Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Deontoloxía e Técnicas Transversais Código 612499001
Titulación
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral A formación ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos que permitan o desenvolvimento da súa actividade profesional con
sujeción ás normas deontolóxicas e estatutarias. Os obxectivos desta área informarán o resto dos contidos do máster
Obxectivos: coñecer os principios e normas deontolóxicas que rexen a profesión. coñecer en detalle o conxunto de obrigacións e dereitos derivados da colegiación e do exercicio da profesión.
coñecer o réxime disciplinario e sancionador.
Habilidades: detectar situacións deontologicamente relevantes.
Actitudes: apreciar os beneficios que reportan para a sociedade e a avogacía os principios éticos e deontolóxicos da profesión de avogado. Cumprir cos principios e normas deontolóxicos.
manter un estrito ton profesional en todas as actuacións, utilizar unha linguaxe respectuosa nas actuacións e indumentaria adecuada.
TÉCNICAS TRANSVERSAIS:
A formación nesta área ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos referentes ás técnicas para construír un discurso claro e convincente. o seu contido
informará o resto das materias.
1. Técnicas de comunicación:
Obxectivos: Habilidades: Expresarse correctamente de forma verbal e mediante xestos e actitudes. Controlar a dicción, volúmen e modulación do discurso. Descubrir os delatores de nervios e os
indicadores de inseguridade. Traballar a capacidade de comunicarse con claridade
Actitudes: asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o avogado son un instrumento de persuasión ao servizo dos intereses que defende. Apreciar a conveniencia de adecuar a postura
física para facilitar unha dicción correcta. Ser conscientes do impacto do compoñente verbal, vocal e non verbal na comunicación. Reflexionar sobre a importancia da comunicación como habilidade
que se pode adestrar.
2. Oratoria forense:
Obxectivos: coñecer as técnicas do informe oral e o interrogatorio. Coñecer a terminoloxía xurídica máis usual. Coñecer os sistemas e medios dos que debe valerse o avogado para crear convicción
na súa mensaxe. Coñecer os distintos tipos de linguaxe segundo a materia. Coñecer a forma de informe e actuación forense ante o tribunal do xurado.

Habilidades: argumentar oralmente con precisión e claridade. Aplicar as técnicas de persuasión, claridade e comprensión. Aplicar as técnicas de interrogatorio. Ser capaz de adecuar a distinta postura
procesual ao tipo de discurso. Ser capaz de improvisar e reaccionar oralmente ante trámites ou alegacione inesperadas. Aplicar as técnicas de expresión oral. Aplicar os distintos estilos e protocolos en
estrados.

Actitudes: asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o avogado/a son un instrumento de persuasión. Adoitarse a informar e interrogar con claridade e precisión.
3. Escritura forense e técnicas documentais.
Obxectivos: coñecer as técnicas de redacción e presentación de documentos. Coñecer os distintos tipos de redacción de cartas, informes e ditames. Coñecer a utilidade das escrituras notariais e
a intervención do avogado. Coñecer a idoneidade para cada caso dos distintos tipos de documentos.

Habilidades: ser capaz de elaborar distintos tipos de cartas e documentos. Aplicar cada tipo de documento á finalidade requirida. Identificar os documentos para a súa utilización posterior ante os
tribunais. Redactar documentos de todo tipo: elaboración de interrogatorios, peticións, aclaracións, subsanación de erros.

Actitudes: valorar o tipo de documento que é necesario utilizar en cada caso. Valorar a idoneidade dos distintos documentos para o fin perseguido. Adquirir o hábito de redactar aplicando
correctamente formato e presentación.
4. Xestións profesionais.
Obxectivos: coñecer as técnicas e estratexias para canalizar un asunto. Valorar as opcións de acción xudicial e a súa implicación custo-tempo. Coñecer os medios de obtención de datos en distintos
organismos. Coñecer as técnicas de negociación e resolución alternativa de conflitos. Coñecer os expedientes de arbitraxe.

Habilidades: aplicar as técnicas para a análise de problemas e a toma de decisións profesionais. Saber identificar o tipo de conflito e derivalo cara ao método de resolución máis adecuado.
Aplicar as técnicas de entrevista cos clientes e os contrarios. Aplicar as técnicas de negociación e resolución de conflitos.

Actitudes: perder o medo á toma de decisións profesionais. Manter unha adecuada relación e comunicación co cliente. Adquirir o hábito de manter informado o cliente. Apreciar a
conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito. Apreciar a conveniencia dunha solución negociada ao conflito.

Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se modifican

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión magistral.
solución de problemas
proba objetiva
análisis De Fontes documentales

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado.
Teams: Na franxa horaria que ten asignada a materia.


4. Modificacións na avaliación. non se realizan cambios

*Observacións de avaliación:Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. O cómputo de asistencia realizarase respecto das sesións presenciais que se celebraron.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento
A2 Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais
A3 Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais
A4 Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional
A5 Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados
A6 Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade social da avogado
A7 Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio
A8 Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico
A10 Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional
A13 Saber expor de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental
A15 Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucions
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B8 Compromiso ético e moral coa sociedade analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria
B10 Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade
B11 Capacidade de argumentar tanto en forma oral como escrita
B12 Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo
B13 Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C3 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C4 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A formación ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos que permitan o desenvolvimento da súa actividade profesional con sujección ás normas deontolóxicas e estatutarias. Os obxectivos desta área informarán o resto dos contidos do máster Obxectivos: coñecer os principios e normas deontolóxicas que rexen a profesión. coñecer en detalle o conxunto de obrigacións e dereitos derivados da colegiación e do exercicio da profesión. coñecer o réxime disciplinario e sancionador. Habilidades: detectar situacións deontologicamente relevantes. Actitudes: apreciar os beneficios que reportan para a sociedade e a avogacía os principios éticos e deontolóxicos da profesión de avogado. Cumprir cos principios e normas deontolóxicos. manter un estrito ton profesional en todas as actuacións, utilizar unha linguaxe respectuosa nas actuacións e indumentaria adecuada. TÉCNICAS TRANSVERSAIS: A formación nesta área ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos referentes ás técnicas para construír un discurso claro e convincente. o seu contido informará o resto das materias. 1. Técnicas de comunicación: Obxectivos: Habilidades: Expresarse correctamente de forma verbal e mediante xestos e actitudes. Controlar a dicción, volúmen e modulación do discurso. Descubrir os delatores de nervios e os indicadores de inseguridade. Traballar a capacidade de comunicarse con claridade Actitudes: asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o avogado son un instrumento de persuasión ao servizo dos intereses que defende. Apreciar a conveniencia de adecuar a postura física para facilitar unha dicción correcta. Ser conscientes do impacto do compoñente verbal, vocal e non verbal na comunicación. Reflexionar sobre a importancia da comunicación como habilidade que se pode adestrar. 2. Oratoria forense: Obxectivos: coñecer as técnicas do informe oral e o interrogatorio. Coñecer a terminoloxía xurídica máis usual. Coñecer os sistemas e medios dos que debe valerse o avogado para crear convicción na súa mensaxe. Coñecer os distintos tipos de linguaxe segundo a materia. Coñecer a forma de informe e actuación forense ante o tribunal do xurado. Habilidades: argumentar oralmente con precisión e claridade. Aplicar as técnicas de persuasión, claridade e comprensión. Aplicar as técnicas de interrogatorio. Ser capaz de adecuar a distinta postura procesual ao tipo de discurso. Ser capaz de improvisar e reaccionar oralmente ante trámites ou alegacione inesperadas. Aplicar as técnicas de expresión oral. Aplicar os distintos estilos e protocolos en estrados.. Actitudes: asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o avogado/a son un instrumento de persuasión. Adoitarse a informar e interrogar con claridade e precisión. 3. Escritura forense e técnicas documentais. Obxectivos: coñecer as técnicas de redacción e presentación de documentos. Coñecer os distintos tipos de redacción de cartas, informes e ditames. Coñecer a utilidade das escrituras notariais e a intervención do avogado. Coñecer a idoneidade para cada caso dos distintos tipos de documentos. Habilidades: ser capaz de elaborar distintos tipos de cartas e documentos. Aplicar cada tipo de documento á finalidade requirida. Identificar os documentos para a súa utilización posterior ante os tribunais. Redactar documentos de todo tipo: elaboración de interrogatorios, peticións, aclaracións, subsanación de erros. Actitudes: valorar o tipo de documento que é necesario utilizar en cada caso. Valorar a idoneidade dos distintos documentos para o fin perseguido. Adquirir o hábito de redactar aplicando correctamente formato e presentación. 4. Xestións profesionais. Obxectivos: coñecer as técnicas e estratexias para canalizar un asunto. Valorar as opcións de acción xudicial e a súa implicación custo-tempo. Coñecer os medios de obtención de datos en distintos organismos. Coñecer as técnicas de negociación e resolución alternativa de conflitos. Coñecer os expedientes de arbitraxe. Habilidades: aplicar as técnicas para a análise de problemas e a toma de decisións profesionais. Saber identificar o tipo de conflito e derivalo cara ao método de resolución máis adecuado. Aplicar as técnicas de entrevista cos clientes e os contrarios. Aplicar as técnicas de negociación e resolución de conflitos. Actitudes: perder o medo á toma de decisións profesionais. Manter unha adecuada relación e comunicación co cliente. Adquirir o hábito de manter informado o cliente. Apreciar a conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito. Apreciar a conveniencia dunha solución negociada ao conflito. AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
AM10
AM13
AM15
BM2
BM3
BM4
BM5
BM8
BM10
BM11
BM12
BM13
CM1
CM2
CM3
CM4
CM6

Contidos
Temas Subtemas
Deontoloxía profesional. Profesores responsables: Carlos Tomé y María Fernanda Alvarez Pérez, Avogados e membros da Xunta de Goberno del ICACOR O código deontolóxico: principios inspiradores, dereitos e deberes (defensa, segredo profesional, venia, honorarios…). Dereitos e deberes en relación co colexio, os colexiados, tribunais e
partes. Prohibicións, incompatibilidades, restricións especiais. Réxime disciplinario

Técnicas de comunicación. Profesor responsable: Alejandra Sánchez Barge, Abogada Técnicas xerais aplicables ás intervencións dos avogados (locución, autoreconocimiento postural, técnicas para falar en público).
Técnicas específicas para a intervención oral dos avogados (contido verbal, vocal e non verbal, control da comunicación)
Xestións profesionais. Profesor responsable; María Luisa Regueira Pardavila, Avogada estudos das posibilidades de acción xudicial, tempo e custo. Obtención de datos de oficinas e organismos. Asesoramento en cuestións técnicas. Campos de traballo: tribunais,
autoridades, admnistración, notarias, rexistros. Relacións extraxudiciais, negociación e transacción, reunión coa parte contraria. Arbitraxe.
Escritura forense y técnicas documentales. Profesor responsable; María Luisa Regueira Pardavila, Abogada redacción e presentación. Correspondencia. Cartas previas e conminatorias. Documentos públicos e privados. Redacción de notas, informes e ditames. Tipos de recibos en caso de apoderado do cliente: entrega de cantidades a conta, provisón, anticipo de garantía de cumprimento
Oratoria forense. Profesor responsable; Maria Luisa Regueira Pardavila, Avogada principios e caracteres da arte de falar e convencer. Expresión oral e linguaxe corporal. Preparación, división e desenvolvemento do informe forense. Medios de control do auditorio e do propio
orador. Técnicas de relaxación e exercicio da memoria. A improvisación. A fluidez verbal. O discurso. Erros linguísticos.Estilo. Forza elocutiva e prelocutiva.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A6 B5 C6 12 0 12
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A13 A15 B2 B3 B4 B8 B10 B11 B12 C1 C3 C4 12 40 52
Proba obxectiva A7 B2 2 0 2
Análise de fontes documentais A5 A6 A7 B13 C2 22 35 57
 
Atención personalizada 27 0 27
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral explicación polo profesor da materia de que se trate
Solución de problemas Resolución de situacións problemáticas a partir dos coñecementos adquiridos
Proba obxectiva Proba escrita que ten por finalidade determinar se as respostas dadas son ou non correctas
Análise de fontes documentais Estudo das normas de deontología profesional

Atención personalizada
Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Solución de problemas
Descrición
Atención personalizada na aula.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A5 A6 A7 B13 C2 O sistema de avaliación atende tanto á participación activa en clase como á valoración dos traballos encomendados 25
Proba obxectiva A7 B2 Permite valorar os coñecementos adquiridos 50
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A13 A15 B2 B3 B4 B8 B10 B11 B12 C1 C3 C4 Permite determinar, seguindo o sistema de avaliación continua se o alumno adquiriu as habilidades e competencias asignadas a este módulo 25
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

- Constitución española de 1978
- Código Civil

- Ley orgánica del Poder Judicial
- Ley de enjuiciamiento civil
- Ley general de la Seguridad Social
- Ley y reglamento de asistencia jurídica gratuita
- Código deontológico de la Abogacía
- Estatuto general de la Abogacía española
- Estatutos del Colegio de Abogados de A Coruña
- Criterios de honorarios exclusivos para tasación de costas
- Ley sobre el acceso a las profesiones de abogado y procurador de los tribunales
- Ley de protección de datos
- Ley general tributaria
- Ley y reglamento del IRPF
- Ley y reglamento del IVA
- Ley de haciendas locales
- Ley 18/2011, de 5 de julio, reguladora del uso de las tecnologías de la información y la comunicación en la administración de justicia
- RD 1065/2015, de 27 de noviembre, sobre comunicaciones electrónicas en la administración de justicia en el ámbito territorial del Ministerio de Justicia y por el que se regula el sistema Lexnet

DOCTRINA:
AA.VV, La organización profesional básica del abogado, Mutualidad de la Abogacía, Cátedra Mutualidad, Madrid (última edición).
BORGIA SORROSAL S., Entorno organizativo del despacho, ed. Dykinson (última edición).
PÉREZ PEREIRA, M., Marco Jurídico Colegial, ed. Dykinson (última edición).

Atienza, Manuel, Tras la justicia, Barcelona, Ariel, 1993
 Fuertes-Planas, Aleix, C., Responsabilidad deontológico y jurídica en el ámbito de la profesión de abogado, en AA.VV. “El concepto de relevancia jurídica”, Madrid, Centro de Estudios Registrales, 2001, págs. 177 - 209.
 Martínez Val, J. M., Abogacía y abogados: tipología profesional, lógica, oratoria forense , deontología jurídica, Barcelona, Bosch, 1999
 Menéndez Menéndez, A., Deontología y práctica de la abogacía del siglo XXI, Cizur Menor, Aranzadi, 2008
 Torre Díaz, F. J. (ed.), Ética y Deontología Jurídicas, Madrid, Dykinson, 2000
 Vázquez Guerrero, F. D., Ética, deontología y abogados, Bacelona, Eiunsa, 1997
 Bonorino Ramírez, Pablo Raúl, Argumentación en debates, Vigo, SPUV, 2012
 Gascón Abellán, Marina, Argumentación jurídica, Valencia, Tirant lo Blanch, 2014
 Bonorino, Pablo (ed.), Argumentación, Derecho y Justicia, Editorial EOLAS, León, 2016
 Piepper, Annemarie, Etica y moral. Una introducción a la filosofía práctica, Barcelona, Crítica, 1991
 Badiou, Alan, La Etica. Ensayo sobre la conciencia del mal, Mexico, Herder, 2004

Soleto Muñoz, H, Mediación y resolución de conflictos, última edición, Madrid

 González Pillado, E., Arbitraje y mediación en materia de consumo, última edición, Madrid

 Velazquez Pérez, R., Inversiones extranjeras sostenibles, última edición, J. Bosch, 2014, Barcelona


Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías