Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Dirección Estratéxica e Política Empresarial II Código 611G02033
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Garcia Rodriguez, Rafael Maria
Correo electrónico
rafael.garcia.rodriguez@udc.es
Profesorado
Garcia Rodriguez, Rafael Maria
Correo electrónico
rafael.garcia.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Este segundo curso de dirección estratéxica e políticas de empresa céntrase no estudo e deseño de políticas de empresa efectivas, utilizando a dinámica de sistemas como ferramenta de análise. Esta metodoloxía permite explorar novas estratexias e desenvolver unha profunda comprensión da empresa como sistema complexo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Xestionar e administrar unha empresa ou organización de pequeño tamaño, entendendo a súa ubicación competitiva e institucional e identificando as súas fortalezas e debilidades.
A2 Integrarse en calquera área funcional dunha empresa ou organización mediana ou grande e desempeñar con soltura calquera traballo de xestión nela encomendada.
A3 Valorar a partir dos rexistros relevantes de información a situación e previsible evolución dunha empresa.
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A6 Identificar as fontes de información económica relevante e o seu contido.
A8 Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais.
A9 Usar habitualmente a tecnoloxía da información e as comunicación en todo a seu desempeño profesional.
A10 Ler e comunicarse no ámbito profesional nun nivel básico en máis dun idioma, en especial en inglés
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender as relacións entre os resultados, a estrutura interna e as políticas funcionais dunha empresa, así como a dependencia entre os resultados e o comportamento de clientes, competidores, provedores e da contorna económica xeneral. Desenvolver e fortalecer a perspectiva de dirección xeral no deseño de políticas de empresa. Coñecer as ferramentas de análises de políticas funcionais e as perspectivas teóricas e metodolóxicas dispoñibles. B1
B3
B5
B7
B8
B10
C4
C5
C6
C7
Experimentar de maneira sistémica os efectos secundarios a longo prazo das decisións, explorar novas estratexias e desenvolver unha profunda comprensión do comportamento de sistemas complexos como a empresa. A1
A2
A3
A6
A8
A9
A11
B2
B6
Visualizar unha organización empresarial en termos das estruturas e políticas que crean o seu comportamento dinámico e regulan o seu rendemento. Desenvolver unha conciencia dos efectos dinámicos das accións estratéxicas da empresa e dos seus rivais na estratexia competitiva e na estratexia corporativa da empresa. Desenvolver hábitos de pensamento sistémico ordenado e capacidade de síntese, así como habilidades na presentación de conclusións de forma eficaz e convincente tanto en forma escrita como oral, acerca dos problemas da toma de decisións estratéxicas nunha empresa. Iniciar a aprendizaxe do traballo en equipo interfuncional, aprendendo a dialogar e a tomar decisións. A4
A5
A10
B4
C1
C8

Contidos
Temas Subtemas
Os seguintes temas desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: - Perspectiva dinámica da estratexia empresarial e o deseño de políticas de empresa.
- Políticas de produción e de man de obra: políticas de produción e inventarios, políticas de previsión, políticas de man de obra.
- Interdependencias con clientes, provedores e competidores.
- Control financeiro das políticas de empresa.
- Políticas de crecemento empresarial.
I. INTRODUCIÓN ÁS POLÍTICAS DE EMPRESA 1. Conceptos básicos: Complexidade. Racionalidade. Políticas de empresa. A simulación como ferramenta de aprendizaxe.
2. Introdución ao pensamento sistémico: Introdución á dinámica de sistemas. Diagramas causales e diagramas de fluxo. Arquetipos sistémicos. Elaboración dun modelo de simulación.
II. MODELOS DE POLÍTICAS DE EMPRESA 3. Modelo básico de política de compras.Diagrama causal e de fluxos Estrutura das políticas de compras. Utilización do modelo de simulación.
4. Modelo básico de política de produción e política de persoal.
Diagrama causal e de fluxos. Estrutura das políticas de produción e de persoal. Utilización do modelo de simulación.
III. ANÁLISE E DESEÑO DE POLÍTICAS DE CRECEMENTO 5. Difusión de novos produtos. Modelo de difusión de Bass.
Ampliacións do modelo de Bass. Utilización do modelo de simulación.
6. Políticas de crecemento empresarial: Interdependencia entre o mercado, a empresa e os competidores. O crecemento sustentable. Políticas de investimento e crecemento. Políticas financeiras e crecemento. Políticas de márketing e crecemento de vendas. Modelo de políticas de crecemento.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 10 20 30
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 4 16 20
Simulación A1 A2 A3 A4 A10 B1 B3 B4 B5 B8 C6 C7 C8 10 20 30
Sesión maxistral A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C6 C8 22 44 66
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Exporanse en clase diferentes problemas que se someterán a unha análise por parte do alumnado. Algúns destes problemas poden requirir unha análise sistémica mediante a metodoloxía de dinámica de sistemas. Para a discusión deste tipo de problemas desenvolveranse en clase diferentes diagramas causais e de fluxo nos que se incorporarán diferentes políticas. Os problemas expostos permitirán reforzar no alumno aqueles conceptos, estruturas e políticas capaces de orixinar determinados patróns de comportamento (arquetipos sistémicos).
Proba mixta A proba final é unha proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test, preguntas de resposta moi breve e preguntas de desenvolvemento. Esta proba final realizarase o día, hora e aula que figure no calendario oficial de exames fixado pola Xunta de Facultade.
Simulación Consiste no uso intensivo dos modelos de simulación proporcionados polo profesor para cada unha das políticas estudadas, seguindo os correspondentes pasos para a súa análise. Esta metodoloxía permite o estudo de diferentes políticas de empresa, enmarcando cada unha delas nos apartados correspondentes dos contidos da materia. En cada unha das situacións expostas, os estudantes e o profesor involúcranse nun proceso de análise e discusión profundos acerca das consecuencias das políticas aplicadas.
Sesión maxistral Para o desenvolvemento da clase maxistral o alumnado dispoñerá previamente do material de estudo (temas e modelos de simulación) necesario para o seguimento da clase. A exposición do profesor farase asumindo que o alumnado xa traballou previamente o material correspondente, o que lle permitirá seguir cun maior aproveitamento os aspectos fundamentais do tema exposto. Igualmente, o alumnado exporá as dúbidas existentes que serán aclaradas polo profesor para toda a clase. Expoñeranse nas clases presenciais os contidos teóricos e prácticos da materia, orientando ao alumno tanto na metodoloxía de traballo máis apropiada como no material bibliográfico complementario que lle permitirá profundar naqueles aspectos que lle resulten de máis interese. O tempo dedicado a cada un dos capítulos en que está dividida a materia será proporcional á súa extensión e ao seu grao de dificultade. O profesor, ademais de atender ás cuestións expostas polos alumnos nas sesións maxistrais, atenderaos de forma máis ampla e personalizada nas sesións de titorías reducidas. Igualmente, na sesión maxistral o alumno pode intervir, previa petición da palabra, para preguntar, aclarar ou expoñer o seu punto de vista sobre o tema que no momento da súa intervención estea a tratarse.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Proba mixta
Simulación
Descrición
Con carácter xeral e para todas as metodoloxías, está deseñada para atender e aclarar aquelas cuestións que lle xurdan ao alumnado na preparación da materia. Orientarase para a resolución autónoma das dúbidas mediante a utilización dos modelos de simulación dispoñibles. Incidirase neste aspecto especialmente durante o mes inicial do curso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 Mediante a formulación e a resolución de problemas, realizarase un seguimento continuo da aprendizaxe do alumnado por parte do profesor. O detalle dos distintos problemas a resolver ao longo do curso, así como os distintos pasos e prazos para a súa resolución, serán detallados polo profesor durante as clases. Dependendo da natureza do problema para resolver, estes poden requirir unha resposta individual ou en grupo. Os distintos problemas terán que resolverse dentro do prazo fixado polo profesor. Non se valorará ningún traballo fóra dese prazo. A cualificación de cada problema variará en función do seu grao de dificultade. 40
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 A proba final é proba mixta, que consistirá nunha combinación de preguntas tipo test, preguntas de resposta moi breve e preguntas de desenvolvemento.
60
 
Observacións avaliación

Asistencia ás clases co
maior grao de participación posible. Utilización do material de estudo
proporcionado (temas e modelos de simulación) e da bibliografía recomendada no
programa. Resolver sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento
das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario. A.-Exame
(proba mixta final): 60% da cualificación. B.-Avaliación continua (solución de
problemas): 40% da cualificación. A nota agregada deberá ser igual ou superior
a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia. A estes efectos, establécense unha serie de
mínimos a superar tanto na parte A como na B. Parte A: é necesario obter unha
cualificación mínima de 2,5 sobre 6 na proba final. Parte B: establécese unha
cualificación mínima de 1,5 sobre 4 na resolución de problemas. A cualificación
da avaliación continua ha de ser obtida necesariamente ao longo do curso e o
seu desenvolvemento aterase ás instrucións proporcionadas polo profesor. Cando non se supere o mínimo establecido en calquera delas a cualificación final será igual ao mínimo de 4 ou a suma da nota das dúas partes

Os
criterios de avaliación son os mesmos para a primeira e segunda oportunidade de
cada convocatoria, así como para a convocatoria adiantada. A convocatoria
adiantada só supoñerá o adianto da proba final (parte A), sendo necesario
seguir os criterios de avaliación expostos con anterioridade para a avaliación
continua (parte B), para o que é necesario seguir o calendario de entrega normal establecido
no curso. No caso de alumnado con dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma virtual
e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión
de contidos, titorías e entrega de traballos. Acordarase ao comezo de curso un
calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, pero terán o
mesmo deber de realizar actividades e de acudir a calquera tipo de proba de
avaliación que o alumnado a tempo completo. A efectos de cualificación, a
cualificación de non presentado corresponde ao alumnado cando só participe en
actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación conseguida.

O
comportamento fraudulento en calquera dos apartados sometidos a valoración
supoñerá a cualificación de cero puntos na avaliación final. Os únicos
utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos
para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, e goma de borrar. Está
expresamente prohibido ter acceso durante o exame a teléfonos móbiles e
calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento
de información. A non observancia desta norma supón o que se considere como
realizada de modo fraudulento a proba. O alumnado terá que acreditar a súa
identidade de acordo coa normativa vixente.


Fontes de información
Bibliografía básica

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:

Maani, K. E., and R. Y. Cavana. 2007. Systems Thinking, System Dynamics: Managing Change and Complexity, Second Edition. Auckland: Pearson Education New Zealand.

Trátase dunha introdución ao comportamento dinámico dos sistemas complexos, xestión do cambio, toma de decisións, solución de problemas de grupo e aprendizaxe organizacional.

Morecroft, J. 2007.Strategic Modelling and Business Dynamics: A Feedback Systems Approach. Chichester: John Wiley & Sons.

Mostra o uso de modelos para a dirección estratéxica usando "simuladores de xestión" e unha serie de exemplos do mundo real.

Senge, P. M. (1990). La Quinta Disciplina. El arte y la práctica de la organización abierta al aprendizaje. Ediciones Juan Granica, S.A., Barcelona.

Na quinta disciplina, Senge describe como as empresas poden librarse da "aprendizaxe nociva" que ameaza a súa produtividade e éxito. As ferramentas necesarias serian a adopción de estratexias de aprendizaxe nas organizacións, o uso de arquetipos sistémicos e modelos de simulación xogan un papel determinante.

Sterman, J. D. 2000.Business Dynamics: Systems Thinking and Modeling for a Complex World. Boston: Irwin/McGraw-Hill.

Contén unha completa introdución aos principios para o modelado de sistemas dinámicos complexos e inclúe modelos de simulación, exercicios e estudos de casos.

Warren, K. D. 2002. Competitive Strategy Dynamics. Chichester: John Wiley & Sons.

Warren, K. D. 2007.Strategic Management Dynamics. Chichester: John Wiley & Sons.

Estes dous libros introducen un enfoque práctico para entender a dinámica dos resultados da empresa e a análise da súa estratexia. É especialmente útil a análise que estes libros efectúan da rivalidade competitiva.
MATERIAL DE APOIO:
Os diferentes temas apoiaranse en modelos de simulación elaborados polo profesor, para facilitar a aprendizaxe do alumno mediante a experimentación directa cos mesmos. Para utilizar os devanditos modelos o alumno ten que instalar no seu equipo informático o programa Vensim Model Reader, un software libre que lle permite utilizar os modelos elaborados con Vensim sen necesidade de comprar o programa. O programa pódese descargar gratuitamente en www.vensim.com, e estará a disposición do alumno na plataforma Moodle.

Cada un dos modelos estará a disposición dos alumnos na plataforma moodle coa antelación suficiente para poder seguir as explicacións e poder reproducir as simulacións explicadas.

ACLARACIÓN IMPORTANTE:
Independentemente das referencias anteriores, o profesor irá incluíndo ao longo do curso na plataforma Moodle, material complementario de apoio e poderá en calquera momento recomendar outras referencias que pola súa actualidade e interese poidan axudar ao alumno na preparación da materia.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Dirección Estratéxica e Política Empresarial I/611G02025

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Contabilidade Directiva/611G02032
Planificación Financeira/611G02034
Dirección Comercial/611G02035

Materias que continúan o temario

Observacións

O carácter directivo da materia esixe ao alumno unha formación integral en todas as materias da carreira. Por tanto na materia vanse contemplar de forma transversal contidos pertencentes a outras disciplinas especialmente as materias que se recomenda cursar simultaneamente.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías