Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Facenda Pública. Fiscalidade empresarial Avanzada Código 611G02040
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Sieiro Constenla, Maria Milagros
Correo electrónico
m.sieiro@udc.es
Profesorado
Fernández Fernández, Ignacio
Sieiro Constenla, Maria Milagros
Correo electrónico
ignacio.fernandezf@udc.es
m.sieiro@udc.es
Web
Descrición xeral Achegamento ás bases teóricas da fiscalidade nunha contorna internacional. Despois dunha parte introductoria tende a situar o alcance da materia no ámbito económico internacional, afrontarase o programa desde dúas perspectivas. En primeiro termo, o coñecemento das regras que determinan a tributación en España por parte de persoas ou entidades non residentes. A continuación, abordaranse os temas vinculados á planificación fiscal internacional, tanto da perspectiva de antielusión como de eliminación da dobre imposición internacional. O programa tamén inclúe un tema dedicado ao desenvolvemento on line de actividades económicas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
sen cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral, a trravés de Teams, onde, se avanzará nos contidos da materia teóricos e prácticos e que se fará na franxa horaria asignada a materia no calendario de aula habitual.
- Solución de problemas, sen cambios e feita a través de medios telemáticos Teams, espacio virtual preferentemente ou de forma individual mediante correo electrónico.
- Actividades iniciais, a través de Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Proba a efectos da evaluación será a exposición dun traballo da materia elexido polo alumno e orientado polo profesor. Onde se farán distintas preguntas sobre os contidos do mesmo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- correo electrónico: diariamente durante o período de traballo da materia (catrimestre).
- Espacio virtual: semanalmente, para formular consultas, depositar ficheiros e demás contidos da materia tanto teóricos como prácticos.
- Teams. Semanalmente para avanzar nos contidos teóricos e prácticos da materia, e traballar nos traballos elexidos ou propostos da materia.
4. Modificacións na avaliación
A evaluación consistirá na exposición e valoración dun traballo da materia a traves de Teams, seleccionado con antelación según acordo entre o alumno e profesor. Na defensa e exposición do traballo alternativamente se valorará por una parte a presentación ou exposición (incluido power, utilizado) e por outra parte o remate da exposición al alumnos se le farán distints preguntas do tema defendido que se evaluarán igualmente. A distribución da valoración será a seguinte: 50% exposición e presentacion; e 50% resolución das preguntas feitas polo profesor.
*Observacións de avaliación:
Na 2º oportunidade a evaluación manterase a mesma.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
sen cambios.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aspectos xerais da fiscalidade internacional B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C5
C6
C7
C8
Calculo do IRNR a partir de diferentes supostos B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
Interacción dos diferentes tipos de normas internas e internacionais aplicables B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10

Contidos
Temas Subtemas
Tema I. A fiscalidade internacional desde a perspectiva da teoría da Facenda Pública.

A nova economía
Condicionantes tributarios previos
Reformulación desde a perspectiva da teoría da Facenda Pública
Tema 2. Convenios para evitar a dobre imposición. Modelos de Convenio
Estrutura
Ámbito de aplicación
Principios Interpretación: Convivencia coa lexislación interna
Tema 3.- A fiscalidade do non residentes en España (I). Concepto de residencia fiscal
Os elementos persoais
Feito impoñible. Criterios de sujeción
Exencións
Tema 4. A fiscalidade do non residentes en España. (II). Rendas obtidas a través de establecementos permanentes. Concepto de establecemento permanente
Clases de establecemento permanente
A fiscalidade do establecemento permanente

Tema 5.- A fiscalidade do non residentes en España (III). Rendas obtidas sen establecemento permanente. Fiscalidade dos rendementos de traballo
Fiscalidade dos rendementos do capital inmobiliario
Rendementos de actividades económicas
Rendementos do capital mobiliario.
Fiscalidade das ganancias patrimoniais.
Tema 6.- A fiscalidade do non residentes en España (IV). Figuras especiais. Opción pola obrigación real de contribuír.
Retención na transmisión de bens inmobles por non residentes.
Gravame especial sobre bens inmobles de entidades de non residentes.
Tema 7.- A fiscalidade do non residentes en España (V). Aspectos formais e procedementos Obrigacións formais
Modelos de declaración.
Devolucións Consultas tributarias.
Procedemento amigable
Tema 8.- Programa BEPS Plans de Acción Antecedentes
Marco conceptual
Análise dos Plans de Acción
Incorporación ao dereito español
Tema 9.- Os prezos transferencia Os métodos para fixar os prezos transferencia na OCDE e en España.
A transcendencia dos Convenios para evitar a dobre imposición.
A incidencia do dereito comunitario.
Os acordos prezos en materia de de prezos transferencia
Tema 10.- Territorios cualificados como paraísos fiscais Concepto de paraíso fiscal.
Dereito comparado
Características e clases.
O Código de Conduta Comunitario.
Tema 11.- Restricións á deducibilidad de gastos financeiros Fundamento e evolución
A subcapitalización no ámbito xurídico
Os convenios en materia de dobre tributación e o principio de non discriminación
Plan de acción 4 BEPS
Tema 12.- As sociedades “holding” Concepto
Experiencia comparada O “holding” español.
As Entidades de Tenencia de Valores Estranxeiros
Tema 13.- A transferencia fiscal internacional
Elementos estruturais da transparencia fiscal internacional.
As institucións de investimento colectivo e a transparencia fiscal internacional.
A transparencia fiscal internacional e os Convenios para evitar a dobre imposición.
Tema 14.- A fiscalidade do comercio electrónico Formulación do problema. O enfoque internacional da fiscalidade do comercio electrónico.
As implicacións fiscais do comercio electrónico.
Tema 15.- Antielusión fiscal internacional Lexislación interna
Convenios internacionais
Asistencia mutua
BEPS. Directiva anti-elusión

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B1 B10 C1 C4 1 0 1
Sesión maxistral B3 B4 17 17 34
Seminario B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 4 6 10
Solución de problemas B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 25 25 50
Proba mixta B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C8 2 12 14
Traballos tutelados B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C8 2 30 32
 
Atención personalizada 9 0 9
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Cunha duración de dúas horas, preténdese introducir os conceptos básicos que constitúen o contido esencial do Tema 1 do programa.
Sesión maxistral Haberá un total de 17 horas. Darase as explicacións conceptuais necesarias para a comprensión da materia e unha orientación sobre as fontes bibliográficas que poden facilitar a comprensión. Estas sesións terán un carácter teórico.
Seminario Realizaranse dous seminarios cunha duración de 2 horas. Os alumnos dividiranse en grupos dun máximo de 20 estudantes. Utilizaranse para profundar en ámbitos da materia, previamente impartida nas sesións maxistrais, que requiran especial atención. Poderase acompañar dunha lectura e comprensión previa por parte do alumno dun texto adecuado a tal fin
Solución de problemas As 25 horas destinadas á solución de problemas terán como obxectivo coñecer o esquema liquidatorio dos os diferentes impostos, así como resolver os supostos que se expoñan en relación a cada un deles.
Proba mixta Será a proba máis relevantes desde o punto de vista da avaliación de alumno. Terá unha duración de dúas horas. A través de preguntas teóricas e de supostos prácticos preténdese valorar os coñecementos adquiridos en relación coas materias desenvolvidas previamente.
Traballos tutelados Proba complementaria a efectos da avaliación. Preténdese conseguir unha aplicación conceptual a un tema específico elixido polo alumno e orientado polo profesor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada consistirá, basicamente, en tutorías onde o profesor atenderá as cuestións que expoñan persoalmente os alumnos por mor das explicacións dadas durante as sesións maxistrais e aqueloutras que poidan xurdir no desenvolvemento dos traballos tutelados. As tutorías fixaranse antes do inicio do período docente.

Ademais, a dirección de correo electrónico do profesor estará a disposición dos alumnos para que estes poidan concertar unha atención personalizada fose dos horarios das tutorías, así como expor anticipadamente cuestións que poidan resolverse con posterioridade

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordase ao inicio do curso un calendario específico de titorias compatible coa súa dedicación

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C8 É a proba relevante a efectos da avaliación dos coñecementos adquiridos polos alumnos. Terá unha duración máxima de 2 horas. Consistirá nunhas preguntas teóricas de resposta curta (máximo 10 liñas)e varios supostos prácticos. A súa superación será imprescindible para aprobar a materia. Terá lugar, unha vez finalizado o período docente, na data oficial que se fixe. 70
Traballos tutelados B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C8 É obrigatorio e individual, sobre un tema específico previamente elixido por alumno. Non esixirá unha gran extensión (entre 5 e 10 folios), sendo exclusivamente autodidacta na análise e comentario do suposto elixido. Deberá entregarse antes da data da proba mixta. 30
 
Observacións avaliación

Calificación de Non Presentado. Obterá a cualificación de Non Presentado o alumno que non se presente a realizar a proba mixta. A simple entrega do traballo tutelado non implica a condición de presentado aos efectos da avaliación Chama antes de decembro. A clasificación dos alumnos que optaren pola sesión de decembro por diante será unha suma ponderada do exame final (70%) e avaliación continua curso de cualificación de 2015-16 (30%). Condicións para a realización das probas. Durante a realización das probas non terán acceso a calquera dispositivo que permite a comunicación co almacenamento EXTERIOR / ou. O alumno pode utilizar un non-gráfico e calculadora científica non programable. Exames escritos a lapis non serán aceptados. Os estudantes deben ser identificados por ID ou equivalente, para a realización da proba mesturado. O uso de información adicional, en particular para a realización da parte práctica da proba mixta, que será establecido en cada caso.

Para a avaiiación da segunda oportunidade terase en conta o resultado do traballo tutelado máis o resultado dunha nova proba mixta, con a mesma ponderación á da primeira avaliación.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. 


Fontes de información
Bibliografía básica CALDERON CARRERO, José Manuel (2008). Convenios fiscales internacionales y fiscalidad de la Unión Europea. Madrid
SERRANO ANTÓN, Fernando (2013). Fiscalidad Internacional. Madrid. ED. CEF
El plan de acción sobre evasión de bases imponibles y traslados de beneficios (BEPS). G20, OCDE y UE (2017). Jimenez - Valladolid, Domingo Jesús. Madrid
Lefebvre. El Derecho (2018). The impact of BEPS on digital economy. An analysis os Action 1. Madrid
CARMONA FERNÁNDEZ, Néstor (2011). Todo renta no residentes. Madrid. CISS

Bibliografía complementaria ARNOLD (2011). An introduction to the 2010 update to the OECD Model Tax Convection. . BIFD
OECD/G20 (2015). Base Erosion and Profit Shifting Project. OECD
BAENA/CALDERON, GARCÍA PRATS/LETE/MARTÍN (1999). Comentarios a la Ley del Impuesto sobre la Renta de No Residentes. Civitas. Madrid
VOGEL, K. (1997). Double Tax Convenction. Kluwer. Deventer. The Neetherlands
BAKER, Ph (1994 y 2006). Double Taxation Conventions and Internationmal Tax Law. Sweet and Maxwell. London
CARBAJO VASCO, Domingo (2015). El plan de acción de la iniciativa BEPS. Crónica Tributaria
SAN GADEA, Eduardo (2014). El resultado financiero en el IS. La ETVE. Madrid. Ed. CEF
EUROPEAN TAX HANDBOOK (2013). EUROPEAN TAX HANDBOOK. IBDF
SERRANO ANTON, Fernando (2013). Fiscalidad Internacional. Madrid. Ed. CEF
ABRUTYN,M. Y HALPHEN, Ch (1984). Income Tax Tratries. Administrative and Competent Authority Aspects, Tax Managment. Washington
CALDERÓN CARRERO, Jose Manuel (2000). Intercambio de información y fraude fiscal internacional. Ediciones CEF
RODRÍGUEZ LOSADA, S. (2012). Interpretación de los Convenios para evitar la doble imposición suscritos por España. Aranzadi. Madrid
CALDERÓN CARRERO, José Manuel (2012). Los precios transferencia en la encrucijada del siglo XXI. Netbiblo
CORDON EZQUERRO, Teodoro (Coord.) (2001). Manual de Fiscaliad Internacional . Insitituto de Estudios Fiscales
ABRIL ABADIN, Eduardo (1972). Métodos para evitar la doble imposición internacional.. XX Semana de Estudios de Derecho Financiero. IEF. Madrid
LÓPEZ ESPADAFOR, C. (2010). Principios básicos de fiscalidad internacional. Marcial Pons
AVI-YONAH,R.S. (1994). The structure of international Taxation: A proposal for simplification. Harvard Law Tax Seminar


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Contabilidade Financeira I/611G02013
Contabilidade Financeira II/611G02018
Facenda Pública Española. Sistema Fiscal/611G02031

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Contabilidade das Operacións Societarias/611G02027

Materias que continúan o temario
Facenda Pública. Fiscalidade empresarial Avanzada/611G02040

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías