Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Francés Xurídico-Económico Código 612847209
Titulación
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 1
Idioma
Francés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
Correo electrónico
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Profesorado
Marti , Alexandra Françoise
Regueiro Diehl, Maria Mercedes
Correo electrónico
alexandra.marti@udc.es
mercedes.regueiro.diehl@udc.es
Web
Descrición xeral A materia está dirixida a estudantes que por motivos académicos ou profisionais deben traballar habitualmente con documentación xurídica redixida en francés.
Para cursar con aproveitamento a materia é preciso posuir un nivel B1+/B2 en lingua francesa.
Durante as aulas, de carácter exclusivamente práctico e impartidas en francés, ofreceranse diversas ferramentas e recursos para mellorar e profundizar as principais detrezas lingüísticas e estratexias comunicativas propias do ámbito das relacións europeas e internacionais, privilexiando a busca de información e a comprensión lectora.

Competencias do título
Código Competencias do título
B3 CG3 Manexo solvente da información sobre a UE e dos portais xurídicos e de información da Unión Europea
B7 CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B8 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Buscar, clasificar, organizar e presentar documentación en francés das institucións europeas. BI3
CI2
CI3
Comprender e sintetizar o sentido xeral dun documento xurídico redixido en francés. BI3
BI7
BI8
CI1
CI2
Pedir e dar en francés informacións xurídicas. BI3
BI7
BI8
CI2
Saber utilizar ferramentas e recursos para solucionar problemas lingüísticos plantexados polos documentos xurídicos redixidos en francés. BI3
BI7
CI2
CI3

Contidos
Temas Subtemas
Non existe un temario de contidos teóricos propiamente dito. Durante as aulas utilizarase unha metodoloxía centrada na práctica das destrezas lingüísticas e ofrecerase ao alumnado diversos recursos e ferramentas que reforcen a súa capacidade de autonomía e responsabilidade no proceso de aprendizaxe. • A UE e as linguas.
• Os portais comunitarios. Aproveitamento lingüístico. Principais ferramentas e recursos de axuda linguïstica para a lingua francesa (glosarios, thesaurus, bases terminolóxicas, manuais de estilo...)
• Outros portais xurídicos francófonos. Aproveitamento lingüístico.
• Outros recursos lingüísticos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B3 C2 1 0 1
Prácticas a través de TIC B3 B7 B8 C2 C3 5 0 5
Solución de problemas B3 B7 B8 C1 C2 C3 4 0 4
Lecturas B3 B7 B8 C2 C3 0 11 11
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Primeira toma de contacto coa materia, na que se desenvolven actividades destinadas a obter información relevante sobre o alumnado e sobre as súas competencias de partida, co fin de articular a docencia de xeito que se favorezan aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos e intereses do alumnado.
Prácticas a través de TIC Actividades prácticas presenciais en pequenos grupos. Búsquedas de documentación e información en portais especializados.
Solución de problemas Actividades prácticas presenciais individuais para mellorar as destrezas de comprensión lectora e expresión escrita. Traballarase con textos de especialidade de diversa tipoloxía, resolvendo os potenciais problemas de comprensión coa aplicación de ferramentas adecuadas.
Lecturas Material que o alumnado deberá ler/consultar/preparar fóra da aula para a realización dalgunhas actividades presenciais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Lecturas
Descrición
A atención personalizada será unha constante nesta materia, na que prima a aplicación dos coñecementos adquiridos. O profesorado fará un seguimento particular de cada estudante, e prestará especial atención á súa adicación, ao seu interese por aprender e ao seu compromiso coa materia e co grupo.
O profesorado atenderá puntualmente e de forma individualizada aos-ás estudantes cando a actividade encomendada ou o seu desempeño así o aconsellen.
Os-as estudantes poden acudir en horario de titorías e aulas ao profesorado para tratar todas as cuestións relacionadas coa materia que estimen pertinentes.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
0
0
0
Solución de problemas B3 B7 B8 C1 C2 C3 Valora as actividades prácticas presenciais individuais para mellorar as destrezas de comprensión lectora e expresión escrita (traballo con textos de especialidade de diversa tipoloxía, resolvendo os potenciais problemas de comprensión coa aplicación de ferramentas adecuadas). 40
Prácticas a través de TIC B3 B7 B8 C2 C3 Valora as actividades prácticas presenciais en pequenos grupos (búsquedas de documentación e información en portais especializados). 50
Lecturas B3 B7 B8 C2 C3 Valora o traballo realizado polo alumnado fóra da aula (lectura/consulta/preparación de textos para a realización de actividades presenciais). 10
 
Observacións avaliación

A materia está planificada de xeito estrictamente práctico. É preciso ter asistido a un mínimo do 80% das horas presenciais e ter participado activamente en todas as actividades programadas dentro e fóra das aulas.

O alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria deberá realizar un traballo práctico para poder superala na oportunidade de xullo.


Fontes de información
Bibliografía básica FERRERAS, J.; ZONANA, G. (1986). Diccionario jurídico y económico español-francés/francés-español. Barcelona: Masson.
CAMPOS, N.; CANTERA, J.; ORTEGA, E. (2005). Diccionario jurídico-económico francés-español/español-francés. Granada: Comares.
MERLIN WALCH, O. (1998). Dictionnaire juridique/Diccionario jurídico français-espagnol/español-francés. Paris: Librairie Générale de Droit et de Jurisprudence.
AMORÓS RICA, N.; MERLIN WALCH, O. (1993). Dictionnaire juridique/Diccionario jurídico français-espagnol/español-francés. Paris: Librairie Générale de Droit et de Jurisprudence.
SALGADO, M.B. (2007). Lexique bilingue de termes juridiques français-espagnol. Paris: Ellipses.

Bibliografía complementaria

Durante as aulas ofreceranse outras referencias bibliográficas e outros recursos específicos.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías