Identifying Data 2020/21
Subject (*) Civil litigation practice Code 612499003
Study programme
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 1st four-month period
First Obligatory 6
Language
Spanish
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Dereito Público
Coordinador
Ferreiro Baamonde, Xulio
E-mail
xulio.ferreiro@udc.es
Lecturers
Ferreiro Baamonde, Xulio
E-mail
xulio.ferreiro@udc.es
Web
General description Mediante o Proceso Civil os particulares pódense defender das perturbacións que sufran nos seus intereses privados, sen prexuízo de que son posibles outros medios alternativos á xurisdición, como a mediación e a arbitraxe. O proceso civil está rexido pola oportunidade, polo que na súa base encóntranse os dereitos subxectivos e a autonomía da vontade. En ocasións, tamén se utiliza para tutelar algúns intereses públicos, como ocorre nalgunhas cuestións matrimoniais, de paternidade, filiación ou incapacitación. A docencia que se imparte nesta materia persegue, principalmente, a adquisición polo/a estudante dun grao axeitado de coñecementos sobre as principais institucións do proceso civil. Concretamente: a) Os principios constitucionais relativos ao Proceso civil; b) A tutela xudicial efectiva; c) A función do Dereito procesual civil como instrumento de resolución de conflitos entre particulares; d) Os procedementos ordinarios ; e) A tutela cautelar ; f) O sistema de recursos; g) Os procesos especiais; h) O proceso de execución.
Contingency plan 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán modificacións nos contidos.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
En xeral manteranse as metodoloxías previstas, mais adaptándoas ao entorno virtual.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases presenciais serán substituídas por video-conferencias.
As actividades de carácter práctico serán titorizadas a través da plataforma de tele-formación.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, videoconferencia e plataforma de tele-formación.

4. Modificacións na avaliación
Non están previstas.
*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non están previstas.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento
A2 Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais
A3 Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais
A4 Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional
A5 Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados
A7 Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio
A10 Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional
A13 Saber expor de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B6 Capacidade de traballo en equipo
B9 Capacidade de resolución de problemas
B11 Capacidade de argumentar tanto en forma oral como escrita
B12 Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C5 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
1. Cuestións procesuais. Dilixencias preliminares, proba anticipada e medidas cautelares. Obxectivos: Coñecer as actuacións previas que debe realizar un letrado antes de presentar a demnada; coñecer os requisitos e presupostos procesuais, coñecer o funcionamento das dilixencias preliminares, a proba anticipada e as medidas cautelares. Coñecer os diferentes tipos de procesos civís. Habilidades: Asegurarse das cuestións procesuais e en particular da lexitimación, a conciliación, as dilixencias preliminares... Elixir a pretensión que se debe exercitar e precisar a petición. Actitudes: ilustrar ao cliente sobre o distinto alcance das diferentes accións posíblesi. Procurar garantir o éxito da pretensión (dilixencias preliminares e proba anticipada). Concienciarse da necesidade de establecer correctamente a contía do procedemento. procurar asegurar a tutela cautelar. 2. Demanda, contestación e reconvención. Xuízo ordinario. Obxectivos: Coñecer o ámbito, as fases e o funcionamento do xuízo ordinario. Coñecer as especialidades materiais e procesuais que presentan as pretensións que se tramitan por esta vía. Habilidades: Saber concretar o obxecto das diferentes pretensións que se tramitan pola vía do xuízo ordinario. Elixir a pretensión a exercitar e precisar a petición. Aplicar correctamente as defensas e excepcións procesuais e materiais. Elaborar escritos forenses de demanda, contestación e reconvención. Actitudes: Valorar a conveniencia de acudir á vía do xuízo ordinario. Procurar garantir o éxito da pretensión. Tomar conciencia da relevancia e das peticións e a posibilidade de solicitude de alternativas e subsidiarias. Tomar conciencia da rigorosidade dos prazos. Acostumarse a preparar de xeito responsable os procesos nos que se intervén como avogado. 2. A proba. Obxectivos: Coñecer a distinción entre feitos demostrados e demostrables. Implicar ao cliente na chega dos medios de proba. Dominar a técnica probatoria. Dominar a técnica da oratoria forense e do interrogatorio. Actitudes: Valorar a conveniencia da achega ao preito dos distintos medios de proba. Acostumarse a elaborar un listado cos documentos imprescindibles e demais medios de proba nos casos habituais. 4. Fase oral do procedemento civil. Obxectivos: coñecer a distinción entre feitos novos ou de nova noticia. Coñecer o sistema de recursos e impugnación de documentos. Habilidades: Desenvolverse con solutra, como avogado do actor e do demandado na audiencia previa e no acto do xuízo. Dominar a técnica da oratoria forense. Actitudes: argumentar en sustento da posición defendida. Dominar a técnica da oratoria forense. 5. Xuízo verbal. Obxectivos: Coñecer o ámbito as fases e o funcionamento do xuízo verbal. Coñecer as especialidades materiais e procesuais que se tramitan pola vía do xuízo verbal. Habilidades: Saber concretar o obxecto das diferentes pretensións que se tramitan pola vía do xuízo verbal. Aplicar correctamente as defensas e excepcións procesuais e materiais. Elaborar escritos para o xuízo verbal. Desenovlverse con solutra como avogado de actor e demandado na vista. Dominar a técnica da oratoria forense. Actitudes: Valorar a conveniencia de acudir á vía do xuízo verbal. Perder o medo ás actuacións nos trámites orais. Acostumarse a preparar de xeito responsable os procedementos nos que se vai intervir como parte. Valorar a conveniencia de opoñerse ou conformarse coas pretensións deducidas de adverso. 6. Xuízo monitorio e cambiario. Obxectivos: Coñecer cando son de aplicación os procedementos especiais e ter un esquema claro do procedemento. Coñecer o ámbito, fases e funcionamento dos xuízos monitorio e cambiario. Habilidades: Saber concretar o obxecto das pretensións que se tramitan polas vías dos procesos especiais. Asegurar os presupostos procesuais. Preparar axeitadamente os documentos que deben acompañar á petición inicial. Saber precisar a petición. Elaborar os escritos básicos dos procedementos. Prever a posible estratexia que pode adoptar o demandado. Actitudes: Valorar a conveniencia de acudir á vía procesual privilexiada. Valorar a conveniencia de pagar, non contestar ou opoñerse ao xuízo. 7. Terminación do proceso. Obxectivos: Coñecer cando son de aplicación as distintas vías de finalización do proceso. Coñecer as posibilidades de actuación procesual e material en cada un dos supostos. Habilidades: Saber valorar as sentencias dictadas en orde á interposición dos recursos que correspondan. Diferenciar entre aplanamento, renuncia e transacción. Prever as consecuencias dos distintos tipos de terminación do procedemento. Actitudes: Acostumarse a analizar as sentenzas. Adquirir o hábito de analizar con detemento o xeito más adecuado de terminación do proceso en función dos intereses dos patrocinados. 8. Recursos. Obxectivos: Coñecer os sistema de recursos no proceso civil. Coñecer a técnica de tramintación dos recursos máis habituais. Habilidades: Elaborar escritos de preparación, interposición, impugnación e oposición de recursos. Asegurarse das cuestións procesuais. Elixir a motivación e precisar a petición. Valorar a oportunidade de impugnar o recurso, opoñerse, viabilidade de propoñer proba ou celebrar vista. Dominar a técnica do infrome nas vistas dos recursos tanto dende o punto de vista do avogado recorrente como do recurrido. Actitudes: Acostumarse a analizar con detemento as resolucións xudiciais e valorar a oportunidade de recurrilas dende o punto de vista coste/beneficio. Ser quen de elixir o medio de impugnación axeitado en cada caso concreto. Acostumarse a utilizar as bases de datos xurídicas para buscar os fundamentos do recurso. Tomar conciencia da reigorosidade dos prazos procesuais. Acostumarse a formular de xeito responsábel os recursos. 9. Execución. Obxectivos: Coñecer o funcionamento do proceso de execución civil nas súas diferentes modalidades. Habilidades: Desenvolver a execución provisional e definitiva en todos os seus trámites. Valorar o xuízo de execución, cuestións procesuais, a posible integración do patrimonio do debedor, medidas de investigación e localización de bens. Actitudes: Valorar a conveniencia da execución provisional. Valorar a transcendencia da execución definitiva. Procurar garantir o éxito da pretensión executiva. Valorar a oportunidade de realizar os bens por medios diferentes á poxa. 10. Compravenda. Obxectivos: Coñecer as peculiariedades dos contratos. Coñecer as características básicas da compravenda inmobilidaria. Coñecer as medidas de aseguramento. Habilidades: Manexar o xeito de contratación e as súas cláusulas. Diferenciar as peculiariedades da compravenda imobiliaria e de bens de consumo. Actitudes: Analizar o tipo de contrato máis axeitado ás necesidades do cliente. Adquirir hábito de analizar con detemento as cláusulas dun contrato. Valorar a comveniencia de asegurar o pagamento e a entrega. 11. Xuízos simulados. Cada alumno/a recibirá cando menos un caso no que deberá actuar asesorando ao seu cliente mentres outro compañeiro fará o mesmo dende a óptica da parte contraria. Ambas partes deberán facer e presenar, nos termos previstos legalmente, os escritos e actividades propias dun avogado en exercicio. A tramitación simulada dos procedementos levarase a cabo diante dun xulgado ou tribunal. AC1
AC2
AC3
AC4
AC5
AC7
AC10
AC13
BC2
BC3
BC4
BC5
BC6
BC9
BC11
BC12
CC1
CC2
CC5

Contents
Topic Sub-topic
1.- Cuestións procesuais. Dilixencias preliminares, proba anticipada e medidas cautelares. Xurisdición e competencia.
Capacidade e lexitimación.
Procedemento e contía.
A utilización das dilixencias preliminares. A proba anticipada
As medidas cautelares como aseguramento da tutela xudicial.
2. Demanda, contestación e reconvención. Xuízo ordinario.
Procedemento a seguir segundo o caso concreto. Ámbito e especialidades.
Achega documental.
Fundamentación xurídica.
A súplica ou petición principal e as peticións alternativas e subsidiarias.
Formulación de feitos novos e achega de novos documentos.
3.A proba Distinción entre feitos demostrados e feitos demostrables.
Medios, valoración, proposición, práctica e impugnación.
Documentos notariais, rexistrais.
Proba de peritos.

4.- Fase oral do procedemento civil Audidencia previa.
Vista.
Feitos novos ou de nova noticia.
Impugnación de documentos.
Recurso de reposición na audiencia previa e protesta a efectos de apelación.
Conclusións.
5.- Xuízo verbal Especialidades.
Supostos de aplicación do xuízo verbal.
Fases do proceso.
6.- Xuízo monitorio e cambiario. Supostos de exercicio da acción monitoria e cambiaria.
Características.
Requisitos e ámbito obxectivo.
Especialidades procesuais: postulación, competencia, demanda, oposición e consecuencias da falla de oposición.
7.- Terminación do proceso Sentenza.
Aplanamento.
Renuncia.
Transacción.
Caducidade.
Consecuencias de cada unha das modalidades de terminación.
8.- Recursos Reposición.
Apelación.
Revisión.
Casación.
Estudo do seu contido, formalización, motivos e oposición.
Depósito para recurrir
9.- Execución. Execución provisional.
Execución definitiva.
Modalides e trámites.
Oposición á execución.
Execución hipotecaria: trámites ata a subhasta e adxudicación.
10.- Compravenda. Formación dos contratos de compravenda.
Opción de compra.
Cláusulas típicas.
Compravenda inmobilidaria (aspectos notariais e rexistrais). Medidas de aseguramento do pago.
Responsabilidades do vendedor.
Compravenda de consumo.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A5 A10 B5 C2 C5 12 30 42
Case study A1 A2 A3 A4 A5 A7 A10 A13 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B12 C1 C2 C5 18 40 58
Document analysis A10 B11 B12 10 0 10
Clinical practice placement A1 A2 A3 A4 A7 A10 B2 B3 B11 18 0 18
Objective test A13 B2 B11 2 0 2
Collaborative learning B4 B9 10 0 10
 
Personalized attention 10 0 10
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech As clases presenciais desenrólanse a partir dunhas sesións teóricas baseadas na lección maxistral. Despois utilízanse outras técnicas como as discusións dirixidas ou as presentacións orais
Case study Estudo, resolución e discusión dos casos prácticos na aula e como parte do traballo autónomo do estudantado.
Document analysis Particularmente sentenzas dos distintos órganos xurisdicionais e escritos elaborados polos avogados no exercicio dirario da súa profesión.
Clinical practice placement Particularmente, no relativo ao exercicio profesional do avogado realizaranse xuízos simulados.
Objective test Para a evaliación do alumnado ademais do que supón a avaliación continua durante o desenvolvemento do modulo tense en conta o resultado dunha proba mixta que, se ben pode variar dun curso a outro, basicamente está composta de preguntas tipo test, preguntas curtas, algunha pregunta a desenrolar e a resolución de casos prácticos.
Collaborative learning Fomentarase a realización das actividades e casos prácticos en equipo, de modo que se melloren as destrezas de aprendizaxe colaborativa.

Personalized attention
Methodologies
Case study
Description
Os profesores asesorarán ao estudante tanto para orientalo no estudo de casos como na participación de xuízos simulados.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Case study A1 A2 A3 A4 A5 A7 A10 A13 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 B12 C1 C2 C5 Avaliarase a resolución de casos prácticos realizada polo estudantado. 10
Document analysis A10 B11 B12 Avaliaranse as actividades de análise e comentario de sentenzas e demais fontes documentais. 10
Clinical practice placement A1 A2 A3 A4 A7 A10 B2 B3 B11 Avaliarase o desempeño do estudantado durante a realización dos xuízos simulados. 20
Collaborative learning B4 B9 Na avaliación terase en conta a participación do estudantado nas actividades realizadas en equipo. 10
Objective test A13 B2 B11 Poderá realizarse unha proba obxectiva que avalíe o coñecemento do estudantado referido ao contido obxecto da materia. 50
 
Assessment comments

Sources of information
Basic

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.