Datos Identificativos 2018/19
Asignatura (*) Práctica Sustantiva Civil I Código 612499004
Titulación
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Coordinación
Raposo Arceo, Juan Jesus
Correo electrónico
juan.raposo.arceo@udc.es
Profesorado
Raposo Arceo, Juan Jesus
Correo electrónico
juan.raposo.arceo@udc.es
Web http://www.dereito.udc.es/gl/maxe
Descrición xeral

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Obxectivo xeral: a formación ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos en materia de dereito sustantivo e procesal civil, en relación co asesoramento dos intereses encomendados, a análise e redacción dos documentos xurídicos, dirección de procedementos xudiciais e, en xeral, ao correcto exercicio da profesión neste ámbito. 1. Arrendamentos e precario. Obxectivos: coñecer as peculiaridades dos arrendamentos urbanos. Coñecer e aprender a aplicar correctamente o réxime de actualización de renda. Coñecer as disposicións comúns para o réxime de arrendamento de vivenda e uso distinto. Coñecer as peculiaridades dos procesos en materia arrendaticia. Distinguir as peculiaridades do xuízo de desafiuzamento. Habilidades: distinguir as distintas partes e cláusulas do contrato de arrendamento de vivenda e a súa forma de suspensión, resolución e extinción. Redactar un contrato de arrendamento de vivenda. Saber actualizar a renda. Saber comunicar a extinción por expiración do prazo. Elixir o proceso máis adecuado aos intereses do cliente. Redactar demanda e formular oposición. Saber como poñer fin ao arrendamento. Actitudes: ter presente a data do contrato para asesorar ao cliente. Ter sempre presente os intereses do cliente á hora de redactar un contrato. Ter en conta as repercusiones fiscais do contrato. Examinar a proba existente para a redacción da demanda e preparar a mesma. Analizar sempre a xurisprudencia existente sobre a materia. 2. Propiedade horizontal. Obxectivos: coñecer a importancia do título constitutivo. Coñecer como actúan os títulos de obra nova e división horizontal no tráfico xurídico, as súas especialidades, momento de constitución, requisitos, modificación. Coñecer as formas de constitución e extinción das comunidades de propietarios. Coñecer o contido habitual, a forma de aprobación, as maiorías necesarias para a súa modificación dos estatutos das comunidades. Saber cales son os dereitos e deberes dos propietarios. Coñecer cales son e como funcionan os órganos das comunidades. Coñecer como funcionan as maiorías e as cotas de participación na adopción de acordos. Coñecer as particularidades procesales que se derivan do réxime de propiedade horizontal. Coñecer a forma de impugnación de acordos ante os tribunais. Coñecer as posibilidades de reclamación da comunidade por impago de cotas e a súa lexitimación. Habilidades: manexar as escrituras de obra nova e división horizontal. Diferenciar os elementos privativos dos comúns. Comprender as contas dos administradores da comunidade. Determinar o procedemento máis adecuado aos intereses do cliente. Distinguir as funcións propias do presidente e o secretario da comunidade. Distinguir entre as maiorías necesarias para os distintos tipos de acordo. Actitudes: afacerse a analizar os contidos das escrituras de división horizontal. Habituarse a analizar os libros de actas da comunidade. Afacerse a analizar as cláusulas dos estatutos da comunidade. Documentar convenientemente os acordos. Defender os intereses dos clientes na xunta de propietarios. Examinar a documentación comunitaria precisa para determinar as maiorías necesarias. 3. Propiedade intelectual e protección de datos profesionais. Obxectivos: coñecemento da relación entre propiedade intelectual tradicional e a súa aplicación ás novas tecnoloxías. Coñecemento das entidades ante as que se tramitan as inscripcións dos dereitos e as reclamacións relacionadas cos mesmos. Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal. Conceptos en materia de protección de datos. Axencia de protección: funcións, potestades e actuacións. Habilidades: informar ao cliente dos pasos a seguir para preservar os dereitos en materia de propiedade intelectual. Tramitar as inscripcións dos mesmos. Presentar e tramitar reclamacións en defensa dos dereitos de propiedade intelectual en conflito. Identificar correctamente as obrigacións das partes en materia de protección de datos. Formulación de reclamacións. Actitudes: ter presentes os dereitos derivados da propiedade intelectual para o autor. Habilidade para identificar e situar correctamente os dereitos e obrigacións de cada parte. Capacidade para valorar correctamente os riscos derivados do incumprimento das obrigacións en materia de protección de datos. Asumir a existencia dun área nova de traballo da abogacía integrada polos dereitos e deberes integrados nas novas tecnoloxías.
A materia de Ilícitos empresariais pretende constituir unha visión das distintas categorías de ilícitos que se poden verificar no marco da empresa. Analízanse fundamentalmente as infracións penais, e tamén os ilícitos de carácter administrativo e laboral. Como elemento de peche, examínase a responsabilidade civil do empresario derivada da comisión de feitos ilícitos. Deste modo, obtense unha visión de conxunto das distintas clases de responsabilidade da empresa y o empresario pola comisión de actos ilícitos de diversa natureza, examinando, por un lado, as cuestións máis problemáticas en relación coa esixencia desta responsabilidade e, por outro lado, aqueles ilícitos de especial relevancia en cada momento, sexa pola súa frecuente verificación, sexa por verse afectados por reformas lexislativas: sirvan como exemplo as modificacións que nos últimos tempos veu experimentando o Dereito do traballo, o procedemento administrativo sancionador, e determinadas cuestións de Dereito penal da empresa como por exemplo a introdución da responsabilidade penal das persoas xurídicas.

Contidos
Temas Subtemas
1. Dereito administrativo sancionador


2. Infracións laborais e de Seguridade Social


3. Dereito penal da empresa


4. A responsabilidade civil do empresario
1.1. Principios e aspectos xerais do procedemento administrativo sancionador.
1.2. Examen do procedemento administrativo sancionador.
1.3. Especial referencia aos programas de cumplimento normativo no ámbito empresarial.

2.1. Órganos administrativos laborais.
2.2. Infracións e sancións na orde social.
2.3. Procedementos administrativos laborais.
2.4. Especial referencia aos protocolos de prevención de riscos laborais.

3.1. Cuestións de parte xeral de Dereito penal da empresa: especialmente, autoría e participación, e responsabilidade penal das persoas xurídicas.
3.2. Delitos cometidos no ámbito empresarial: destacadamente, estafa e apropiación indebida / administración desleal; delitos contra o mercado e los consumidores; delitos societarios; fraudes fiscais; e outros.
3.3. Especial referencia aos programas de cumplimento normativo en relación coa responsabilidade penal das persoas xurídicas.

4.1. Natureza e elementos da responsabilidade civil do empresario derivada de feitos ilícitos.
4.2. Relación de causalidade entre acción e dano, e criterios de valoración do dano causado. Fixación da indemnización.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral 16 0 16
Estudo de casos 4 0 4
Proba práctica 5 125 130
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións presenciais constarán, en combinación co estudo de casos, dunha exposición por parte do profesorado en formato tipo sesión maxistral.
Estudo de casos As sesións presenciais no serán unicamente unha clase maxistral, senón que se exporán e analizarán casos para o seu debate co alumnado.
Proba práctica A actividade final de módulo consistirá nunha proba práctica que terá que ser exposta oralmente na última sesión do Módulo, entregando simultáneamente un esquema ou resumo da exposición. O enunciado de tal actividade xunto coas preguntas guía e instrucións serán facilitados o primeiro día do Módulo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Descrición
Para as posibles dúbidas na elaboración da Actividade final de módulo, establecerase a posibilidade de consultas e atención personalizada coa coordinadora do Módulo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A proba práctica consistirá na exposición oral da resolución dun/s caso/s que se facilitarán o primeiro día do Módulo. Teranse que resolver e argumentar xurídicamente as cuestións específicas que se formulan en relación con o/s caso/s práctico/s, con base en previa búsqueda xurisprudencial e na selección de bibliografía recomendada. O traballo será realizado en grupos, e na exposición oral intervirán todos os membros do grupo (tendo en conta as especificidades do alumnado matriculado a tempo parcial con dispensa académica de asistencia). Así mesmo, o día da exposición entregarase un breve esquema ou resumo do traballo realizado. 100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

AAVV, Memento experto sobre responsabilidad penal y procesal de las personas jurídicas, Francis Lefebvre, Madrid 2015.

AAVV, Memento práctico sobre inspección de trabajo 2007-2008, Francis Lefebvre, Madrid 2006.

MARTÍNEZ-BUJÁN PÉREZ, C., Derecho penal económico y de la empresa. Parte especial, Tirant lo Blanch, Valencia 2015.

NIETO, A., Derecho administrativo sancionador, Tecnos, Madrid 2012.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías