Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Análise Económico das Organizacións Código 611G02023
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Lopez Rodriguez, Jose
Correo electrónico
jose.lopez.rodriguez@udc.es
Profesorado
Lopez Rodriguez, Jose
Rodriguez Fernandez, Maria Jose
Teijeiro Álvarez, Mercedes
Correo electrónico
jose.lopez.rodriguez@udc.es
maria.jose.rfernandez@udc.es
mercedes.teijeiro@udc.es
Web
Descrición xeral Análise e comprensión económica das organizacións, fundamentalmente da empresa, a partires da teoria de custos de transacción e a teoría da axencia. O estudo económico da empresa articulase en torno a dous aspectos: o goberno das transaccións e os incentivos. A asignatura dotará os alumnos dunha serie de competencias para a xestión das organizaciones, cuya aplicación exténdese fundamentalmente o ámbito da organización interna (incentivos, goberno corporativo, arquitectura organizativa) pero tamén a aspectos relacionados coa estratexia empresarial (integración vertical, subcontratación de actividades, acordos de colaboración)
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios nos contidos
2. Metodoloxías
Non se realizan cambios nas metodoloxías docentes. En caso de que a situación sanitaria o requira a materia pasará a impartirse en modalidade semipresencial ou non presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico:diariamente.De uso para consultas ,solicitar encontros virtuais ou para resolver dúbidas.
Moodle:diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.
Teams:sesións a demanda segundo a necesidade do alumnado para reforzar a comprensión da asignatura.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizan cambios na avaliación.
*Observacións de avaliación:
1. Calificación de non presentado: si o estundate, non participa en actividades de avaliación continua ou na proba final, ou ámbalas duas.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: os criterios de avaliación da segunda oportunidade e convocatoria adiantada son os descritos na guía.

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxetiva final, para as restantes probas acordarase ó inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
Serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.
4. Sobre as condicións de avaliación: Se os exames se realizan en formato papel, está prohibido acceder ao examen con calqueira dispositivo que permita a comunicación co exterior e/o almacenamento de información.

5. Identificación do estudante: o estudante ha de acreditar a súa identidades dacordo coa normativa vixente.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios na bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Valorar a importancia da organización económica Identificar as dimensións máis relevantes no estudo dos problemas de organización económica. Entender a empresa e, de maneira xeral, as organizacións como estructuras de gobernación da actividade económica alternativas ó mercado. Coñecer o funcionamento das teorías económicas máis relevantes para o estudo e análise das organizacións, en particular, a teoría de custos de transacción e a teoría da axencia. Saber detectar, analizar, resolver e comunicar problemas organizativos mediante o manexo dos conceptos e teorías da economía organizacional. Tomar conciencia de que a formación continuada e o saber son fundamentais para o mellor desenrolo das nosas vidas e a sociedade. Inculcar valores éticos fundamentais como principio rector nos comportamentos como profesionales e ante todo como cidadáns. Saber traballar en equipo. Fomentar o uso das TIC´s para a comunicación persoal. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A7
A8
A9
A10
A11
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE I. INTRODUCCIÓN I.1 Introducción á economia organizacional
I.2 Contratos e eficiencia económica
O desenrolo destes contidos pode sufrir algunha variación para adaptarse as especificidades de cada titulación e que o profesor indicará e colgará en Moodle cuando así sexa.
BLOQUE II. GOBERNANZA II.1 Fundamentos teóricos: teoria de custos de transacción
II.2 Aplicacións: integración vertical

O desenrolo destes contidos pode sufrir algunha variación para adaptarse as especificidades de cada titulación e que o profesor indicará e colgará en Moodle cuando así sexa.
BLOQUE III. INCENTIVOS III.1 Fundamentos teóricos: teoría da axencia
III.2 Aplicacións I: pagos por rendemento e goberno corporativo

O desenrolo destes contidos pode sufrir algunha variación para adaptarse as especificidades de cada titulación e que o profesor indicará e colgará en Moodle cuando así sexa.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais A5 A7 A10 A11 B3 B5 B8 2 10 12
Lecturas A11 0 8 8
Proba de resposta múltiple A11 A8 B1 B2 3 75 78
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A6 A8 A9 B4 B6 B7 C1 C5 C6 6 0 6
Presentación oral A7 A8 A9 A10 A11 B4 B5 B9 B10 C4 C7 C8 1 17 18
Sesión maxistral C4 C5 C7 C8 17 0 17
 
Atención personalizada 11 0 11
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida
Solución de problemas Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Presentación oral
Descrición
Nos horarios de tutoría o alumno a título individual poderá plantexar todas aquelas dúbidas que lle xurdan sobre o feito e explicado na aula e tamén con respeito os traballos tutelados. Sen citar á persoa que realizou a consulta en horario de tutoría, esta pode ser publicada en Moodle, xunto coa súa resposta, coa finalidade de que outros alumnos poidan sacar proveito da mesma. Todo iso se o profesor considera oportuna e de interese xeral a consulta exposta.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A11 A8 B1 B2 Examen tipo test, con penalización para as respostas incorrectas 60
Presentación oral A7 A8 A9 A10 A11 B4 B5 B9 B10 C4 C7 C8 Exposición oral de dous traballos complementada con uso de diapositivas.
1º traballo relacionado coa teoria de costes de transacción ou cunha aplicación da teoría de costes de transacción (ex. integración vertical, formas híbridas de organización, estructura organizativa, etc.)
2º traballo relacionado coa teoría de axencia ou cunha aplicación da teoría da axencia (ex. incentivos, goberno corporativo, etc.)
Os traballos realizaránse en grupos.
40
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:  

 1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.  

 2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.  

 B) TIPOS DE CALIFICACION:  

 1. Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno/a, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, independentemente da cualificación acadada.

 2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e despensa académica de exención de asistencia:A evaluación realizarase sobre os mesmos contidos e criterios de avaliación que os estudantes con dedicación a tempo completo. O principio do curso estes estudantes dirixiránse ó profesorado para fixar un calendario de actuacións específico acorde coa súa situación particular para deste xeito posibilitar a realización das distintas actividades de avaliación do curso. 

 C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:  

 1. Primeira oportunidade: A avaliación correspondente a primeira oportunidade será totalmente continua en base a unha proba de resposta múltiple (60%) e a presentación oral dos traballos que compoñen o resto da avaliación (40%). No caso da proba de resposta múltiple, a data de realización será a fixada no calendario oficial para a primeira oportunidade. A presentación dos traballo realizarase durante o período lectivo do curso, de acordo co calendario fixado polo profesor para cada grupo. Para superar a asignatura haberá que acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global da avaliación, pero ademáis é condición sine qua non acadar 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a do examen.    

 2. Segunda oportunidade: No que atinxe a 2ª oportunidade de xullo, as notas dos traballos de presentación oral serán tidas en conta. Ademáis, sempre e cando sexa posible, poderá recuperarse a realización de ditos traballos no caso de aqueles estudantes que non a realizasen. Para isto, o estudante dirixirase ó profesor coa suficiente antelación para indicarlle o seu desexo de realizar o traballo, o cal deberá ser entregado e presentado antes da data do exame oficial da segunda oportunidade; de non ser posible por temas de datas, ou compromisos do profesor, a avaliación só se fará a partires da proba de resposta múltiple, mantendo a ponderación do 60%. Para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 no cómputo global, pero ademáis é condición sine qua non acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple. De non acadarse este mínimo na proba de resposta múltiple, a asignatura estará suspensa, e a nota será a obtida en dita proba.    

 3. Convocatoria adiantada: Os alumnos que se presenten a convocatoria adiantada, a avaliación só se fará a partires dunha proba de resposta múltiple e para aprobar necesitarase acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10


D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:  


Fontes de información
Bibliografía básica Duma, S. y Schreuder, H. (1991). Economic approaches to organizations. Prentice Hall
Milgrom, P. y Roberts, J. (1992). Economics, Organizations and Management. Prentice Hall
Williamson, O.E. (1985). The Economic Institutions of Capitalism, New York:Free Press.. Macmillan

Bibliografía complementaria

Dranove, M. Shanley y S. Schaefer (2003), Economics of Strategy. Third Edition. John Wiley & Sons, Inc.

Brickley, J.A., Smith, C.W., Zimmerman, J.L. (2005), Economía Empresarial y Arquitectura de la organización. Ed. McGraw Hill

Salas (1996), Economía de la empresa. Decisiones y organización. Ariel Economía. 2ª Edición.

Williamson, O.E. (1975), Markets and Hierarchies: Analysis and Antitrust implications. Free Press, New York, NY. Traducido como Williamson, O.E. (1991): Mercados y Jerarquías: Su Análisis y sus Implicaciones Antitrust, México: Fondo de Cultura Económica


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Microeconomía/611G02001
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e  nos comportamentos persoais e profesionais.

3. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías