Datos Identificativos 2015/16
Asignatura (*) Metodoloxía informática do Dereito Comunitario e do Dereito Comparado Código 612847216
Titulación
Mestrado Universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea (plan 2012)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Alemán
Castelán
Francés
Galego
Inglés
Italiano
Portugués
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Público Especial
Coordinación
Arufe Varela, Alberto
Correo electrónico
alberto.arufe.varela@udc.es
Profesorado
Arufe Varela, Alberto
Martinez Giron, Jesus
Correo electrónico
alberto.arufe.varela@udc.es
jesus.martinez.giron@udc.es
Web
Descrición xeral Aprendizaxe da localización e manexo gratis desde casa, a través de Internet, dos portais xurídicos máis significativos, onde se atopan almacenadas as fontes normativas e jurisprudenciales, incluídas tamén as laborais e de seguridade social.

Competencias do título
Código Competencias do título
A5 CE5 Coñecemento dos ámbitos materiais nos que existe unha primacía do Dereito da Unión Europea: consumo; Dereito industrial; Dereito da competencia; Dereito de sociedades; Dereito das telecomunicacións; espazo de liberdade, seguridade e xustiza.
A9 CE 9 Capacidade para ponderar o valor atribuído ao recoñecemento dos dereitos sociais no ámbito do proceso de integración supranacional.
A11 CE 11 Coñecemento das vías de participación, nacionais e comunitarias, dos entes subestatais en asuntos comunitarios, con especial atención ao modelo autonómico español
B3 CG3 Manexo solvente da información sobre a UE e dos portais xurídicos e de información da Unión Europea
B6 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplas (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B8 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as suas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sin ambigüidades
B9 CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Manexo solvente do portal xurídico comunitario en Internet, incluso dende a casa, ós efectos de poder localizar todo tipo de documentación xurídica da Unión Europea, normativa ou non normativa. AI11
Manexo solvente dos portales xurídicos dos países comparativamente máis significativos, incluso dende a casa, utilizando como fío conductor os dereitos, libertades e principios fundamentalmente do Dereito do Traballo e da Seguridade Social. BI3
Manexo das fontes xurídicas en lengua vernácula (inglés, francés, alemán, italiano e portugués), sin necesidade de ningunha formación especial previa en idiomas extranxeiros. CI2
Que sexa capaz de comunicar as súas conclusións -así como os coñecementos e razóns que as sustentan- a públicos especializados e non especializados. BI8
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CI6
AI5
AI9
BI6
BI9
CI3
CI8

Contidos
Temas Subtemas
1.- O dereito do cidadán a coñecer as fontes xurídicas, tamén as laborais e de seguridade social, a través de Internet.
2.- Sitios de Internet relativos ós Códigos europeos e norteamericanos de traballo e de seguridade social.
3.- Sitios de Internet relativos á lexislación non codificada, comunitaria e europea, de traballo e de seguridade social.
4.- Sitios de Internet relativos a rexistros europeos, comunitarios e norteamericanos de convenios colectivos.
5.- Sitios de Internet relativos a repertorios comunitarios, europeos e norteamericanos para a localización de xurisprudencia laboral e de seguridade social.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A5 A11 B3 7 7 14
Presentación oral A9 B6 B8 B9 C2 7 8 15
Proba mixta C3 C6 C8 7 14 21
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Comunicar ós estudantes as cuestións esenciais do tema a tratar. Ten un carácter netamente informativo. O protagonismo asúmeo fundamentalmente o profesor.
Presentación oral Interactuar co estudante sobre cuestións esenciais do tema tratado. Ten un carácter principalmente formativo. O protagonismo distribúese a partes iguais entre o profesor e os estudantes.
Proba mixta Facer participar ó estudante en probas diversas sobre as cuestións esenciais do tema tratado. Ten un carácter fundamentalmente autoformativo. O protagonismo decántase sobre todo do lado dos estudantes.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba mixta
Actividades iniciais
Presentación oral
Descrición
A nosa disponibilidade para atender ós alumnos é total, xa presencialmente na Área (de 12 a 15 e de 17 a 21, de luns a venres), ou ben virtualmente (calquer día e a calqueira hora) a través das direccións de correo electrónico titof@udc.es e jmg@udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta C3 C6 C8 Baseada fundamentalmente na asistencia regular e na participación activa nas clases presenciais. 34
Actividades iniciais A5 A11 B3 Baseada fundamentalmente na asistencia regular ás clases presenciais. 33
Presentación oral A9 B6 B8 B9 C2 Baseada fundamentalmente na asistencia regular e na participación activa nas clases presenciais. 33
 
Observacións avaliación

Os exames quedan abolidos.


Fontes de información
Bibliografía básica J. MARTÍNEZ GIRÓN y A. ARUFE VARELA (2010). Fundamentos de Derecho comunitario y comparado, europeo y norteamericano, del Trabajo y de la Seguridad Social, 2ª ed.. A Coruña. Netbiblo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Dereito comunitario e comparado do traballo e da Seguridade Social/612847206

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías