Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Análise Económico das Organizacións Código 611G02023
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Lopez Rodriguez, Jose
Correo electrónico
jose.lopez.rodriguez@udc.es
Profesorado
Gago Cortés, María Carmen
Lopez Rodriguez, Jose
Teijeiro Álvarez, Mercedes
Correo electrónico
m.gago@udc.es
jose.lopez.rodriguez@udc.es
mercedes.teijeiro@udc.es
Web
Descrición xeral Análise e comprensión económica da organización da actividade económica a nivel microeconómico. En particular, a análise articulase en torno a dous aspectos: as formas de goberno das transaccións e os incentivos. A asignatura dotará os alumnos dunha serie de competencias para a xestión das organizaciones, cuya aplicación exténdese fundamentalmente o ámbito da organización interna (deseño de incentivos, goberno corporativo, arquitectura organizativa) pero tamén a aspectos relacionados coa estratexia empresarial (integración vertical, subcontratación de actividades, acordos de colaboración)
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios nos contidos
2. Metodoloxías
Non se realizan cambios nas metodoloxías docentes. En caso de que a situación sanitaria o requira a materia pasará a impartirse en modalidade semipresencial ou non presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico:diariamente.De uso para consultas ,solicitar encontros virtuais ou para resolver dúbidas.
Moodle:diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.
Teams:sesións a demanda segundo a necesidade do alumnado para reforzar a comprensión da asignatura.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizan cambios na avaliación.
*Observacións de avaliación:
1. Calificación de non presentado: Corresponde ó alumno, cando so participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: os criterios de avaliación da segunda oportunidade e convocatoria adiantada son os descritos na guía.

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxetiva final, para as restantes probas acordarase ó inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
Serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.
4. Sobre as condicións de avaliación: Se os exames se realizan en formato papel, está prohibido acceder ao examen con calqueira dispositivo que permita a comunicación co exterior e/o almacenamento de información.

5. Identificación do estudante: o estudante ha de acreditar a súa identidades dacordo coa normativa vixente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios na bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender a importancia do estudo da organización da actividade económica (a nivel microecómico). Comprender cales son as dimensións ou problemas máis relevantes no estudo da organización. Entender a empresa como unha estructura de goberno da actividade económica alternativa ó mercado. Comprender a selección de distintas alternativas de goberno para a solución de problemas organizativos. Diseñar estructuras óptimas de incentivos para minimizar os problemas de motivación (risco moral) nas organizacións. Coñecer as teorías económicas máis relevantes para o estudo e análise da organización. Saber detectar, analizar, resolver e comunicar problemas organizativos mediante o manexo dos conceptos e teorías da economía organizaciona. Tomar conciencia de que a formación continuada e o saber son fundamentais para o mellor desenrolo das nosas vidas e a sociedade. Inculcar valores éticos fundamentais como principio rector nos comportamentos como profesionales e ante todo como cidadáns. Saber traballar en equipo. Fomentar o uso das TIC´s para a comunicación persoal. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C3
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I. INTRODUCCIÓN Os contidos a abordar en cada un dos bloques detallárase nos materiais que cada profesor colgará en Moodle, adaptándoos as especificidades de cada titulación.
BLOQUE II. GOBERNO DA ACTIVIDADE ECONÓMICA Os contidos a abordar en cada un dos bloques detallárase nos materiais que cada profesor colgará en Moodle, adaptándoos as especificidades de cada titulación.
BLOQUE III. INCENTIVOS Os contidos a abordar en cada un dos bloques etallárase nos materiais que cada profesor colgará en Moodle, adaptándoos as especificidades de cada titulación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A11 A8 B5 2 10 12
Lecturas A6 A7 A10 B1 B5 C8 0 8 8
Proba de resposta múltiple A7 A11 B1 B7 3 75 78
Solución de problemas A11 B2 B3 B5 B7 B8 B9 6 0 6
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 1 17 18
Sesión maxistral A3 A7 A11 B1 B4 B10 C4 C5 C6 C7 C8 17 0 17
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
Nos horarios de tutoría o alumno a título individual poderá plantexar todas aquelas dúbidas que lle xurdan sobre o feito e explicado na aula e tamén con respeito os traballos tutelados. Sen citar á persoa que realizou a consulta en horario de tutoría, esta pode ser publicada en Moodle, xunto coa súa resposta, coa finalidade de que outros alumnos poidan sacar proveito da mesma. Todo iso se o profesor considera oportuna e de interese xeral a consulta exposta.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A7 A11 B1 B7 Preguntas tipo test, con penalización para as respostas incorrectas 75
Traballos tutelados A1 A2 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización e presentación dun traballo sobre unha temática relacionada ou ben co goberno da actividade económica ou ben cos incentivos e dende un enfoque microeconómico. O traballo realizarase en equipos de 4 ou 5 estudantes. 25
 
Observacións avaliación

AVALIACIÓN GRADO ADE. A avaliación será totalmente continua en base a probas de resposta múltiple (75%) e a realización dun traballo tutelado (25%). Na primeira oportunidade haberá ata un máximo de 3 probas de resposta múlitple nas cales a ponderación será  do 15% (primeira), 25% (segunda), e 60% (terceira) se hai tres e do 35% e 65% se hai dúas. As probas non supoñen eliminación de contidos, é decir, tanto se hai dúas como tres, os contidos da primeira proba forman parte da segunda e os contidos da primeira e a segunda forman parte da terceira. Para aprobar a materia será necesario acadar un mínimo de 5 puntos no cómputo final da avaliación (proba de resposta mútiple + traballo tutelado) pero ademáis é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. As datas das probas definiranse en función do estado de avance das clases é comunicaranse cunha antelación mínima de unha semana. As datas de entrega do traballo tutelado serán na segunda semana de decembro.  

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. 

CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo  haberá unha única proba de resposta múltiple (na data establecida como oficial para a segunda oportunidade) cunha ponderación do 75%; ademáis tamén formará parte da nota final a nota acadada no traballo tutelado (incluso aqueles alumnos que non fixeran este traballo terán a posibilidade de realizalo debendo entregalo antes da data da proba oficial). Para aprobar a materia será necesario acadar un mínimo de 5 puntos no cómputo final da avaliación (proba de resposta mútiple + traballo tutelado) pero ademáis é necesario acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple.

AVALIACIÓN DOBRE GRADO (ADE+DEREITO). A avaliación será totalmente continua en base a resolución de casos prácticos, probas de resposta múltiple, exposición de traballos, etc. O profesorado explicará os detalles da avaliación continua ó comenzo do curso. 

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DESPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA. A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios que os alumnos con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes alumnos dirixiránse o profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa dispoñibilidade para deste xeito posibilitar a realización da súa avaliación. 

CONVOCATORIA ADIANTADA E SEGUNDA OPORTUNIDADE. Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada de novembro, a avaliación so se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10. No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo, o profesorado lle plantexará a oportunidade de recuperar aquelas actividades que non acadaran o aprobado ou non as entregaran/fixeran. Para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10.  


Fontes de información
Bibliografía básica Duma, S. y Schreuder, H. (1991). Economic approaches to organizations. Prentice Hall
Milgrom, P. y Roberts, J. (1992). Economics, Organizations and Management. Prentice Hall
Williamson, O.E. (1985). The Economic Institutions of Capitalism, New York:Free Press.. Macmillan

Bibliografía complementaria

Dranove, M. Shanley y S. Schaefer (2003), Economics of Strategy. Third Edition. John Wiley & Sons, Inc.

Brickley, J.A., Smith, C.W., Zimmerman, J.L. (2005), Economía Empresarial y Arquitectura de la organización. Ed. McGraw Hill

Salas (1996), Economía de la empresa. Decisiones y organización. Ariel Economía. 2ª Edición.

Williamson, O.E. (1975), Markets and Hierarchies: Analysis and Antitrust implications. Free Press, New York, NY. Traducido como Williamson, O.E. (1991): Mercados y Jerarquías: Su Análisis y sus Implicaciones Antitrust, México: Fondo de Cultura Económica


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Algunhas recomendacións de cara ao maior aproveitamento da asignatura: 

1. Procurar levar a asignatura o máis o día posible. Trátase dunha asignatura que involucra moitos conceptos e elementos teóricos novidosos cuxa comprensión exixe un traballo ordenado e diario. 
2. Realizar as lecturas de artigos e textos que se recomendan posto que son necesarios para a boa comprensión e preparación dos temas.
3. Preguntar e cuestionar todo aquelo cuxa comprensión non quede suficientemente clara. 
4. Participar activamente nas discusións e preguntas que se plantexen na clase por parte do profesor. 

Outras recomendacións:

5. Honestidade académica. Espérase que os estudantes teñan unha conducta responsable e honesta tanto durante o desenrolo das clases coma nas probas de avaliación. Calquer forma de deshonestidade académica (copiado, comunicacións no permitidas durante exámenes ou exercicios evaluables, etc.) será penalizada coa máxima severidade posible.
6. Durante as clases, os móbiles permanecerán en "modo avion". Se alguén utiliza o móbil durante a clase poderá ser expulsado.
7. O día da proba de resposta mútiple  está prohibido o acceso a proba calqueira dispositivo tecnolóxico que facilite a comunicación con exterior e o almancenamento de datos. O non cumplimento desta norma, suporá a expulsión do exame e a calificación de cero.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías