Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Distribución Comercial Código 611G02030
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Rey García, Marta
Correo electrónico
marta.reyg@udc.es
Profesorado
Rey García, Marta
Salido Andrés, Noelia
Correo electrónico
marta.reyg@udc.es
noelia.sandres@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo xeral desta materia é introducir ós alumnos á realidade do sector da distribución comercial, facendo fincapé na xestión estratéxica desta área do marketing e nas oportunidades que supón para a mellora competitiva das organizacións e para a satisfacción dos seus clientes. Para tal fin, se introducirán o marco teórico e institucional, as grandes tendencias derivadas da internacionalización e aplicación das novas tecnoloxías da información e da comunicación no sector, e as expectativas das partes interesadas nunha xestión sustentable da cadea de suministro. Neste contexto explicaranse o funcionamento e dinámicas dos diferentes canles de distribución, intermediarios e formatos comerciais, tanto offline como online, a relevancia do merchandising e da loxística minorista, e os aspectos éticos e legais da distribución comercial. Se fará especial fincapé na distribución sustentable e a sua relación coa economía circular
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
– Sesións interactivas para desenvolver e presentar estudos de caso (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
– Seminarios (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
– Proba de resposta múltiple (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Moodle)

*Metodoloxías docentes que se modifican
– Se elimina o requisito de asistencia a partir da suspensión da actividade presencial


3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Moodle: De uso para consultar os materiais do curso, solicitar tutorías e facer o seguimento dos estudos de caso.
– Teams: sesións para titorías individuais ou en grupo reducido

4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.

1. SITUACIÓNS:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente

2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Mantéñense os mesmos que figuran na guía docente

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Valorar a importancia do sector da distribución comercial dentro da economía e da variable distribución e o seu carácter estratéxico dentro do marketing, como fonte de avantaxe competitiva, incluido no sector servicios. - Describir a situación actual e futuras tendencias da distribución con especial referencia aos fenómenos de concentración e internacionalización, impacto das novas tecnoloxías da información e da comunicación (transformación digital) e xestión sustentable da cadea de suministro (RSC). - Coñecer as diferentes estructuras de comercialización existentes e as diferentes clasificacions dos canales e os intermediarios, tanto offline como online. Comprender as implicacións da omnicanalidade. - Coñecer as características dos diferentes formatos de comercio que integran un sistema comercial, tanto físicos como online. - Coñecer as ferramentas comerciais, incluidas as ventas personais, sobre as que se constrúe unha estratexia de distribución comercial exitosa. - Analizar as decisións de surtido, estratexias de marca de distribuidor, precios, loxística e merchandising das empresas minoristas. - Coñecer o entorno legal no que se desenvolve a distribución comercial e as suas implicacións éticas, con especial atención á sustentabilidade, á economía circular e á RSC das empresas de distribución. A1
A2
A3
A4
A5
A6
A8
A9
A11
A12
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C2
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: MARCO TEÓRICO DA DISTRIBUCIÓN COMERCIAL Fontes de información e conceptos básicos
Funcións da distribución comercial nas estratexias de marketing
Introducción á historia do retail contemporáneo
A distribución comercial e o seu papel na economía e na sociedade
Tendencias da distribución comercial a nivel nacional e internacional
TEMA 2: DESEÑO E ELECCIÓN DO CANAL DE DISTRIBUCIÓN


Canles de distribución: definición, funcións, tipos
Avantaxes e desventaxas dos intermediarios
Deseño e selección do canal: obxectivos, etapas e alternativas off-line e on-line
Estratexias multicanal e omnicanalidade
Contratos máis habituais nos canais de distribución
TEMA 3: DINÁMICA DOS CANLES DE DISTRIBUCIÓN

Fluxos do canle de distribución
Terceira tipoloxía de canles de distribución: grado de vinculación
Avantaxes e desventaxas da integración vertical
Estructurando o canle de distribución e xestionando dinámicas de conflicto e colaboración
Marcas de fabricante e marcas de distribuidor
TEMA 4: INTERMEDIARIOS E FORMATOS COMERCIAIS


O surtido
Intermediarios comerciais: tipos
Formatos comerciais: definición
Formatos comerciais maioristas e minoristas: definición, clasificación e tendencias, tanto offline como online
Ciclo de vida e reinvención de formatos comerciáis
TEMA 6: MERCHANDISING
Introducción, concepto e evolución
Disposición do punto de venta
Merchandising sensorial
Animación do punto de venta
Promocións de ventas
TEMA 7. LOXÍSTICA MINORISTA Orixe, importancia e conceptos básicos
Xestión da cadea de suministro e KPIs
Funcións e áreas da loxística
Loxística inversa
Xestión loxística: niveis de servicio e custes de almacenamento, control e manipulación de mercancías
Sistemas de codificación comercial
Trazabilidade
TEMA 5: DISTRIBUCIÓN SUSTENTABLE, RESPONSABILIDADE SOCIAL DAS EMPRESAS DE DISTRIBUCIÓN E NORMATIVA LEGAL
Sustentabilidade
Responsabilidade social corporativa no sector distribución
Xestión sustentable da cadea de suministro das empresas de distribución
Economía circular e consumo responsable
Normativa básica de aplicación: europea, estatal e autonómica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A12 B8 C2 C8 25 50 75
Seminario C4 C5 C6 C7 4 0 4
Proba de resposta múltiple A4 A5 B4 B6 B9 B10 C1 1 0 1
Sesión maxistral A1 A2 A3 A6 A8 A9 A11 B1 B2 B3 B5 B7 17 51 68
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Se utilizarán diferentes materiais (casos prácticos, materiais audiovisuais, lecturas) tanto na aula para complementar a docencia teórica e teórico-práctica (prácticas individuais), como fora da aula para preparar os proxectos prácticos en equipo que constitúen o obxeto da avaliación continua.

A profesora responsable da asignatura preparará unha programación semanal para que os alumnos podan preparar as prácticas con antelación e darlles seguemento. Se recomenda a asistencia a todas as sesións da asignatura dado o seu carácter evaluable, incluidas as presentacións de todos os proxectos prácticos de equipo e as conferencias invitadas.
Seminario Se farán tutorías en grupos reducidos (15 alumnos máximo) para resolver dúbidas da asignatura, e en particular para seguemento dos proxectos prácticos en equipo.
Proba de resposta múltiple Examen tipo test de resposta múltiple donde unha sola opción é correcta e as respostas incorrectas penalizan.
Sesión maxistral Se explicarán na aula os fundamentos dos contidos da asignatura utilizando apoios audiovisuais, discusións dirixidas, casos prácticos e outras metodoloxías interactivas.

A profesora responsable da asignatura preparará unha programación semanal para que os alumnos podan preparar as sesións maxistrais con antelación e darlles seguemento. Se recomenda a asistencia a todas as sesións da asignatura dado o seu carácter evaluable, incluidas as presentacións de todos os proxectos prácticos de equipo e as conferencias invitadas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Seminario
Descrición
A atención personalizada mediante titorías individuais e titorías en grupo reducido proporcionarase vía Teams, previa solicitude vía email/Moodle.

Se facilitará atención personalizada para resolver dúbidas específicas sobre os contidos da asignatura, recomendar recursos bibliográficos e documentais adicionais para o estudo de casos, e dar seguemento en grupos reducidos ó proxecto práctico en equipo. Igualmente nos seminarios se poden atender dúbidas individualmente, ademais de ter lugar unha aprendizaxe colaborativa.

Na plataforma virtual da UDC se depositarán e/ou indicarán os casos e demáis material docente imprescindible para facilitar ó alumnado o seguemento das sesións de docencia interactiva, co seu correspondente calendario. O material será comentado e ampliado na aula cos alumnos asistentes de xeito interactivo, e os casos e demáis materiais prácticos asignados serán, primeiro, presentados polos equipos de alumnos responsables, e despóis, obxeto de discusión dirixida en plenario. Por tanto se recomenda a tódolos alumnos tanto a asistencia como a lectura dos devanditos materiais con antelación á sesión que corresponda. Asimesmo se recomenda ós alumnos a asistencia as tutorías para resolver de modo personalizado cualquera dúbida sobre os casos e demáis traballos susceptibles de avaliación continua.

O obxectivo da atención personalizada consistirá en resolver dúbidas relativas á preparación dos proxectos e casos prácticos, tanto no caso dos alumnos matriculados en réximen de dedicación a tempo completo como no caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A12 B8 C2 C8 A calificación correspondente á avaliación continua procede da suma de:

- un 10% da calificación global obtido a partir da asistencia presencial e individual a tódalas sesións, tanto expositivas como interactivas, da materia, incluidas todas as presentacións de proxectos prácticos e as conferencias invitadas.
- un 30% da calificación obtida por cada alumno participante nun proxecto práctico en equipo elaborado fora da aula conforme ás indicacións da profesora responsable da asignatura e asignado previamente por ela, e presentado oralmente en sesión plenaria na aula. O proxecto práctico poderá versar sobre casos prácticos ou lecturas recomendadas, complementados por bibliografía e webgrafia relevantes. Facilitaráse a tutoría específica deste traballo en caso de ser necesaria. Todos os membros dun mesmo equipo de traballo obterán a mesma calificación.
40
Proba de resposta múltiple A4 A5 B4 B6 B9 B10 C1 Examen tipo test de resposta múltiple administrado vía Moodle donde unha sola opción é correcta. As respostas erróneas penalizan. Es imprescindible aproba-lo examen (calificación maior ou igual a 5) para aprobar a asignatura.

Son materia de examen todos os contidos abordados na aula, tanto presencial como virtualmente, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións teórico-prácticas e nas sesións prácticas; tanto individuáis como de presentación e discusión de traballos de equipo. Os contidos de todos os proxectos prácticos en equipo serán polo tanto avaliables.

É importante que os estudantes aborden o estudo individual dos contidos apoiándose en todos os materiais dispoñibles en moodle (apoios visuais, prácticas individuáis, lecturas recomendadas, lexislación) e nas notas tomadas na aula para a mellor comprensión dos exemplos reais utilizados para ilustrar os contidos

É importante complementar esos materiais coa revisión individual polos estudantes dos manuais recomendados da asignatura para aclarar calquera dúbida
60
 
Observacións avaliación
Os devanditos criterios de avaliación aplicarán tanto á primeira como á segunda oportunidade, e incluirán aos estudantes Erasmus e de intercambio.

Os alumnos que suspendan a proba de resposta múltiple (examen) figurarán en actas coa calificación obtida no mesmo.

Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que únicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

A avaliación continua só terá validez para o curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a materia no seu conxunto na primeira e na segunda oportunidade, a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. Neste caso, é dun 60% no exame e 40% da puntuación obtida na avaliación continua.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información (teléfonos e outros dispositivos móviles, smartphones, etc.).

Para os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica a calificación obtida no exame terá unha ponderación do 100%.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

Vázquez Casielles, R., Trespalacios Gutiérrez, J.A. (2006): Estrategias de distribución comercial. Diseño del canal de distribución y relación entre fabricantes y detallistas, Thomson Paraninfo, Madrid 

Artículos, capítulos, informes y casos indicados en moodle



GRUPO BILINGÜE

Recommended textbooks:
Berman, Barry R. & Evans, Joel R. (2013): Retail Management: A Strategic Approach, Prentice Hall.
Levy, Michael & Weitz, Barton A. (2012): Retailing Management, McGraw-Hill.

Papers, chapters, reports and cases indicated in moodle
Bibliografía complementaria

BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA

http://catedrafundacionarecesdcuniovi.es/publicaciones-libros-publicados-es.html 

Vázquez Casielles et al. (coord.) (2010) Distribución Comercial y Comportamiento del Consumidor, Cátedra Fundación Ramón Areces de Distribución Comercial 

Vázquez Casielles et al. (coord.) (2011): Estrategias competitivas en canales de distribución comercial tradicional versus on-line 

Díez de Castro, Enrique y Navarro García, Antonio: “Naturaleza de la distribución comercial” 

Díez de Castro, E.C., Landa Bercebal, F.J., Navarro García, A. (2006): Merchandising. Teoría y práctica, Pirámide, Madrid.

Logística / Soret Los Santos, Ignacio (2010): Logística y operaciones en la empresa, ESIC, Madrid

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución ao Marketing/611G02015

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías