Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Práctica Procesual Penal Código 612499007
Titulación
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público
Coordinación
Ferreiro Baamonde, Xulio
Correo electrónico
xulio.ferreiro@udc.es
Profesorado
Ferreiro Baamonde, Xulio
Correo electrónico
xulio.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral A docencia que se imparte nesta materia persegue, principalmente, a adquisición polo estudante dun grao axeitado de coñecementos sobre as principais institucións do proceso penal. Concretamente: a) Os principios constitucionais relativos ao Proceso penal; b) A tutela xudicial efectiva; c) A función do Dereito procesual penal como instrumento na aplicación do ius puniendi estatal e na protección dos dereitos do imputado e da víctima; d) O procedemento preliminar; e) O xuízo oral; f) O sistema de recursos; g) Os procesos especiais; h) A execución penal.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos.
Non se realizan cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen.
Mantense a resolución de casos por parte do estudantado.

*Metodoloxías docentes que se modifican.
As sesións presenciais serán substituídas por video-conferencias, e a comunicación co estudantado trasladarase ao entorno virtual.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Correo electrónico, tutorías a través de teams.

4. Modificacións na avaliación.
Adaptarase a avaliación realizándoa de maneira virtual, o cal non deberá supor dificultade, xa que non se contemplas probas únicas de avaliación, senón que esta se fará a través do traballo individual do estudante.

*Observacións de avaliación:

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento
A2 Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais
A3 Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais
A4 Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional
A5 Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados
A7 Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio
A10 Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional
A13 Saber expor de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B7 Capacidade de liderado
B8 Compromiso ético e moral coa sociedade analizado, ademais, desde unha perspectiva solidaria
B9 Capacidade de resolución de problemas
B10 Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade
B11 Capacidade de argumentar tanto en forma oral como escrita
B12 Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C5 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. A quenda de oficio e a asistencia xurídica gratuíta. Obxectivos: Coñecer os principios da normativa xeral que regulan o contido do dereito de asistencia xurídica gratuíta. coñecer os servizos correspondentes á quenda de oficio, asistencia letrada ao detido e orientación xurídica. Habilidades: Informar ao usuario da quenda de oficio sobre a distinción entre xustiza gratuíta e quenda de oficio. Cubrir a documentación necesaria para a tramitación do expediente. Asesorar ao detido dos seus dereitos en relación coa xustiza gratuíta e a designación do letrado da quenda de oficio. Actitudes: Asumir a función social da avogacía. Comprender a necesidade de atender e defender os dereitos e intereses do usuario da quenda co mesmo interese que o resto dos asuntos. AM1
AM5
AM7
AM10
BM7
BM8
BM9
BM10
BM12
2. Intervención do letrado nas actuacións diante dos corpos e forzas de seguridade. Obxectivos: coñecer os dereitos e obrigas do avogado na súa intervención na asistencia ao detido. Coñecer o sentido e alcance do proceso de habeas corpus. Distinguir as medidas cautelares e o seu alcance. Coñecer os supostos de aplicación da prisión provisional e os trámites para acordala. Coñecer os supostos de aplicación da prisión provisional e os trámites para acordala. Coñecer as especialidades no procedemento para o axuizamento de determinados delitos - xuízos rápidos. Habilidades: Actuar con dilixencia na asistencia letrada ao detido, garantindo o respecto dos seus dereitos. procurar que as dilixencias practicadas coa detención se realicen respectando a legalidade e reflectindo os feitos ou circunstancias de interese para a defensa. Manexar adecuadamente as medidas cautelares do procso penal e solicitar de xeito adecuado a súa adopción, levantamento ou modificación. Aplicar as especialidades para o axuizamento rápido de determinados delitos. Apreciar as especialidades dos recursos no procedemento dos "xuízos rápidos". Actitudes: Comprender o alcance ed relevancia da asistencia letrada ao detido. Facilitar ao cliente a máxima información sobre os feitos que se lle imputan e a súa situación. Valorar a necesidade de formular "habeas corpus". Formular solicitude ou oposición á adopción de medidas cautelares. Valorar en que supostos resulta de interese para o cliente a celebración de xuízos rápidos. Valorar cando debe recomendarse ao cliente a conformidade no xulgado de garda. AM2
AM3
BM2
BM3
BM5
3. Inicio da vía penal. Obxectivos: Coñecer as distintas formas de iniciación das actuacións penais. Coñecer os cauces e conveniencia dos xeitos de iniciación. coñecer as cuestións prexudiciais que se podan plantear. Habilidades: Distinguir entre denuncia e querela. Saber elaborar escritos de denuncia e querela. Manexar as distintas posicións do avogado no proceso penal. Actitudes: Determinar cáles son os feitos relevantes para o cliente no procedemento. Valorar a necesidade de reserva de accións civís. Determinar cales son as dilixencias de investigación necesarias. AM3
AM4
AM5
AM7
AM10
4. Instrución penal. Obxectivos: Identificar os medios de investigación no proceso penal. Coñecer os límites da investigación tendo en conta o respeto aos dereitos fundamentais do individuo. Coñecer os trámites do procedemento. Coñecer as distintas posturas procesuais das partes no procedemento e a súa actuación na práctica. Coñecer cando procede a práctica de dilixencias de investigación. Coñecer as especialidades do proceso de instrución. Coñecer os recursos que caben contra as actuacións do xuíz instrutor. Coñecer o xeito e o momento de proposición da proba. Habilidades: manexar axeitadamente as medidas cautelares sabendo solicitar e opoñerse a cada unha delas. Propoñer correctamente os recursos contra as resolucións dos xuíces de instrución. Solicitar correctamente a práctica dos medios de investigación. Saber interesar a transformación do procedemento no seu caso. Saber elaborar escritos de acusación e defensa. Saber calcular as penas. Valorar a proba necesaria e propoñer, no seu caso, a práctica anticipada. Saber propoñer cuestións de previo pronunciamento. Actitudes: Valorar a transcendencia das dlixencias de investigación para o interese do cliente. Valorar a concorrencia dos requisitos de legalidade e validez nos medios de investigación practicados. Saber interesar a transformación do procedemento ou o seu sobresemento ou arquivo. Valorar a conveniencia de recorrer as resolucións do instrutor. Valorar se os feitos e circunstancias da investigación resultan determinantes para establecer a existencia dun feito delicitivo, o grao de participación e as circunstancias concorrentes. informar ao clietne sobre as vantaxes e inconvenientes de comparecer en xuízo ou intentar a conformidade. AM2
AM3
AM7
AM10
AM13
BM4
5. Distinción do procedemento a seguir en función do feito a axuizar a conformidade. Obxectivos: coñecer os trámites do xuízo de faltas nas súas diferentes instancias. Analizar as incidencias anteriores ao xuízo valorando a necesidade de negociar co Ministerio Fiscal para conseguir unha sentenza de conformidade. Coñecer os artigos de previo pronunciamento. Coñecer a especialidade das cuestións previas no procedemento abreviado. Coñecer os aspectos substantivos e procesuais do axuizamento rápido de determinados delitos. Coñecer os aspectos substantivos e procesuais do axuizamento rápido de determinados delitos. Coñecer as especialidades procesuais do xuízo diante do Tribunal do xurado e supostos nos que procede. Coñecer a forma de selección du xurado. Habilidades: Dominar os trámites do xuízo de faltas. Saber distinguir a forma e cauces de proba nos xuízos de faltas. Coñecer as especialidades dos recursos. Valorar a conveniencia de plantear unha conformidade. Saber plantear as cuestións de previo pronunicamiento. Distinguir os distintos trámites de informe no acto do xuízo diante do tribunal do xurado. Saber confeccionar un obxecto de veredicto. Actitudes: informar ao cliente acerca das vantaxes e inconvenientes da conformidade. Valorar en que supostos interesa ao cliente a celebración dun xuízo rápido. Dominar a técnica do xuízo de faltas. Valorar a eficacia e posibilidades do xuízo de faltas en accidentes de tráfico. Aplicar as técnicas de informe e interrogatorio no xuízo diante do Tribunal do Xurado. AM7
BM2
BM3
BM9
BM11
CM1
CM2
CM5
6. Desenvolvemento do xuízo oral. Obxectivos: Coñecer a técnica de interrogatorio do acusado, testemuñas e peritos. Saber propoñer modificación de conclusións en función do desenvolvemento do xuízo oral. Coñecer a técnica das conclusións nos distintos procesos. Habilidades: preparar a vista. Aplicar as técnicas de expresión oral argumentando con precisión, claridad y corrección xurídica. Aplicar as técnicas de interrogatorio. Saber formular peticións e protestas. Dominar a técnica do informe final. Actitudes: Ser amosar boa presenza e actitude no xuízo. Asumir outras vías de resolución distintas á absolución. Perder o medio a intervir e formular protesta no seu caso. Apreciar a necesidade do estudo previo do material probatorio e os criterios de valoración da proba. Velar pola correcta redacción da acta do xuízo. AM3
AM10
AM13
BM2
BM9
7. Recursos. Obxectivos: coñecer os distintos recursos. Coñecer os medios e formas de interposición diante dos distintos órganos xurisdicionais. Coñecer o sistema xurisdicional e institucional, nacional e internacional da protección dos dereitos fundamentais. Habilidade: Saber redactar os distintos recursos, distinguindo os motivos duns e outros. Saber como e cando pode solicitarse proba en segunda instancia. Actitudes: Valorar a conveniencia de interposición do recurso para os intereses do cliente. Preparar de forma responsable os recursos que procedan fronte ás sentenzas. AM1
AM13
BM2
BM4
BM5
BM9
8. Execución de sentenza. Obxectivos: Coñecer as distintas peticións en execución de sentenza. Coñecer as alternativas á pena de prisión, substitución de penas e indulto. Coñecer os dereitos dos reclusos tanto no ámbito penitenciario e o control xurisdicional. Habilidades: Confeccionar as distintas peticións de execución de setnenza en relación coas alternatvias á pena de prisión, bustitución de penas e idulto. Saber utilizar os recursos normativos para eludir a pena privativa de liberdade. Elaborar os escritos e recursos que procedan en defensa dos dereitos dos executados. Actitudes: Valorar a oportunidade de solicitar alternativas á pena privativa de liberdade. Distinguir os xeitos de execución da sentenca penal e os beneficios legais. AM4
AM5
AM7
BM8
BM9
BM10
BM11

Contidos
Temas Subtemas
1. A quenda de oficio e a asistencia xurídica gratuíta. O funcionamento dos servizos da quenda de oficio.
A asistencia ao detido e orientación xurídica.
A asistencia letrada ao detido.
Organización e réximen de asistencia
2. Intervención del letrado en las actuaciones ante los cuerpos y fuerzas de seguridad. Declaración del detenido.
Medidas cautelares.
Juicios rápidos y conformidad en la guardia
3. Inicio da vía penal Denuncia, querela e iniciación de oficio.
Exercicio da acción civil.
Intervención do Letrado diante do Xulgado de Garda.
4. Instrucción penal As dilixencias de investigación.
A proba anticipada.
Medidas cautelares.
Fase intermedia.
Escritos de acusación e defensa.
5. Distinción do procedemento a seguir en función do feito a axuizar e conformidade. O xuízo por delitso leves.
Procedemento abreviado.
Axuizamento rápido.
Procedemento ordinario.
Procedemento diante do Tribunal do Xurado.
Conformidade.
6. Desenvolvemento do xuízo oral. Desenvolvemento da proba: exame do acusado, testemuñas, pericial, atestados policiais, proba preconstituída.
Modificación das conclusións. Suspensión do xuízo. Informe das partes.
A última palabra.
A acta do xuízo.
7.- Recursos Os recursos de reforma, apelación e casación.
O recurso de amparo en materia penal. Garantía multinivel dos dereitos fundamentais. Garantía institucional dos dereitos fundamentais.
Garantía xurisdicional extraordinaria dos dereitos fundamentais.

8.- Execución de sentenzas A execución da pena privativa de liberdade
Outras penas.
Substitución e suspensión da condena.
Dereitos dos reclusos.

9.- Proceso penal do menor.
10.- O proceso na xurisdición militar.
11.- Procesos relativos á violencia de xénero
12.- Delitos comúns na práctica xudicial

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A7 A10 A13 B2 B3 B4 B9 B11 B12 C1 C2 C5 35 50 85
Simulación A13 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 10 25 35
Sesión maxistral A1 A2 A4 A5 A10 20 0 20
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos O estudo de casos e a posterior presentación oral é unha técnica tanto para exposición oral dos casos resoltos coma para exposición oral de partes da materia.
Simulación A simulación permite a recreación de xuizos na Sala de Vistas e prepara ao alumnado nun entorno similar ao que atoparase nos Xulgados.
Sesión maxistral As clases presenciais desenrólanse a partir dunhas sesións teóricas baseadas na lección maxistral. Despois utilízanse outras técnicas como as discusións dirixidas ou as presentacións orais

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Simulación
Descrición
Os profesores da materia prestarán atención á atención personalizada ao estudante, a través das titorías e do acompañamento na realización das diversas actividades, resolución de casos, etc.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A2 A3 A4 A5 A7 A10 A13 B2 B3 B4 B9 B11 B12 C1 C2 C5 Nas diferentes sesións proporanse casos prácticos para a súa resolución individual ou en grupo por parte do estudantado, que serán avaliados polo profesorado, tanto no que respecta á súa resolución na aula, como de xeito individual polo alumnado, coa posterior corrección polo profesorado 85
Simulación A13 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 Levarase a cabo unha simulación de xuízo oral, adxudicando diferentes roles ao alumnado, baixo a titorización do profesor/a responsábel que avaliará aos estudantes no seu desenvolvemento. 15
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Pérez-Cruz Martín, A.J. et al, (2020). Derecho Procesal Penal. Valencia: Tirant lo Blanch

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías