Datos Identificativos 2016/17
Asignatura (*) Comunicación oral e escrita Código 612G01004
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Filoloxía Española e Latina
Galego-Portugués, Francés e Lingüística
Coordinación
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Correo electrónico
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
Profesorado
Acin Villa, Esperanza
Cordoba Rodriguez, Felix
Sanchez Palomino, Maria Dolores
Vallin Blanco, Gema
Correo electrónico
esperanza.acin@udc.es
felix.cordoba@udc.es
maria.dolores.sanchez.palomino@udc.es
g.vallin@udc.es
Web
Descrición xeral O propósito desta materia é mellorar a capacidade de expresión de xeito oral e por escrito en calquera contexto, con especial atención ao léxico e a argumentación xurídicos.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecementos básicos de argumentación xurídica.
A11 Capacidade de comprender e de redactar documentos xurídicos.
A12 Manexo da oratoria xurídica. (Capacidade de expresarse apropiadamente en público).
B2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B6 Aprender a aprender.
B10 Traballar de forma colaborativa.
B12 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo, amosando capacidade de expresión tanto oral como escrita en calquera das linguas oficiais da comunidade autónoma, así como nun idioma estranxeiro.
B13 Capacidade para utilizar a rede informática (internet) na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, capacidade para empregar as ferramentas básicas das TIC necesarias para o exercicio da súa profesión.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Que o alumnado sexa quen de aplicar os contidos téoricos da materia (postos en relación cos das outras materias do grao) para desenvolver un pequeno traballo tutelado rigoroso en que demostre capacidade para a aprendizaxe autónoma e para a procura e xestión da información. A8
B6
B13
B2
C1
Após a lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polos/polas docentes e a asistencia ás sesións expositivas cunha actitude aberta, participativa e crítica, ser capaz de emitir no obradoiro argumentacións madurecidas, respectando as opinións diferentes e estabelecendo con elas un diálogo produtivo. A8
A12
B4
C1
O estudantado deberá realizar con solvencia argumentativa, calidade de lingua e rigor expositivo as presentacións orais marcadas e deberá igualmente emitir un xuízo construtivo e respetuoso sobre a das outras persoas do curso en que se ponderen as estratexias expositivas empregadas, as técnicas argumentativas, a corrección oral e a adecuación ao contexto comunicativo, a clareza na expresión, a empatía e a linguaxe corporal. A12
B2
B4
C1
O alumnado deberá ser quen de traballar en grupo -presencial ou asincronamente- na procura e xestión de información especializada, no comentario de bibliografía específica, na análise e produción de textos argumentativos e na definición de estratexias comunicativas acaídas ao contexto xurídico. A11
B6
B10
B12

Contidos
Temas Subtemas
1. O proceso de elaboración do texto 1.1. Planificación
1.2. Redacción
1.3. Revisión
2. Tipoloxía discursiva 2.1. Textos académicos
2.2. Textos xurídicos e administrativos
2.3. Escribir para falar
3. Argumentación 3.1. Técnicas argumentativas
4. Locución, entonación e presentación 4.1. Claridade na expresión: tácticas verbais e tácticas prosódicas
4.2. Corrección oral e adecuación ao contexto comunicativo
5. Comunicación non verbal 5.1. A linguaxe corporal
5.2. Imaxe persoal, cortesía e empatía
6. Utilización de apoios multimedia 6.1. Materiais de apoio

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais B6 1.5 0 1.5
Sesión maxistral A8 C6 C7 19.5 8 27.5
Obradoiro A8 B6 B10 B12 B13 B4 C3 14.5 26 40.5
Presentación oral A12 B4 C1 4.5 12 16.5
Lecturas A8 B6 C6 C7 0 26 26
Traballos tutelados A13 B6 B2 C1 C6 0 14 14
Proba mixta A11 A12 B2 C1 2 18 20
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación dos obxectivos, contidos, dinámica e bibliografía da materia, ben como a realización de probas de avaliación inicial.
Sesión maxistral Clases expositivas presenciais en que se presentarán conceptos cuxo coñecemento será exixido tanto para a realización das prácticas como nas probas escritas.
Obradoiro Actividades que se realizarán individualmente ou en grupo.
Presentación oral Actividades de comunicación oral.
Lecturas Lecturas obrigatorias para cada tema. Alén disto, para un óptimo aproveitamento das sesións, deberanse ler e analizar previamente os textos que se indiquen para cada sesión.
Traballos tutelados Traballo tutelado seguindo as pautas definidas polo/a docente.
Proba mixta Proba na que se avalía a asimilación dos contidos e a capacidade de por en práctica as destrezas propias da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Proba mixta
Presentación oral
Actividades iniciais
Descrición
A atención personalizada realizarase a través das tutorías presenciais no horario e espazo destinados a este fin ou bien a través do correo electrónico.
Mediante estes medios orientarase o desenvolvemento dos traballos tutelados e responderanse as dúbidas xurdidas ao redor da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A13 B6 B2 C1 C6 Traballo para avaliar a competencia en comunicación escrita. 15
Proba mixta A11 A12 B2 C1 Proba de carácter teórico-práctico na que se mostrará que foron adquiridos os coñecementos e as competencias da materia. Valorarase tamén a corrección e a adecuación lingüística. Para superar a materia deberase obter unha cualificación mínima de 4 (sobre 10) nesta proba. 40
Obradoiro A8 B6 B10 B12 B13 B4 C3 Exercicios prácticos realizados na aula.
20
Presentación oral A12 B4 C1 Probas de comunicación oral. 25
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a cualificación mínima na proba mixta deberá ser de 4 (sobre 10). Tamén será requisito imprescindible ter realizadas as presentacións orais.

Só se aceptarán traballos, actividades etc., que se entreguen dentro dos prazos establecidos.

Os traballos, actividades e exames deben cumprir as esixencias de corrección lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).

O plaxio (é dicir, a utilización de textos ou ideas doutros autores sen indicar a fonte de procedencia), incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descualificación automática da actividade.

Cualificarase como non presentado ao estudante que non realice o exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda oportunidade poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos cos mesmos porcentaxes. As actividades dos obradoiros recuperaranse mediante tarefas equivalentes que se indicarán a través de Moodle. As probas orais realizaranse na data prevista oficialmente para o exame.

Na segunda edición de actas só se cualificará como non presentado a quen xa tivese esta cualificación na edición de actas de xaneiro e, ademais, non se presente ao exame oficial de xullo.

Os estudantes a tempo parcial con dispensa académica recoñecida realizarán actividades compensatorias dos obradoiros, previo acordo cos profesores. O resto dos métodos de avaliación realizaranse sen adaptación.

Os alumnos deben consultar semanalmente o Campus Virtual da UDC (Moodle); neste esparzo virtual obterán toda a información sobre a asignatura: documentos, avisos e calificacións.


Fontes de información
Bibliografía básica

Briz, Antonio (coord.) (2008). Saber hablar. Madrid: Aguilar.

Casado, Manuel (2012). El castellano actual. Usos y normas. Pamplona: EUNSA.

Cazorla Prieto, Luís María (2013). El lenguaje jurídico actual. Cizur Menor (Navarra): Thomson Reuters Aranzadi.

Fernández León, Óscar (2013). Con la venia, manual de oratoria para abogados. Cizur Menor (Navarra): Thomson Reuters Aranzadi.

Gómez Torrego, Leonardo (2011). Hablar y escribir correctamente. Gramática normativa del español actual. Madrid: Arco Libros.

Jiménez, Ricardo e Joaquín Mantecón (2012). Escribir bien es de justicia: técnicas de expresión escrita para juristas. Cizur Menor (Navarra): Thomson Reuters Aranzadi.

Montolío, Estrella (2014). Manual de escritura académica y profesional. Barcelona: Ariel.

Vilches Vivancos, Fernando e Ramón Sarmiento González (2010). Manual de lenguaje jurídico-administrativo. Madrid: Dykinson.

Bibliografía complementaria

Alcaraz Varó, Enrique e Brian Hughes (2009). El español jurídico. Barcelona: Ariel.

Atkinson, Max (2005). Claves para hablar en público. Barcelona: Gestión 2000.

Cassany, Daniel (2007. 14.ª ed.). La cocina de la escritura. Barcelona: Anagrama.

Galanes Santos, I., A Gómez Méixome, A. González Montañés e M. Souto González (2000): «A lingua dos documentos xurídicos», Cadernos de Lingua, 22, páx. 5-37. En liña en http://consellodacultura.gal/arquivos/cdsg/kit/docs/bibliografia/cd/docs/aldx.pdf

Regueiro Rodríguez, Mª Luisa e Daniel M. Sáez Rivera (2013). El español académico. Guía práctica para la elaboración de textos académicos. Madrid: Arco Libros

Stuger, Jürg (2008). Oratoria. El arte de hablar en público. Madrid: Drac.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías