Identifying Data 2020/21
Subject (*) Statistics and Introduction to Econometrics Code 611G02014
Study programme
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Second Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Economía
Coordinador
Cancelo de la Torre, Jose Ramon
E-mail
jose.cancelo@udc.es
Lecturers
Cancelo de la Torre, Jose Ramon
Perez Lopez, Jose Benito
Uriz Tome, Pilar
E-mail
jose.cancelo@udc.es
benito.perez@udc.es
pilar.uriz@udc.es
Web
General description Esta materia ten dous contidos ben diferenciados. A primeira parte, Estatística, é a continuación da materia de primeiro curso “Estatística” e dedícase a presentar os conceptos e ferramentas da inferencia estatística, cuxo obxectivo é aproximar propiedades descoñecidas dunha poboación utilizando os resultados obtidos para unha mostra representativa da mesma. Préstase especial atención aos procedementos empregados para estimar os valores dos parámetros poboacionais descoñecidos, e para contrastar diversas hipóteses sobre os mesmos. A segunda parte, Introdución á Econometría, pretende establecer o papel da Econometría no contexto xeral da ciencia económica, introducir a terminoloxía e a linguaxe econométricos, e iniciar a aprendizaxe dos conceptos e das ferramentas básicas para a análise cuantitativa e empírica da economía.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías previstas:
- Actividades iniciais.
- Sesión maxistral.
- Solución de problemas.
- Prácticas a través de TIC.
- Taller.
- Traballos tutelados.
- Proba obxectiva.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha, mantéñense todas as metodoloxías previstas na docencia presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente. Os correos recibidos contestaranse no horario de titoría do profesorado, salvo que a demanda de titorías personalizadas obrigue a unha extensión do horario anunciado. De uso para expor consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas, e realizar o seguimento do traballo tutelado.
- Moodle: diariamente. As mensaxes recibidas contestaranse no horario de titoría do profesorado, salvo que a demanda de titorías personalizadas obrigue a unha extensión do horario anunciado. En caso necesario crearanse foros específicos para cada actividade do curso, co fin de canalizar as discusións sobre os diferentes contidos da materia.
- Teams: as sesións estableceranse a demanda do alumnado, expostas a través do correo electrónico ou de Moodle, tanto no que respecta ao número de persoas implicadas como ao contido das mesmas. Esta dinámica permitirá realizar un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver as actividades contempladas na materia.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizará ningunha modificación na avaliación.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense todas as observacións de avaliación que figuran na guía docente, coa condición de que se o profesorado considérao necesario publicaranse no Moodle da materia adaptacións das normas de entrega específicas de actividades concretas, co fin de acomodar a súa avaliación ás novas circunstancias. Cada estudante será responsable de comprobar que o que entrega cumpre os requisitos establecidos nas normas adaptadas antes de proceder á entrega definitiva.
As normas de entrega adaptadas publicaranse en Moodle cun mínimo de catorce (14) días naturais antes da data límite de entrega da actividade correspondente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizará ningún cambio xa que todos os materiais de traballo da materia estarán dispoñibles de maneira dixitalizada en Moodle, ou se poderán descargar sen ningunha restrición de páxinas webs abertas a calquera usuario.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A3 Evaluate and foreseeing, from relevant data, the development of a company.
A4 Elaborate advisory reports on specific situations of companies and markets
A6 Identify the relevant sources of economic information and to interpret the content.
A8 Derive, based on from basic information, relevant data unrecognizable by non-professionals.
A9 Use frequently the information and communication technology (ICT) throughout their professional activity.
A10 Read and communicate in a professional environment at a basic level in more than one language, particularly in English
A11 To analyze the problems of the firm based on management technical tools and professional criteria
A12 Communicate fluently in their environment and work by teams
B1 CB1-The students must demonstrate knowledge and understanding in a field of study that part of the basis of general secondary education, although it is supported by advanced textbooks, and also includes some aspects that imply knowledge of the forefront of their field of study
B2 CB2 - The students can apply their knowledge to their work or vocation in a professional way and have competences typically demostrated by means of the elaboration and defense of arguments and solving problems within their area of work
B3 CB3- The students have the ability to gather and interpret relevant data (usually within their field of study) to issue evaluations that include reflection on relevant social, scientific or ethical
B4 CB4-Communicate information, ideas, problems and solutions to an audience both skilled and unskilled
B5 CB5-Develop skills needed to undertake further studies learning with a high degree of autonomy
B10 CG5-Respect the fundamental and equal rights for men and women, promoting respect of human rights and the principles of equal opportunities, non-discrimination and universal accessibility for people with disabilities.
C1 Express correctly, both orally and in writing, in the official languages of the autonomous region
C4 To be trained for the exercise of citizenship open, educated, critical, committed, democratic, capable of analyzing reality and diagnose problems, formulate and implement knowledge-based solutions oriented to the common good
C5 Understand the importance of entrepreneurial culture and know the means and resources available to entrepreneurs
C6 Assess critically the knowledge, technology and information available to solve the problems and take valuable decisions
C7 Assume as professionals and citizens the importance of learning throughout life.
C8 Assess the importance of research, innovation and technological development in the economic and cultural progress of society.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Inferencia Estatística. A3
A4
A6
A8
A11
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B10
C4
C5
C6
C7
C8
Manexar as técnicas básicas da Inferencia Estatística. A3
A4
A6
A8
A11
A12
B2
B3
B4
C1
C4
C6
C7
Coñecer e utilizar correctamente e con precisión a terminoloxía e a linguaxe econométrica. A4
A8
A10
A11
B1
B10
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Especificar e estimar modelos sinxelos para a análise cuantitativa das relacións entre as variables económicas, e valorar os resultados da estimación. A6
A8
A11
B2
B3
B4
B5
C4
C5
C6
C7
C8
Utilizar as rutinas de cálculo necesarias para resolver os problemas empíricos en economía a través do software adecuado. A9
B2
C8

Contents
Topic Sub-topic

1) Distribucións na mostraxe
- Conceptos básicos
- Resultados xerais
- Poboacións normais
- Algúns resultados para mostras grandes
2) Estimación - Estimación puntual
- Intervalos de confianza: formulación xeral
- Intervalos de confianza para poboacións normais
- Algúns intervalos de confianza para mostras grandes

3) Contrastación de hipóteses
- Formulación xeral
- Contrastación de hipóteses en poboacións normais
- Algúns contrastes de hipóteses para mostras grandes
4) O ámbito da Econometría
- Modelos económicos e modelos econométricos
- Terminoloxía e tipos de datos
- Apéndice. Regresión lineal: enfoque descritivo
5) O modelo clásico de regresión lineal - Supostos
- Estimadores
- Interpretación

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Introductory activities B10 C4 C6 C7 C8 2 0 2
Guest lecture / keynote speech A3 A4 A6 A8 A10 A11 B1 B3 B4 B5 B10 C4 C5 C6 C7 C8 15 45 60
Problem solving A3 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 7 14 21
ICT practicals A3 A4 A6 A8 A9 A11 B2 B3 B4 B5 C6 C7 3 15 18
Workshop A3 A6 A8 A9 A11 A12 B3 B4 B5 C6 C7 8 16 24
Supervised projects A8 A11 A12 B2 B3 B4 B5 B10 C1 C4 C6 C7 4 8 12
Objective test A3 A4 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 3 6 9
 
Personalized attention 4 0 4
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Cada parte do curso comezará cunha presentación da materia, na que expoñerase con detalle o traballo a desenvolver polo estudantado e como vai ser avaliado.
Guest lecture / keynote speech Baséase na exposición oral dos conceptos e métodos por parte do profesorado. A exposición inclúe exemplos e exercicios que poñen de relevo as posibilidades e limitacións das técnicas analizadas.
Problem solving Docencia interactiva dedicada á solución de problemas nos que se aplican os conceptos teóricos.
ICT practicals Sesións interactivas dedicadas á presentación e aplicación das ferramentas informáticas relacionadas cos contidos do programa.
Workshop Sesións nas que se realizarán aplicacións da teoría, exercicios, problemas e tarefas prácticas.
Supervised projects Os estudantes realizarán un traballo en grupo da parte de Introdución á Econometría, no que combinarán o aprendido nas sesións maxistrais e nas clases de taller e prácticas a través de TIC. O traballo estará supervisado polo profesorado da materia durante a súa realización.
Objective test Realizaranse dúas probas para avaliar o grao de aprendizaxe, unha de Estatística e outra de Introdución á Econometría.

Personalized attention
Methodologies
Problem solving
ICT practicals
Workshop
Objective test
Supervised projects
Description
- Resolución das dúbidas específicas de cada estudante que se poidan suscitar na comprensión dos conceptos teóricos ou na súa aplicación práctica.
- Adaptación do ensino das ferramentas informáticas ás características específicas de cada estudante.
- A atención prestarase nas horas de clase, nas horas de titoría para grupos reducidos, e no horario semanal de titorías do profesorado.
- Cada grupo dividirase en dous subgrupos e impartiranse catro horas de titoría para cada subgrupo, que repartiranse ao longo do período de clases en función da planificación docente.
- A atención personalizada ao alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia prestarase no horario semanal de titorías do profesorado. En caso necesario procederase a unha extensión do horario anunciado, establecendo un horario de titorías específico para este colectivo.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A3 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 Cada estudante terá que resolver e entregar boletíns personalizados de problemas. O apartado de observacións de avaliación inclúe máis información sobre esta metodoloxía. 13
Objective test A3 A4 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 Ao longo do curso realizaranse dúas probas obxectivas, unha para a parte de Estatística e outra para a parte de Introdución á Econometría. O apartado de observacións de avaliación inclúe máis información sobre esta metodoloxía. 80
Supervised projects A8 A11 A12 B2 B3 B4 B5 B10 C1 C4 C6 C7 O alumnado deberá realizar e entregar un traballo en grupo, supervisado polos profesores. O apartado de observacións de avaliación inclúe máis información sobre esta metodoloxía. 7
 
Assessment comments

1) CONTEXTO XERAL DA AVALIACIÓN


A materia ten dous contidos ben diferenciados, Estatística e Introdución á Econometría. A cada parte correspóndelle o 50% da cualificación, e para aprobar a materia haberá que superar os requisitos de cualificación mínima en cada parte que se describen máis adiante.


A avaliación da materia será continua ao longo do cuadrimestre. De aí obterase o 100% da cualificación, de modo que non haberá exame final na primeira oportunidade.


2) DESAGREGACIÓN DA NOTA TOTAL


A cualificación final para o conxunto da materia obterase do seguinte modo:


2.1) Parte de Estatística:


- Solución de problemas de Estatística: dúas actividades que supoñerán o 10% da nota final (1 punto), e que hanse de entregar nas datas e forma que detallaranse no Moodle da materia.


- Proba obxectiva de Estatística, que combinará preguntas sobre aspectos teóricos e teórico-prácticos con exercicios desa parte. Esta proba supoñerá o 40% da nota final (4 puntos), e realizarase ao finalizar a docencia dos contidos de Estatística. O estudantado poderá repetir a proba ao final do período de clases. Se unha persoa preséntase nas dúas oportunidades, a cualificación que se usará no cálculo da nota final será a do segundo intento, con independencia de que sexa maior ou menor que a obtida no primeiro. Se só preséntase unha vez, a cualificación que se usará no cálculo da nota final será a dese único intento.


2.2) Parte de Introdución á Econometría:


- Solución de problemas de Introdución á Econometría: esta actividade supoñerá o 3% da nota final (0,3 puntos), e hase de entregar na data e forma que detallaranse no Moodle da materia.


- Traballo tutelado: un traballo aplicado, realizado en grupo, no que se combinará o aprendido nas sesións maxistrais e nas clases de taller e prácticas a través de TIC. Este traballo supoñerá o 7% da nota final (0,7 puntos), e hase de entregar na data e forma que detallaranse no Moodle da materia.


- Proba obxectiva de Introdución á Econometría, que combinará preguntas sobre aspectos teóricos e teórico-prácticos con exercicios desa parte. Esta proba supoñerá o 40% da nota final (4 puntos) e realizarase cara ao final do período de clases. O estudantado terá dúas oportunidades para realizar esta proba, e poderá presentarse a ambas. Se se presenta ás dúas, a cualificación que se usará no cálculo da nota final será a do segundo intento, con independencia de que sexa maior ou menor que a obtida no primeiro. Se só preséntase unha vez, a cualificación que se usará no cálculo da nota final será a dese único intento.


3) CUALIFICACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE


Ao acabar o período de clases o estudantado terá feito todas as actividades que computarán no cálculo da cualificación final na primeira oportunidade.


Só superarán a materia as persoas que cumpran os seguintes requisitos:


a) Obter unha puntuación de cinco puntos ou máis ao sumar as notas de todas as actividades realizadas.


b) Obter unha puntuación do 40% ou máis do peso de cada unha das dúas partes nas que se divide a materia. Así, para superar a materia é imprescindible obter unha puntuación de dous puntos ou máis nas actividades da parte de Estatística, e unha puntuación de dous puntos ou máis nas actividades da parte de Introdución á Econometría.


A cualificación que figurará na acta da primeira oportunidade será a suma das notas de todas as actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, coas seguintes excepcións:


- As persoas cuxa nota total sexa igual ou superior a cinco puntos pero que teñan a materia suspensa por non obter unha puntuación mínima do 40% nalgunha das dúas partes, serán cualificados na acta da primeira oportunidade con 4,5 puntos.


- Tamén terán dita cualificación as persoas cuxa nota total non chegue aos cinco puntos pero sexa superior á 4,5.


4) CUALIFICACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE


4.1) Estudantes que non teñan unha nota mínima de 2,5 puntos en ningunha das dúas partes da materia:


Estas persoas terán que repetir as seguintes actividades na convocatoria de xullo:


- Proba obxectiva da parte de Estatística (40% da nota final, 4 puntos).


- Proba obxectiva da parte de Introdución á Econometría (40% da nota final, 4 puntos).


As dúas probas realizaranse o día e hora fixados pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da segunda oportunidade.


Nas demais actividades do curso manterase a nota obtida na primeira oportunidade, de modo que non se repetirán na convocatoria de xullo. En consecuencia, as actividades nas que mantense a nota da primeira oportunidade son:


- Solución de problemas da parte de Estatística (10% da nota final, 1 punto).


- Solución de problemas da parte de Introdución á Econometría (3% da nota final, 0,3 puntos).


- Traballo tutelado (7% da nota final, 0,7 puntos).


Se unha persoa que ten que repetir as dúas probas obxectivas, a de Estatística e a de Introdución á Econometría, só repite unha delas, considerarase que tamén fixo a outra e que a deixou en branco, co que será cualificada cun cero na proba que non fixo e terá a materia suspensa.


4.2) Estudantes que teñan unha nota mínima de 2,5 puntos nunha das dúas partes da materia:


Considerarase que estas persoas liberaron esa parte na primeira oportunidade, e por tanto tamén se lles manterá a cualificación da primeira oportunidade da correspondente proba obxectiva. En consecuencia, estas persoas terán que repetir as seguintes actividades na convocatoria de xullo:


- Proba obxectiva da parte cuxa nota na primeira oportunidade é inferior a 2,5 puntos (40% da nota final, 4 puntos).


Esta proba realizarase o día e hora fixados pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da segunda oportunidade.


Nas demais actividades do curso manterase a nota que obtivesen na primeira oportunidade, de modo que non se repetirán na convocatoria de xullo. En concreto, estas actividades son:


- Solución de problemas da parte de Estatística (10% da nota final, 1 punto).


- Solución de problemas da parte de Introdución á Econometría (3% da nota final, 0,3 puntos).


- Traballo tutelado (7% da nota final, 0,7 puntos).


- Proba obxectiva da parte cuxa nota na primeira oportunidade é igual ou superior a 2,5 puntos (40% da nota final, 4 puntos).


Os liberados dunha parte da materia unicamente son válidos para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte na primeira oportunidade non consegue aprobar a materia na segunda oportunidade, a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.


Do mesmo xeito que na primeira oportunidade, a cualificación que figurará na acta será a suma das notas de todas as actividades que integran a cualificación final, coas seguintes excepcións:


- As persoas cuxa nota total sexa igual ou superior a cinco puntos pero que teñan a materia suspensa por non obter unha puntuación mínima do 40% nalgunha das dúas partes, serán cualificados na acta con 4,5 puntos.


- Tamén terán dita cualificación as persoas cuxa nota total non chegue aos cinco puntos pero sexa superior á 4,5.


5) SOBRE A FORMA DE REALIZAR E ENTREGAR AS ACTIVIDADES QUE COMPUTAN NA NOTA FINAL DA MATERIA


Para cada actividade que o estudantado deba realizar publicaranse unhas normas de entrega específicas no Moodle da materia, que detallarán os requisitos que debense cumprir para que se considere que a actividade foi realizada e entregada correctamente. O incumprimento deses requisitos significará que parte da actividade está mal realizada, supoñerá unha penalización da puntuación por defecto de forma, ou levará a considerar que a actividade non se entregou, dependendo do requisito concreto que non se satisfaga. Cada estudante será responsable de comprobar que o que vai entregar cumpre os requisitos pedidos antes de proceder á entrega definitiva.


Estas normas de entrega publicaranse en Moodle cun mínimo de catorce (14) días naturais antes da data límite de entrega da actividade correspondente.


6) CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO


Todas as persoas que se presentaron a actividades que supoñan un mínimo do 20% da nota final de cada oportunidade terán unha cualificación numérica nas actas oficiais. Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, só serán cualificadas con Non Presentado as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final desa oportunidade.


7) IDENTIFICACIÓN DO ALUMNADO


O profesorado encargado da realización dunha proba ou actividade de avaliación deberá ter constancia do alumnado que se presente á mesma. Para iso poderá requirir en calquera momento a identificación do estudante, quen deberá acreditala mediante a tarxeta de estudante da UDC, o documento nacional de identidade, ou un documento identificativo equivalente.


8) CUALIFICACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA


A cualificación determinarase mediante unha proba obxectiva que se celebrará na data que estableza o centro. A proba obxectiva cualificarase sobre un máximo de dez puntos, dos cales a parte de Estatística supoñerá un máximo de cinco puntos e a parte de Introdución á Econometría un máximo de cinco puntos. Para aprobar a materia será necesario cumprir os dous seguintes requisitos:


a) Unha cualificación total mínima de cinco puntos.


b) Unha cualificación mínima de dous puntos en cada unha das partes.


Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse nese caso.


9) ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA


Aplicaránselle as mesmas normas de avaliación que ao estudantado matriculado a tempo completo, tanto na primeira oportunidade como na segunda. As persoas con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentas da asistencia a clase, pero teñen a mesma obrigación de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.



Sources of information
Basic Newbold, P. (1997). Estadística para los Negocios y la Economía. Prentice Hall
Peña, D. (2008). Fundamentos de Estadística. Alianza Editorial
Stock, J.H. y Watson, M.W. (2012). Introducción a la Econometría. Pearson
Ramil, M., Rey, C., Lodeiro, M. y Arranz, M. (2014). Introducción a la Econometría: teoría y práctica. Noroeste S.L.
Wooldridge, J.M. (2010). Introducción a la Econometría: un enfoque moderno. Cengage Learning

Complementary Carrascal, U., González, Y. y Rodríguez, B. (2000). Análisis Econométrico con EViews. Ra-ma
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Casas Sánchez, J. M. y otros (2006). Ejercicios de inferencia estadística y muestreo para economía y administración de empresas. Editorial Pirámide
Ruiz-Maya, L. y Martín-Pliego López, J. (2005). Fundamentos de Inferencia Estadística. Editorial Thomson-AC
Casas Sánchez, J. M. (1997). Inferencia Estadística. Editorial Centro de Estudios Ramón Areces
Martín, G., Labeaga, J.M. y Mochón, F. (1997). Introducción a la Econometría. Prentice Hall
Gujarati, D. (2006). Principios de Econometría. McGraw-Hill


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before
Principles of Microeconomics/611G02001
Principles of Macroeconomics/611G02005
Statistics I/611G02006
Mathematics I/611G02009
Mathematics II/611G02010

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus
Econometrics/611G02019

Other comments

1) REQUISITOS PREVIOS

Esta materia é a continuación da materia Estatística de primeiro curso. É moi recomendable que os alumnos estean familiarizados cos contidos que alí se impartiron, e de forma moi especial coas propiedades da media e da varianza, as distribucións de probabilidade, o manexo das táboas estatísticas e o teorema central do límite.

2) NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN PRESENCIAIS

As persoas que vaian realizar unha proba presencial só poderán usar un bolígrafo e unha calculadora científica non programable. Se fose necesario outro material, será facilitado polos profesores no momento de realizar a proba, ou anunciarase en Moodle cun mínimo de catorce (14) días naturais antes da data da proba para que o alumnado tráiao o día da súa realización.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, está prohibido acceder á aula na que a se celebre a proba con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a normativa correspondente. As persoas que traian dispositivos deste tipo o día da proba –incluídos teléfonos móbiles ou reloxos intelixentes- e non teñan onde deixalos, deberán depositalos na entrada da aula antes do comezo da proba. Nese caso o profesorado non se fai responsable da súa posible perda ou extravío.

3) NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN CONTROLADAS A TRAVÉS DE TEAMS

As persoas que vaian realizar a proba deben estar conectadas a Teams en todo momento, salvo que se especifique o contrario de maneira expresa nas instrucións desa proba concreta. Se unha persoa comeza a proba antes de conectarse a Teams, desconéctase momentaneamente de Teams durante a realización da proba, ou continúa facendo a proba despois de desconectarse de Teams, a proba considerarase non entregada. Así mesmo cada estudante deberá ter a cámara web activada en todo momento; a desconexión da cámara considerarase equivalente a unha desconexión de Teams, e supoñerá que a proba considerese non entregada.

O profesorado gravará a proba como garantía da identificación do estudantado e da realización do proceso de avaliación esixido pola Lei Orgánica de Universidades. É responsabilidade de cada estudante configurar o seu espazo para evitar a vulneración da intimidade ou dos datos persoais seus ou de terceiras persoas. En todo o relativo á gravación destas probas aplicarase estritamente a normativa da universidade.

Salvo que se indique o contrario nas instrucións dunha proba concreta, aplicaranse as mesmas normas que nunha proba presencial: só poderase usar bolígrafo e unha calculadora científica non programable; e non se poderá acceder a ningún dispositivo que permita a comunicación con terceiros e/ou o almacenamento de información, incluíndo apuntamentos da materia ou similares, teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, tabletas, computadores, etc. Se unha persoa é vista cun dispositivo deste tipo ao seu alcance durante a proba, supoñerase que o emprega con ánimo de fraude e aplicarase a correspondente normativa.

4) PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN ANTE A REALIZACIÓN FRAUDULENTA DUN EXAME

Todas as probas réxense polas Normas de Avaliación, Revisión e Reclamación das Cualificacións dos Estudos de Grao e Máster Universitario da UDC, e nesta cuestión aplicarase o que establece o artigo 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).

5) ADAPTACIÓN DA DOCENCIA PRESENCIAL Á MODALIDADE SEMIPRESENCIAL

No caso en que a Facultade de Economía e Empresa determine que a docencia pase a desenvolverse de maneira semipresencial, as clases que estaban previstas impartir na aula impartiranse por videoconferencia a través de Teams. Salvo por esta modificación a actividade docente será exactamente a mesma que na modalidade presencial, de modo que continuarase aplicando todo o exposto nesta guía docente.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.