Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Política Económica Código 611G02016
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Erias Rey, Antonio
Correo electrónico
a.eriasr@udc.es
Profesorado
Casal Rodríguez, Bruno
Erias Rey, Antonio
Seijas Diaz, Amparo Dolores
Correo electrónico
bruno.casal@udc.es
a.eriasr@udc.es
amparo.seijas@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo desta materia é familiarizar ao alumno cos aspectos fundamentais dos procesos de toma de decisións das autoridades en materia de política económica. Para iso, preséntanse os conceptos básicos e principios explicativos dos procesos político-econonómicos. En particular estúdanse os principais obxectivos e instrumentos de política económica. O alumno, como consecuencia do desenvolvemento dos aspectos teóricos e prácticos do curso, ten que ser capaz de identificar e interpretar o papel das decisións públicas nos feitos económicos
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías: *Metodoloxías docentes que se manteñen. Manteñense as mesmas metodoloxías descritas na guía docente do curso. *Metodoloxías docentes que se modifican. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Teams: Manteñense as clases nos horarios establecidos. Tamén se atenden as titorías, tanto grupais como individuais, por esta ferramenta cada vez que os estudantes as solicitan. Moodle: Empregase como apoio ás clases, tanto teóricas como prácticas, e tamén para os procesos de avaliación mediante tarefas e probas. Tamén se emprega para enviar notificacións aos estudantes. Empregase habitualmente. Outlook: Outra canle permanente de comunicación. 4. Modificacións na avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, empregando medios virtuais. *Observacións de avaliación: No caso de problemas de conexión, conectividade telemática ou de acceso ao ordenador o día de entrega das probas de avaliación, buscaranse alternativas con estos/as estudantes con posibilidade de realizar esta proba en distintos horarios ou en distinta modalidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Desenvolver actitudes intelectuais como: creatividade, intuición e capacidade de análise, de reflexión lóxica e de crítica B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C4
C5
C6
C7
C8
Adquirir un conxunto de instrumentos útiles para analizar a realidade económica en entornos cambiantes A6
A8
A9
A10
A11
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
Comprender a utilidade da materia estudada para analizar as posibles situacións de natureza económica que afectan ás decisións empresariais A2
A5
A6
A7
A8
A9
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
Adquirir un conxunto de instrumentos útiles para analizar a realidade económica en entornos cambiantes A1
A3
A4
A6
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10

Contidos
Temas Subtemas
Tema I. Fundamentos teóricos da Política Económica: Política Económica e Goberno
1.1. Introdución: A Política Económica como campo de análise.
1.2. Os sistemas económicos e as razóns da intervención na economía
1.3. O papel do Estado naeconomía e os fallos do sector público.
1.4. A interdependencia entre política e economía.
Tema II. O proceso de elaboración da Política Económica
2.1. Introdución
2.2. O esquema fins-medios.
2.3. Etapas e suxeitos do proceso de elaboración da Política Económica.
2.4. Problemas e restricións ó proceso de elaboración da política económica
Tema III. Obxectivos de Política Económica (I) 3.1. Introdución.
3.2. O pleno emprego.
3.3. A estabilidade de prezos.
3.4. Equilibrio exterior.
Tema IV. Obxectivos de Política Económica (II) 4.1. Introdución.
4.2. Crecemiento económico.
4.3. Redistribución da renda.
4.4. Calidade de vida e conservación do medioambiente.
Tema V. Política Económica coxuntural 5.1. Introdución.
5.2. O ciclo económico e a política coxuntural.
5.3. Política monetaria: fundamentos e instrumentos.
5.4. Política fiscal: fundamentos e instrumentos.
5.5. Política mixta.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A3 A7 B10 B1 17 51 68
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C4 C5 C6 C8 21 21 42
Análise de fontes documentais A2 A3 A7 B1 5 10 15
Lecturas A2 A3 A4 A5 B8 B9 C7 C4 3 6 9
Proba mixta B1 B2 B3 2 12 14
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explícanse os aspectos fundamentais da materia.
Obradoiro Realizaranse diferentes actividades que requiren a participación activa do alumnado. Valorarase a capacidade de análise e de razoamento do alumno afondando nos contidos propios da materia. En canto a traballo específico do alumno, propoñeranse preguntas de resposta breve para valorar o grao de aprendizaxe e a capacidade de síntese, tamén se formularán preguntas de resposta ampla relacionadas con aspectos da materia habitualmente con referencia a un texto, un gráfico, unha noticia, etc. e no seu caso tamén poden formularse preguntas onde o alumno deberá elixir unha das opcións formuladas no enunciado. Parte desta metodoloxía desenvolverase nas clases de grupo reducido.
Análise de fontes documentais Utilizaranse referencias documentais de todo tipo que axuden aos obxectivos do curso. Servirán tanto para afianzar coñecementos teóricos coma para a realización de actividades de obradoiro.
Lecturas En cada tema poderase facilitar ao alumno algún documento que sirva de referencia a través da súa lectura para afondar nos contidos teóricos da materia. A devandita documentación tamén poderá empregarse como material de apoio para o resto de metodoloxías de natureza máis práctica.
Proba mixta Ó final do curso realizaráse unha proba escrita que combinará preguntas de resposta breve ou resposta múltiple con algunhas cuestións de desenvolvemento amplo. Co este modelo de exame preténdense valorar os coñecementos adquiridos polo alumnado ó longo do curso, así como a capacidade de razoamento, a creatividade e o espíritu crítico do alumnado

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Para lograr un mellor aproveitamento desta metodoloxía atenderanse as necesidades individuais de aprendizaxe de cada alumno. Desenvolverase tamén dentro das clases a grupos reducidos.

Para aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial establecerase un plan individual para a avaliación continua os primeiros días do cuatrimestre.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C4 C5 C6 C8 Avaliación ó longo do curso. Dentro deste apartado considérase a participación nas clases e as actividades prácticas desenvolvidas e presentadas polo alumnado durante o curso. 40
Proba mixta B1 B2 B3 Avaliación nun exame final. Consiste na realización dun exame escrito no que se avalían todos os contidos desenvolvidos durante o curso. 60
 
Observacións avaliación

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno,
cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
alcanzada.

Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os
mesmos que da primeira oportunidades.

Convocatoria adiantada: 100% en examen final.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas
aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes
probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas
compatible coa súa dedicación.

Sobre condicións de avaliación final: Está
prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Identificación do estudante: O estudante ha de
acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.


Fontes de información
Bibliografía básica ARIAS, X.C. (1996). La formación de la política económica. Madrid: Civitas.
PAREJO GÁMIR, J. A.; A. CALVO BERNARDINO y J. PAUL GUTIÉRREZ (1995). La política económica de reformas estructurales. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces
CUADRADO ROURA, J. R. (dir.) (2010). Política Económica. Madrid:McGraw-Hill
FERNÁNDEZ DÍAZ, A.; J. A. PAREJO GÁMIR y L. RODRÍGUEZ SÁIZ (2011). Política Económica. Madrid: McGraw-Hill
GÁMIR. L. (coord) (2008). Política Económica de España. Madrid: Alianza Editorial
Aranda, E.;Pérez, S.;Sánchez, A (2018). Política Económica y Entorno Empresarial. Madrid:Pearson
JORDÁN GALDUF, J.M. y A. GARCIA RECHE (coords) (1995). Política Económica. Objetivos, instrumentos, sectores y territorio. Valencia: Tirant lo Blanc
García Reche, A.; Sánchez Andrés, A. (2016). Políticas económicas estruturales y de competitividad. Valencia: Tirant Lo Blanch
MANKIW, N. G. (2004). Principios de economía. Madrid:McGraw-Hill.
PETITBÒ, A. (2000). “La defensa de la competencia en el ámbito del sector servicios”. Información Comercial Española, nº 787, págs. 153-185.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías