Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Econometría Código 611G02019
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Coordinación
Rey Graña, Carlota
Correo electrónico
carlota.rey@udc.es
Profesorado
Arranz Perez, Matilde
Lodeiro Hermida, Maria Jose
Ramil Diaz, Maria Concepcion
Rey Graña, Carlota
Correo electrónico
matilde.arranz@udc.es
maria.lodeiro@udc.es
maria.ramil@udc.es
carlota.rey@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia, fortemente relacionada coa teoría económica, a estatística e as matemáticas, é unha continuación da Introdución á Econometría do Grao en Administración e Dirección de Empresas e centrase, basicamente, en proporcionar un soporte axeitado que permita unha posterior ampliación dos coñecementos no marco da disciplina. A utilización de técnicas de inferencia estatística e a valoración da posible aplicación dos modelos con fins predictivos, constitúen a base da primeira parte do temario. Na segunda parte analízanse as causas e as consecuencias do incumprimento dalgunhas das hipóteses clásicas e, tamén, o seu posible tratamento no ámbito econométrico.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e utilizar axeitadamente algunhas técnicas de inferencia estatística, e comprender os resultados da súa aplicación empírica. A3
A4
A6
A8
A12
C1
Coñecer e valorar a utilidade dos modelos econométricos no campo da predición. A3
A4
A6
B1
C1
C6
Coñecer, comprender e analizar as consecuencias do incumprimento das hipóteses do modelo de regresión lineal normal clásico. A4
B3
B4
C1
C4
Coñecer e comprender as técnicas axeitadas para a estimación, contraste e predición no modelo de regresión lineal normal xeneralizado. A11
A12
B5
B10
C1
C4
C5
C6
Coñecer e aplicar os procedementos do software apropiado para estimar, contrastar e predicir nun modelo de regresión lineal múltiple. A3
A4
A8
A9
A10
B2
C8
Analizar, dende un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas e instrumentos que se utilizan no ámbito da disciplina. A11
A12
C1
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Revisión do modelo de regresión lineal clásico. 1.1. Hipóteses e estimación dos parámetros do modelo.
1.2. Propiedades dos estimadores.
1.3. Análise da bondade do axuste.
2. Inferencia no modelo de regresión lineal normal clásico. 2.1. Hipótese de normalidade.
2.2. Distribucións de probabilidade para os estimadores.
2.3. Contrastes de hipóteses para os parámetros.
2.4. Estimación por intervalo.
2.5. Estimación máximo-verosímil.
3. Predición no modelo de regresión lineal clásico. 3.1. A predición: concepto e clases.
3.2. Predición óptima no modelo clásico.
3.3. Medidas avaliadoras da capacidade predictiva.
3.4. A estabilidade no período de predición.
4. Multicolinealidade. 4.1. Concepto.
4.2. Causas e consecuencias.
4.3. Procedementos para detectar a multicolinealidade.
4.4. Posibles formas de actuar.
5. O modelo de regresión lineal xeneralizado. 5.1. Hipóteses.
5.2. Estimación, inferencia e predición.
5.3. Heterocedasticidade: estruturas, causas, contrastes, estimación e predición.
5.4. Autocorrelación: estruturas, causas, contrastes, estimación e predición.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 1 0 1
Obradoiro A3 A12 17 42.5 59.5
Prácticas a través de TIC A4 A6 C1 C4 8 16 24
Proba obxectiva A3 A8 A9 2 6 8
Sesión maxistral A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B10 C5 C6 C7 C8 17 34 51
 
Atención personalizada 6.5 0 6.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia e a exposición detallada das actividades que deben desenvolver os alumnos e os criterios cos que serán avaliados.
Obradoiro Son sesións interactivas nas que se realizan aplicacións, exercicios e problemas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Prácticas a través de TIC Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas.
Proba obxectiva É unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.
Sesión maxistral Consiste na exposición oral, por parte dos profesores, dos conceptos e métodos, aínda que debe contar coa participación activa dos alumnos. A exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba obxectiva
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada permite resolver as dúbidas específicas de cada alumno tanto no que se refire á comprensión dos conceptos teóricos coma no que se refire á súa aplicación práctica. Nas prácticas a través de TIC, a heteroxeneidade dos estudantes no dominio das ferramentas informáticas fai que os problemas que xurden durante o seu desenvolvemento sexan múltiples e variados; por iso é necesario resolvelos de forma individualizada. Nos talleres, cada alumno encontra dificultades en aspectos distintos das aplicacións prácticas, de maneira que se fai necesario un traballo individual con cada un deles para que non perdan o ritmo das clases. Para preparar a proba obxectiva, cada alumno ten dúbidas específicas e require unha atención especial.

Ademais desta atención personalizada, cada alumno terá catro horas de titorías en grupo reducido. Ao longo do curso detallarase o día e o lugar onde se impartirán.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A3 A12 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Estas actividades computan na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba obxectiva A3 A8 A9 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Considérase fundamental para a avaliación, computa ata un máximo de 7 puntos sobre 10, e esíxese obter nela un mínimo de 2.5 puntos para que sexan computadas as cualificacións obtidas polas actividades desenvolvidas nos talleres. O alumno que non alcance este mínimo será cualificado só coa nota da proba obxectiva. O alumno que o alcance ou o supere será cualificado coa suma das puntuacións obtidas na proba obxectiva e nas actividades desenvolvidas nos talleres. 70
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no correspondente apartado, en todas e cada unha das oportunidades.

CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total, con independencia da puntuación obtida.

NORMAS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS OBXECTIVAS

De acordo co Artigo 10.(Identificación dos estudantes) das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario:

"O profesor ou profesores encargados da realización dunha proba ou actividade de avaliación deberán ter constancia da identidade do alumnado que se presente a esta. Para ese fin, poderán requirir en calquera momento da realización das probas de avaliación a identificación do estudante, quen deberá acreditala mediante a exhibición da tarxeta de estudante da UDC, documento nacional de identidade ou documento identificativo equivalente".

Ademais, de acordo co Artigo 14. (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias) das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario:

"1. Se durante a realización dunha proba de avaliación os profesores responsables teñen coñecemento da quebra dos principios de decoro, legalidade ou mérito individual tales como o uso de documentos ou instrumentos non permitidos, a copia ou intento de copia dos resultados obtidos por compañeiros, a comunicación entre estudantes ou un comportamento impropio, procederase á expulsión inmediata do estudante da proba de avaliación e redactarase unha acta cos motivos, que se enviará ao decano ou director xunto coas verificacións documentais que estime oportunas para a súa valoración. Todo, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese proceder de acordo coa cualificación da falta cometida polo alumno infractor.

2.- Queda prohibido o acceso á realización das probas de avaliación con instrumentos electrónicos ou dispositivos móbiles acesos, non expresamente autorizados polo profesorado responsable, o cal será causa suficiente de expulsión da proba, logo de redactar a acta correspondente que se enviará ao centro.

3.- A expulsión dunha proba de avaliación implicará a cualificación de suspenso (nota numérica de 0) na convocatoria da materia.

4.- Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso de seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".


Fontes de información
Bibliografía básica Carrascal, U.; González, Y.; y Rodriguez, B. (2000). Análisis Econométrico con Eviews. Ra-ma
Pena, J.B. y otros (1999). Cien ejercicios de Econometría. Pirámide
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill
Martin,G.; Labeaga,J.M. y Mochón, F. (1997). Introducción a la Econometría. Pretince Hall
Ramil, M.; Rey C.; Lodeiro, M.;Arranz,M. (2013). Introducción a la Econometría. Teoría y práctica. Reprografía Noroeste, S.L.

Bibliografía complementaria Gujarati, D (2010). Econometría. McGraw-Hill
Maddala, G.S. (1996). Introducción a la Econometría. Prentice Hall

A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos enfocados a resolver problemas reais da economía, tales como os que poden encontrarse en acceso libre en http://www.usc.es/economet.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Principios de Macroeconomía/611G02005
Estatística I/611G02006
Matemáticas I/611G02009
Matemáticas II/611G02010
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia é a continuación de Introdución á Econometría. Como consecuencia, é moi importante que os alumnos estean familiarizados co seu contido.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías