Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Técnicas Estatísticas Aplicadas á Empresa Código 611G02045
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía Aplicada 2
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://www.udc.es/dep/ecoapl2/esteco1/tecnicas/
Descrición xeral Aprender a aplicación de Técnicas Estatísticas, comezando con técnicas básicas (Estatística Descritiva) e seguindo con técnicas máis específicas para datos multivariantes, datos cualitativos e Control de Calidade.
Aprender a empregar esas Técnicas coa axuda dun ordenador (mediante paquete estatístico)
Coñecer situacións e ámbitos nos que esas técnicas poden ser aplicadas.


Competencias do título
Código Competencias do título
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer Técnicas Estatísticas e a súa aplicación, comezando con técnicas básicas (Estatística Descritiva) e seguindo con técnicas máis específicas para datos multivariantes, datos cualitativos e Control de Calidade. B3
B4
B10
C1
C4
C5
C8
Aprender a empregar esas Técnicas coa axuda dun ordenador (mediante paquete estatístico) B6
B7
C1
C6
C7
C8
Coñecer situacións e ámbitos nos que esas técnicas poden ser aplicadas. B1
B2
B5
C1
C4
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1.- Análise Exploratoria 1.1 Estatística Descritiva
1.2 Depuración de datos
1.3 Contrastes
2.- Introdución á aplicación informática 2.1 Manexo dun paquete estatístico
3.- Control de Calidade

3.1 Conceptos básicos de Control de Calidade.
3.2 Aplicación do Control de Calidade mediante ferramentas informáticas.
4.- Métodos de Análise Multivariante 4.1.- Introdución á análise de datos multivariantes
4.2.- Aplicación de métodos multivariantes mediante ferramentas informáticas
5.- Análise de datos Cualitativos 4.1 Introdución á análise de datos cualitativos
4.2 Análise de datos cualitativos mediante ferramentas informáticas
6.- Teoría da Decisión 6.1 Introdución á Teoría da Decisión

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral B1 B2 B3 B4 B5 15 30 45
Obradoiro B10 C1 7 14 21
Prácticas a través de TIC C8 C7 10 30 40
Proba mixta C4 2 4 6
Aprendizaxe colaborativa C6 3 9 12
Traballos tutelados B7 C5 3 9 12
Seminario C6 C7 4 0 4
Proba oral B6 2 6 8
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia ...). O profesor pode contar co apoio de medios audiovisuais e informáticos e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. O obxectivo é introducir ao alumnado nos conceptos da materia, transmitirase así a base de coñecemento que o alumnado necesita para comezar o seu traballo e iniciar a súa aprendizaxe.
Obradoiro Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposición e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc.. Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como simple complemento das sesións maxistrais.
Dentro destas aulas realizaranse actividades de avaliación, que poderán ser mediante exercicios ou traballos, e individuais ou en grupo.
Prácticas a través de TIC Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado. Traballarase con apoio do ordenador, e reservarase para temas ou conceptos nos que a intensidade dos cálculos o recomenda. De xeito trasversal tamén se introducirá ao alumnado no traballo en estatística con medios informáticos.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta, que se corresponderá co exame final.
Como alternativa a esta proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor propoñerá probas mixtas intermedias, organizadas ao longo do período docente. Superar o conxunto destas probas intermedias será equivalente a superar a proba final.
Dado que que o obxectivo destas probas intermedias é motivar o traballo continuado, para poder realizalas será necesario obter un nivel mínimo nas actividades de avaliación que estean relacionadas coa materia avaliada na proba mixta.
Aprendizaxe colaborativa Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, na resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como a dos restantes membros do grupo. Previo á entrega dos traballos, adicaranse varias clases a que os alumnos expoñan as súas dúbidas e/ou dificultades coas que se atoparon na resolución dos mesmos. Deste xeito créase un debate entre eles, os seus compañeiros e o profesor que fomenta a interrelación no traballo e o espírito critico.
Ao remate dos traballos, cada grupo debera amosar o realizado, existindo diferentes posibilidades que dependerán de como avance a docencia: exposición oral ou escrita, ou avaliación informática.
Traballos tutelados En combinación coa aprendizaxe colaborativa e baixo a tutela do profesor o alumnado realizará varios traballos en grupo, enfocados na aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O profesor realizará o seguemento desta aprendizaxe de cara a valorar a adquisición dos coñecementos propostos para esta categoría.
Seminario Organizarase cada grupo de clase en dous subgrupos (a metade dos alumnos en cada un),
Realizaranse 4 horas de Seminario para cada un destes subgrupos, Neles atenderanse dúbidas e discutirase sobre as diferentes partes da materia, así como as actividades e traballos propostos a realizar sobre esa materia.
Proba oral Neste apartado incluese a exposición de traballos ou das actividades dos obradoiros

Atención personalizada
Metodoloxías
Aprendizaxe colaborativa
Obradoiro
Descrición
Atencion persoalizada ao alumno para a resolucion das dúbidas que puidesen aparecer, non só na resolucion de exercicios se non en calquera outra fase do proceso de aprendizaxe.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta C4 Realizarase unha proba mixta, que se corresponderá co exame final.

Como alternativa a esta proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesor propoñerá probas mixtas intermedias, organizadas ao longo do período docente. Superar o conxunto destas probas intermedias será equivalente a superar a proba final.
30
Obradoiro B10 C1 Nestas aulas o obxectivo principal será a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do profesorado: proposición e resolución de aplicacións da teoría, proposición e supervisión de traballos dirixidos, problemas, exercicios, presentación, exposición, debate ou comentario de traballos, aclaración de dúbidas sobre teoría, etc.. Sen embargo tamén é posible que o profesor expoña algúns conceptos, exposición orientada principalmente a deixar clara a súa aplicación ou en todo caso como simple complemento das sesións maxistrais.
Dentro destas aulas realizaranse actividades de avaliación, xa sexa mediante exercicios individuais ou exercicios realizados en grupo.
35
Traballos tutelados B7 C5 En combinación coa aprendizaxe colaborativa e baixo a tutela do profesor o alumnado realizará varios traballos en grupo, enfocados na aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
O profesor realizará o seguemento desta aprendizaxe de cara a valorar a adquisición dos coñecementos propostos para esta categoría.
35
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Freixa i Blanchart, M. y otros (1992). Análisis exploratorio de datos: nuevas técnicas estadísticas.  PPU

Aldás, J; Uriel, E. (2005) Análisis multivariante aplicado. Paraninfo

Levy Mangin, J (2003) Análisis Multivariable para las Ciencias Sociales. Pearson Educación

Hair, J.; Anderson, R., Tatham, R., Black, W. (1999) Análisis Multivariante. Prentice Hall

Pérez, C. (2011) Técnicas de Segmentación. Ibergaceta Publicaciones.

Bibliografía complementaria

Lind, R.; Marchal, W.; Mason, R. (2004) Estadística para administración y economía. Editorial Alfaomega

Lind, R.; Marchal, W.; Wathen. S. (2008) Estadística aplicada a los negocios y la economía. McGraw-Hill


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Estatística I/611G02006
Estatística e Introdución á Econometría/611G02014

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías