Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Os Dereitos Fundamentais nas Organizacións Empresariais Código 612943303
Titulación
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Economía
Empresa
Coordinación
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
laura.varela.candamio@udc.es
Profesorado
Cachafeiro Garcia, Fernando
Garcia Perez, Rafael
Rey García, Marta
Ron Latas, Ricardo Pedro
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
fernando.garcia@udc.es
rafael.garcia.perez@udc.es
marta.reyg@udc.es
ricardo.ron@udc.es
laura.varela.candamio@udc.es
Web http://http://www.dereito.udc.es/mestrado-universitario-en-asesoramento-xuridico-empresarial-maxe/
Descrición xeral Neste módulo analizaránse os aspectos básicos do asesoramiento xurídico empresarial, aspectos de carácter mercantil, administrativo, fiscal e laboral, entre outros. As sesións docentes sobre os diferentes temas que requiran presencialidade se complementarán coas actividades non presenciais que, dado o carácter semipresencial do MAXE, os alumnos deberán realizar previo encargo do profesorado.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
– Discusión dirixida (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams)
– Lecturas
– Eventos científicos e/ou divulgativos (realizarase de forma virtual)
– Solución de problemas (realizarase de forma virtual)
– Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación): incorpórase como única metodoloxía obxecto de avaliación continua (100% da nota final). Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. En concreto, realizaranse traballos individuais (e/ou grupais) relacionados con algún dos temas do programa.
– Estudo de casos (computa na avaliación): non se realizará, xa que a avaliacións destes coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”.
– Presentación oral (computa na avaliación): non se realizará, xa que a avaliacións destes coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”.
– Seminario (computa na avaliación): non se realizará, xa que a avaliacións destes coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos (sesións)” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén se poderán propoñer “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. No seu caso, sesións semanais (segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.

4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase: a) A adecuación metodolóxica das propostas de traballo. b) A profundidade do contido. c) O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas. d) O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. e) A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. f) A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos tutelados (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos tutelados (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
a) Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
b) Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados).
c) Entregar e expoñer (no seu caso) os traballos tutelados na data que se indique.
d) A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado xa dispoñe de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer o conxunto normativo aplicable, lexislativo e xurisprudencial, e a doutrina aplicables ao mundo da empresa
A2 Identificar, saber interpretar e facer fronte ás diferentes problemáticas xurídico-económicas que afecten á empresa
A3 Coñecer, manexar, elaborar e interpretar os principais documentos de tipo xurídico-económico relacionados co mundo empresarial.
A4 Coñecer e aplicar as técnicas contables, de elaboración e análise de estados financeiros e outros instrumentos de xestión.
A5 Elaborar, comunicar e defender con soltura textos xurídicos, como dictames e informes, memorias ou traballos de investigación
B1 Capacidade para planificar e levar a cabo tarefas xurídicas complexas de modo autónomo
B2 Capacidade para coordinar e desenvolver tarefas de asesoramento técnico (xurídico/xurídico empresarial) no seo dun grupo de traballo
B3 Capacidade para estructurar ordenadamente os feitos e as disposicións xurídicas relevantes dun caso
B4 Capacidade para identificar cuestións xurídicas relevantes partindo dun conxunto complexo de feitos non estructurado xurídicamente
B5 Capacidade para identificar e aplicar todas as fontes xurídicas relevantes nunha cuestión concreta
B7 Capacidade para encontrar solucións novas ou imaxinativas no plantexamento dun problema
B8 Capacidade para analizar os problemas xurídicos dende unha pluralidade de enfoques e elexir o máis idóneo no caso concreto.
B15 Capacidade para asesorar sobre as posibles resolucións dun caso
B16 Capacidade para deseñar estratexias alternativas conducentes ás distintas solucións
B17 Destreza no uso dos recursos informáticos máis relevantes
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Contextualización de organizacións empresariais nun escenario global e presidido por tecnoloxías da información e comunicación, onde as economías deben actuar segundo os principios de sustentabilidade e responsabilidade social. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
Adquirir os coñecementos e habilidades necesarios para desenvolver unha actividade profesional exitosa no campo da asesoría xurídica empresarial. Aprender a delimitar e identificar con claridade as distintas situacións xurídicas ás que se enfronta a empresa e determinar o ordenamento xurídico de pertinente aplicación en cada caso. Coñecer a aplicación práctica dos coñecementos xurídicos, en diversos ámbitos multidisciplinares. Coñecer o conxunto normativo aplicable, lexislativo e xurisprudencial, e a doutrina aplicables ao mundo da empresa. Identificar, saber interpretar e facer fronte ás diferentes problemáticas xurídico-económicas que afecten á empresa. Coñecer, manexar, elaborar e interpretar os principais documentos de tipo xurídico-económico relacionados co mundo empresarial. Elaborar, comunicar e defender con soltura textos xurídicos, como ditames e informes, memorias ou traballos de investigación. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP15
BP16
CP4
CP8
Desenvolver actitudes proactivas na resolución de problemas xurídico-empresariais, conformes ás prácticas deontolóxicas. Saber coordinar e dirixir grupos de traballo. Desenvolver habilidades para redactar, presentar e defender informes conforme ás distintas áreas do dereito relacionadas coa empresa. Desenvolver capacidades de alto nivel para a práctica profesional independente ou como profesional dentro dunha organización empresarial BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP7
BP8
BP15
BP16
BP17
CP3
CP4
CP5
CP6
CP8

Contidos
Temas Subtemas
DEREITO DE SOCIEDADES Constitución dunha sociedade.
A responsabilidade social corporativa.
A elección do tipo social.
A estrutura financeira da sociedade: o
capital social, as accións e participacións.
A responsabilidade limitada e a protección dos acreedores da sociedade.
A xestión e administración da sociedade.
Fusións e adquisicións.
Extinción da sociedade.
RELACIÓNS LABORAIS Contratación laboral
A EMPRESA NA REDE Dereitos fundamentais en Internet
Dereitos dos traballadores: protección de datos persoais
O comercio electrónico.
PROPIEDADE INTELECTUAL A protección da propiedade intelectual no ámbito da empresa.
RESPONSABILIDADE SOCIAL DA EMPRESA ¿Qué é unha empresa socialmente responsable?
Competitividade e crecemento
DEREITO ADMINISTRATIVO: LICENCIAS As licencias necesarias para emprender unha actividade empresarial

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A2 A4 B3 B4 B5 B7 B8 B15 12 12 24
Lecturas A1 A3 A4 C4 C6 C8 0 20 20
Presentación oral A5 B7 B8 B15 C3 1 10 11
Seminario A2 A5 B3 B4 B7 9 9 18
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 B3 B16 40 0 40
Solución de problemas B1 B2 B3 B4 B5 B7 B8 B17 C4 5 10 15
Eventos científicos e/ou divulgativos C4 C5 C8 5 2 7
Discusión dirixida B2 B3 B4 B5 B7 B8 6 6 12
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Examínanse a xurisprudencia de actualidade e interese
Lecturas O profesor recomenda lectura de libros e artigos xurídicos relevantes.
Presentación oral Os alumnos deberán participar nas actividades, simulacións e presentacións de carácter oral requeridos polos profesores que impartan sesiones presenciais.
Seminario Destacados profesores ou profesionais expoñen temas de actualidade ou importancia
Sesión maxistral Clase na que o protagonismo recae sobre a intervención do profesor
Solución de problemas O profesor ou os alumnos plantexan problemas xurídicos e buscan solución xurídicas razonadas.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia aos actos científicos ou divulgativos que os profesores aconsellen, así como, se fora o caso a facer os traballos, resumes, estudos de casos, etc. que se lles foran encomendados por parte do profesorado
Discusión dirixida O profesor guía aos alumnos no debate dunha cuestión xurídica de interese ou actualidade

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Estudo de casos
Solución de problemas
Descrición
Os profesores están a disposición dos alumnos para lles apoiar na preparación das diversas actividades e resolverlles dúbidas.
A coordinadora de máster e a coordinadora do módulo resolven as dúbidas ou problemas que puntualmente podan presentarse aos alumnos
Os alumnos dispoñen, dentro do PAT, dun titor que pode asesorarlles nos problemas e dúbidas de carácter xeral quepoidan ter.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A2 A4 B3 B4 B5 B7 B8 B15 O estudo de casos realizarase de dúas maneiras:
1) No curso das clases presenciais.
2) Como actividades semipresenciais que serán propostas aos alumnos sempre acompañadas do material preciso para realizalas así como da fecha límite para a súa entrega.
80
Sesión maxistral A1 A2 A3 A4 A5 B3 B16 Valoración da asistencia activa ás sesións presenciais 20
 
Observacións avaliación

Os alumnos serán avaliados polo traballo que realicen ao longo do curso, cun sistema de avaliación continua. Cada alumno adquire o compromiso de participar activa e satisfactoriamente nas actividades obrigatorias, que son as seguintes:  

1) A asistencia ás clases presenciais e realizar as actividades en Moodle. Os alumnos deberán xustificar as ausencias. En calquera caso, non se admitirá unha ausencia superior ao 20% das clases presenciais. O criterio de avaliación denominado "sesión maxistral" enténdese como valoración da asistencia activa ás sesiones presenciais.  

2) A realización das actividades encomendadas polos profesores das asignaturas na aula. 

3) A realización das actividades non presenciais requeridas aos alumnos polo profesorado do máster, que serán avaliadas sempre que se entreguen dentro do prazo sinalado para a realización das mesmas. 

4) Os alumnos poderán participar activamente nas actividades complementarias que se ofrecen ao longo do curso. Entre estas actividades, atópase a realización de seminarios que poderán realizarse fora do horario das clases presenciais, e a asistencia aos mesmos será valorada positivamente. Poderá reservarse unha porcentaxe da nota final para avaliar as diversas actividades complementarias que teña realizado cada alumno.

Por lo que respeta al alumnado con reconocimiento de dedicación a tiempo parcial y dispensa académica de exención de asistencia, la evaluación consistirá en un trabajo tutelado que tendrá un valor del 100% tanto en primera oportunidad como en segunda oportunidad.

Calificación final: Para a superación da materia, os alumnos deben alcanzar a calificación de 5 ou superior.

Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cuando soamente participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación acadada. 

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:  A avaliación consistirá nun traballo tutelado, que terá un valor do 100% tanto en primeira oportunidade como en segunda oportunidade.

Fontes de información
Bibliografía básica Rincón Cárdenas, Erick (2020). Derecho del comercio electrónico y de internet. Valencia: Tirant Lo Blanch
Berrocal Lanzarot, Ana Isabel (2019). Estudio jurídico-crítico sobre la Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y Garantía de los Derechos Digitales : (análisis conjunto del Reglamento (UE) 2016/679 . Madrid: Reus
Bazán Cea, Clara (2016). Guía para la integración de la responsabilidad social corporativa. Barcelona : Bosch Wolters Kluwer
Garcia del Junco, Julio (2018). Manual práctico de responsabilidad social corporativa : Gestión, diagnóstico e impacto en la empresa. Madrid: Pirámide
Gil Sánchez, Guacimara (2018). Responsabilidad social corporativa: revisión crítica de una noción empresarial. Madrid: CIS

Utilizaranse sempre as fontes máis recentes e as últimas edicións dos manuais recomendados polos profesores

As recomendacións bibliográficas a seguir son as indicadas puntualmente por cada profesor da materia (módulo)
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Toda a información e a comunicación co alumnado serán realizadas a través da plataforma Moodle.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías