Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Econometría Código 611G02019
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Ramil Diaz, Maria Concepcion
Correo electrónico
maria.ramil@udc.es
Profesorado
Arranz Perez, Matilde
Garcia-Carro Peña, Beatriz
Lado González, Eva Mª
Ramil Diaz, Maria Concepcion
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
Correo electrónico
matilde.arranz@udc.es
beatriz.garcia-carro@udc.es
eva.lado@udc.es
maria.ramil@udc.es
c.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia, fortemente relacionada coa teoría e a política económica, a estatística e as matemáticas, é unha continuación da Introdución á econometría impartida no primeiro cuadrimestre, e céntrase, basicamente, en proporcionar un soporte axeitado que permita unha posterior ampliación dos coñecementos no marco da disciplina. A utilización de técnicas de inferencia estatística e a valoración da posible aplicación dos modelos con fins predictivos constitúen unha parte fundamental do temario.
Plan de continxencia

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e utilizar axeitadamente algunhas técnicas de inferencia estatística e comprender os resultados da súa aplicación empírica. A3
A4
A6
A8
A12
B3
B4
B5
C1
Coñecer e valorar a utilidade dos modelos econométricos no campo da predición. A3
A4
A6
B1
C1
C5
C6
Coñecer e aplicar os procedementos do software apropiado para estimar, contrastar e predicir nun modelo de regresión lineal múltiple. A3
A4
A8
A9
A10
B2
C8
Analizar, desde un punto de vista crítico, os resultados da aplicación das técnicas e instrumentos que se utilizan no ámbito da disciplina. A11
A12
B10
C1
C4
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. O modelo de regresión lineal clásico. 1.1. Revisión das hipóteses e do proceso de estimación.
1.2. Propiedades dos estimadores.
1.3. Análise da bondade do axuste.
2. Inferencia no modelo clásico. 2.1. Hipótese de normalidade.
2.2. Distribucións de probabilidade dos estimadores.
2.3. Contrastes de hipóteses para os parámetros.
2.4. Estimación por intervalo.
2.5. Estimación máximo-verosímil.
3. Predición no modelo clásico. 3.1. A predición: concepto e clases.
3.2. Predición óptima no modelo clásico.
3.3. Medidas avaliadoras da capacidade predictiva.
3.4. A estabilidade no período de predición.
4. Multicolinealidade. 4.1. Concepto.
4.2. Causas e consecuencias.
4.3. Procedementos para detectala.
4.4. Posibles formas de actuar.
4.5. Selección de regresores.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A9 1 0 1
Obradoiro A3 A12 17 42.5 59.5
Prácticas a través de TIC A4 A6 C1 C4 8 16 24
Proba obxectiva A3 A8 A9 2 6 8
Sesión maxistral A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B10 C5 C6 C7 C8 17 34 51
 
Atención personalizada 6.5 0 6.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consisten na presentación da materia suxerindo a revisión dalgúns conceptos correspondentes a outras que xa se teñen cursado. Tamén se expoñen detalladamente os resultados da aprendizaxe, as actividades coas que se pretende acadalos e os criterios para a avaliación.
Obradoiro Cada taller é unha sesión interactiva na que se realizan aplicacións, exercicios, problemas e tarefas prácticas que permiten aos alumnos comprender os fundamentos teóricos da materia e aprender a valorar, dende un punto de vista crítico, os resultados obtidos.
Prácticas a través de TIC Son sesións interactivas dedicadas á aprendizaxe das ferramentas informáticas apropiadas para efectuar aplicacións empíricas dos métodos expostos nas sesións teóricas.
Proba obxectiva Ë unha proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.
Sesión maxistral Aínda que se fomentará a participación dos alumnos, cada sesión maxistral consiste na exposición oral dos conceptos e métodos por parte dos profesores. A exposición compleméntase coa utilización de medios audiovisuais e inclúe exemplos e exercicios que permiten destacar as limitacións e as posibilidades dos métodos expostos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Proba obxectiva
Prácticas a través de TIC
Descrición
A heteroxeneidade dos estudantes, no que se refire á súa formación previa e á súa situación académica, require unha atención personalizada que permita resolver as dúbidas específicas que teñan ao longo do curso. Neste sentido, as prácticas a través de TIC, os obradoiros e as titorías configúranse como ferramentas importantes para resolver problemas teóricos e empíricos, tanto a nivel colectivo como individual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A3 A12 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. 30
Proba obxectiva A3 A8 A9 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. 70
 
Observacións avaliación

Cuestións xerais


Como é
preceptivo, as probas réxense polas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e master universitario
.
Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación
dos
estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades
disciplinarias).

Todas as probas de avaliación son presenciais e non se poden substituír por exercicios ou outras tarefas. Para a súa realización non se admitirán cambios de grupo, agás aqueles concedidos oficialmente pola Facultade, que sexan adecuadamente xustificados.

A cualificación de non presentado
corresponde só aos alumnos que participen en actividades de avaliación con
unha ponderación inferior ao 20 por cento do total.

Oportunidades de maio e xullo


Para superar a materia deben obterse ao
menos 5 puntos (sobre un total de 10) sumando as cualificacións
correspondentes ás actividades desenvolvidas nos obradoiros e na proba
obxectiva.

O sistema de avaliación será aplicado tal
como se describiu nas dúas oportunidades e a todos os alumnos con
independencia da súa situación académica. Os que teñan recoñecemento de
dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización
das probas.

Oportunidade adiantada


Única e exclusivamente nesta oportunidade,
a avaliación realizarase con unha soa proba con estrutura similar á obxectiva
de maio e xullo, a que se lle asigna o 100 por cento do peso da
cualificación. O contido de dita proba é o temario completo que se describe
nesta guía docente. Para superar a materia requírese obter un mínimo de 5
puntos (sobre un total de 10).


Fontes de información
Bibliografía básica Carrascal, U.; González, Y.; y Rodríguez, B. (2001). Análisis econométrico con Eviews. Ra-Ma.
Guisán, M.C. (1997). Econometría. McGraw-Hill.
Ramil, M.; Rey, C.; Lodeiro, M.; Arranz, M. (2013). Introducción a la econometría. Teoría y práctica. Reprografía Noroeste, S.L.

Bibliografía complementaria Gujarati, D.; Porter, D. (2010). Econometría. McGraw-Hill.
Wooldridge, J. (2012). Introducción a la econometría. Un enfoque moderno. Thomson.

A medida que se avanza no coñecemento das técnicas econométricas é recomendable a lectura de artigos enfocados a resolver problemas reais da economía, tales como os que poden atoparse en acceso libre en http://www.usc.es/economet e http://ideas.repec.org. Utilizaranse, ademais, outros libros de texto, distintas fontes de datos e material dispoñible na rede, que se detallarán ao longo do curso.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Principios de Macroeconomía/611G02005
Estatística I/611G02006
Matemáticas I/611G02009
Matemáticas II/611G02010
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia é a continuación da Introdución á econometría; por tanto, é moi importante que os alumnos estean familiarizados co seu contido. Recoméndase revisar o material correspondente antes ou ao comezo do cuadrimestre.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías