Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Teoría do Investimento Código 611G02020
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Fernandez Castro, Angel Santiago
Correo electrónico
angel.fernandez.castro@udc.es
Profesorado
Alvarez Garcia, Begoña
Fernandez Castro, Angel Santiago
Lagoa Varela, Maria Dolores
Llano Paz, Fernando de
Peón Pose, David Olegario
Suarez Massa, Maria Isabel Ana
Correo electrónico
begona.alvarez@udc.es
angel.fernandez.castro@udc.es
dolores.lagoa@udc.es
fernando.de.llano.paz@udc.es
david.peon@udc.es
isabel.suarez.massa@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende que os alumnos desenvolvan as habilidades precisas para realizar a avaliación financeira de proxectos de investimento.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Afondar na comprensión da lóxica financeira A1
B1
B2
C6
C8
Comprende-la fundamentación da análise de proxectos de investimento A1
A3
B3
B7
B10
C4
Saber avaliar un investimento non financeiro A2
A4
A5
A6
A8
A11
B5
B8
Saber desenvolver modelos e aplicar ferramentas informáticas A5
A9
B3
B5
B7
C5
C7
Saber formular e defender un proxecto financeiro A10
A11
B3
B4
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C5
C8

Contidos
Temas Subtemas
Avaliación de proxectos de investimento. O valor. Introdución á avaliación de investimentos.
Fundamentos e fases do modelo de avaliación.
Os fluxos de caixa (método directo)
O valor actual neto
A taxa interna de rendemento
Outros criterios: O payback e o indice de rendibilidade
O risco dos proxectos individuais Risco e incertidume
Análise de sensibilidade.
Introdución á simulación.
As árbores de decisión.
Modelos avanzados de avaliación de investimentos Os fluxos de caixa (método indirecto)
O investimento en equipos.
Decisións de investimento con racionamento de capital.
Enfoques de decisión multicriterio. AHP.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A4 A8 A10 A11 B1 B6 B7 B10 C1 C4 C6 C7 C8 17 34 51
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 25 50 75
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C5 C6 C7 4 8 12
Proba mixta A3 A4 A8 A10 A11 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 2 9 11
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación dos aspectos xerais do tema.
Estudo de casos Formularanse e analizaranse proxectos de investimento reais ou realistas. Ademais de utilizar casos expostos polo equipo docente, traballarase sobre proxectos desenvolvidos polo alumnado.
Prácticas a través de TIC Desenvolvemento e aplicación de modelos de análise mediante folla de cálculo e/ou software específico
Proba mixta Proba de avaliación escrita, de contido teórico - práctico

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Estudo de casos
Descrición
As actividades prácticas desenvolveranse nas aulas e como extensión delas, o cal require, pola súa propia natureza, unha supervisión por parte dos docentes.
Programaranse 4 horas de seminarios (titorías en grupos reducidos) nas que se poderán atender dúbidas individuais. Ademáis, o alumnado ten á súa disposición o horario de tutorías publicado polo profesorado para a atención personalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 A4 A8 A10 A11 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 C6 Cunha orientación eminentemente práctica, pretende medir a calidade xeral da aprendizaxe, as habilidades e competencias desenvolvidas polo alumnado. 50
Prácticas a través de TIC A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C5 C6 C7 As TIC teñen nesta materia un papel instrumental. En consecuencia, aínda que non se valorará directamente a seu dominio, nalgúns casos prácticos avaliados poderían utilizarse ferramentas informáticas. 0
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 C7 Valorarase a capacidade de formular e resolver modelos de avaliación de proxectos de investimento. 50
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación son aplicables con total uniformidade nas oportunidades de Xuño e Xullo, e tamén aos estudantes a tempo parcial. O conxunto das actividades prácticas, de clase pondera un 50% na avaliación. Estas actividades están integradas no proceso de aprendizaxe desenvolvido nas clases, polo que só poderán ser valoradas cando levan a cabo de acordo coa programación prevista do grupo correspondente. No cálculo da avaliación continua obviarase o resultado obtido na proba con peor cualificación (ou non realizada).

De acordo coa normativa aplicable, os exámes deberán realizarse nas datas oficias establecidas, agás nos casos excepcionais expresamente previstos na normativa académica; e a cualificación de "non presentado" outorgarase só cando se participe en actividades que teñan un peso na avaliación inferior ao 20% (independentemente da cualificación acadada).

Na convocatoria adiantada a avaliación realizarase mediante unha proba específica comprensiva da totalidade dos contidos e competencias da materia, na que se valorará a capacidade de formular e resolver modelos de avaliación de proxectos de investimento. 


Fontes de información
Bibliografía básica Fernández Castro, A.S. e Iglesias Antelo, S. (2000). Métodos Cuantitativos de Selección de Inversiones. Casos prácticos. . Santiago: Tórculo Edicións
BREALEY, R.A.; MYERS, S.C y ALLEN, F. (2010). PRINCIPIOS DE FINANZAS CORPORATIVAS, 9ª ed.. MacGraw-Hill
(). Principles of Corporate Finance.

Dada a orientación á práctica da materia, o texto de "Casos prácticos" constitúe unha axuda fundamental para a súa preparación.

Por outra banda, cómpre sinalar que o texto teórico seleccionado considérase bibliografía básica tamén nas materias Teoría do Financiamento (3º curso de A.D.E.) e Planificación Financeira (4º curso). Outras edicións do mesmo manual, ou doutros relacionados nos que participan algúns dos seus autores, proporcionan tamén axuda para a maioría dos conceptos tratados.

Bibliografía complementaria Suárez, A. (2005 ). Decisiones óptimas de inversión y financiación en la empresa. . Madrid: Pirámide
Piñeiro, C.; de Llano, P (2006). Dirección Financiera: modelos avanzados de decisión con Excel. . Madrid: Delta
Boedo Vilabella, Lucía (2010). Evaluación de un proyecto de inversión en entornos de certeza, riesgo e incertidumbre. . Editorial Reprografía del Noroeste, A Coruña
Pindado García, J. (2012). Finanzas Empresariales.. Madrid: Paraninfo
Doldán, F. (2003). Métodos cuantitativos de selección de inversiones. . Santiago: Tórculo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise das Operacións Financeiras/611G02004
Estatística I/611G02006
Matemáticas II/611G02010
Contabilidade Financeira I/611G02013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Teoría do Financiamento/611G02021
Planificación Financeira/611G02034

Observacións

O único dispositivo electrónico permitido nas aulas (a excepción, lóxicamente, das desenvolvidas mediante TICs) é a calculadora científica non programable.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías