Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Contabilidade de Xestión Código 611G02022
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Financeira e Contabilidade
Coordinación
Garcia Arthus, Emilia Luisa
Correo electrónico
emilia.garcia.arthus@udc.es
Profesorado
Borrajo Dios, Jorge
Garcia Arthus, Emilia Luisa
López Pampín, José Carlos
Rodriguez Lopez, Manuel
Correo electrónico
jorge.borrajo@udc.es
emilia.garcia.arthus@udc.es
c.lpampin@udc.es
marod@udc.es
Web
Descrición xeral A Contabilidade de custos e a Contabilidade de xestión, da que forma parte, están detrás de calquera decisión ou estratexia da empresa. Custos e rendementos son elementos de información relevantes na toma de decisións na empresa e nas entidades sen ánimo de lucro; e coñecer a súa natureza, cálculo e influenza na decisión, son competencias básicas para calquer profesional que desexe manexarse axeitadamente na resolución de problemas de xestión.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Saber expresarse de xeito oral e máis escrito, empregando correctamente os conceptos básicos da materia: compra, custo, gasto, inversión, pago. A4
A10
B1
B2
B4
C1
C6
C7
Identificar as características dos ámbitos internos e externos da empresa, así como os modelos contables relacionados con estes. A1
A2
A3
A11
B3
C6
Identificar os diferentes factores de producción de acordo coa súa natureza, función e comportamento A6
A8
Comprender os diferentes modelos de imputación de custos e as posibilidades de afectación e imputación dos mesmos aos portadores de costes en función daqueles. Identificar, calcular e interpretar conceptos tales como Centro de custo, Unidades equivalentes, Unidades técnicas e económicas, Unidades de obra, Capacidade, Tasa de Aplicación e Imputación racional de custos, Prezos de transferencia. Isto permitirá poder redactar proxects de xestión ou de áreas funcionais da empresa. A5
A8
A11
B9
C1
Identificar, medir e valorar o emprego dos recursos na empresa, comprender as relacións entre recursos, procesos y outputs, e interpretar os resultados obtidos. A1
A4
A7
A11
Identificar o sistema de custos mais axustado ás características do proceso productivo da empresa. A1
B7
Coñecer e seleccionar en cada caso a millor opción para facer o reparto primario e secundario dos custos indirectos. A8
Identificar os custos relevantes na toma de decisións a curto plazo e ser quén de xustificar a decisión tomada e saber traballar en equipo A4
A6
A8
B6
C7
C8
Obter e analizar as márxenes de contribución nun modelo de custo variable. A4
A6
A11
Ser quen de interpretar e razoar as repercusións de calquera cambio nas unidades técnicas ou económicas, do nivel de producción, etc. no plantexamento inicial da situación. A4
A8
A11
B8
Cálcular o custo estándar e relacionalo coa planificación e o control da actividade da empresa. A4
A6
A11
Saber aplica-los conceptos de contabilidade de manera autónoma, crítica, transparente, responsable e desenvolver un espírito emprendedor A9
A12
B5
B10
C4
C5

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución á contabilidade de xestión 1.1. Contexto
1.2. Contabilidade financeira e contabilidade de xestión
1.3. Definición, obxectivo e fins
1.4. Importancia da información na contabilidade de xestión: os sistemas de información para a xestión
Tema 2. O cálculo do custo 2.1. Concepto e clasificación dos custos
2.2. O proceso productivo
2.3. Os factores de produción
2.4. Custos por seccións: o modelo de custo completo
2.5. O modelo de custo variable
2.6. Custos por actividades
2.7. Custos para valoración do inventario
2.8. Custos diferentes para sectores produtivos diferentes
2.9. A importancia da capacidade
Tema 3. Análise custo-volume-beneficio 3.1. Supostos de partida e limitacións do modelo
3.2. Umbral de rendibilidade
3.3. Marxe de contribución e ratios
3.4. O problema da produción múltiple
3.5. Análise de sensibilidade
Tema 4. Planificación e control: coste estándar e introdución aos orzamentos 4.1. Natureza do custo estándar
4.2. Cálculo
4.3. As desviacións e a súa interpretación
4.4. O orzamento
Tema 5. Toma de decisións a curto prazo 5.1. O proceso de toma de decisións
5.2. Custos relevantes e toma de decisións
5.3. Decisións a curto prazo
Tema 6. Centros de responsabilidade e prezos de transferencia 6.1. Centros de responsabilidade
6.2. Prezos de transferencia
Tema 7. Contabilidade de xestión estratéxica 7.1. Natureza da contabilidade de xestión estratéxica
7.2. Avaliación da situación da empresa
7.3. Selección da estratexia futura

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B10 C4 C7 C8 16 40 56
Proba mixta A3 A7 A8 A11 B1 B2 B3 C5 C6 2.5 20 22.5
Estudo de casos A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 B2 B4 B9 17 20.5 37.5
Solución de problemas A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A12 B4 B5 B6 B7 B8 C1 10 20 30
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Desenvolvemento dos conceptos teóricos e prácticos básicos da materia.
Proba mixta Exame escrito no que a alumno terá que demostrar ter acadados os resultados de aprendizaxe; a proba incluirá teoría e práctica. Nas sesións de atención personalizada desenvolveranse titorías en pequeno grupo coa fin de aclarar as dúbidas que o alumnado poida ter cara á proba obxectiva.
Estudo de casos O/a alumno/a realizará un traballo en grupo no que desenvolverá o sistema de cálculo do custo do producto ou servizo dunha empresa da súa elección.
Solución de problemas Resolución de exercicios prácticos de aplicación dos conceptos teóricos básicos da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Descrición
Titorías guiadas de 4 horas en grupos de 15 alumnos antes do remate do cuadrimestre. Os horarios e o lugar no que se desenvolverán comunicaranse no seu momento.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A12 B4 B5 B6 B7 B8 C1 Valorarase a participación do alumnado nas clases prácticas, na presentación de traballos, a calidade das súas opinións e aportacións, o traballo na aula e a presentación de pequeños problemas que terá que resolver por sí mesmo/a, ou en pequenos grupos, de xeito oral ou escrito 5
Proba mixta A3 A7 A8 A11 B1 B2 B3 C5 C6 Exame escrito que incluirá cuestións teóricas e/ou cuestións prácticas. 40
Estudo de casos A4 A5 A6 A9 A10 A11 A12 B2 B4 B9 Traballo en grupo no que se avaliarán, xunto coa súa capacidade de resolución de problemas, a capacidade de síntese, a capacidade para expresarse de xeito oral e escrito, o traballo en equipo, e a utilización das ferramentas teóricas de xeito práctico. 55
 
Observacións avaliación

Los criterios de evaluación que a continuación se especifican son válidos para la primera y segunda oportunidad.

A superación da materia precisará que o alumno teña sido valorado tanto na súa participación no "estudo de casos" como na "proba mixta" e na "solución de problemas".

A cualificación mínima para obter un aprobado é de 5 (50%).

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades
de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Convocatoria adiantada: proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán cuestións teóricas e práctica e na que o/a alumno/a terá que desmostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. Proba mixta cun peso do 100% sobre a
cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán
cuestións teóricas1 e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar
ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da
materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Jones, Michael (2013). Accounting. Wiley
García Suarez, José Luis (director) (2014). Cálculo de costes y control de gestión 70 casos de aplicación práctica. Delta publicaciones
García Suárez, José Luis (coordinador) (2012). Cálculo, análisis y gestión de costes. Delta publicaciones
AECA Asociación Española de Contabilidad y Administración de Empresas (2003). Contabilidad de Gestión para la toma de decisiones.
Tomás Escobar; Virginia Cortijo (2011). Fundamentos de Contabilidad de gestión. Pearson
Moscoso, Philip; Lago, Alejandro (2016). Gestión de operaciones para directivos. McGraw Hill Education

A bibliografía poderá ser actualizada en calquera momento por mor da inclusión de novos textos que o profesor considere axeitados para o alumnado.

Bibliografía complementaria Ripoll Feliu, Vicente M., coord. Alcoy (2011). Contabilidad analítica -- Problemas y ejercicios.. Barcelona: Profit
Carlos Mallo, María Ángela Jiménez Montañés (2009). Contabilidad de costes. Madrid : Pirámide
Sáez Torrecilla, Ángel. (). Contabilidad de costes y contabilidad de gestión. Madrid : McGraw-Hill
Catalina Vacas Guerrero ... [et al.] (2009). Fundamentos de contabilidad de costes y de gestión: una visión práctica . Collado Villalba : Delta
Muñoz, Clara; Zornoza, Javier; Veuthey Eloy (2008). Introducción a al contabilidad de costes para la gestión. TME Tratados y manuales de empresa


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías