Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Espazo de liberdade, seguridade e xustiza Código 612447311
Titulación
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A docencia que se imparte nesta materia persigue principalmente a adquisición polo estudante dun grao axeitado de coñecementos sobre a materia do Espazo de liberdade, seguridade e xustiza, que integra:
A) Dereito Procesual Penal e Civil: Adquirir os coñecementos básicos sobre a cooperación xudicial en materia civil e penal no marco da Unión Europea.
B) Dereito Penal: Adquirir os coñecementos básicos sobre os procedementos e mecanismos mediante os cales está a xurdir un emerxente sistema penal da Unión Europea, así como os primeiros resultados normativos deste novedoso ius puniendi da Unión.
C) Dereito Internacional Privado: Adquirir os coñecementos básicos sobre multiculturalidade, uniformidade e orden público no espazo de xustiza e seguridade.

Asemade, coas aulas prácticas desta materia preténdese que os coñecementos teóricos podan ser aplicados polos estudantes para a resolución de casos prácticos, o que lles servirá non só como exercicio para o afianzamento dos coñecementos adquiridos, senón tamén para acadar unha serie de destrezas que poderán aplicar no exercicio profesional.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Que o alumno coñeza as claves do réxime de libre circulación de persoas, servizos e capitais
Coñecemento das institucións da UE e das vías de acceso ante elas para os cidadáns e persoas xurídicas
Coñecemento dos diferentes estatutos xurídicos persoais existentes baseándose na nacionalidade: nacionais, comunitarios e estranxeiros alleos ao espazo Schengen.
Manexo solvente do portal xurídico comunitario en Internet, incluso dende a casa, ós efectos de poder localizar todo tipo de documentación xurídica da Unión Europea, normativa ou non normativa.
Coñecemento e aplicación do sistema de recursos e procedementos xudiciais comunitarios.
Estudo dos elementos integradores do espazo de liberdade, seguridade e xustiza
Capacidade crítica para analizar as distintas problemáticas derivadas dos aspectos xurídicos, institucionais, xeográficos e materiais que integran a dimensión exterior da Unión Europea.
Que o alumno sexa capaz de aplicar coñecementos para a resolución de problemas nos novos ámbitos ou en ámbitos pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos ou multidisciplinares.
Que sexa capaz de comunicar as súas conclusións -así como os coñecementos e razóns que as sustentan- a públicos especializados e non especializados.

Contidos
Temas Subtemas
Bloque 1º.- DEREITO PENAL
Lección 1ª.- Os presupostos dun Dereito Penal da UE: Evolución histórica e situación actual
Lección 2ª.- Europeización do Dereito e sistemas penais dos Estados membros
Lección 3ª.- O Corpus Iuris como modelo operativo. Perspectivas do Dereito Penal da UE
Lección 4ª.- Dereito Penal Económico da UE: libre competencia, branqueo de capitais, tutela dos intereses financeiros da UE
Lección 5ª.- Políticas penais da UE en materia de delincuencia organizada transnacional: terrorismo, migracións ilegais, tráfico de drogas
Lección 6ª.- Dereito Penal ambiental e delitos contra a Administración pública
Bloque 2º-A.- DEREITO PROCESUAL – Cooperación xudicial en materia civil Lección 7ª.- A cooperación xudicial civil no proceso de construcción da UE
Lección 8ª.- A asistencia xudicial civil entre os Estados membros da UE
Lección 9ª.- Os procesos europeos
Bloque 2º-B.- DEREITO PROCESUAL – Cooperación xudicial en materia penal Lección 10ª.- Eurojust e os equipos conxuntos de investigación na Unión Europea
Lección 11.- A orde de detención e entrega europea
Lección 12ª.- O recoñecemento mutuo de resolucións e de probas en materia penal
Bloque 3º.- DEREITO INTERNACIONAL PRIVADO Lección 13ª.- Diálogo cultural versus multiculturalidade no espazo de xustiza e seguridade
Lección 14ª.- A aproximación do Dereito Civil europeo: uniformidade versus seguridade
Lección 15ª.- A importancia da delimitación dun concepto de orde pública europea

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida 4 16 20
Presentación oral 6 60 66
Sesión maxistral 40 60 100
Proba mixta 8 54 62
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida A discusión dirixida é una ferramenta que propicia a intervención do alumnado en clase a partir dun tema proposto sobre as materias que se están a impartir e, normalmente, de actualidade. Así mesmo provoca que o alumnado busque solucións de xeito rápida a partir do coñecemento adquirido nas sesions anteriores
Presentación oral A presentación oral é unha técnica habitualmente utilizada nos Mestrados para a exposición oral dos traballos preparados polo alumnado. Unhas veces tratarase dun traballo de investigación, outras da presentación de casos resoltos, etc.
Sesión maxistral As clases presenciais desenrólanse a partir dunhas sesións teóricas baseadas na lección maxistral. Despois utilízanse outras técnicas como as discusións dirixidas ou as presentacións orais
Proba mixta Para a evaliación do alumnado ademais do que supón a avaliación continua durante o desenvolvemento do modulo tense en conta o resultado dunha proba mixta que, se ben pode variar dun curso a outro, basicamente está composta de preguntas tipo test, preguntas curtas, algunha pregunta a desenrolar e a resolución de casos prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Proba mixta
Descrición
Normalmente, para a preparación da presentación oral dos traballos de investigación ou dos casos resoltos é aconsellable a participación do profesorado para a supervisión, a resolución de dúbidas, a corrección dos borradores, etc.
Así mesmo en vistas á preparación da proba mixta é moi conveniente a consulta e o asesoramento do profesorado, o cal require unha atención personalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A valoración da discusión dirixida consistirá na asistencia habitual as clases presenciais e na participación dos mesmos 2
Presentación oral Para a cualificación da presentación oral valorarase, principalmente, a calidade do traballo presentado ou a do caso resolto. Así mesmo, terase en conta a claridade na exposición e a corrección na argumentación e nas respostas ás cuestións formuladas 20
Proba mixta Tal e como se expuxo no apartado das metodoloxías a proba conxunta pode estar constituída por varios capítulos: preguntas tipo test, curtas, a desenrolar, caso práctico, etc. Dependendo da configuración do exame concreto farase unha ponderación dos resultados de todas as cuestións 65
Sesión maxistral A valoración da sesión maxistral consistirá na asistencia habitual ás clases presenciais e na participación nos debates dirixidos e na resposta ás cuestións formuladas 11
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía básica:

ARMENTA DEU, T., GASCON INCHAUSTI, F. y CEDEÑO HERNAN, M. (Coordinadores) con AAVV. El Derecho procesal penal en la Unión Europea. Madrid, 2006.

AA.VV.: El tercer pilar de la Unión Europea. La cooperación en asuntos de Justicia e interior. Madrid, 1997.

AA.VV.: El espacio europeo de libertad, seguridad y Justicia, Madrid, 2000.

Fonseca Morillo, F.: El espacio de libertad, justicia y seguridad. Barcelona, 2002.

Peers, S.: EU justice and home affairs law. London, 2000.

Bibliografía complementaria

Bibliografía complementaria:

MUSACCHIO, V., Diritto penale dell’Unione Europea. Cedam, Padova, 2005.

AA.VV., Harmonization of Criminal Law in Europe, Intersentia. Antwerp, 2005.

DANNECKER, G., Evolución del derecho penal y sancionador comunitario europeo. Marcial Pons, Madrid, 2001.

CARNEVALI RODRÍGUEZ, R., Derecho penal y derecho sancionador de la Unión Europea. Comares, Granada, 2001.

Gascón Inchausti, F.: El titulo ejecutivo europeo para créditos no impugnados, Navarra, 2005.

Herrera Petrus, C.: La obtención internacional de pruebas. Asistencia jurisdiccional en Europa, Bolonia, 2005.

Diago Diago, M.P.: La obtención de pruebas en la Unión Europea, Navarra, 2003.

Walter, G.; Baumgartner, S.P.: Recognition and enforcement of foreing judgements outside the scope of the Brussels and Lugano convenions, The Hague, 2000.

Werlauff, E.: Common European procedural law: European law requirements imposed on national administration of justice, Copenhagen, 1999.

Recursos web:

BIBLIOTECA UDC: http://www.udc.es/biblioteca/

BOE: http://www.boe.es/

DOGA: http://www.xunta.es/dog/

BASE DE DATOS ARANZADI: http://www.westlaw.es/westlaw/ (só pode consultarse a través da UDC)

PORTAL DE DERECHO IUSTEL: http://www.iustel.com/ (só pode consultarse a través da UDC)

UNIÓN EUROPEA: http://europa.eu/

EUROPOL: http://www.europol.europa.eu/

EUROJUST: http://www.eurojust.europa.eu/

RED JUDICIAL EUROPEA EN MATERIA CIVIL Y MERCANTIL: http://ec.europa.eu/civiljustice/

ATLAS JUDICIAL EUROPEO: http://ec.europa.eu/justice_home/judicialatlascivil/html/index_es.htm

RED JUDICIAL EUROPEA EN MATERIA PENAL: http://www.ejn-crimjust.eu.int/


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Espazo de Liberdade, Seguridade e Xustiza/612402206

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías