Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Distribución Comercial Código 611G02030
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Análise Económica e Administración de Empresas
Coordinación
Rey García, Marta
Correo electrónico
marta.reyg@udc.es
Profesorado
Orosa Gonzalez, Jose Javier
Ramos Pedreira, Antonio
Rey García, Marta
Salido Andrés, Noelia
Correo electrónico
javier.orosa@udc.es
antonio.ramos@udc.es
marta.reyg@udc.es
noelia.sandres@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta asignatura é introducir aos alumnos á realidade do sector da distribución comercial, facendo fincapé na xestión estratégica desta área do marketing e nas oportunidades que supón para a mellora competitiva das organizacións e para a satisfacción dos seus clientes. Para tal fin, se introducirán o marco teórico e institucional, as grandes tendencias derivadas da internacionalización e aplicación de novas tecnologías da información e a comunicación no sector, e as expectativas das partes interesadas nunha xestión sustentable da cadea de suministro. Neste contexto se explicarán o funcionamento e dinámicas dos diferentes tipos de canais de distribución, intermediarios e formatos comerciáis, a relevancia do merchandising e da loxística minorista, e os aspectos éticos e legáis da distribución comercial.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Valorar a importancia da variable distribución e o seu carácter estratéxico, como fonte de avantaxe competitiva, incluido o sector servicios. - Describir a situación actual e futuras tendencias da distribución con especial referencia aos fenómenos de concentración e internacionalización, impacto das novas tecnoloxías da información e da comunicación e xestión sustentable da cadea de suministro. - Coñecer as diferentes estructuras de comercialización existentes e as diferentes clasificacions dos intermediarios. - Coñecer as características dos diferentes formatos de comercio que integran un sistema comercial. - Coñecer as ferramentas comerciais, incluidas as ventas personais, sobre as que se constrúe unha estratexia de distribución comercial exitosa. - Analizar as decisións de surtido, estratexias de marca de distribuidor, precios, loxística e merchandising das empresas minoristas. - Coñecer o entorno legal no que se desenvolve a distribución comercial e as suas implicacións éticas. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A11
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: MARCO TEÓRICO DA DISTRIBUCIÓN COMERCIAL Fontes de información e conceptos básicos
Funcións da distribución comercial
A distribución comercial e o seu papel na economía e na sociedade
Tendencias da distribución comercial a nivel nacional e internacional
TEMA 2: DESEÑO E ELECCIÓN DO CANAL DE DISTRIBUCIÓN


Canais de distribución: definición, funcións, tipos
Avantaxes e desventaxas dos intermediarios
Deseño e selección do canal: obxectivos, etapas e alternativas
Estratexias multicanal e comercio electrónico
Contratos máis habituais nos canais de distribución
TEMA 3: DINÁMICA DOS CANAIS DE DISTRIBUCIÓN

Fluxos do canal de distribución
Terceira tipoloxía de canais de distribución: grado de vinculación
Avantaxes e desventaxas da integración vertical
Estructurando o canal de distribución e xestionando dinámicas: conflicto e colaboración
Marcas de fabricante e marcas de distribuidor
TEMA 4: INTERMEDIARIOS E FORMATOS COMERCIAIS


O surtido
Intermediarios comerciais: tipos
Formatos comerciais: definición
Formatos comerciais maioristas: definición, clasificación e tendencias
Formatos comerciais minoristas: definición, clasificación e tendencias
Ciclo de vida e reinvención de formatos comerciáis
TEMA 6: MERCHANDISING
Introducción, concepto e evolución
Disposición do punto de venta
Merchandising sensorial
Animación do punto de venta
Promocións de ventas
TEMA 7. LOXÍSTICA MINORISTA Orixe, importancia e conceptos básicos
Xestión da cadea de suministro e KPIs
Funcións e áreas da loxística
Xestión loxística: niveis de servicio e custes de almacenamento, control e manipulación de mercancías
Sistemas de codificación comercial
TEMA 5: RESPONSABILIDADE SOCIAL DAS EMPRESAS DE DISTRIBUCIÓN E NORMATIVA LEGAL EN DISTRIBUCIÓN COMERCIAL
Responsabilidade social corporativa no sector distribución
Xestión sustentable da cadea de suministro
Normativa básica de aplicación: europea, estatal e autonómica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A12 B8 C8 25 50 75
Seminario C4 C5 C6 C7 4 0 4
Proba de resposta múltiple A4 A5 B4 B6 B9 B10 C1 1 0 1
Sesión maxistral A1 A2 A3 A6 A8 A9 A11 B1 B2 B3 B5 B7 17 51 68
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Se utilizarán diferentes materiais (casos prácticos, materiais audiovisuais, lecturas) tanto na aula para complementar a docencia teórica e teórico-práctica (prácticas individuais), como fora da aula para preparar os proxectos prácticos en equipo que constitúen o obxeto da avaliación continua.

A profesora responsable da asignatura preparará unha programación semanal para que os alumnos podan preparar as prácticas con antelación e darlles seguemento. Se recomenda a asistencia a todas as sesións da asignatura, incluidas as prácticas de equipo.
Seminario Se farán tutorías en grupos reducidos (15 alumnos máximo) para resolver dúbidas da asignatura, e en particular para seguemento dos proxectos prácticos en equipo.
Proba de resposta múltiple Examen tipo test de resposta múltiple donde unha sola opción é correcta e as respostas incorrectas penalizan.
Sesión maxistral Se explicarán na aula os fundamentos dos contidos da asignatura utilizando apoios audiovisuais, discusións dirixidas, casos prácticos e outras metodoloxías interactivas.

A profesora responsable da asignatura preparará unha programación semanal para que os alumnos podan preparar as sesións maxistrais con antelación e darlles seguemento. Se recomenda a asistencia a todas as sesións da asignatura, incluidas as prácticas individuáis.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Seminario
Descrición
Se facilitará atención personalizada para resolver dúbidas específicas sobre os contidos da asignatura, recomendar recursos bibliográficos e documentáis adicionáis para o estudo de casos, e dar seguemento en grupos reducidos ao proxecto práctico en equipo. igualmente nos seminarios se poden atender as dúbidas individualmente ademáis de ter un aprendizaxe colaborativo.

Na plataforma virtual da UDC se depositarán e/o indicarán os casos y demáis material docente imprescindible para facilitar ao alumno o seguemento das sesións de docencia interactiva, co seu correspondente calendario. O material será comentado e ampliado na aula cos alumnos asistentes de xeito interactiva, e os casos e demáis materiais prácticos asignados serán, primeiro, presentados polos equipos de alumnos responsables, e despois, obxeto de discusión dirixida en pleno. Por elo se recomenda a todos os alumnos tanto a asistencia como a lectura dos devanditos materiais con antelación á sesión que corresponda. Asimesmo se recomenda aos alumnos a asistencia ás tutorías para resolver de modo personalizado cualquera dúbida sobre os casos e demáis traballos susceptibles de avaliación continua.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A12 B8 C8 A calificación correspondente á avaliación continua procede da calificación obtida por cada alumno participante nun proxecto práctico en equipo elaborado fora da aula conforme ás indicacións da profesora responsable da asignatura, e presentado oralmente en sesión plenaria na aula. O proxecto práctico poderá versar sobre casos prácticos ou lecturas recomendadas, complementados por bibliografía e webgrafia relevantes. Facilitaráse a tutoría deste traballo. Todos os membros dun mesmo equipo de traballo obterán a mesma calificación. 30
Proba de resposta múltiple A4 A5 B4 B6 B9 B10 C1 Examen tipo test de resposta múltiple donde unha sola opción é correcta. As respostas erróneas penalizan. Es imprescindible aproba-lo examen (calificación maior ou igual a 5) para aprobar a asignatura.

Son materia de examen todos os contidos abordados na aula, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións teórico-prácticas e nas sesións prácticas; tanto individuáis como de presentación e discusión de traballos de equipo

É importante que os estudantes aborden o estudo individual dos contidos apoiándose en todos os materiais dispoñibles en moodle (apoios visuais, prácticas individuáis, lecturas recomendadas, lexislación) e nas notas tomadas na aula para a mellor comprensión dos exemplos reais utilizados para ilustrar os contidos

É importante complementar esos materiais coa revisión individual polos estudantes dos manuais recomendados da asignatura para aclarar calquera dúbida

70
 
Observacións avaliación
Os devanditos criterios de avaliación aplicarán tanto á primeira como á segunda oportunidade.

Os alumnos que suspendan a proba de resposta múltiple (examen) figurarán en actas coa calificación obtida no mesmo.

Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

Os alumnos que liberen unha parte da materia mediante unha proba mixta (parcial), só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño ou de xullo, a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Os alumnos que o desexen poderán presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación ao profesor e autorización por parte deste.

Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Neste caso, é dun 70% no exame e 30% da puntuación obtida na avaliación continua.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.


Fontes de información
Bibliografía básica
Vázquez Casielles, R., Trespalacios Gutiérrez, J.A. (2006): Estrategias de distribución comercial. Diseño del canal de distribución y relación entre fabricantes y detallistas, Thomson Paraninfo, Madrid ( Vázquez Casielles et al. (coord.) (2010) Distribución Comercial y Comportamiento del Consumidor, Cátedra Fundación Ramón Areces de Distribución Comercial ( Vázquez Casielles et al. (coord.) (2011): Estrategias competitivas en canales de distribución comercial tradicional versus on-line ( Díez de Castro, Enrique y Navarro García, Antonio: “Naturaleza de la distribución comercial” Díez de Castro, E.C., Landa Bercebal, F.J., Navarro García, A. (2006): Merchandising. Teoría y práctica, Pirámide, Madrid.
Logística / Soret Los Santos, Ignacio (2010): Logística y operaciones en la empresa, ESIC, Madrid

Bibliografía complementaria
López Fernández, Rodrigo (2004): Logística comercial, Thomson Paraninfo, Madrid.
Informes anuales de Deloitte "Global Powers of Retailing"
Boletín económico del ICE (Información Comercial Española), monográficos sobre “La distribución comercial en España”
www.revistasice.com
Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) www.aecoc.es
Federación Galega de Comercio http://www.comerciogalicia.com/index.php
Revista Distribución Actualidad www.distribucionactualidad.com
Revista Distribución y Consumo y otras publicaciones de MERCASA 
www.mercasa.es

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Marketing/611G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías