Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Estatística e Introdución á Econometría Código 611G02014
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Coordinación
Cancelo de la Torre, Jose Ramon
Correo electrónico
jose.cancelo@udc.es
Profesorado
Arranz Perez, Matilde
Cancelo de la Torre, Jose Ramon
Lodeiro Hermida, Maria Jose
Pereira Saez, Maria Jose
Uriz Tome, Pilar
Correo electrónico
matilde.arranz@udc.es
jose.cancelo@udc.es
maria.lodeiro@udc.es
maria.jose.pereira@udc.es
pilar.uriz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten dous contidos ben diferenciados. A primeira parte é a continuación da materia de primeiro curso "Estatística" e dedícase a presentar os conceptos e ferramentas da inferencia estatística, cuxo obxectivo é aproximar propiedades descoñecidas dunha poboación utilizando os resultados obtidos para unha mostra representativa da mesma. Préstase especial atención aos procedementos empregados para estimar os valores dos parámetros poboacionais descoñecidos, e para contrastar hipóteses sobre os mesmos. A segunda parte pretende proporcionar unha panorámica xeral da Econometría destacando a utilidade dos instrumentos que achega e as súas aplicacións no contexto da ciencia económica, introducir a terminoloxía e a linguaxe econométrica, e iniciar a aprendizaxe dos conceptos e dalgunhas ferramentas básicas para a análise cuantitativa e empírica da economía.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Inferencia Estatística. A3
A4
A6
A8
A11
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B10
C4
C5
C6
C7
C8
Manexar as técnicas básicas da Inferencia Estatística. A3
A4
A6
A8
A11
A12
B2
B3
B4
C1
C4
C6
C7
Coñecer e utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe econométrica. A4
A8
A10
A11
B1
B10
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Especificar e estimar modelos sinxelos para a análise cuantitativa das relacións entre as variables económicas e valorar os resultados da estimación. A6
A8
A11
B2
B3
B4
B5
C4
C5
C6
C7
C8
Utilizar as rutinas de cálculo necesarias para resolver os problemas empíricos en economía a través do software adecuado. A9
B2
C8

Contidos
Temas Subtemas

1) Distribucións na mostraxe
- Conceptos básicos
- Resultados xerais
- Poboacións normais
- Algúns resultados para mostras grandes
2) Estimación - Estimación puntual
- Intervalos de confianza: formulación xeral
- Intervalos de confianza para poboacións normais
- Algúns intervalos de confianza para mostras grandes

3) Contrastación de hipóteses
- Formulación xeral
- Contrastación de hipóteses en poboacións normais
- Algúns contrastes de hipóteses para mostras grandes
4) Econometría e modelos econométricos - Concepto de Econometría. Método
- Modelos econométricos. Elementos e clases
5) O modelo de regresión lineal clásico - Hipóteses básicas
- Estimación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B10 C4 C6 C7 C8 2 0 2
Sesión maxistral A3 A4 A6 A8 A10 A11 B1 B3 B4 B5 B10 C4 C5 C6 C7 C8 15 45 60
Solución de problemas A3 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 10 20 30
Prácticas a través de TIC A3 A4 A6 A8 A9 A11 B2 B3 B4 B5 C6 C7 3 15 18
Obradoiro A3 A6 A8 A9 A11 A12 B3 B4 B5 C6 C7 8 16 24
Aprendizaxe colaborativa A8 A11 A12 B2 B3 B4 B5 B10 C1 C4 C6 C7 2 4 6
Proba obxectiva A3 A4 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 2 4 6
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cada parte do curso comezará cunha presentación da materia, na que se exporá con detalle o traballo a desenvolver polos alumnos e os criterios de avaliación.
Sesión maxistral Baséase na exposición oral dos conceptos e métodos por parte dos profesores. Dita exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e posibilidades das técnicas analizadas.
Solución de problemas Docencia interactiva dedicada á solución de exercicios nos que se aplican os conceptos teóricos.
Prácticas a través de TIC Sesións interactivas dedicadas á presentación e aplicación das ferramentas informáticas relacionadas cos contidos do programa.
Obradoiro Sesións nas que se realizarán aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas.
Aprendizaxe colaborativa Sesións de traballo interactivo nas que o grupo se divide en equipos, cuxos membros discuten e profundan nos contidos teóricos do programa contestando de forma conxunta unha serie de preguntas expostas polos profesores.
Proba obxectiva Realizaranse dúas probas escritas ao longo do curso para avaliar o grao de aprendizaxe, unha de Estatística e outra de Introdución á Econometría.

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Obradoiro
Proba obxectiva
Descrición
- Resolución das dúbidas específicas de cada alumno que se poidan suscitar na comprensión dos conceptos teóricos ou na súa aplicación práctica.
- Adaptación do ensino das ferramentas informáticas ás características específicas de cada alumno.
- Sesións individuais ou en grupos moi reducidos para preparar as probas obxectivas.
- A atención prestarase nas horas de clase, nas horas de tutoría para grupos reducidos, e no horario semanal de tutorías dos profesores.
- Cada grupo dividirase en dous subgrupos e realizaranse catro horas de tutoría para cada subgrupo, nunha aula a determinar polo centro, que serán repartidas ao longo do período de clases en función da planificación docente.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A8 A11 A12 B2 B3 B4 B5 B10 C1 C4 C6 C7 Os alumnos formarán equipos, e cada equipo terá que responder, de forma colectiva e nun tempo limitado, a unha serie de preguntas sobre os contidos teóricos e teórico-prácticos do programa. 6
Solución de problemas A3 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 Os alumnos terán que resolver e entregar boletíns personalizados de problemas, nas datas e forma que se detallarán na sesión de actividades iniciais. O peso destes problemas na nota final e os requisitos necesarios para aprobar a materia explícanse máis adiante no apartado de observacións. 9
Obradoiro A3 A6 A8 A9 A11 A12 B3 B4 B5 C6 C7 Os alumnos deberán participar activamente, e resolver e entregar os exercicios que lles sexan propostos nestas clases. 15
Proba obxectiva A3 A4 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 Ao longo do curso realizaranse dúas probas obxectivas, unha para a parte de Estatística e outra para a parte de Introdución á Econometría. O peso destas probas na nota final e os requisitos necesarios para aprobar a materia explícanse máis adiante no apartado de observacións. 70
 
Observacións avaliación

CUESTIÓNS
XERAIS

A
cualificación de cada alumno calcularase combinando os resultados da avaliación
continua ao longo do período lectivo, e a nota que obteña no exame final. A
avaliación continua supón un 30% da cualificación, e o exame final o restante
70%; isto aplícase a todas as convocatorias, incluida a convocatoria adiantada, e a todas as modalidades de matrícula. A materia ten dous contidos ben diferenciados, Estatística e Introdución á
Econometría, e a cada parte correspóndelle o 50% da cualificación.

A
cualificación agregada para o conxunto da materia obtense do seguinte modo:

-
Avaliación continua na parte de Estatística: representa un 15% da nota final
(máximo 1,5 puntos), e basearase en: 1) Boletíns de problemas personalizados,
que suporán un 9% (0,9 puntos) da nota final, e que se han de entregar nas
datas e forma que se detallarán ao principio do período de clases; 2) Unha
proba por equipos sobre aspectos teóricos e teórico-prácticos do programa, que
suporá un 6% (0,6 puntos) da nota final, e cuxos detalles se explicarán nas
primeiras semanas do período de clases.

-
Exame final para a parte de Estatística: suporá un 35% da nota final (máximo
3,5 puntos). Ademais das dúas oportunidades que contempla a normativa xeral do
centro, haberá unha proba obxectiva liberatoria a mediados do cuadrimestre,
nunha data que se anunciará ao principio do período de clases.

-
Avaliación continua na parte de Introdución á Econometría: supón un 15% da nota
final (máximo 1,5 puntos), e basearase na participación activa do alumno nas
clases prácticas e na resolución de controis, problemas e exercicios na aula,
na forma que se detallará ao comezo das clases de Introdución á Econometría.

-
Exame final para a parte de Introdución á Econometría: suporá un 35% da nota
final (máximo 3,5 puntos). Ademais das dúas oportunidades que contempla a
normativa xeral do centro, haberá unha proba obxectiva liberatoria a finais do
cuadrimestre, nunha data que se anunciará a mediados do período de clases.

PROCEDEMENTO
DE AVALIACION

A)
Ao final do período de clases:

A.1)
Ao final do período de clases cada alumno terá:

a)
Unha cualificación provisional para a parte de Estatística, que variará entre
cero e cinco puntos, e que se obterá coas actividades da avaliación continua e
o exame liberatorio desta parte.

b)
Unha cualificación provisional para a parte de Introdución á Econometría, que
variará entre cero e cinco puntos, e que se obterá coas actividades da
avaliación continua e o exame liberatorio desta parte.

c)
Unha cualificación provisional para o conxunto da materia, obtida como suma das
anteriores, e que por tanto variará entre cero e dez puntos.

A.2)
Na lista que se publicará figurará a cualificación numérica final do alumno, no
caso de que teña toda a materia aprobada, ou a(s) parte(s) que terá que repetir
na oportunidade de xaneiro (grao de ADE) ou de maio (dobre grao de ADE e
Dereito), se non a ten. Pódense dar catro posibilidades:

a)
Ter aprobada toda a materia.

b)
Ter liberada a parte de Estatística e suspensa a parte de Introdución á
Econometría.

c)
Ter suspensa a parte de Estatística e liberada a parte de Introdución á
Econometría.

d)
Ter suspensa toda a materia.

A.3)
Terán aprobada toda a materia os alumnos que satisfagan conxuntamente os
seguintes requisitos:

a)
Ter unha cualificación mínima de cinco puntos no conxunto da mesma.

b)
Ter en cada unha das partes:

(b.1)
unha cualificación total mínima de dous puntos;

(b.2)
unha cualificación mínima dun punto no exame liberatorio.

Os
alumnos que cumpran estes requisitos ao final do período de clases estarán
aprobados, e non terán que presentarse a ningún exame máis.

A.4)
Terán liberada unha parte da materia os alumnos que obteñan unha cualificación
mínima de 2,5 puntos na mesma, sexa cal for a cualificación que teñan na outra
parte. Os exames finais das oportunidades de xaneiro (ADE), de maio (ADE e
Dereito) e de xullo terán dous partes, unha para Estatística e outra para
Introdución á Econometría. Se un alumno ten unha parte de materia liberada ao
final do período de clases, nas oportunidades de xaneiro / maio ou de xullo só
terá que facer o exame da parte suspensa.

A.5)
Os liberados dunha parte da materia unicamente son válidos para o curso actual.
Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu
conxunto nas oportunidades de xaneiro / maio ou de xullo, a súa cualificación
final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos
académicos.

Lémbrase
que os requisitos para aprobar a totalidade da materia son os que figuran no
apartado (A.3).

A.6)
Terán suspensa toda a materia os alumnos que non cumpran os requisitos
contemplados nos apartados (A.3) ou (A.4). Se estas persoas deciden presentarse
á oportunidade de xaneiro / maio, deberán facer os exames das dúas partes,
Estatística e Introdución á Econometría. A nota de cada un destes exames
substituirá á do correspondente exame liberatorio, a efectos de volver
comprobar se se dan os requisitos apuntados nos apartados (A.3) ou (A.4).

Se
por calquera motivo un alumno que ten toda a materia suspensa só fixese o exame
dunha das partes, considerarase que tamén fixo o da outra e que o deixou en
branco, co que será cualificado cun cero na parte que non fixo.

A.7)
As persoas cuxa nota total sexa igual ou superior a cinco puntos pero que teñan
unha parte suspensa por non cumprir algún dos requisitos sinalados no punto (b)
do apartado (A.3), serán cualificados nas actas oficiais con catro coma cinco
(4,5) puntos. Tamén terán dita cualificación as persoas que, sen chegar ao
aprobado, teñan unha nota agregada superior a 4,5.

A.8)
Todos os alumnos que se presentaron a actividades - de avaliación continua ou
calquera tipo de exame liberatorio ou final - que supoñan un mínimo do 20% da
nota final, terán unha cualificación numérica nas actas oficiais. Seguindo a
normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificadas con Non
Presentado as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en
conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

A.9)
Os alumnos que o desexen poderán presentarse a subir nota na oportunidade de
xaneiro / maio, e soamente na oportunidade de xaneiro / maio, previa
notificación ao profesor e autorización por parte deste. Os alumnos que teñan
aprobada toda a materia poden presentarse á totalidade da materia ou só a unha
parte da mesma, á súa elección. As persoas que teñan unha parte suspensa
poderán presentarse a subir a nota da outra parte, pero non terán a materia
aprobada mentres non cumpran os requisitos establecidos no punto (A.3).

En
ningún caso un alumno poderá presentarse a subir nota na oportunidade de xullo.

B)
Oportunidades de xaneiro / maio e de xullo:

Aplicarase
o procedemento descrito con detalle nos apartados (A.1) a (A.9). En cada nova
oportunidade elimínase a nota do exame anterior (a do exame liberatorio na
oportunidade de xaneiro / maio, a do exame de xaneiro / maio na oportunidade de
xullo), substitúese pola nova nota, e mantéñense as notas da avaliación
continua e, se a houbese, da parte liberada. A continuación verifícase se o
alumno satisfai os requisitos recolleitos no punto (A.3), e cualifícase en
consecuencia.


Fontes de información
Bibliografía básica Carrascal, U., González, Y. y Rodríguez, B. (2000). Análisis Econométrico con EViews. Ra-ma
Newbold, P. (1997). Estadística para los Negocios y la Economía. Prentice Hall
Peña, D. (2008). Fundamentos de Estadística. Alianza Editorial
Martín, G., Labeaga, J.M. y Mochón, F. (1997). Introducción a la Econometría. Prentice Hall
Ramil, M., Rey, C., Lodeiro, M. y Arranz, M. (2012). Introducción a la Econometría Teórica y Práctica. Noroeste S.L.

Bibliografía complementaria Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Casas Sánchez, J. M. y otros (2006). Ejercicios de inferencia estadística y muestreo para economía y administración de empresas. Editorial Pirámide
Ruiz-Maya, L. y Martín-Pliego López, J. (2005). Fundamentos de Inferencia Estadística. Editorial Thomson-AC
Casas Sánchez, J. M. (1997). Inferencia Estadística. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces
Maddala, G.S. (1996). Introducción a la Econometría. Prentice Hall
Gujarati, D. (2006). Principios de Econometría. McGraw-Hill

Se utilizarán además otros libros de texto, distintas fuentes de datos y material disponible en la red que se detallarán durante el curso.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Principios de Macroeconomía/611G02005
Estatística I/611G02006
Matemáticas I/611G02009
Matemáticas II/611G02010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Econometría/611G02019

Observacións

INFORMACION COMPLEMENTARIA DA PARTE DE ESTADISTICA

Na segunda semana do período de clases porase en Moodle a Guía Complementaria da Parte de Estatística. Este documento desenvolve diversos puntos da organización da docencia da primeira parte da materia, e recoméndase a todos os alumnos que o teñan presente ao longo do curso.

PROGRAMACION TEMPORAL DA DOCENCIA

A Estatística impartirase na primeira metade do período de clases, e a Introdución á Econometría na segunda. Dado que cada parte avaliarase por separado, a mediados do cuadrimestre xa se realizaron actividades de avaliación continua e unha proba obxectiva liberatoria que supoñen en conxunto o 50% da cualificación final. En consecuencia, é imprescindible que os alumnos se incorporen desde o principio do período de clases, e adquiran o máis rapidamente posible o ritmo normal de traballo, tanto presencial na aula como persoal fora da mesma.

REQUISITOS PREVIOS

Esta materia é a continuación da materia Estatística de primeiro curso. Para a primeira parte é moi recomendable que os alumnos estean familiarizados cos contidos que alí se impartiron, e de forma moi especial coas distribucións de probabilidade e o teorema central do límite. Para cursar a Introdución á Econometría requírense coñecementos previos de teoría económica en xeral, Estatística e Matemáticas. Ademais, dado que as aplicacións econométricas requiren a utilización de datos, é importante coñecer a estrutura e o contido das principais fontes de información estatística.

TUTORIAS EN GRUPO

Cada alumno terá, ademais das horas normais de clase, catro horas de tutorías en grupo. Duas desas horas corresponden á parte de Estatística, e dúas á de Introdución á Econometría. O horario para a parte de Estatística e as actividades que se realizarán detallaranse na Guía Complementaria que se porá en Moodle na segunda semana do período de clases. A organización das horas correspondentes a Introdución á Econometría anunciarase cando comecen as clases desa parte.

NORMAS PARA A REALIZACION DE EXAMENES E OUTRAS PROBAS DE AVALIACION PRESENCIAIS

Os alumnos só poderán ter bolígrafo e unha calculadora científica non programable. Se fose necesario outro material para a realización da proba, será facilitado polos profesores, ou se anunciará en Moodle cun mínimo de catorce (14) días naturais antes da data da proba.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que a se celebre a proba con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Se un alumno é visto cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, suporase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a normativa correspondente. Os alumnos que traian dispositivos deste tipo o día da proba - incluídos teléfonos móviles - e non teñan onde deixalos, deberán depositalos na entrada da aula antes do comezo da proba. Nese caso, os profesores non se fan responsables da súa posible perda ou extravío.

PROCEDEMENTO DE ACTUACION ANTE A REALIZACION FRAUDULENTA DUN EXAME

A realización fraudulenta dun exame suporá a aplicación inmediata do artigo 35 do Estatuto do Estudantado da UDC. O exame será cualificado cun cero, e esa nota é a que se utilizará no cálculo da nota final da acta da correspondente oportunidade. En concreto:

- Se a actuación fraudulenta corresponde a un exame liberatorio / prefinal ou ao exame oficial da primeira oportunidade, o cero aplicarase no cálculo da nota da acta da primeira oportunidade. Isto inclúe aos alumnos que se presenten ao exame oficial a subir nota, aos que non se lles respectará a nota que obtivesen no correspondente exame liberatorio /prefinal.

- Se a actuación fraudulenta corresponde ao exame oficial da oportunidade de xullo, o cero aplicarase no cálculo da nota da acta da oportunidade de xullo.

Ademais, se a actuación fraudulenta corresponde a un exame da primeira oportunidade, os profesores da materia establecerán as medidas cautelares que consideren pertinentes para garantir que o alumno infractor realiza o exame da oportunidade de xullo sen quebrantar a normativa vixente. Isto pode supor, entre outras posibles actuacións, que o alumno realice o exame da oportunidade de xullo nunha sala aparte, nun lugar específico da sala común, ou que a proba escrita substitúase por unha proba oral.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías