Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Análise Económico das Organizacións Código 611G02023
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Lopez Rodriguez, Jose
Correo electrónico
jose.lopez.rodriguez@udc.es
Profesorado
Barbeito Roibal, Susana Maria
Gago Cortés, María Carmen
Lopez Rodriguez, Jose
Teijeiro Álvarez, Mercedes
Correo electrónico
susana.barbeito@udc.es
m.gago@udc.es
jose.lopez.rodriguez@udc.es
mercedes.teijeiro@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo desta asignatura e proporcionar aos alumnos unha serie de ferramentas conceptuais e teóricas para a análise e comprensión económica de distintos aspectos relacionados coa organizacion da actividade económica, en particular, das organizacións. Abordaránse cuestións referidas a razón da existencia das empresa, as fronteiras da empresa e a súa organizacion interna. A asignatura dotará os alumnos dunha serie de competencias para a xestión das organizaciones, cuya aplicación exténdese fundamentalmente o ámbito da estratexia corporativa e o deseño da arquitectura interna.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer e comprender os conceptos básicos da organización da actividade económica Comprender a visión contractual e económica das organizacións Coñecer e compender as principais teorías que nos permiten a análise económica das organizacións A7
A11
B1
B2
B3
B5
C1
C4
C6
C8
Capacidade para resolver e analizar problemas empresariais relacionados co ámbito da estratexia e co ámbito do deseño organizativo A1
A4
A6
A8
A9
A10
A11
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
C1
C3
C6
C8
Responsabilidade social universitaria integración dos valores éticos como principio rector dos nosos comportamentos. En particular a responsabilidade, solidariedade, compromiso social e a honestidade. A1
A2
A3
A4
A5
B8
B10
C4
C5
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I. INTRODUCCIÓN 1. ECONOMÍA DAS ORGANIZACIÓNS
BLOQUE II. A ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA 1. DIVISIÓN DO TRABALLO E COORDINACIÓN
2. CONTRATOS
3. EFICIENCIA
Os contidos a abordar en cada un dos temas detallárase nos materiais ou guías que cada profesor colgará en Moodle, adaptándoos as especificidades de cada titulación.
BLOQUE III. A ANÁLISE ECONÓMICA DA EMPRESA 1. EXISTENCIA DA EMPRESA
2. FRONTEIRAS DA EMPRESA: INTEGRACIÓN VERTICAL
3. ORGANIZACIÓN INTERNA: MOTIVACIÓN E INCENTIVOS
Os contidos a abordar en cada un dos temas detallárase nos materiais ou guías que cada profesor colgará en Moodle, adaptándoos as especificidades de cada titulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A11 B2 B4 B7 C4 22 0 22
Aprendizaxe servizo A4 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 2 20 22
Proba de resposta múltiple A8 A11 C1 1 11 12
Proba oral A7 A11 B2 B3 B4 B7 C1 8 24 32
Sesión maxistral A1 A2 A3 A5 A6 A7 A9 B8 C3 17 34 51
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida
Proba oral Proba na que se busca responder, de forma oral, a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Aprendizaxe servizo
Descrición
Nos horarios de tutoría o alumno será atendido para aclarar aquelas dúbidas que lle xurdan para a preparación da materia. Sen citar á persoa que realizou a consulta en horario de tutoría, esta pode ser publicada en Moodle, xunto coa súa resposta, coa finalidade de que outros alumnos poidan sacar proveito da mesma. Todo iso se o profesor considera oportuna e de interese xeral a consulta exposta.
Aqueles alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia dirixiránse o profesorado ao inicio do curso para establecer un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. Ademáis empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para poder axilizar a xestión de dúbidas e problemas relacionados coa materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A4 A10 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 Elaboración dunha memoria ou proposta de posibles actuacións e solucións a acometer para dar resposta os problemas que plantexe o destinatario do servizo, debidamente razoada. Este traballo realizarase en grupo -o número de integrantes será determinado polo profesor ao comenzó do curso, en función do número de participantes. 20
Proba de resposta múltiple A8 A11 C1 20 preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas segundo a táboa que acompañará ao examen. 60
Proba oral A7 A11 B2 B3 B4 B7 C1 Preguntas cortas ou de certa amplitude, como por exemplo, definición de conceptos ou reflexións críticas sobre cuestións abordadas na materia, etc. Os contidos ou materia que entra nestas probas orais é acumulativo, entrará o visto ata a semana anterior a proba. 20
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN GRADO ADE. A avaliación continua representa o 40% e o examen oficial o 60%. Para superar a asignatura é necesario obter un mínimo de 5 puntos sobre un total de 10 puntos no cómputo final da avaliación integrada por a proba ApS, Proba de resposta múltiple e Proba oral, sendo ademáis condición necesaria haber obtido un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. Caso de non acadar esta puntuación, suporá a non superación da asignatura, sendo a nota a puntuación obtida no examen. Con relación a proba oral, cada alumno ao longo do curso poderá ter varias intervencións e cada unha desas intervencións recibirá unha puntuación de ben, mal ou regular. Estas probas comenzarán a partires da segunda semana do curso, en poderán ter lugar calqueira día da semana que estime o profesor, sen necesidade de previo aviso. En caso de que o profesor chame a un alumno e este non se atopara na aula -salvo causa xustificada- recibirá unha puntuación de cero.

Con relación o ApS, esta proba está suxeita a disponibilidade de contar cunha entidade ou asociacion sobre a que poder realizar o proxecto de aprendizaxe-servizo. Caso de non poder ser, a porcentaxe da avaliación que corresponde o ApS trasládase a proba oral, pasando asi a ter un valor do 40% sobre o globa de puntuación final global. 

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso este alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. 

CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo os criterios son os mesmos cos da primeira oportunidade, de tal forma que a nota de avaliación continua obtida se arrastra para formar a nota final. 

AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO). Na dobre titulación as porcentaxes correspondentes a avaliación continua e ao exame oficial manténse no 40% e 60% respectivamente, se ben os ítems que integran a avaliación contínua será os que fixe o profesor desta asignatura e que lles comunicará os alumnos o día da presentación da asignatura.


Fontes de información
Bibliografía básica
Os principáis textos para o curso son: Arruñada, B. (1998), Teoría contractual de la empresa. Ed. Marcial Pons. Besanko, D., D. Dranove, M. Shanley y S. Schaefer (2003), Economics of Strategy. Third Edition. John Wiley & Sons, Inc. Brickley, J.A., Smith, C.W., Zimmerman, J.L. (2005), Economía Empresarial y Arquitectura de la organización. Ed. McGraw Hill. Douma, S. y Schreuder, H. (2009), Enfoques económicos para el análisis de las organizaciones. Ed. Pearson Education. Milgrom, P. y Roberts, J. (1993), Economía, Organización y Gestión de la empresa, Ed. Ariel
Bibliografía complementaria
OUtras referencias útiles son: Demsetz, H. (1997), La economía de la empresa. Alianza Economía. Putterman, L. (1994), La naturaleza económica de la empresa. Alianza Editorial Salas (1996), Economía de la empresa. Decisiones y organización. Ariel Economía. 2ª Edición. Serra Ramoneda, A. (1993), La Empresa: Análisis Económico. Ed. Labor. Williamson, O.E. (1975), Markets and Hierarchies: Analysis and Antitrust implications. Free Press, New York, NY. Traducido como Williamson, O.E. (1991): Mercados y Jerarquías: Su Análisis y sus Implicaciones Antitrust, México: Fondo de Cultura Económica Williamson, O.E. (1985), The Economic Institutions of Capitalism, New York:Free Press. Traducido como Williamson, O.E. (1989): Las Instituciones Económicas del Capitalismo, México: Fondo de Cultura Económica

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Algunhas recomendacións de cara ao maior aproveitamento da asignatura: 

1. Procurar levar a asignatura o máis o día posible. Trátase dunha asignatura que involucra moitos conceptos e elementos teóricos novidosos cuxa comprensión exixe un traballo ordenado e diario. 
2. Mirar con anterioridade a clase os contidos que se van a abordar nos temas (as trasparencias proporán unha serie de lecturas ou textos que son necesarios para a preparación dos temas). Ademáis, tamén en algúns casos se incorporarán materiais adicionáis para a preparación dos contidos temáticos. 
3. Preguntar e cuestionar todo aquelo cuxa comprensión non quede suficientemente clara. 
4. Participar activamente nas discusións e preguntas que se plantexen na clase por parte do profesor. 

Outras recomendacións:

5. Honestidade académica. Espérase que os estudantes teñan unha conducta responsable e honesta tanto durante o desenrolo das clases coma nas probas de avaliación. Calquer forma de deshonestidade académica (copiado, comunicacións no permitidas durante exámenes ou exercicios evaluables, etc.) será penalizada coa máxima severidade posible.
6. Durante as clases, os móbiles permanecerán en "modo avion". Se alguén utiliza o móbil durante a clase poderá ser expulsado.
7. O día da proba de resposta mútiple os móbiles deberán estar fora do alcance do alumno e tamén en "modo avión" para que non interfiran no normal desenrolo da proba (colocados en mesas ou lugares que o profesor sinalará a tal efecto). O non cumplimento desta norma, suporá a expulsión do exame.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías