Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Deseño Organizativo Código 611G02029
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
García Álvarez, María Teresa
Correo electrónico
teresa.galvarez@udc.es
Profesorado
Barbeito Roibal, Susana Maria
García Álvarez, María Teresa
Guillen Solorzano, Maria
Mariz Perez, Rosa
Nieto Uria Ribeiro De Almeida, Arturo J.
Correo electrónico
susana.barbeito@udc.es
teresa.galvarez@udc.es
maria.guillen@udc.es
rosa.mariz@udc.es
a.nietouria@udc.es
Web
Descrición xeral La materia se centra en el análisis de las estructuras organizativas de las empresas en el mundo real.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos e difundir o uso das novas tecnoloxías A3
A9
A11
B1
B2
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida y fomentar los valores del esfuerzo, trabajo, formacion continua e iniciativa privada B3
B4
C4
C5
C6
C7
C8
Saber facer a presentación oral e escrita dun proxecto de xestión e análise da estrutura organizativa dunha empresa e comunicarse con fluidez non seu contorno A10
A11
B5
B6
C1
C5
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. B7
B8
C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria. C4
Saber deseñar organigramas e realizar análise das competencias dos diferentes postos de traballo, base para emitir informes e proxectos de xestión A1
A2
A4
A5
A6
A8
B10

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: Introdución á análise organizativa 1.1. Mecanismos de coordinación
1.2. Elementos básicos e partes fundamentais
TEMA 2: Parámetros de deseño organizativo 2.1. Deseño de postos.
2.2. Deseño da estrutura departamental
2.3. Deseño de vínculos laterais.
2.4. Descentralización
TEMA 3: Factores de continxencia 3.1. Idade
3.2. Tamaño
3.3. Sistema técnico
3.4. Contorno
3.5. O papel do poder
TEMA 4: Configuracións estruturais 4.1. Simple
4.2. Burocracia maquinal
4.3. Burocracia profesional
4.4. Divisional.
4.5. Adhocracia

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 14 28 42
Proba obxectiva A2 A3 B7 2 28 30
Seminario A8 A9 C1 C4 C5 4 4 8
Sesión maxistral A5 A6 B1 B2 B3 B4 B5 B6 17 0 17
Traballos tutelados A10 A11 B8 B10 C6 C7 C8 6 24 30
Análise de fontes documentais A3 A4 A5 5 15 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise de casos prácticos reais aplicada ao marco conceptual da materia
Proba obxectiva Examen tipo test
Seminario Organizaranse 4 horas de titorías presenciais para o seguimento dos traballos cuxas datas e horas serán comunicada ao longo do curso.
Sesión maxistral Presentación de conceptos teóricos básicos
Traballos tutelados Traballos en grupo nos que se aplicarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais
Análise de fontes documentais Busca e análise de datos relevantes utilizando as novas tecnoloxías da información

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
Os seminarios e as titorías servirán para aclarar dúbidas e facer un seguimento dos traballos tutelados ou dúbidas en seminarios e sesión maxistral.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A11 B8 B10 C6 C7 C8 Traballos en grupo sobre unha empresa real. 30
Proba obxectiva A2 A3 B7 Examen tipo test 60
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 Análise de casos presentado en clase. 5
Análise de fontes documentais A3 A4 A5 Uso de fontes de información axeitadas. Cada grupo deberá expoñer en clase un concepto ou epígrafe non visto con anterioridade.
5
 
Observacións avaliación
Considérase que un alumno está dentro da avaliación continua e, polo tanto, se lle aplicará o esquema de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e casos prácticos encargados. Polo tanto, este alumno se non alcanza o cinco, estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao exame. Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira oportunidade coma para xullo.
Tanto o estudo de casos, análise de fontes documentais e os traballos tutelados realízanse ao
longo do curso e non é posible a súa realización fóra do período lectivo dado que se realizan dentro da aula. Tanto aos alumnos a tempo parcial como a tempo completo se lles aplicará o mesmo sistema de avaliación.
Para o cálculo da nota media final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos no exame (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan unha nota menor que esta no exame). Para superar a materia, a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido realizando o exame mediante calquera procedemento fraudulento se lle asignará unha nota de cero no exame.

Fontes de información
Bibliografía básica Mintzberg (Varios). La estructuración de las organizaciones. Ariel

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Economía da Empresa: Dirección e Organización/611G02008

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías