Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ilícitos Penais, Administrativos e Laborais Código 612943306
Titulación
Mestrado Universitario en Asesoramento Xurídico Empresarial(plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Dereito Público
Coordinación
Puente Aba, Luz Maria
Correo electrónico
l.puente@udc.es
Profesorado
Barrio Garcia, Gonzalo
Bello Janeiro, Domingo
Puente Aba, Luz Maria
Ron Latas, Ricardo Pedro
Correo electrónico
gonzalo.barrio@udc.es
domingo.bello@udc.es
l.puente@udc.es
ricardo.ron@udc.es
Web http://www.dereito.udc.es/gl/maxe
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos

Non hai modificación de contidos, se ben os materiais serán facilitados unicamente a través de Moodle ou Teams.

2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
*Metodoloxías docentes que se modifican

No caso de que as sesións non poidan ser presenciais, serán sustituidas por unha combinación das seguintes metodoloxías: videoconferencias síncronas e/ou videos asíncronos, presentacións de power point, e comunicación a través de chat / videoconferencia para completar e resolver as dúbidas propias dos contidos da materia. Con anterioridade o/a docente de cada sesión indicará cal será a concreta configuración da súa sesión docente.

3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado

A coordinadora da materia, e os/as docentes que interveñen nesta materia, estarán dispoñibles para o alumnado por correo electrónico.

4. Modificacións na avaliación

*Observacións de avaliación:

A avaliación consiste nun traballo en grupo, que se presentará oralmente no día da proba final xunto con un resumo ou esquema. No caso de eliminarse a presencialidade, enviarase o traballo escrito por correo electrónico á coordinadora da materia, e farase unha conexión por videoconferencia con cada grupo para a súa exposición oral. Como non habería asistencia a sesións presenciais, teríase en conta a realización das posibles conexións por videoconferencia, chat ou actividades que indicara o/a docente responsable de cada sesión.

5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía

Non hai.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Coñecer o conxunto normativo aplicable, lexislativo e xurisprudencial, e a doutrina aplicables ao mundo da empresa
A2 Identificar, saber interpretar e facer fronte ás diferentes problemáticas xurídico-económicas que afecten á empresa
A5 Elaborar, comunicar e defender con soltura textos xurídicos, como dictames e informes, memorias ou traballos de investigación
B1 Capacidade para planificar e levar a cabo tarefas xurídicas complexas de modo autónomo
B2 Capacidade para coordinar e desenvolver tarefas de asesoramento técnico (xurídico/xurídico empresarial) no seo dun grupo de traballo
B3 Capacidade para estructurar ordenadamente os feitos e as disposicións xurídicas relevantes dun caso
B4 Capacidade para identificar cuestións xurídicas relevantes partindo dun conxunto complexo de feitos non estructurado xurídicamente
B5 Capacidade para identificar e aplicar todas as fontes xurídicas relevantes nunha cuestión concreta
B6 Habilidade/Capacidade para a toma de decisións
B7 Capacidade para encontrar solucións novas ou imaxinativas no plantexamento dun problema
B8 Capacidade para analizar os problemas xurídicos dende unha pluralidade de enfoques e elexir o máis idóneo no caso concreto.
B9 Capacidade para expoñer o coñecemento cun dominio axeitado das habilidades orais e escritas propias do asesoramento xurídico(-empresarial)
B12 Capacidade para ler e interpretar traballos complexos relacionados co ámbito xurídico
B13 Capacidade para sintetizar os argumentos xurídicos de forma precisa
B14 Capacidade para traballar en equipos interdisciplinares como experto en dereito e contribuir efectivamente ás súas tarefas
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
A materia de Ilícitos empresariais pretende constituir unha visión das distintas categorías de ilícitos que se poden verificar no marco da empresa. Analízanse fundamentalmente as infracións penais, e tamén os ilícitos de carácter administrativo e laboral. Como elemento de peche, examínase a responsabilidade civil do empresario derivada da comisión de feitos ilícitos. Deste xeito, preténdese ofrecer unha visión da responsabilidade da empresa e o empresario, aínda que focalizada na comisión de actos ilícitos nos ámbitos da ordenación do territorio e o urbanismo, o medio ambiente e o sector inmobiliario, examinando, por un lado, as cuestións máis problemáticas en relación coa esixencia desta responsabilidade e, por outro lado, aqueles ilícitos de especial relevancia en cada momento, sexa pola súa frecuente verificación, sexa por verse afectados por reformas lexislativas: sirvan como exemplo as modificacións que nos últimos tempos veu experimentando o Dereito do traballo, o procedemento administrativo sancionador, e determinadas cuestións de Dereito penal da empresa como por exemplo a introdución da responsabilidade penal das persoas xurídicas. AP1
AP2
AP5
BP1
BP2
BP3
BP4
BP5
BP6
BP7
BP8
BP9
BP12
BP13
BP14
CP4
CP6
CP7

Contidos
Temas Subtemas

1. Dereito administrativo sancionador. Especial referencia aos ámbitos urbanístico e ambiental.

2. Cuestións xurídico-laborais relevantes en materia de medio ambiente, urbanismo e vivenda.

3. Dereito penal da empresa. Especial referencia á tutela penal do medio ambiente e a ordenación do territorio e o urbanismo.

4. A responsabilidade civil do empresario. Especial referencia aos ámbitos medioambiental e urbanístico.

1.1. Parte xeral: examen da potestade sancionadora das Administracións públicas.
1.2. Parte especial: legalidade urbanística e Dereito sancionador na lexislación do solo de Galicia (LSG).
1.3. Singularidades da potestade sancionadora ambiental.

2.1. As contratas e subcontratas de obras e servicios no sector vivenda.
2.2. A Lei de subcontratación na construcción.
2.3. Especial referencia aos protocolos de prevención de riscos laborais en materia de construcción e medio ambiente.

3.1. A responsabilidade penal das persoas xurídicas: a súa aplicación no ámbito dos delitos urbanísticos e contra o medio ambiente.
3.2. A protección do medio ambiente a través do Dereito penal: panorámica xeral.
3.3. Principios básicos dos delitos contra a ordenación do territorio e o urbanismo.

4.1. Natureza e elementos da responsabilidade civil do empresario derivada de feitos ilícitos. Especial referencia aos ámbitos medioambiental e urbanístico.
4.2. Análise específica da responsabilidade do productor agrícola e da responsabilidade en materia de transxénicos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 B4 16 0 16
Estudo de casos B5 B7 B8 B12 4 0 4
Proba práctica A5 B1 B2 B3 B6 B9 B13 B14 C4 C6 C7 6 120 126
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións presenciais constarán, en combinación co estudo de casos, dunha exposición por parte do profesorado en formato tipo sesión maxistral.
Estudo de casos As sesións presenciais no serán unicamente unha clase maxistral, senón que se exporán e analizarán casos para o seu debate co alumnado.
Proba práctica A actividade final de módulo consistirá nunha proba práctica que terá que ser exposta oralmente na última sesión do Módulo, entregando simultáneamente un esquema ou resumo da exposición. O enunciado de tal actividade xunto coas preguntas guía e instrucións serán facilitados o primeiro día do Módulo.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Descrición
Para as posibles dúbidas na elaboración da Actividade final de módulo, establecerase a posibilidade de consultas e atención personalizada coa coordinadora do Módulo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 B4 Para a avaliación terase en conta tanto a exposición como o esquema ou resumo do traballo. Así mesmo, para esta avaliación final compútase nun 20% a asistencia ás sesións do Módulo. 20
Proba práctica A5 B1 B2 B3 B6 B9 B13 B14 C4 C6 C7 A proba práctica consistirá na exposición oral da resolución dun/s caso/s que se facilitarán o primeiro día do Módulo. Teranse que resolver e argumentar xurídicamente as cuestións específicas que se formulan en relación con o/s caso/s práctico/s, con base en previa búsqueda xurisprudencial e na selección de bibliografía recomendada. O traballo será realizado en grupos, e na exposición oral intervirán todos os membros do grupo (tendo en conta as especificidades do alumnado matriculado a tempo parcial con dispensa académica de asistencia). Así mesmo, o día da exposición entregarase un breve esquema ou resumo do traballo realizado.
80
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

AAVV, Memento experto sobre responsabilidad penal y procesal de las personas jurídicas, Francis Lefebvre, Madrid 2015.

MARTÍNEZ-BUJÁN PÉREZ, C., Derecho penal económico y de la empresa. Parte especial, Tirant lo Blanch, Valencia 2019.

NIETO, A., Derecho administrativo sancionador, Tecnos, Madrid 2012.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías