Identifying Data 2015/16
Subject (*) Dereito do consumo Code 612847207
Study programme
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Official Master's Degree 2nd four-month period
First Optativa 5
Language
Spanish
Galician
Portuguese
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Dereito Privado
Coordinador
Lopez Suarez, Marcos A.
E-mail
marcos.lopezs@udc.es
Lecturers
Alvarez Lata, Natalia
Lopez Suarez, Marcos A.
Rovira Sueiro, Maria Esther
Sande García, Pablo
E-mail
natalia.alvarez.lata@udc.es
marcos.lopezs@udc.es
maria.rovira@udc.es
p.sande.garcia@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.es/guiadocente/guia_docent/index.php?
General description A partir da entrada en vigor da reforma do Tratado da UE asinada en Masstricht o 7 de febreiro de 1992, incorporouse ao Dereito orixinario da Unión -en concreto, nos seus arts. 3 e 129.A- unha base xurídica adecuada para fundar a política lexislativa comunitaria orientada á protección dos consumidores, sen prexuízo de que, con anterioridade, o Dereito derivado da UE xa se mostrou fecundo neste ámbito.

O adecuado funcionamento do Mercado interior único esixe que as regras xurídicas que regulan as relacións entre empresarios / profesionais e consumidores / usuarios determinen a existencia de marcos xurídicos homoxéneos, con independencia de cal sexa a lei nacional aplicable ao suposto litigioso de que se trate. En efecto, tanto o fomento da confianza dos consumidores -indispensable a efectos de dinamizar a economía-, como a eliminación de distorsiones da competencia, esixen a armonización das normas de Dereito de consumo e, en particular, do Dereito contractual de consumo, no ámbito dos países integrantes da UE. A creación do Mercado único europeo permitiu que os empresarios e profesionais poñan os seus produtos ou os seus servizos a disposición de consumidores doutros mercados diferentes do seu país de orixe. O desenvolvemento dos medios de comunicación e a utilización crecente de medios electrónicos de comunicación -en particular da rede Internet- que facilitan a comparación e o acceso aos produtos e servizos, así como a introdución dunha moeda única coa que facer efectiva os pagos dentro da maior parte dos países da UE, constitúen dúas vectores claves na expansión da publicidade de produtos e da prestación de servizos que ofrecen empresarios e profesionais dun Estado membro a consumidores e usuarios dun Estado distinto. Desta maneira, a celebración de contratos de consumo cun elemento subxectivo -v.gr., a nacionalidade dalgunha das partes- ou obxectivo -v.gr., o lugar de execución- de estranxeiría que determine a súa cualificación como internacionais ou transfronteirizos deixou, hai tempo, de ser unha realidade reservada a un número reducido de consumidores que adoitan desprazarse a distintos Estados, para converterse nunha realidade cotiá para o cidadán / consumidor medio.

De conformidade cos datos xurídicos e de feito que acaban de ser expostos, as liñas programáticas do Dereito de consumo no seo da UE enunciadas tanto no «Libro Verde sobre a protección dos consumidores na UE», de 2 de outubro de 2001, como na Comunicación da Comisión denominada «Estratexia en materia de política dos consumidores 2002-2006», de 7 de maio de 2002, contémplase como obxectivo intensificar a armonización das normas de Dereito de consumo no seo dos países da UE.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A3 Conocimiento de las áreas geográficas y de los aspectos materiales en los que se desenvuelve la acción exterior de la Unión Europea.
A12 CE 12 Coñecer a regulación da liberdade de pensamento, conciencia e relixión no ámbito comunitario, así como la xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos (TEDH) nestes ámbitos.
B1 CG1 Coñecemento das institucións da Unión Europea e das vías de acceso ante elas dos ciudadáns e das persoas xurídicas
B2 CG2 Coñecemento das áreas xeográficas e dos aspectos materiais nos que se desenvolve a acción exterior da Unión Europea
B3 CG3 Manexo solvente da información sobre a UE e dos portais xurídicos e de información da Unión Europea
B5 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser originais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B7 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B8 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
- Coñecemento e manexo das fontes comunitarias de Dereito de consumo. AR3
AR12
BR1
BR2
BR3
BR5
BR7
BR8
CR1
CR6
CR7
- Resolución de conflitos de consumo intracomunitarios. AR3
AR12
BR1
BR2
BR3
BR5
BR7
BR8
CR1
CR6
CR7

Contents
Topic Sub-topic
I.- A POSICIÓN DO CONSUMIDOR E DO USUARIO NO DEREITO COMUNITARIO E NO ORDENAMENTO XURÍDICO ESPAÑOL. A POLÍTICA COMUNITARIA DE PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR. I.- O CONSUMIDOR INDIVIDUAL.- II.- AS ASOCIACIÓNS DE CONSUMIDORES E USUARIOS: II.1.- A defensa dos dereitos e intereses propios dos consumidores como función primordial.-II.2.- Outras funcións das asociacións de consumidores e usuarios.- II.2.1.- Enunciado de funcións.- II.2.2.- A representación dos seus asociados: audiencia e participación na elaboración de disposicións xerais.- II.2.3.- Información e educación dos consumidores e usuarios.- III.- AS OFICINAS DE INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR.- III.1.- Concepto e natureza xurídica.- III.2.- Funcións típicas ou propias das OMIC.- III.3.- Outras funcións atribuídas ás OMIC.- IV.- A LEXISLACIÓN EN MATERIA DE DEREITO DE CONSUMO NO ESTADO «PLURILEXISLATIVO» ESPAÑOL.
II.- FORMAS DE RESOLUCIÓN DOS CONFLITOS DE CONSUMO. I.- IDEAS XERAIS: FUNDAMENTOS DE DEREITO COMUNITARIO E CONSTITUCIONAIS.- II.- PROCEDEMENTOS XUDICIAIS: II.1.- O consumidor individual. II.1.1.- Lexitimación activa do consumidor individual. II.1.1.A.- Regra xeral. II.1.1.B.- Lexitimación activa do consumidor individual para o exercicio dunha acción colectiva? II.2.- Pluralidade de consumidores afectados. Lexitimación activa para o exercicio de accións colectivas. II.2.1.- Regra xeral. II.2.2.- Os grupos de consumidores «afectados». II.2.3.- As asociacións de consumidores e usuarios. II.2.4.- Tutela dos «intereses difusos» dos consumidores e usuarios. II.2.5.- Entidades legalmente constituídas para a defensa e protección dos consumidores e usuarios. II.2.6.- Entidades habilitadas conforme á normativa comunitaria para o exercicio da acción de cesación. II.3.- Concorrencia de lexitimacións activas e de demandantes. II.4.- Intervención individual dun consumidor ou usuario nun proceso colectivo. II.5.- Lexitimación activa por substitución das asociacións de consumidores e usuarios. II.6.- O Ministerio Fiscal e a tutela dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios. II.7.- Outras entidades activamente lexitimadas para o exercicio de accións en defensa dos dereitos e intereses dos consumidores e usuarios. II.8.- Lexitimación pasiva. II.9.- Especialidades da reclamación fronte a unha Administración Pública. II.9.1.- Xurisdición competente. II.9.1.A.- No caso de que a reclamación se dirixa fronte á Administración Pública. II.9.1.B.- No caso de que exista un seguro de responsabilidade civil da Administración Pública. II.9.2.- Procedemento para a esixencia de responsabilidade civil a unha Administración Pública. II.9.2.A.- Iniciación. II.9.2.B.- Tramitación. II.9.3.- Os efectos xurídico-materiais da responsabilidade da Administración Pública. A forma da reparación. II.9.4.- Exercicio de accións colectivas fronte a unha Administración Pública. II.10.- Competencia xudicial territorial. II.11.- Problemas de Dereito transfronteirizo nos países da UE. II.11.1.- Dereito aplicable. II.11.1.A.- A armonización do Dereito de consumo no seo da UE. II.11.1.B.- O Convenio de Roma de 1980. II.11.1.C.- Obrigacións extracontractuais. II.11.2.- Xurisdición competente. II.11.2.A.- Consumidor e profesional con domicilio en Estados membros da UE. II.11.2.B- Profesional dun terceiro Estado. II.12.- Cuestións procesuais. II.12.1.- A opción lexislativa que representa a LECiv/2000. II.12.2.- As canles procesuais adecuadas para axuizar as reclamacións de consumo. II.12.2.A.- Procedemento adecuado en función do tipo de acción exercitada polo consumidor. II.12.2.B.- Acumulación da acción de cesación e accións de resarcimento. II.12.3.- Postulación procesual e asistencia de letrado. II.12.4.- As costas procesuais. II.12.5.- Dispensa de caución para a adopción de medidas cautelares no caso de accións de cesación. II.12.6.- A sentenza que pon fin ao procedemento colectivo. II.12.6.A.- Contido. II.12.6.B.- Eficacia. II.12.6.C.- A execución da sentenza. III.- MECANISMOS EXTRAXUDICIAIS DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS DE CONSUMO: III.1.- Principios que rexen a resolución extraxudicial de conflitos de consumo. III.2.- A mediación e a conciliación. III.3.- A arbitraxe de consumo. III.3.1.- Caracterización xeral. III.3.2.- Presupostos para o sometemento do consumidor á arbitraxe de consumo. III.3.3.- Os efectos da declaración de concurso na arbitraxe de consumo. III.3.4.- Principios básicos do funcionamento do sistema arbitral de consumo. III.3.5.- A limitación da defensa do profesional nos casos nos que exista oferta pública de sometemento a arbitraxe. III.3.6.- As arbitraxes sectoriais. III.4.- A arbitraxe ordinaria. III.5.- A arbitraxe «on-line» (ou virtual).
III.- PRÁCTICAS COMERCIAIS DESLEAIS E PUBLICIDADE. I.- A TUTELA DA TOMA DE DECISIÓN DO CONSUMIDOR. O NOVO ESCENARIO CREADO POLA LEI 29/2009, DE 30 DE DECEMBRO: I.1.- A Directiva 2005/29/CE, de prácticas comerciais desleais das empresas nas súas relacións con consumidores: claves. I.2.- A Lei 29/2009, de 30 de decembro, que modifica o réxime xeral da competencia desleal e da publicidade para a mellora da protección dos consumidores e usuarios. Incidencia da reforma no Dereito estatal e no Dereito autonómico. II.- RÉXIME XERAL DAS PRÁCTICAS COMERCIAIS DESLEAIS COS CONSUMIDORES: II.1.- Regulación e ámbito de aplicación. II.2.- A cláusula xeral e os seus elementos: a) Distorsión do comportamento económico. b) A noción do consumidor medio. II.3. Tipos de prácticas desleais: as prácticas comerciais enganosas e as prácticas comerciais agresivas: a) Conceptos legais e definicións: - Actos de engano e omisións enganosas. En especial, as prácticas enganosas por confusión. - Prácticas agresivas. b) A lista negra de prácticas desleais cos consumidores. II.4.- Outros supostos de publicidade ilícita (a reforma da LGP). III.- RÉXIME DE PUBLICIDADE ESPECIAL PARA DETERMINADOS BENS/SERVIZOS: III.1.- Alimentos. Especial referencia ao Regulamento Europeo sobre alegacións nutricionais e de saúde dos alimentos. III.2.- Tabaco e bebidas alcohólicas. III.3.- Publicidade de produtos farmacéuticos e centros sanitarios (publicidade de medicamentos e produtos con pretendida finalidade sanitaria). III.4.- Vivenda. III.5.- Produtos e servizos financeiros. III.6.- Viaxes combinadas e aproveitamento por quenda. III.7.- A publicidade televisiva. III.8.- Comunicacións comerciais por vía electrónica. IV.- ACCIÓNS E REMEDIOS FRONTE ÁS PRÁCTICAS DESLEAIS E OUTRAS FORMAS DE PUBLICIDADE ILÍCITA: IV.1.- Remedios da LCD: reformulación e uniformización das accións pola Lei 29/2009 (arts. 32 e ss. LCD). IV.2.- Remedios contractuais (a integración do contrato coa publicidade; accións de cumprimento contractual; de incumprimento; e de resolución do contrato: TRLGDCU). IV.3.- Infracción de consumo: arts. 47.3 e 49.1 TRLGDCU.
IV.- ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN DE VENDAS E MODALIDADES DE VENDA. I.- ACTIVIDADES CON FINALIDADE DE PROMOCIÓN DE VENDAS: I.1.- Carácter das normas que regulan as «vendas promocionais». I.2.- A venda en rebaixas. I.3.- A venda de saldos. I.4.- A venda en liquidación. I.5.- A venda con obsequios. I.6.- A venda conxunta ou en lote. I.7.- A venda de promoción. II.-TÉCNICAS ESPECIAIS DE DISTRIBUCIÓN OU VENDA AO CONSUMIDOR DE BENS E SERVIZOS: II.1.- A venda multinivel. II.2.- A venda directa. II.3.- A contratación de bens e servizos celebrada fóra do establecemento mercantil. II.4.- A venda a distancia. II.5.- Os contratos electrónicos. II.6.- A venda automática. II.7.- A venda ambulante ou non sedentaria. II.8.- A venda en pública poxa: as poxas celebradas a través de internet. III.- MODALIDADES PROHIBIDAS DE VENDA: III.1.- A venda con perda. III.2.- A venda en pirámide.
V.- A ADQUISICIÓN DE BENS E PRODUTOS POLO
CONSUMIDOR.
I.- INTRODUCIÓN: BENS DE CONSUMO E PRODUTOS DEFECTUOSOS. ACLARACIÓNS TERMINOLÓXICAS. II.- A FIXACIÓN DO PREZO. III.- A INFORMACIÓN SOBRE OS PREZOS. IV. O PAGO DO PREZO. V.- A PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR FRONTE Á ADQUISICIÓN DE BENS DEFECTUOSOS OU QUE NON SATISFAGAN AS SÚAS LEXÍTIMAS EXPECTATIVAS ECONÓMICAS. VI.- NORMAS E MECANISMOS QUE INCIDEN SOBRE A PRODUCIÓN E A PRESENTACIÓN AO PÚBLICO DE BENS QUE SATISFAGAN AS LEXÍTIMAS EXPECTATIVAS DO CONSUMIDOR. VII.- MEDIOS DE REACCIÓN XURÍDICA FRONTE A BENS QUE NON SE AXUSTAN Á LEI, AO CONTRATO OU ÁS EXPECTATIVAS DO CONSUMIDOR: A OBRIGACIÓN DE CONFORMIDADE. A GARANTÍA LEGAL. VIII.- AS GARANTÍAS COMERCIAIS. IX.- OS SERVIZOS POSTVENTA: A ASISTENCIA TÉCNICA, A REPARACIÓN E OS REPOSTOS DOS PRODUTOS DE NATUREZA DURADEIRA. X.- A PROPOSTA DE REGULAMENTO, DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO, RELATIVO A UNHA NORMATIVA COMÚN DE COMPRAVENDA EUROPEA DE 11 DE OUTUBRO DE 2011.
VI.- A PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR FRONTE Á ADQUISICIÓN DE BENS DEFECTUOSOS OU QUE NON SATISFAGAN AS SÚAS LEXÍTIMAS EXPECTATIVAS ECONÓMICAS. I.- NORMAS E MECANISMOS QUE INCIDEN SOBRE A PRODUCIÓN E A PRESENTACIÓN AO PÚBLICO DE BENS QUE SATISFAGAN AS LEXÍTIMAS EXPECTATIVAS DO CONSUMIDOR. II.- MEDIOS DE REACCIÓN XURÍDICA FRONTE A BENS QUE NON SE AXUSTAN Á LEI, AO CONTRATO OU ÁS EXPECTATIVAS DO CONSUMIDOR: A OBRIGACIÓN DE CONFORMIDADE. III.- AS GARANTÍAS COMERCIAIS. IV.- OS SERVIZOS POSTVENTA: A ASISTENCIA TÉCNICA, A REPARACIÓN E OS REPOSTOS DOS BENS. V.- A SEGURIDADE DOS BENS: V.1.- A obrigación de ofrecer produtos seguros ao mercado. V.2.- A responsabilidade do fabricante polos danos causados polos produtos defectuosos.
VII.- O CONSUMIDOR DE VIVENDA. I.-COMPRAVENDA DE VIVENDA. II.- MODALIDADES CONTRACTUAIS AO REDOR DA ADQUISICIÓN DE VIVENDA. III.- PUBLICIDADE, INFORMACIÓN E FORMA CONTRACTUAL NA VENDA DE VIVENDAS. IV.- A VIVENDA: REQUISITOS. V.- O PREZO. VI.- PRÁCTICAS CONTRACTUAIS (ABUSIVAS) RELATIVAS Á RESOLUCIÓN E DESISTIMIENTO. VII.- EVENTUAIS CESIÓNS DE CONTRATO. VIII.- RÉXIME DAS VARIACIÓNS OU REFORMAS NA VIVENDA A ENTREGAR. IX.- ATRASOS NA ENTREGA DA VIVENDA. X.- INCUMPRIMENTO CONTRACTUAL DEFINITIVO. XI.- COMPRAVENDA DE VIVENDA CON MEDIACIÓN DE AXENTES INMOBILIARIOS. XII.- A INTERVENCIÓN DO PROMOTOR NO RÉXIME DE PROPIEDADE HORIZONTAL. AS CLÁUSULAS ABUSIVAS OU ILÍCITAS NOS ESTATUTOS DE PROPIEDADE HORIZONTAL. XIII.- PROTECCIÓN DO ARRENDATARIO DE VIVENDA COMO CONSUMIDOR: XIII.1.- Publicidade e información nos arrendamentos de vivenda: remisión. XIII.2.- Cláusulas abusivas nos alugueres de vivenda.
VIII.- PRESTACIÓN DE SERVIZOS PROFESIONAIS. I.- PRESTACIÓN DE SERVIZOS PROFESIONAIS PRIVADOS: I.1.- Arrendamento de servizos e normas corporativas. I.2.- O contrato de arrendamento de servizos. I.3.- Profesións nas que a colexiación é obrigatoria para a prestación de servizos ao público. A función da Administración corporativa. Normativa deontolóxica: A.- Avogados. B.- Procuradores: normas arancelarias. Reclamación de dereitos e suplidos. II.- PRESTACIÓN DE SERVIZOS PROFESIONAIS PRIVADOS. PROFESIÓNS NON COLEXIADAS: II.1.- Talleres de reparación de vehículos automóviles. II.2.- Servizos de reparación de aparellos de uso doméstico. II.3.- Prestación de servizos de mantemento. II.4.- Servizos de telefonía. II.5.- Prestadores de servizos da sociedade da información. II.6.- Subministración de enerxía eléctrica. II.7.- Prestación de servizos funerarios. II.8.- Servizos de aparcadoiro de vehículos de motor. III.- PRESTACIÓN DE SERVIZOS PÚBLICOS: III.1.- O sometemento da prestación pública de servizos ás normas do Dereito de consumo. III.2.- Servizos de ensino. III.3.- Servizos sanitarios. III.4.- Concesionarios de servizos públicos.
IX.- OS CONTRATOS DE FINANCIAMENTO DO CONSUMIDOR. I.- O CRÉDITO AO CONSUMO: I.1.- O crédito ao consumo como modalidade de préstamo persoal. I.2.- Ámbito subxectivo de aplicación da Lei de crédito ao consumo. I.3.- Ámbito obxectivo de aplicación da Lei de crédito ao consumo. I.4.- Formación do contrato de crédito ao consumo. I.5.- Forma do contrato e copias. I.6.- Contido do documento contractual e consecuencias da súa omisión. I.7.- A facultade do consumidor de reembolsar anticipadamente o crédito. I.8.- O incumprimento do prestatario: vencimiento anticipado. I.9.- Efectos da vinculación contractual entre o préstamo e o contrato de adquisición dun ben ou dun servizo. I.10.- Aplicación da LCCFEM aos contratos de financiamento vinculados aos de adquisición dun ben ou servizo. II.- A VENDA A PRAZOS DE BENS MOBLES.
X.- BANCA. PRODUTOS FINANCEIROS, MEDIOS DE PAGO BANCARIOS E GARANTÍAS HIPOTECARIAS. I.- NORMAS SOBRE TRANSPARENCIA NAS OPERACIÓNS CON ENTIDADES DE CRÉDITO E PROTECCIÓN DO CLIENTE BANCARIO. II.- DEBERES DE PUBLICIDADE OU DE INFORMACIÓN AO CLIENTE. III.- O PACTO DE INTERESES NOS PRÉSTAMOS BANCARIOS. IV.- TRANSPARENCIA DOS PREZOS DOS SERVIZOS BANCARIOS PRESTADOS MEDIANTE CAIXEIROS AUTOMÁTICOS (INFORMACIÓN SOBRE AS COMISIÓNS). V.- ADQUISICIÓN A DISTANCIA DE PRODUTOS FINANCEIROS. VI.- A UTILIZACIÓN DE TARXETAS DE PAGO ELECTRÓNICO E CRÉDITOS VINCULADOS. VII.- MALAS PRÁCTICAS BANCARIAS. VIII.- A RECLAMACIÓN XUDICIAL DE SALDOS DEBEDORES POLA ENTIDADE BANCARIA. IX.- PRÉSTAMO CON GARANTÍA HIPOTECARIA: IX.1.- O contrato de préstamo garantido cunha hipoteca. IX.2.- O crédito hipotecario ao consumo. IX.3.- A protección do debedor nos créditos hipotecarios. IX.4.- Reembolso ou cancelación anticipada do préstamo garantido con hipoteca. IX.5.- Peculiaridades do pacto de intereses. IX.6.- Os instrumentos de cobertura do risco de tipo de interese (as permutas financeiras de tipos de interese). IX.7.- Réxime do redondeo en préstamos a interese variable. Nulidade das cláusulas de «redondeo á alza». IX.8.- Seguros vinculados a préstamos hipotecarios. X.- A PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR SOBREENDEUDADO: O CONCURSO DO CONSUMIDOR. XI.- PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR EN CONTRATOS DE ADQUISICIÓN DE BENS CON OFERTA DE REVALORACIÓN OU GARANTÍA DE RESTITUCIÓN DO PREZO. XII.- INSTITUCIÓNS DE TUTELA DO CLIENTE BANCARIO: XII.1.- O defensor do cliente bancario. XII.2.- Comisionados para a defensa dos clientes de servizos financeiros. XII.3.- O Servizo de reclamacións do Banco de España.
XI.- A CONTRATACIÓN DE SEGUROS POLO CONSUMIDOR. I.- O CONTRATO DE SEGURO E PROTECCIÓN DO ASEGURADO. II.- PUBLICIDADE, INFORMACIÓN E OUTRAS VICISITUDES PRECONTRACTUAIS. III.- FORMA E DOCUMENTACIÓN DO CONTRATO. IV.- O TRATAMENTO DAS CLÁUSULAS ESCURAS, ABUSIVAS, LESIVAS E LIMITATIVAS NO CONTRATO DE SEGURO. V.- AS MODIFICACIÓNS NO CONTRATO DE SEGURO. AGRAVAMENTOS E DIMINUCIÓNS DE RISCOS; AUMENTOS OU MODIFICACIÓNS NAS PRIMAS E PRÓRROGAS DO SEGURO. VI.- OUTROS DEREITOS E OBRIGACIÓNS DO CONSUMIDOR NO CONTRATO DE SEGURO. VII.- A PROTECCIÓN ADMINISTRATIVA DO ASEGURADO: AS RECLAMACIÓNS ADMINISTRATIVAS ANTE A DGS E OS ÓRGANOS ADMINISTRATIVOS DE DEFENSA DO ASEGURADO. VIII.- A PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR DE SEGUROS FRONTE A UNHA SITUACIÓN DE CRISE DO ASEGURADOR.
XII.- CONSUMIDOR E SECTOR TURÍSTICO. I.-TURISMO E DEREITO DE CONSUMO: I.1.- Panorama xeral. I.2.- Mecanismos de protección do turista nas leis de ordenación do turismo. II.- VIAXES COMBINADAS: II.1.- Viaxes combinadas: conceptos. II.2.- Protección do consumidor no TRLGDCU. Os dereitos do consumidor na viaxe combinada. II.3.- Prescrición das accións. II.4.- Garantías, fianzas e outros seguros turísticos. II.5.- A contratación on-line das viaxes combinadas. III.- HOSPEDAXE E ALOXAMENTOS TURÍSTICOS: III.1.- O contrato de hospedaxe. A reserva hoteleira. III.2.- Responsabilidade do hotel por danos sufridos polo cliente no establecemento. IV.- APARTAMENTOS TURÍSTICOS E VIVENDAS VACACIONAIS. V.- ADQUISICIÓN DE DEREITOS DE APROVEITAMENTO POR QUENDA DE BENS INMOBLES DE USO TURÍSTICO: V.1.- Introdución. V.2.- Clases de dereitos de aproveitamento por quenda sobre bens inmobles de uso turístico. Caracterización legal. V.3.- Constitución do réxime de aproveitamento por quenda. V.4.- Publicidade, información e forma do contrato. V.5.- Dereitos dos adquirentes.
XIII.- CONTRATACIÓN DE SERVIZOS DE TRANSPORTE POR CONSUMIDORES. I.- O TRANSPORTE AÉREO DE PASAXEIROS. II.- O TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA. III.- O TRANSPORTE FERROVIARIO DE PASAXEIROS. IV.- O TRANSPORTE MARÍTIMO DE PASAXEIROS.

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Case study B7 B8 C1 C6 11 33 44
Guest lecture / keynote speech B5 B7 36 36 72
Multiple-choice questions B7 C6 1 4 5
Directed discussion B5 B7 B8 C1 C6 C7 3 0 3
 
Personalized attention 1 0 1
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Case study - Resolución individual e en grupos reducidos de supostos prácticos facilitados polo Profesor.

- Comentarios de resolucións xudiciais.
Guest lecture / keynote speech - Exposición polo Profesor dos contidos esenciais da materia.
Multiple-choice questions - Proba tipo test, de vinte cuestións con catro respostas posibles.
Directed discussion - Formulación de asuntos de política comunitaria de consumo para a súa discusión na aula, previa realización de lecturas e procura de materiais.

Personalized attention
Methodologies
Directed discussion
Multiple-choice questions
Guest lecture / keynote speech
Case study
Description
- Atención individual nas horas de ensino presencial.

- Tutorías individualizadas e en grupos reducidos.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Multiple-choice questions B7 C6 - Proba final tipo test con catro respostas posibles. 60
Guest lecture / keynote speech B5 B7 - Asistencia ás exposicións realizadas polo Profesor. 20
Case study B7 B8 C1 C6 - Resolución de supostos prácticos formulados polo Profesor. 20
 
Assessment comments

Sources of information
Basic BERCOVITZ RODRÍGUEZ-CANO, RODRIGO (Coordinador) (2009). Comentarios al Texto Refundido de la Ley General para la Defensa de Consumidores y Usuarios. Ed. Aranzadi, Cizur Menor
CARRASCO PERERA, ÁNGEL (2002). El Derecho de consumo en España: presente y futuro. Ed. INC
BUSTO LAGO, JOSÉ MANUEL; ÁLVAREZ LATA, NATALIA; PEÑA LÓPEZ, FERNANDO (2010). Reclamaciones de consumo. Derecho de consumo desde la persepectiva del consumidor. Cizur Menor. Ed. Aranzadi

Lexislación: O Texto Refundido da LGDCU e outras leis complementarias está publicado no BOE de 30 de novembro de 2007 (dispoñible en pdf en www.boe.es).

Poden manexarse diversas compilacións lexislativas, neste momento non por mor dos recentes cambios lexislativos: existen volumes na biblioteca das compilacións (incluídas as Directivas de consumo): MARÍN LÓPEZ, M. J. e MARTÍNEZ ESPÍN, P.: Código de consumo (Legislación, comentarios y jurisprudencia), Ed. Aranzadi, Cizur Menor, 2004; e Código sobre consumo y comercio, Ed. Aranzadi, Cizur Menor, 2009 (2ª edic.).

Son recomendables os materiais (artigos doutrinais e comentarios xurisprudenciais) contidos na páxina web do Centro de Estudos de Consumo da UC-LM (www.cesco.es), entre os que se atopa a Revista CESCO de Derecho de Consumo.

Compendium de Dereito de consumo europeo (lexislación, xurisprudencia e doutrina de 25 Estados membros UE, incluída a española):
http://ec.europa.eu/consumers/cons_int/safe_shop/acquis/index_en.htm e
http://www.eu-consumer-law.org/index.html.

Complementary CÁMARA LAPUENTE, S. (Director) (2011). Comentarios a las normas de protección de los consumidores. Madrid. Ed. Colex
DE LEÓN ARCE, A. y GARCÍA GARCÍA, L. Mª (2007). Derechos de los consumidores y usuarios (T. I y II). Valencia. Ed. Tirant lo Blanch
GUILLÉN CARAMÉS, J. (2002). El Estatuto Jurídico del Consumidor. Madrid. Ed. Civitas
REBOLLO PUIG, M. e IZQUIERDO CARRASCO, M. (DIRS.) (2011). La defensa de los consumidores y usuarios (Comentario sistemático del TR aprobado po el RDLeg. 1/2007). Madrid, Ed. Iustel


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.