Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Traballo Fin de Mestrado Código 612499013
Titulación
Mestrado Universitario en Avogacía (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Alvarez Barbeito, Pilar
Arean Lalin, Manuel
Arufe Varela, Alberto
Barrio Garcia, Gonzalo
Busto Lago, José Manuel
Camara Ruiz, Juan
Colina Garea, Rafael
Fuentes Loureiro, María Ángeles
Garcia Perez, Rafael
Garcia Presas, Inmaculada
Gayan Rodriguez, Eloy Miguel
Legeren Molina, Antonio
Lopez Suarez, Marcos A.
Martinez Giron, Jesus
Peña Lopez, Fernando
Quintans Eiras, Maria Rocio
Ramos Vazquez, Jose Antonio
Rovira Sueiro, Maria Esther
Souto García, Eva María
Vazquez Pena, Manuel Jose
Correo electrónico
pilar.alvarez@udc.es
manuel.arean@udc.es
alberto.arufe.varela@udc.es
gonzalo.barrio@udc.es
jose.busto.lago@udc.es
juan.camara@udc.es
rafael.colina@udc.es
maria.fuentes.loureiro@udc.es
rafael.garcia.perez@udc.es
i.garcia.presas@udc.es
e.gayan@udc.es
antonio.legeren@udc.es
marcos.lopezs@udc.es
jesus.martinez.giron@udc.es
fernando.pena@udc.es
rocio.quintans@udc.es
jose.ramos.vazquez@udc.es
maria.rovira@udc.es
eva.maria.soutog@udc.es
manuel.jose.vazquez.pena@udc.es
Web
Descrición xeral No traballo, o alumno deberá elaborar un traballo de forma individualizada, procedendo ao seu defensa ante un Tribunal, no que se valorará o seu nivel de expresión
oral e escrita, así como o seu contido. Os titores designaranse a cada alumno
en función do contido do traballo e da capacidade docente do profesor, velando en todo momento porque o número de alumnos asignados a cada titor non afecte á calidade do traballo. Os
Tribunais estarán compostos por profesores designados pola Comisión académica do Máster.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se modifican

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen. Manteñense as metodoloxias previstas

*Metodoloxías docentes que se modifican

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos TFM
Moodle: Segundo a necesidade do alumnado.
Teams co tutor asignado


4. Modificacións na avaliación. Non se modifican

*Observacións de avaliación: A defensa se realizará a través de Teams

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento
A2 Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais
A3 Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais
A4 Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional
A5 Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais nas relacións do avogado co cliente, as outras partes, o tribunal ou autoridade pública e entre avogados
A6 Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade social da avogado
A7 Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio
A8 Saber identificar os requirimentos de prestación e organización determinantes para o asesoramento xurídico
A9 Coñecer e saber aplicar na práctica a contorna organizativa, de xestión e comercial da profesión de avogado, así como o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal
A10 Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional
A11 Saber desenvolver destrezas que permitan ao avogado mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución en que o desenvolve mediante o acceso a fontes de información, o coñecemento de idiomas, a xestión do coñecemento e o manexo de técnicas e ferramentas aplicadas
A12 Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de avogado
A13 Saber expor de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental
A14 Saber desenvolver traballos profesionais en equipos específicos e interdisciplinares
A15 Saber desenvolver habilidades e destrezas interpersoais, que faciliten o exercicio da profesión de avogado nas súas relacións cos cidadáns, con outros profesionais e coas institucions
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
B5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo
B9 Capacidade de resolución de problemas
B12 Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma
C2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida
C3 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
AM1
AM2
AM3
AM4
AM5
AM6
AM7
AM8
AM9
AM10
AM11
AM12
AM13
AM14
AM15
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM9
BM12
CM1
CM2
CM3
CM5
CM7

Contidos
Temas Subtemas
O TFM supón a realización, por parte de cada estudante e de forma individual, dun traballo baixo a supervisión dun ou máis directores.
Neste traballo deben integrarse e desenvolverse os contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o período de docencia do mestrado.
O alumno pode elixir o tema do TFM atendendo, no seu caso, ás directrices e orientacións marcadas polo titor.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B12 C1 C2 C3 C5 C7 25 100 125
Presentación oral A13 B1 B4 C1 1 6 7
 
Atención personalizada 18 0 18
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Presentación oral O estudantado defenderá os seus TFM pública e presencialmente.
Cada estudante disporá dun tempo máximo, do que será informado polo tribunal, para a defensa do TFM, en que deberá expoñer os obxectivos, a metodoloxía, o contido e as conclusións do seu traballo. Con posterioridade terá que atender as preguntas, as aclaracións, os comentarios e as suxestións que puideren formularlle os membros do tribunal de avaliación

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O titor do TFM atenderá ao alumno nas dúbidas que poidan xurdir no desenvolvemento do traballo. O titor asesorará ao alumno acerca das fontes documentais e bibliografía que deba consultar así como nos aspectos formais do traballo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A13 B1 B4 C1 O Tribunal evaluará a presentación oral do traballo, así como o modo en que o alumno resposte as cuestións que o tribunal lle poida plantexar. 40
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B9 B12 C1 C2 C3 C5 C7 O TFM defenderase ante un Tribunal que evaluará a redacción do traballo, a súa sistemática, o correcto manexo das fontes documentais, a capacidade crítica do alumno, e as conclusións do traballo. 60
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías