cos que serán avaliados.
Sesión maxistral Cada sesión maxistral consiste na exposición oral, por parte dos profesores, de conceptos e métodos, y na que se fomentará a participación activa dos alumnos. A exposición se complementa coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten mostrar a operatividade e posibilidades dos métodos expostos.
Obradoiro Cada taller é unha sesión interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios e problemas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, desde un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Prácticas a través de TIC Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas. Planifícanse virtuais. Poden ser individuais ou en grupo.
Proba obxectiva É unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Prácticas a través de TIC
Proba obxectiva
Descrición
É o tempo que o profesor reserva para atender e resolver dúbidas ao alumnado, ben sexa de forma individual ou en pequenos grupos. As titorías (horas oficiais) realizanse de forma virtual, seguindo as indicacións do Centro por motivo do Covid19.
As titorías de grupo reducido (TGR) tamén se desenvolverán de forma virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A6 A10 A11 A12 B2 B3 B5 B6 B10 C1 C4 C5 C6 Neste apartado os alumnos deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso.
Unha porcentaxe corresponde a prácticas a través de TIC.
30
Proba obxectiva A4 A6 A12 B2 B3 B5 B7 C1 C6 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico.
Realizaranse 2 probas correspondentes cos 2 bloques principais da materia: Estatística Descritiva e Cálculo de Probabilidades.
70
 
Observacións avaliación

As probas obxectivas (parciais) considéranse fundamentais para a avaliación, polo que será necesario obter un mínimo do 30% da nota en cada unha delas, é dicir, unha cualificación de 3 puntos, para computar coas outras actividades que se avalíen.

Considerarase liberado o primeiro parcial a condición de que se obteña unha cualificación maior ou igual a 3 puntos. Se se libera o primeiro parcial, no exame final haberá que realizar unicamente o segundo parcial, o cal tamén require unha nota mínima. O segundo parcial realizarase, para todo o alumnado, o día do exame da primeira oportunidade (maio/xuño).

Os alumnos que non obtivesen a nota mínima nas dúas probas obxectivas (parciais) e, con todo, o cómputo global da avaliación resultase ser superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4,5. Aprobarase a materia cando se obteña 5 puntos ou máis no cómputo global da mesma, alcanzando a nota mínima nos parciais. Acudirase á primeira e/ou segunda oportunidade para repetir a proba que non alcance a nota mínima. 

Os alumnos que liberen unha parte da materia mediante unha proba obxectiva (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas oportunidades de maio/xuño (primeira oportunidade) ou de xullo (segunda oportunidade), a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia noutro curso académico. 

CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaran a actividades de avaliación que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os criterios de avaliación na segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados na primeira oportunidade.

CONVOCATORIA ADIANTADA. A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse neste suposto.

ESTUDANTES CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL. O sistema de avaliación será aplicado a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica. Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, aplicaránselle os mesmos criterios de avaliación e nas mesmas datas de realización das probas que aos alumnos a tempo completo.

SOBRE CONDICIÓNS DE AVALIACIÓN. Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10. Identificación dos estudantes, e 14. Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias.

 

 


Fontes de información
Bibliografía básica Levine, D. M., Krehbiel, T. C. and Berenson, M. L. (2010 (5th ed.)). Business Statistics: A first course. Upper Saddle River, Pearson Education
Casas Sánchez, J. M. y otros (2006). Ejercicios de Estadística Descriptiva y probabilidad. Madrid, Pirámide
Montiel, A. M., Rius, F. y Barón, F. J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Madrid, Prentice Hall
Esteban García, J. y otros (2004). Estadística Descriptiva y nociones de Probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J. y Ruiz-Maya, L. (2006). Fundamentos de Probabilidad. Madrid, Thomson
Martín-Pliego, F. J., Montero, J. M. y Ruiz-Maya, L. (2006). Problemas de Probabilidad. Madrid, Thomson
Newbold, P., Carlson, W. and Thorne, B. (2012). Statistics for business and economics, 8/E. Pearson: Boston
Levine, D. M. et al. (2011). Statistics for managers using MS Excel, 6/E. Prentice Hall
Os tres últimos libros servirán como referencia bibliográfica para o grupo de inglés (grupo A) desta materia.
Bibliografía complementaria Uña Juárez, I., San Martín Moreno, J. y Tomeo Perucha, V. (2010). Cálculo de Probabilidades. Madrid, Garceta
García-Carro Peña, B., Sánchez Sellero, M. C. y Martínez Filgueira, X. M. (2003). Curso práctico de Probabilidad con aplicaciones económicas. Universidad da Coruña
Tomeo Perucha, V. y Uña Juárez, I. (2009). Estadística Descriptiva. Madrid, Garceta
Benítez Márquez, M.D. y otros (2012). Estadística Descriptiva. Madrid, McGraw-Hill
Cao Abad, R. y otros (2001). Introducción a la Estadística y sus aplicaciones. Madrid, Pirámide
Sánz, J. A., Bedate, A., Rivas, A. y González, J. (1996). Problemas de Estadística Descriptiva Empresarial. Madrid, Ariel


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Matemáticas I/611G02009

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Matemáticas II/611G02010

Materias que continúan o temario
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014

Observacións
O grupo A de esta materia impartirase integramente en inglés.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías