Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Prácticas en Empresas Código 611G02046
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 18
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Economía
Empresa
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Abeal Vazquez, Jose Pablo
Correo electrónico
j.abeal@udc.es
Profesorado
Abeal Vazquez, Jose Pablo
Alvarez Garcia, Begoña
Barreiro Viñan, Jose Manuel
Blanco Louro, Amalia
Calvo Porral, Cristina
Campo Villares, Manuel Octavio del
Enriquez Díaz, Joaquín
Garcia Lorenzo, Antonio
González López, Tamara
Iglesias Gomez, Guillermo
Montes Solla, Paulino
Pereira Saez, Maria Jose
Veiga Fernández, Luís Angel
Correo electrónico
j.abeal@udc.es
begona.alvarez@udc.es
jose.barreiro.vinan@udc.es
amalia.blanco.louro@udc.es
cristina.calvo@udc.es
m.campov@udc.es
joaquin.enriquez@udc.es
antonio.garcia.lorenzo@udc.es
tamara.gonzalez.lopez@udc.es
guillermo.iglesias@udc.es
paulino.montes.solla@udc.es
maria.jose.pereira@udc.es
l.veiga@udc.es
Web http://https://fee.udc.es/pag/practicas-academicas-externas/
Descrición xeral A información relativa a esta materia pode consultarse en detalle a través da normativa vixente que regula as prácticas académicas. Trátase dunha actividade formativa supervisada pola Universidade que ten como principal obxectivo a aplicación práctica dos coñecementos adquiridos polo estudantado durante o seu período de formación académica e o desenvolvemento de diferentes destrezas que lle faciliten a súa actividade profesional, empregabilidade e aptitude emprendedora.

Competencias do título
Código Competencias do título
B1 CB1-Comprender coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria general, que apóiandose en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
B2 CB2-Saber aplicar os coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posuír as competencias que adoitan desmostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de traballo
B3 CB3-Saber reunir e interpretar datos relevantes da área de estudo para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4 CB4-Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B5 CB5-Desenvolver habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
B6 CG1-Saber desempeñar labores de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións empresariais
B7 CG2-Saber manexar os conceptos e técnicas empregados nas diferentes áreas funcionais da empresa, así como entender as relacións que existen entre elas e cos obxectivos xerais da organización
B8 CG3-Saber tomar decisións, e, en xeral, asumir tarefas directivas.
B9 CG4-Saber identificar e anticipar oportunidades, asignar recursos, organizar a información, seleccionar e motivar as persoas, tomar decisións en condicións de - incerteza, alcanzar os obxectivos propostos e avaliar resultados
B10 CG5-Respectar os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres, respectar a promoción dos Dereitos Humanos e os principios de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con minusvalidez.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Contribuir á formación integral complementando a aprendizaxe teórica e práctica. - Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional. - Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais e participativas. - Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo. - Favorecer os valores da innovación, a creatividade e o emprendimento. B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
C1
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
Os contidos a desenvolver polo alumnado fixaranse de común acordó co titor da empresa Os contidos a desenvolver polo alumnado fixaranse de común acordó co titor da empresa

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Resumo B1 0 60 60
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 300 75 375
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Resumo O alumnado deberá facer un resumo ou memoria das actividades realizadas durante o periodo de prácticas.
Traballos tutelados A metodoloxia desenvolvida nas prácticas externas corre a cargo da empresa, en función do Plan Formativo e das características e organización da mesma.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As prácticas son titorizadas por un membro da organización onde se realizan e faise un seguimento por parte do profesorado designado polo centro.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C4 C5 C6 C7 C8 1) Informe do titor profesional: 60%
2) Nota media do expediente a recepción do informe do titor profesional: 20%
3) Asistencia a os eventos que ao largo do curso sexan convocados polo vicedecanato de prácticas externas: 20%
100
 
Observacións avaliación

Para o recoñecemento da calificación por asistencia a eventos, o Decanato facilitará unha relación de matriculados que deberá asinarse no acto celebrado. Aquel alumnado que non puidera asistir, por unha causa debidamente xustificada, deberá achegar os documentos que acrediten dita xustificación. A data límite para facelo será dunha semana a partires da celebración do evento.

O número de eventos non será superior a 12 nin inferior a 4, ao longo de todo o curso académico.

Para o cómputo da cualificación elixiranse aleatoriamente 4 das probas celebradas, tendo prioridade as presenciais. Cada unha das 4 probas seleccionadas puntuará 0,5 puntos, polo que a asistencia a todas elas garante unha calificación de 2 puntos, o que supón o 20% da nota máxima alcanzable.

Facilitarase a plena integración do estudantado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimentan dificultades para un acceso adecuado á vida universitaria.


Fontes de información
Bibliografía básica


Poden consultarse as referencias bibliográficas máis relacionadas cos estudos de Grao.


Bibliografía complementaria

Catmull, Ed, Amy Wallace, and Amy Wallace. Creatividad S.A.: cómo llevar la inspiración hasta el infinito y más allá. Madrid: Conecta, 2014.

Covey, Stephen R. The 7 Habits of Highly Effective People Restoring the Character Ethic. 1st ed. London: Simon & Shuster, 1992.

Epstein, David J. Range: Why Generalists Triumph in a Specialized World. New York: Riverhead Books, 2019.

Goleman, Daniel, David González Raga, and Fernando Mora. Inteligencia emocional. 44a ed. Barcelona: Kairós, 2001.

Kawasaky, Guy. El arte de empezar: una guía infalible para empezar cualquier cosa. S.l: Ilustrae, 2010.

Ries, Eric. The Lean Startup?: How Constant Innovation Creates Radically Successful Businesses. London: Portfolio Penguin, 2011.

Vallejo-Nájera, Juan Antonio. Aprender a hablar en público hoy. Barcelona: Planeta, 2005.

Vandermeulen, David, Yuval Noah. Harari, and Daniel Casanave. Sapiens: [una historia gráfica]. Barcelona: Debate, 2020.

Zweig, Stefan. Magallanes el hombre y su gesta. 6a ed. Barcelona: Juventud, 1983.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

- Débese facer un uso sostible dos recursos co fin de evitar impactos negativos sobre o medio natural.

- O comportamento persoal e profesional debe guiarse por principios éticos.

- Terase en conta na medida do posible a perspectiva de xénero.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e promover valores de respecto e igualdade.

- Se se detectan situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse actuacións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais experimente dificultades para acceder a unha vida universitaria adecuada, igualitaria e beneficiosa.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías