Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Contabilidade Financeira I Código 611G02013
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Alvarez Dominguez, Maria America
Correo electrónico
america.alvarez@udc.es
Profesorado
Alvarez Dominguez, Maria America
Andrade Calvo, José Manuel
Gomez Rodriguez, Maria Luz
González García, Isaías
Muiño Vazquez, Maria Flora
Correo electrónico
america.alvarez@udc.es
j.manuel.andrade@udc.es
luz.gomez@udc.es
isaias.gonzalezg@udc.es
flora.muino@udc.es
Web
Descrición xeral Introducir ao alumno nos conceptos básicos que guían o proceso de elaboración e comunicación da información contable.
Plan de continxencia Os contidos, metodoloxías, atención personalizada, avaliación e bibliografía
serán os mesmos no caso de termos que pasar a modalidade "Non presencial".

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer o método contable e o seu output: os estados financeiros A2
A3
A4
A6
A7
A8
A9
B7
Rexistrar contablemente, presentar e interpretar calquera transacción económica básica. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A9
B7
C7
C8
Capacidade para aprender de xeito autónomo, buscando a solución a novos problemas a través da aplicación dos coñecementos adquiridos. A6
A9
A10
A11
B1
B2
B3
B5
B7
C5
C6
C7
C8
Capacidade para traballar en equipo de maneira consultiva. A12
B4
B6
B8
B10
C4
C6
Habilidade para presentar, discutir e defender puntos de vista diferentes. A12
B2
B3
B4
C1
C4
C6
Ter un comportamento ético nos negocios. B10
C4

Contidos
Temas Subtemas
PRIMEIRA PARTE: Fundamentos básicos da contabilidade. Introdución ao rexistro contable. PRIMEIRA PARTE
Tema 1: Introdución á contabilidade.
1.1. Actividade económica e necesidade de información.
1.2. Concepto e divisións de contabilidade.
Tema2: Activo, Pasivo e Neto patrimonial 2.1.Concepto. Activo, Pasivo e Neto patrimonial.
2.2. O equilibrio parimonial e o principio de dualidade.
2.3 Variacións patrimoniais:
a) Os feitos contables. Tipos. Casuística introductoria.
b) O principio de importancia relativa.
c) O Resultado empresarial.
Tema 3: Anotacións contables: método de partida doble. Operacións contables básicas. 3.1.O método contable.
3.2.A conta. Conceito e representación. Tecnicismos.
O convenio da partida doble.
3.3.Os libros contables. Introducción:Libro Diario y Libro Maior. Balance de sumas e saldos
3.4. Rexistro de feitos contables básicos:
a) Mercadorías
b) Tesourería
c) Contas activas e pasivas con terceiros
d) Inmobilizado
e) Neto patrimonial
Tema 4: O ciclo contable 4.1. Fases.
4.2. Especial consideración dos principais axustes de regularización.
Tema 5: Tratamentos contables de existencias e inmovilizado. 5.1 Existencias:
a) Métodos de rexistro.
b) Valoración.

5.2. Inmobilizado:
a) Alta.
b) Modificacións do seu valor. A amortización.
c) Baixa
SEGUNDA PARTE: A normalización contable. SEGUNDA PARTE
Tema 6: A normalización contable. 6.1. Conceito e importancia.
6.2. Introducción á normalización contable en España: O Plan Xeral de Contabilidade.
Tema 7: Tratamento contable normalizado de operacións específicas. 7.1.Tesourería.
7.2. Existencias.
7.3. O IVE: Imposto de valor engadido.
7.4. Inmobilizado.
7.5.Contas activas e pasivas con terceiros.
7.6.Gastos de persoal.
7.7Neto patrimonial.
Tema 8:Introducción aos estados financeiros no Plan Xeral de Contabilidade. 8.1. Balance de situación.
8.2.Estado de perdas e ganancias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A7 B1 B2 C5 C6 C8 18 36 54
Discusión dirixida A8 A12 B2 B3 B4 B8 B10 C4 C5 C6 7 21 28
Obradoiro A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B5 B6 B7 C1 C5 C6 C7 18 36 54
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 B4 B8 B10 C4 C5 C6 C7 C8 10 0 10
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición feita polo profesor dos conceptos básicos necesarios para que os alumnos poidan buscar solución aos problemas contables tratados no programa.
Discusión dirixida Preparación dos temas formulados polo profesor e participación na discusión dos mesmos na aula.
Obradoiro Resolución de exercicios e casos prácticos en grupo, tanto na aula coma fora dela, con apoio do profesor.
Proba mixta Probas de avaliación continua.
Examen final en primeira e segunda oportunidade.
As probas, tanto da evaluación continua como os exames finais, poden ser escritos, orales ou en Moodle. Os contidos referidos a materia poden ser plantexados en termos teóricos, prácticos ou como unha combinación teórico-práctica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Discusión dirixida
Descrición
Os problemas contables propostos para a súa resolución na aula teñen por obxecto afianzar a comprensión dos conceptos e da técnica contable. Para isto, o alumno será guiado polo profesor de xeito que poda chegar á solución ou solucións dos problemas que se lle propoñen. Adicionalmente, por medio das titorías, o profesor guiará a preparación das cuestións propostas para discutir na aula e a resolución das tarefas deseñadas para realizar fora da aula.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario.

As titorías serán en TEAMS.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 B4 B8 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Primeira oportunidade: 50% probas de avaliación continua e 50% proba mixta (examen) sobre os contidos da materia.
Segunda oportunidade:
100% Proba mixta (examen)sobre os contidos da materia.
100
 
Observacións avaliación

Todas as probas podrán ser realizadas na plataforma Moodle.

 A)   NORMATIVA
DE AVALIACIÓN:

 1.- Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información agás nos casos que o exame sexa non presencial en cuxas circunstancias se indicará que dispositivos se poden utilizar.

2.     Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo con a normativa vixente.

B)  TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.     

2. Alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no
que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do
curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo
polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos
primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade
de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos
con dedicación a tempo completo.

 C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

 
1.         Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.

2.         Segunda oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección

3.         Convocatoria
adiantada:  Na convocatoria adiantada, e
só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios da materia. Os criterios de puntuación de la prueba daranse a coñecer no momento da proba e subministraranse xunto
co enunciado desta.

 As probas non realizadas puntúan como cero. As
realizadas en fraude( suplantación da personalidade, copia , acceso ao exame dende un lugar non autorizado e sen permiso previo...) supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación
final.



Fontes de información
Bibliografía básica Sutton, Tim (2004). Corporate Financial Accounting and Reporting. Prentice Hall
Reverte Maya, Carmelo (2014). Exercises of Financial Accounting. Ecobook
Phillips, F., Libby, R. y Libby, P.A. (2006). Fundamentals of Financial Accounting. McGraw Hill
Muñoz Merchante, Ángel (2008). Fundamentos de Contabilidad. Ramón Areces
Larrán Jorge, Manuel (Coord.) (2009). Fundamentos de Contabilidad Financiera. Pirámide
Solà Tey, Magda y Vilardell Riera, Inmaculada (2009). Introducción a la Contabilidad General. McGraw Hill

Bibliografía complementaria Horngren, C.T.; Harrison, W.T y Bamber, L. S. (2003). Contabilidad. Pearson
Muñoz Jiménez, José (Coord.) (2008). Contabilidad Financiera. Pearson


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Contabilidade Financeira II/611G02018

Observacións

.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e  nos comportamentos persoais e profesionais.

.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

.- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías