Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Políticas Sociais e Medioambientais da Empresa Código 611G02038
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 1
Coordinación
Dopico Castro, Jesus angel
Correo electrónico
jesus.angel.dopico@udc.es
Profesorado
Dopico Castro, Jesus angel
Pena Lopez, Jose Atilano
Correo electrónico
jesus.angel.dopico@udc.es
atilano.pena@udc.es
Web
Descrición xeral A finalidade da materia é introducir ó alumno na análise da relación bidireccional entre empresa e entorno social e ambiental. Este estudo conleva tanto a análise da interrelación entre ética e empresa coma o dos enfoques, a planificación e avaliación da Responsabilidade Social Corporativa (RSC) ou empresarial (RSE). Por tanto, búscase unha maneira de entender a xestión empresarial atenta ás esixencias internas e do entorno. O enfoque do curso considera tanto o analítico como o esencialmente práctico: tanto a dimensión sobre a reflexión ética, social e medioambiental do funcionamento empresarial como as metodoloxías aplicadas ás empresas, o estudo de casos e incluso o encontro con profesionais ligados ás cuestións plantexadas pola materia.
En conxunto está plantexada en dous bloques: O primeiro bloque céntrase na introdución do debate ético no campo da economía e da xestión empresarial. Xunto a elo revísanse os enfoques e estratexias da denominada Responsabilidade Social Corporativa. No segundo bloque préstase unha especial atención ós aspectos ambientais, así como se opta por adicar un amplo apartado ó estudo das empresas sociais, dada a importancia do sector e o particular carácter deste tipo de emprendemento.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Emitir informes de asesoramento sobre situación concretas de empresas e mercados.
A5 Redactar proxectos de xestión ou de áreas funcionais da empresa.
A11 Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos.
A12 Comunicarse con fluidez no seu contorno e traballar en equipo.
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Analizar os condicionantes de tipo social e ambiental ós que debe dar resposta a empresa e saber xestionar ditos condicionantes A4
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C4
C5
C7
C8
Coñecer as implicacións éticas da actividade empresarial e ser capaz de analizalas e xestionalas axeitadamente. Dominar os aspectos relacionados ca responsabilidade social corporativa A4
A11
A12
C4
C5
C6
C7
C8
Coñecer o funcionamento da economía social e saber analizar as características fundamentais e os procesos de actuación das empresas que actúan en dito entorno A4
A5
C4
C5
C7
C8
Analizar os procesos de adaptación das empresas á política medioambiental e coñecer os principios básicos de sustentabilidade no eido empresarial. Coñecer os obxectivos e instrumentos de xestión ambiental pública e privada A4
A5
C1
C4
C5
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Ética e empresa 1.1.A ética na economía e a ética empresarial
1.2.Cultura organizativa e valores éticos.
1.3.O capital social e os recursos e capacidade da empresa.
1.4.Os códigos éticos empresariais e o bo gobierno corporativo
1.5.Casos prácticos
Tema 2. Responsabilidade social corporativa 2.1.Enfoques de RSC: Os stakeholders e o funcionamento da empresa
2.2.Os ámbitos de la RSC: interna e externa
2.3.As estratexias de RSC.
2.4.Casos prácticos
Tema 3. Instrumentos de xestión e medida da RSC 3.1.A medición de resultados económicos, sociais e medioambientais.
3.2.Contabilidade e información sobre desenvolvemento sostible
3.3.Información “triple bottom line”.
3.4.As memorias de sustentabilidade
Tema 4. Empresas de economía social 4.1. Inicios, desenvolvemento e situación actual da economía social
4.2. Teoría económica e análise económico-financieiro da empresa cooperativa
4.3. As políticas públicas e a economía social
4.4. Lecturas e aplicacións prácticas
Tema 5. A política ambiental na empresa 5.1. A política ambiental: Fundamentos, objxectivos e instrumentos
5.2. Adaptación da empresa á política ambiental
5.3. Empresa e cambio climático
5.4. Lecturas e aplicacións prácticas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A4 A5 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C6 13 26 39
Obradoiro A11 A12 B3 B7 4 0 4
Sesión maxistral A11 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B10 C4 C5 C6 C7 C8 17 51 68
Proba obxectiva A11 B2 B3 B4 2 0 2
Análise de fontes documentais A4 A5 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C6 12 24 36
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Análise en clase interactiva de casos sobre o entorno social e ambiental da empresa e sobre as políticas sociais e medioambientais das empresas
Obradoiro Sesión en grupo reducido con diversas finalidades, dependendo das necesidades que se deriven do momento do curso no que se acorde desenvolver o obradoiro
Sesión maxistral Clases expositivas sobre os temas teóricos do programa da materia
Proba obxectiva Exame con preguntas de resposta corta sobre os contidos teóricos da materia.
Análise de fontes documentais Análise nas clases interactivas de lecturas, textos, conxuntos de datos ou elementos similares relacionados co contido teórico da materia e que permiten profundizar no mesmo mediante exemplos concretos ou desenvolvementos teóricos de maior amplitude ca os presentados nas clases expositivas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Estudo de casos
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
A atención persoalizada ten un carácter integral no desenvolvemento da materia, sendo posible dita atención en calquera das metodoloxías empregadas na materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A4 A5 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C6 Valoración dos análises de lecturas, textos e conxuntos de datos realizados en clase. A suma da valoración deste apartado e a do de estudo de casos terá un valor máximo de 5 puntos. 25
Estudo de casos A4 A5 B3 B4 B5 B6 B8 C1 C6 Valoración dos estudos de casos realizados en clase. A suma da valoración dos estudos de casos e doa análises de fontes documentais terá un valor máximo de 5 puntos. 25
Proba obxectiva A11 B2 B3 B4 Exame teórico da materia, consistente en preguntas cortas, cunha valoración máxima de 5 puntos 50
 
Observacións avaliación

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira oportunidade.


Fontes de información
Bibliografía básica Porter, M. E. y Kramer, M. R (2006). "Strategy and Society: The Link Between Competitive Advantage and Corporate Social Responsibility". Harvard Business Review
Lozano, José Felix (2004). Códigos éticos para el mundo empresarial. Madrid, Trotta
Crane, Andrew (2008). Corporate Social Responsibility: readings and cases in a global context.. London, Routledge
Novkovic, Sonja (2008). Defining the co-operative difference. The Journal of Socio-Economics
Labandeira, Xavier; León, Carmelo J. y Vázquez, Mª Xosé (2007). Economía ambiental. Madrid, Pearson
Pearce, David W. y Turner, R. Kerry (1995). Economía de los recursos naturales y del medio ambiente. Madrid, Celeste Ediciones
Grávalos, María Asunción (2002). Economía social. Oviedo, Septem Ediciones
Ballestero, Enrique (1990). Economía social y empresas cooperativas. Madrid, Alianza Universidad
Vegara, Josep M. (dir.) (2009). El cambio climático: Análisis y política económica. Barcelona, Servicio de Estudios de la Caixa
Camacho, Ildefonso et al (2006). Ética de la empresa. Bilbao, Descleé
Cortina, Adela (2003). Ética de la empresa: claves para una nueva cultura empresarial. Madrid, Trotta
Giddens, Anthony (2010). La política del cambio climático. Madrid, Alianza Editorial
Carneiro, Manuel (2009). La responsabilidad social corporativa interna. Barcelona, Esic
Monzón Campos, José Luis (2012). Las cooperativas ante la globalización: magnitudes, actividades y tendencias. Ekonomiaz
García Delgado, José Luis (dir.) (2009). Las cuentas de la economía social. Pamplona, Civitas
Monzón Campos, José Luis (dir.) (2010). Las grandes cifras de la economía social en España. Valencia, Ciriec España
Chaves, Rafael (2012). Las políticas públicas y las cooperativas. Ekonomiaz
AECA (2004). Marco conceptual de las Responsabilidad Social Corporativa. Madrid, Serie Responsabilidad Social Corporativa. Documento nº 1. y nº 3.
Vargas Escudero, Leonor (2006). Mitos y realidades de responsabilidad social corporativa en España; un enfoque multidisciplinar,. Cizur, Civitas
Navarro, Fernando (2008). Responsabilidad social empresarial: Teoría y práctica. Madrid, Esic

Aclaración importante sobre a bibliografía básica: As referenzas bibliigráficas introducidas no apartado de bibliografía básica serán empregadas en maior ou menor medida ó longo das clases expositivas e interactivas do curso. Aínda así poderánse proporcionar ós alumnos materiais diferentes dos que aquí figuran, tales como textos, capítulos de libros, artigos ou conxuntos de datos ca finalidade de seren analizados nas clases interactivas ou de complementar as clases teóricas. Ademáis poderáse introducir ó longo do curso bibliografía básica adicional se así o aconsella a evolución das clases ou se se publica algunha referenza bibliográfica nova ó longo dos próximos meses.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías