Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Facenda Pública. Sistema Fiscal Código 611G02026
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Economía Aplicada 1
Coordinación
Rego Veiga, Gustavo
Correo electrónico
gustavo.rego@udc.es
Profesorado
Campo Villares, Manuel Octavio del
Rego Veiga, Gustavo
Suarez Mallo, Maria de la Cruz
Correo electrónico
m.campov@udc.es
gustavo.rego@udc.es
m.c.suarez.mallo@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdanse as causas de intervención do Sector Público na actividade económica e a vertente de ingresos públicos. Delimítase o sector público e as súas funcións, e preséntase o orzamento como instrumento fundamental de intervención, ao incluír as previsións de gastos e ingresos deste axente económico.
Introdúcense os ingresos públicos, dedicando os diferentes temas ás principais figuras tributarias: o Imposto Persoal sobre a Renda, o Imposto de Sociedades, a imposición indirecta e o financiamento subcentral.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A7 Entender as institucións económicas como resultado e aplicación de representacións teóricas ou formais acerca de cómo funciona a economía.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar e coñecer a organización do Sector Público e os fundamentos da súa intervención na economía. A4
A6
A7
A8
A11
B1
B3
C8
Coñecer o funcionamento xeral das finanzas públicas e as súas implicacións sobre as magnitudes macroeconómicas. A7
A8
A9
A11
B2
B5
B6
Coñecer os principais elementos do sistema fiscal español e as súas figuras tributarias. A1
A2
A3
A8
Coñecer o significado dos distintos elementos dos impostos e as súas implicacións. A8
A9
A10
A11
B7
B9
Habilidades de xestión da información relacionada coa materia: obtención e análise crítica de diferentes fontes A5
A6
A8
A9
A11
B4
C2
C3
Habilidade para traballar en equipos interdisciplinarios A2
A12
B8
B10
C1
C4
C5
C6
C7

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1 - INTRODUCIÓN AO SECTOR PÚBLICO E ACTIVIDADE FINANCEIRA • Razóns para a intervención do Sector Público na economía
• Sector Público: configuración e delimitación
• Instrumentos de intervención
• O Orzamento Público. Concepto principios e indicadores

TEMA 2 - INGRESOS PÚBLICOS E CONCEPTOS TRIBUTARIOS BÁSICOS • Concepto e clases de ingresos públicos
• Imposto: concepto, elementos e clasificación
• Estrutura fiscal española por niveis de goberno
TEMA 3 - TEORÍA DA IMPOSICIÓN: EQUIDADE, INCIDENCIA E EFICIENCIA • Incidencia impositiva
• Principios tributarios. Especial referencia á eficiencia e equidade
• Distorsións impositivas e exceso de gravamen
• Principais causas da erosión da recadación no sistema tributario
TEMA 4 - IMPOSTO SOBRE A RENDA PERSOAL • Xustificación dun imposto sobre a renda persoal
• A renda como medida da capacidade de pago do imposto
• Determinación da renda fiscal
• Elección da unidade contribuinte
• A inflación e o imposto sobre a renda

TEMA 5. IMPOSTO DE SOCIEDADES • Xustificación do imposto
• Estrutura do imposto.
• Integración dos impostos sobre a renda e sociedades.
TEMA 6. IMPOSICIÓN INDIRECTA. O IVA • Ventaxes e inconvintes da imposición indirecta sobre o consumo
• Imposición selectiva
• Impostos sobre o volumen de ventas
• Impostos sobre o valor engadido
TEMA 7. IMPOSTOS SOBRE A RIQUEZA • Xustificación
• Imposición sobre o patrimonio neto
• Impuesto sobre sucesións e doazóns
• Outros impostos sobre a riqueza.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 2 18 20
Solución de problemas A3 A4 A5 A6 A9 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 25 50 75
Sesión maxistral A2 A3 A6 A7 A8 A10 17 34 51
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode combinar distintos tipos de preguntas: de resposta múltiple (formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta con varias opcións ou alternativas de resposta das que só unha de las é válida), de ensaio (preguntas de certa amplitude por escrito nas que se valora que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.)). Tamén pódese construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
Solución de problemas Realización de actividades de carácter práctico (demostracións e/ou exercicios) e traballos en grupo relacionados có contido da materia.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
Destinadas a reforzar determinados aspectos da aprendizaje autónoma do estudante mediane o seguimento e supervisión de distintas actividades programadas (búsqueda de datos, fontes bibliográficas, resolución de problemas, exposición dos traballos)

Faranse grupos reducidos de alumnos e programaranse titorias para resolver dúbidas e para facilitar a preaparación da proba final

Paara o alumnado con dispensa académica de exención de aisistencia acordarase, a principios do cuadrimestre, un programa que lle permita realizar os caos prácticos e o traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 A4 A5 A6 A9 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Realización de traballos relacionados có contido da materia e presentación dos mesmos. Resolución de exercicios e supostos que deberá entregar o estudante aos profesores. 30
Proba obxectiva A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 Consistirá nun exame escrito que se dividirá en dúas partes: unha parte teórica (nas que se poden utilizar preguntas de resposta múltiple e/ou ensaio) e unha parte aplicada. A cualificación da proba será o resultado da valoración conxunta das dúas partes. 70
 
Observacións avaliación

O exame escrito se realizará nas datas fixadas polo centro á finalización do segundo cuadrimestre e no mes de xullo, respectivamente. A entrega de exercicios realizarase no período no que se desenvolven as actividades académicas docentes do segundo cuadrimestre e nas datas que estableza o profesor. As entregas de traballos, presentacións e exercicios que se soliciten
realizaranse nun arquivo en pdf, agás exepcións xustificadas, por mail. Para aprobar a materia, asemade de sumar 50 ou máis puntos (sobre 100) na avaliación, cómpre acadar unha puntuación mínima;28 de 70 puntos na proba obxectiva.Os criterios de avalición serán os mesmos na segunda oportunidade e na convocatoria adiantada.

Será avaliado cos mesmos criterios o alumnado que ten dedicación a tempo parcial recoñecida ou exención parcial de asistencia.

 Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, agás os expresamente autorizados polo profesor.


Fontes de información
Bibliografía básica

ALBI, E., J.M. GONZÁLEZ-PÁRAMO e I. ZUBIRI (2004): Economía Pública I y II, Ed. Ariel, Barcelona.

COSTA, M., J.M. DURÁN e outros (2005): Teoría básica de los impuestos. Un enfoque económico, 2ª ed, Ed. Thomson Civitas.

DOMÍNGUEZ, J.M. e G. CARRASCO (1998): Ejercicios de Hacienda Pública, Ed. Pirámide, Madrid.

ROSEN, H.S. (2002): Hacienda Pública, 5ª edición, Ed. McGraw-Hill, Madrid.

RUIZ-HUERTA, J. e LOSCOS FERNÁNDEZ, J. (dirs) (2003): Ejercicios de Hacienda Pública, Ed. McGraw-Hill, Madrid.

STIGLITZ, J.E. e ROSENGANRD, J.K. (2016): Economía del sector público. 4ª Edicción. Antoni Bosch.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías