Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Liberdade de Empresa: Organización Xurídica da Empresa. O Empresariado. Código 612943301
Titulación
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Economía
Empresa
Coordinación
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Profesorado
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Web http://http://www.dereito.udc.es/mestrado-universitario-en-asesoramento-xuridico-empresarial-maxe/
Descrición xeral Neste módulo analizaránse os aspectos básicos do asesoramento xurídico. As sesións docentes sobre os diferentes temas que requiran presencialidade se complementarán coas actividades non presenciais que, dado o carácter semipresencial do MAXE, os alumnos deberán realizar previo encargo do profesorado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
– Estudo de casos
– Lecturas
A atención personalizada realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams.

*Metodoloxías docentes que se modifican:
– Sesión maxistral (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams): as referencias ao cómputo da asistencia só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. Esta asistencia “parcial” poderá terse en conta na valoración dos traballos tutelados.
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación): incorpórase como única metodoloxía obxecto de avaliación continua (100% da nota final). Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. En concreto, realizaranse traballos individuais (e/ou grupais) relacionados con algún dos temas do programa.
– Estudo de casos (computa na avaliación): non se realizará, xa que a avaliacións destes coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos (sesións)” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén se poderán propoñer “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. No seu caso, sesións semanais (segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: a) A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. b) A profundidade do contido. c) O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. d) O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. e) A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. f) A presentación e a claridade da exposición.

*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos tutelados (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos tutelados (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
a) Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
b) Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados).
c) Entregar e expoñer (no seu caso) os traballos tutelados na data que se indique.
d) A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado xa dispoñe de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer o conxunto normativo aplicable, lexislativo e xurisprudencial, e a doutrina aplicables ao mundo da empresa
A2 Identificar, saber interpretar e facer fronte ás diferentes problemáticas xurídico-económicas que afecten á empresa
A3 Coñecer, manexar, elaborar e interpretar os principais documentos de tipo xurídico-económico relacionados co mundo empresarial.
A4 Coñecer e aplicar as técnicas contables, de elaboración e análise de estados financeiros e outros instrumentos de xestión.
A5 Elaborar, comunicar e defender con soltura textos xurídicos, como dictames e informes, memorias ou traballos de investigación
B1 Capacidade para planificar e levar a cabo tarefas xurídicas complexas de modo autónomo
B2 Capacidade para coordinar e desenvolver tarefas de asesoramento técnico (xurídico/xurídico empresarial) no seo dun grupo de traballo
B3 Capacidade para estructurar ordenadamente os feitos e as disposicións xurídicas relevantes dun caso
B4 Capacidade para identificar cuestións xurídicas relevantes partindo dun conxunto complexo de feitos non estructurado xurídicamente
B5 Capacidade para identificar e aplicar todas as fontes xurídicas relevantes nunha cuestión concreta
B7 Capacidade para encontrar solucións novas ou imaxinativas no plantexamento dun problema
B8 Capacidade para analizar os problemas xurídicos dende unha pluralidade de enfoques e elexir o máis idóneo no caso concreto.
B10 Capacidade para estructurar e redactar con fluidez textos xurídicos elaborados, empregando a terminoloxía técnicamente apropiada.
B14 Capacidade para traballar en equipos interdisciplinares como experto en dereito e contribuir efectivamente ás súas tarefas
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento e xestión de fontes xurídicas (orde xurídica, xurisprudencia e doutrina científica) sobre o dereito de empresa que faciliten a identificación das cuestións xurídicas máis relevantes sobre asesoramento empresarial e a súa resolución así como a súa defensa pública. Desenvolver competencias relacionadas coas novas tecnoloxías da información CP3
CP6
CP8
Adquirir os coñecementos e habilidades necesarios para desenvolver unha actividade profesional exitosa no campo da asesoría xurídica empresarial. Coñecer a aplicación práctica dos coñecementos xurídicos, en diversos ámbitos multidisciplinares. Coñecer os aspectos xerais do funcionamento empresarial na contorna económica xeral. Identificar, saber interpretar e facer fronte ás diferentes problemáticas xurídico-económicas que afecten á empresa, dentro do contorno xurídico-económico. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
BP1
BP2
BP4
BP5
Desenvolver actitudes proactivas na resolución de problemas xurídico-empresariais, conformes ás prácticas deontolóxicas. Saber coordinar e dirixir grupos de traballo. Desenvolver habilidades para redactar, presentar e defender informes conforme ás distintas áreas do dereito relacionadas coa empresa. Desenvolver capacidades de alto nivel para a práctica profesional independente ou como profesional dentro dunha organización empresarial BP3
BP4
BP7
BP8
BP10
Fomentar a actitude crítica e transmitir os valores do esforzo, do traballo, da formación continua, así coma do respeto á diversidade, facendo fincapé na importancia, por exemplo, da igualdade de xénero e no coidado da linguaxe BP7
BP8
BP10
BP14
CP4
CP5
CP7

Contidos
Temas Subtemas
A ACTIVIDADE ECONÓMICO-EMPRESARIAL A actividade económica e globalización
A empresa como axente económico
A actividade empresarial
DEREITO DO MERCADO O dereito constitucional á liberdade de empresa
A liberdade empresarial e os poderes de control do empresario
A Intervención pública na
economía: a regulación dos mercados.
Libre competencia e competencia desleal.
A EMPRESA E O EMPRESARIO Concepto de empresa e empresario
Negocios xurídicos sobre a empresa
Contratación e licenzas
Elementos patrimoniais da empresa
Propiedade industrial e intelectual
A PROPIEDADE PRIVADA E PÚBLICA O Rexistro da Propiedade, Catastro e Urbanismo
A normativa reguladora
A reforma hipotecaria
O catastro virtual
A PROTECCIÓN MEDIOAMBIENTAL A protección medioambiental e a liberdade de empresa
O medio ambiente como dereito fundamental
Protección medioambiental: instrumentos administrativos
Posibles conflictos liberdade de empresa vs medio ambiente

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos B1 B2 B3 B4 B5 B10 B14 C3 C4 C5 C6 C7 12 55 67
Lecturas A2 A3 B4 B7 B8 C8 0 40 40
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 B8 40 0 40
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Examinase a xurisprudencia de actualidade e interese. O profesor suscita problemas xurídicos e o alumnado busca solucións xurídicas razoadas individualmente e/ ou en grupo.
Lecturas O profesor recomenda lectura de libros e artigos xurídicos relevantes.
Sesión maxistral Clase na que o protagonismo recae sobre a intervención do profesor. Destacados profesores ou profesionais expoñen temas de interese ou actualidade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Lecturas
Sesión maxistral
Descrición
Os profesores están a disposición dos alumnos no horario de titorías para asesoralos na preparación das diversas actividades e resolverlles dúbidas. Tanto a coordinación do mestrado como do módulo resolverán as dúbidas ou problemas que puntualmente poidan presentarse ao alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos B1 B2 B3 B4 B5 B10 B14 C3 C4 C5 C6 C7 Actividades de avaliación que serán propostas aos alumnos sempre acompañadas do material preciso para realizalas así como da data límite para a súa entrega. 80
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 B8 Rexistro da asistencia activa ás sesións presenciais. No caso de non haber docencia, a proba práctica computará o 100% da avaliación. 20
 
Observacións avaliación

Os alumnos serán avaliados polo traballo que realicen ao longo do curso, cun sistema de avaliación continua. Cada alumno adquire o compromiso de participar activa e satisfactoriamente nas actividades obrigatorias, que son as seguintes: 

1) A asistencia ás clases presenciais e realizar as actividades en Moodle. Os alumnos deberán xustificar as ausencias. En calquera caso, non se admitirá unha ausencia superior ao 20% das clases presenciais. O criterio de avaliación denominado "sesión maxistral" enténdese como rexistro da asistencia activa ás sesiones presenciais.

2) A realización das actividades encomendadas polos profesores das materias na aula.

3) A realización das actividades non presenciais requeridas aos alumnos polo profesorado do mestrado, que serán avaliadas sempre que se entreguen dentro do prazo sinalado para a realización das mesmas.

4) Os alumnos poderán participar activamente nas actividades complementarias que se ofrecen ao longo do curso. Entre estas actividades, atópase a realización de seminarios que poderán realizarse fora do horario das clases presenciais. A asistencia será valorada positivamente. Poderá reservarse unha porcentaxe da nota final para avaliar as diversas actividades complementarias que teña realizado cada alumno.

Calificación final: Para a superación da materia, os alumnos deben acadar a calificación de 5 ou superior.

Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cuando soamente participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación acadada.

Avaliación en primeira oportunidade

Ao tratarse dun Mestrado semipresencial, para poder ser avaliado haberá que cumprir con unha asistencia mínima do 80% ás clases (máximo un 20% de ausencias non xustificadas). En caso de non cumprirse ese mínimo, non cabe a posibilidade ser avaliado e, en consecuencia, na primeira oportunidade aparecerá un “non presentado”. Tales estudantes haberán de ser avaliados en segunda oportunidade. A mera asistencia a clase non será en ningún caso obxecto de avaliación, nin en primeira nin en segunda oportunidade. 

Avaliación en segunda oportunidade 

A avaliación en segunda oportunidade diferénciase de acordo coas seguintes circunstancias: 

- aos alumnos/as que non alcanzaron o 80% de asistencia se lles propoñerán actividades de avaliación que lles permitan acadar o 100% da calificación final

- aos alumnos/as que suspenderan as actividades de avaliación se lles manterán os mesmos criterios de avaliación que na primeira oportunidade. 

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os criterios de avaliación no esixirán o requisito de asistencia mínima d 80% ás clases, nin na primeira nin na segunda oportunidade. A avaliación consistirá nun traballo tutelado, que terá un valor do 100% tanto en primeira oportunidade como en segunda oportunidade ou, no seu caso, actividades de avaliación que lles permitan acadar o 100% da calificación final.


Fontes de información
Bibliografía básica González Fernández, Mª Belén et al. (2020). Derecho de sociedades: los derechos del socio. Valencia: Tirant Lo Blanch
Sánchez Calero, Fernando (2002). Derecho de Sociedades: libro homenaje al profesor Fernando Sánchez Calero. Madrid: McGraw-Hill
Krugman P., Wells, R. y Graddy, K. (2017). Fundamentos de Economía. Barcelona: Reverté
Barruso Castillo, Begoña (2013). La empresa información jurídica, económica y financiera: organización y gestión de personal. Valencia: Tirant Lo Blanch
Cidoncha Martín, Antonio (2006). La libertad de empresa. Madrid: Thomson-Civitas
García Alcorta, José (2008). La limitación de la libertad de empresa en la competencia. Barcelona: Atelier
Manexaránse sempre as últimas edicións existentes
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Toda la información y la comunicación con el alumnado serán realizadas a través de la plataforma Moodle.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías